20-03-2007

Presentación do candidato á Alcaldía de Pontedeume

O BNG de Pontedeume presenta, nunha cea-mitin, o candidato á Alcaldía e os integrantes da candidatura no seu tramo alto. O acto terá lugar o venres, 23 de marzo ás 21 horas no restaurante Tino "Chichote".
Están previstas as seguintes intervencións:

- Ana Pontón, deputada no Parlamento galego e responsábel da área de mocidade na Executiva nacional do BNG.
- Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura e Deporte.
- Manuel Rei Romeu, candidato á Alcaldía polo BNG.

18 comentários:

Anónimo disse...

Fixádevos no fondo da foto, non é ese o famoso mercado que primeiro o candidato Rei pretendeu derrubar para logo recular despóis de darse conta que se trataba dun edificio singular? (ou sería mellor chamalo "punto negro"?). E non é certo que a foto parece tomada desde a cima inverosímil da casa de don Pablo, con sete ou oito alturas máis como quería o seu concelleiro de urbanismo? Creeran que iso de urbanismo sostibél e construir de tal xeito que as vivendas non se caian?

Anónimo disse...

E de qué se rí? de si mesmo, de nós? Alguén lle dixo cómo tiña que posar? Porque o certo é que este home non parece moi feliz nunca. Creo que se está claramente cachondeando. E que sexa precisamente na praza, a están que levantando e afundindo constantemente, con ese edificio "emblemático" que se querían cargar, no mesmo lugar onde permitiron a discutible rehabilitación do "residencial Praza do Conde" a quen lle cederon espazo público a cambio de nada e desde o mesmo lugar no que Rei lle pediu ós seus tocaios que lle trouxeran de regalo unha nova escola que inevitablemente non poderá estar en funcionamento para principios do curso que ven. E qué é o que quere agora, que lle votemos? Pois entón non me extraña que se ría con todas as súas ganas

Anónimo disse...

Cando os argumentos fallan só se poden facer chistes fáciles, só espero que os eumeses teñan sentidiño e vendo os outros cabezas de lista sepan apreciar o traballo feito por Manuel Rei. Eu dende aquí quero mostrarlle o meu apoio.

Anónimo disse...

Primeiro, non é chiste, segundo non é fácil, terceiro, de qué crees que lle pode valer a un candidato que calquera persoa anónima lle preste o seu apoio. Non serás ti Manuel por casualidade?
Argumentos, vou despazo para que os collas:
1ª M. Rei pretendía derrubar ó mercado, edificio catalogado poilo propio Concello. Contaba para iso co apoio doutro D. Manuel. O proxecto consistía en cederlle a unha empresa privada a construcción e a explotación do aparcamento e a posibilidade de construir un centro comercial.
2ª Por acordo coa constructora do Residencia Praza do Conde, o Concello cedeulle máis superficie ó edificio, a costa, eso sí, de espazo público (é dicir, para que o entendas, teu, meu e de todos)
3ª A actual casa de D. Pablo é unha aberración arquitectónica e unha agresión urbanística sen precedentes nunha vila que é patrimonio histórico.
Hai outros argumentos (xa os vas collendo ou vou demasiado rápido?) relacionados con tema ensino. Non me extenderé no caso Couceiro, que é de escándalo, pero vai a dar unha volta a ver qué opinas de unitarias como a de Campolongo; só cabe un calificativo: tercermundista.
Podiamos falar tamén das vivendas de Caldagueiro, Nogueirosa, Centroña (unha ndas cales é de propiedade da familia de Rei), Ber, pero supoño que considerarás que eses non son argumentos.
E se non son argumentos para botalos do Concello, qué carallo son?

persoa anónima disse...

Pois o que lle vale a un candidato son os apoios das persoas anónimas que se converten en votos. Das cousas que se din que problema hai en ter un proxecto de facer un novo mercado, con finaciación privada como se fai en todos lados, e cando se ve que non é viabel buscar e atopar outra solución como ha que está enriba da mesa para a súa restauración. O convenio do edificio da praza do Conde contemplaba contraprestacións para o Concello que o promotor non cumpleu polo qu e está denunciado e respecto as aberracións urbanísticas oxalá non existisen precedentes, o caso é que Pontedeuem está cheo deles. Claro que as unitarias non están como nos gustaría a todo o mundo, pero a millora é visíbel e polo menos aqui non se pechan como pasa en moitos outros concellos, ti creras que sobran os motivos para botar ao BNG do concello, pero eu che digo que mires ven a quen metes, Carlos Gómez, non sei si rei ou chorar, o do COE, cando me explique como vai vir currar ao concello sin deixar o seu chollo, porque dou por suposto que no vai aceptar unha dedicación exclusiva. Xa o sabes, vale máis malo coñecido que bo por coñecer.

BNG Pontedeume disse...

Non, home, Manuel son eu, que non ando escondido en anonimatos como fan outros. Tiran a pedra e esconden a man. Argumentos a medias, non. Simplificacións e terxiversacións tampouco. Menos mal que a xente xa non fía tanto de rumores e fai máis caso a falar coa persoa directamente, preocuparse por coñecela e saber o que fai.
Primeiro. A construción dun Mercado novo con aparcamentos debaixo era unha idea na que participou todo o mundo; sobre todo queríao levar a cabo o PP. En caso contrario, demostrar que non facíamos nada polos aparcamentos. Tamén somos prudentes e sabemos rectificar a tempo. Xa me dirás quen quería ceder a unha empresa privada e construír un centro comercial?
Segundo. Ao igual que o asunto do Mercado, o edificio da Prza do Conde pasou pola Comisión territorial de Patrimonio e xa me dirás cales son as irregularidades, alén dos problemas coa cesión dos baixos, que esta na vía xudicial.
Terceiro. As aberracións do edificio da avda. Villanueva, xa se correxirán, para iso ten unha orde de paralización.
Cuarto. No caso do Couceiro vasnos decubrir América e o cúmulo de irregularidades. De paso, pregúntalle aos pais e nais como estaban todas as Unitarias antes do 2003, despois de varias concellerías do PSOE.
Quinto. Falas dalgunha casa en particular? Non sexas covarde; identifícate, dá a cara e acepta sobre ese tema un debate público. Como e cando queiras. Tamén te poden informar no Concello sobre as licenzas que queiras.
O do carallo, sobra; igual non sabes que facer con el...

Anónimo disse...

Si de verdad eres Manuel Rei, se un poco mas educado y respetuoso: "O do carallo, sobra; igual non sabes que facer con el..." por favor! que eres un representante público (te lo digo por bien)

Anónimo disse...

A vehemencia perde a Manuel Rei. Debería ser máis racional e non desafiar cun debate público, pois se lle aceptan o reto pode sair trasquilado. Sabe que as licenzas concedidas non sempre son legais ou se axustan á legalidade, por exemplo, Caldagueiro, Nogueirosa; Centroña...
Por último, por que perde a compostura neste ultimo punto?

Anónimo disse...

porque ten interés persoal. A súa familia é propietaria dunha das casas construidas ilegalmente en zona rústica de protección costeira

Anónimo disse...

O que pode perder a Manuel é a impotencia ante as mentiras e inxurias. Pode que este farto de escoitar a mesma cantinela que algúns usan baixo a idea de ti minte que algo sempre queda, amparados no anonimato aproveitánse para tentar desprestixar a unha persoa que ten demostrado sobradamente a súa valia como concelleiro en todas as áreas que xestiona, e que o avalan para ser un gran alcalde.

BNG Pontedeume disse...

Non parece que M. Rei perda os papeis, que non os perde habitualmente. Alguén utiliza esa "expresión" antes que el; e o único que fai é pedir máis corrección e educación.
Porque o que se está a facer é utilizar a DIFAMACIÓN para ver se algo queda. O desa suposta licenza "irregular" dunha casa dos familiares, hai unha vía moi fácil e moi directa para aclaralo: ir ao Concello e pedir os papeis. Nós xa o comprobamos. Veredes como todo está en regra.

Anónimo disse...

Alucino tios, vendo os comentarios que vos tirades. O BNG é o único que se merece unha oportunidade agora, porque foron os únicos que apareceron e que fixeron algo. Equivocarse equivócase quen fai cousas.. Porque o demais, parece unha corporación morta. ¿E os da oposición, a que se dedicaron? Resulta patético o papel da oposición, unha desgracia para Pontedeume.

Joam Carballeira disse...

xa sei que é maledicencia e que non se pode aturar que lle estean dando tanto pao o bng, pero é que resulta que se vas ó Concello a pedir papeis (e xa sei que parece inverosímil) igual van e che mandan a tomar vento. E canto a facer cousas, qué queredes que vos diga non me vale con que o bng anque mal é o único que as fai, preferiría entón que non fagan nada. En canto a casa do sogro de Manuel Rei, e qué pasa se é ilegal? Qué culpa terá él de ter ese sogro. Tamén o presidente da deputación de Pontevedra ten un curmán supostamente delincuente. Todo o mundo se equivoca, incluso os do bng. qué me decides de eses militantes que apostaban na asemblea comarcal de Vigo por animar a Irán a emplegar armamento nuclear contra Israel?

Anónimo disse...

En cuanto a casa esa do parente de Rei despois de ler todo esto decirlle que a lei indica que en nucleos urbanos as construccions teñen que estar a 20 metros da vias do tren é no resto a 50 metros. Collamos un metro e vaiamos a medir a ver onde estan esos metros. Pero esa non é a única tamen podemos visitar a de Molares en Vizus para comprobar o mesmo. ¿Cales son os papeis?, os mesmos do solo urbano en Caldagueiro que a Xunta fixo xa 3 informes requerindo a anulación da licenza. De pena.

BNG Pontedeume disse...

En canto aos debates e a "saír trasquilado" -expresión que usaban moito os do COE nos seus anónimos de precampaña en 2003-, queremos dicir que son eles os que están afeitos a saír trasquilados en todos os debates en que se presentan. Eles e incluso outros, non Manuel Rei, precisamente. Fagamos memoria: é que alguén viu nun debate público -o do Ateneo, por exemplo- ou incluso nun acto propio ao candidato do COE? Andar poñendo cousas nun panfletiño é moi fácil, como tirar a pedra e esconder a man. Outra cousa é dar a cara como democraticamente debe ser.

Anónimo disse...

mira manuel eres bien pesimo eeee te has presentado en el dos mil seis pues porfavor....para que apreces otra vez este 2007 fueraaaa hombre...

Anónimo disse...

mira ti solo pensas en ti meu.e ainda encima perdes os papeis e respondes mal a xente maleducado

Anónimo disse...

Moi mal Manuel Rei, cogovernar co PSOE e botarlle a culpa do mal que andaban as unitarias despois de moitas cocellerias do PSOE. Aclara o da vivenda do teu familiar. Pode estar todo en regra. Pero cantos pdemos facer o mesmo. Explicome se todos fixeramos o mesmo poderiamos difrutar de Pontedeume da mesma maneira. Hai que mal me explico. Eu podo pagarme a construcion dunha casa nuns terreos privilexiados,incluso buscar os recovecos legais para facerme cunha e ampliala etc. Pero si todos fixeramos o mesmo que pobo teriamos. Deso se trata candidato. Tes que asumir responsabilidades politicas e desde que tes cuota de poder non fas mais que crisparte cando algo te contraria.