26-03-2007

Un importante Plan Concertado de Servizos Sociais en Pontedeume

O Pleno ordinario de marzo vai aprobar o Plan Concertado para o ano 2007, que ascende á cantidade de 1.707.577 €. A axuda solicitada á Vicepresidencia inclúe persoal, Servizo de Axuda a Domicilio e xestión de diferentes programas de prevención e inserción, Centro Municipal de Maiores, etc.

Centro de Día
Unha cantidade importante (889.140,26) vai destinada a acometer a construción do Centro de Día en Andrade, á par do Polígono de Vidreiro. Este Centro atenderá as persoas maiores cun elevado grao de dependencia, usuarios dun transporte adaptado (o futuro 065). Ocupará unha parcela de dous mil metros, coa ventaxa de ter zona verde ao lado. O concelleiro do BNG; Manuel Rei, fixo a previsión de que se execute a obra entre os anos 2007 e 2008.

17 comentários:

Anónimo disse...

O futuro centro de maiores será construido no polígono de Vidrieiro, a pesar de que os socialistas propoñían un solar no centro urbano propiedade do concello. O concelleiro Manuel Rei amósase contrario a esta proposta e insiste na ubicación do polígono de Campolongo.

Evidentemente o lugar escollido non parece o máis adecuado para desprazar a persoas maiores. Por outra banda, a proposta alternativa condenaría a ese solar da rúa Cabanas a unha infrautilización que certos políticos locais non desexan: a imposibilidade de ceder o terreo a un promotor para construir bloques de vivendas. Unha práctica habitual no concello pola que este obtén, a cambio, algún local (agás cando o promotor non cumpre o pactado e compensa ao pobo de Pontedeume cunha cantidade ridícula).
Deixemos pois u urbano para os promotores e os polígonos industriaias para a terceira idade.

Anónimo disse...

Esta ben esa idea de deixar a parcela urbana para os promotores, pensa ladrón que todos son da súa condición, alo menos sabes si esa parcela era suficente para construir o centro de maiores, seguramente que non, ao Concello non lle sobran terreos e do que falas seguramente se lle poderá dar outro uso que repercute no beneficio dos veciños.

Anónimo disse...

O PSOE si considera que ese espazo é suficiente; baixo e tres alturas sobran para un centro de maiores. Con ascensor, claro, que sempre será máis económico que o bus de transporte.
O de zona verde parece un chiste dos malos. Pódese chamar así a un polígono industrial? Estaría disposto Manuel Rei a facer a súa vivenda en Vidrieiro?

Anónimo disse...

Ola!

Parabéns polo blogue, paréceme unha iniciativa moi interesante.

Só quixera dar unha opinión, e é que nas ligazóns aos blogues doutros concellos, creo que deberiades pór o de Cabanas:

http://bngcabanas.blogspot.com

Saúdos nacionalistas!

BNG Pontedeume disse...

Creo que o problema fundamental é que non saben algúns que é un Centro de Día. De feito xa vedes como lle chaman aínda "centro de maiores", como se fose o típico Club de Xubilados, a onde a persoa maior vai xoga a partida, le o xornal ou participa nun baile. Nós diso xa dispoñemos; xa temos o Centro Municipal de Maiores.
O Centro de Día é para maiores dependentes, que precisan o apoio no desprazamento dalgún familiar ou dun transporte adaptado. Neste caso, a Vicepresidencia xa está a traballar na posta en marcha do 065.
O solar que está a carón da N-651 en Andrade foi considerado idóneo pola Xunta, mesmo para que sexa un centro de referencia na nosa zona. Ademais de ser unha aposta polo rural, que é onde existe unha povoación necesitada, vai ter comodidades que un solar no centro urbano non tería (zona de aparcamento). Hai quen segue a pensar que a Vila é o embigo do mundo.
En canto ao "solar" da rúa Cabanas, tecnicamente é un disparate por ter que utilizar varias plantas, por carecer de zona de aparcamentos, de carga e descarga etc. Parece que o que molesta a algúns é que se faga. Antes de opinar, polo menos deberan saber o programa das "necesidades funcionais" dun Centro de día, empezando pola esixencia de dispoñer dunha parcela mínima de 1.500 metros cadrados. O demais é falar por falar.

ondedoi disse...

Os do PSOE consideran que o espazo da rúa Cabanas é suficiente para o Centro de Día. Parece que decides eso cara dentro e en voz baixa. Acláradevos. Ben sabedes que o da rúa Cabanas é un disparate técnico e urbanístico, que só pode pasar pola cabeza de Vilariño, iluminado. Decides que hai espazo suficiente, colocando aos maiores en dúas ou tres plantas. E a planta baixa que?
Aclarádevos tamén: teño entendido que todos os Grupos municipais votaron a favor do Centro de Día en Andrade, incluído o PSOE. A ver se hai coherencia entre partido e Grupo. Tendes que responder do que tedes no Concello. Ou é que fala calquera en nome do partido?

Anónimo disse...

Neste blog ata o de agora o PSOE eumés non se manifestou. Manifestouse antes de decidir a ubicación definiiva propoñendo unha alternativa para estudiala: que non vale, pois ok! polo menos presentan propostas antes de cagala. A seguinte proposta, a do BNG, a viron máis viable, pois adiante. Porqué creades un debate ficticio de rivalida política condo é normal que os partidos presenten alternativas e se debatan, ou non? O mellor é o do COE, chacho ou o PP, simplemente non din nada e punto (tamen é certo que así non meten a pata). Son dúas formas distintas de facer política, eu quédome coa do PSOE, e vos?

Anónimo disse...

Antes de emitir opiniones, hacer propuestas y descalificaciones, algunos partidos debieran informarse y asesorarse. No vale todo.

Anónimo disse...

QUE HACE EL AYUNTAMIENTO CON EL POLIGONO INDUSTRIAL, RECALIFICARLO PARA HACER UNA GUARDERIA DE PERSONAS CON DEFICIENCIAS,PUES MUY BIEN,PERO QUE LO QUE VA HACER CON DOS CASAS DE OS LOUREIROS NO ME PARECE NORMAL,QUIERO DECIR QUE ME HUELE MAL ,TIRAR LAS CASAS PARA HACER APARCAMIENTOS PARA UN PAZO NO SE LLAMA INDUSTRIALIZACION NI DESARROYO SE LLAMA "ABUSO DE PODER"

Anónimo disse...

Estoy encantada de entrar en este blog.Hay propuestas y debates..fundamental para decidir mi voto.Es la primera vez que voto en Pontedeume,y para ser sincera es complicado,durante estos años he observado poca voluntad de trabajo,pocas soluciones a problemas reales y lo que es peor conformismo del ciudadano eumès.Confìo en la posibilidad de cambio que nos ofrece estas elecciones.
Cuando decidì asentar mi vida en este pueblo,entre otras muchas cosas, me llamò la atenciòn la existencia de un" polìgono industrial" vacìo,sin acceso a la autopista,abandonado...¿Por què?Durante años nadie ha aclarado mi duda.Es una sorpresa grata leer esta propuesta del BNG,si finalmente se lleva a cabo,me parece buena idea,siempre que ese Centro de Dìa(que no ,Centro de Maiores,como bien puntualizò alguien antes)sea accesible a todos,con una financiaciòn y gestiòn pùblica¿dependiente del Concello,Diputaciòn o Xunta?
La situaciòn me parece adecuada y con muchas posibilidades.Parece obvio que como polìgono industrial no funciona bien.`Yo apuesto por un bien social y necesario,por "eso" ,sì merece la pena recalificar terrenos...De "otras" recalificaciones (suelo del edificio de Caldageiro,estaciòn...)tengo que decir que no estoy de acuerdo.Durante la construcciòn del edficio citado al verlo dìa a dìa mis palabras eran:increible,imposible,¿còmo lo permiten?

Anónimo disse...

A práctica totalidade de organizacións ecoloxistas galegas decidimos convocar unha manifestación o día 6 de maio en Santiago de Compostela. Despois dunha xuntanza celebrada nesta mesma cidade, os grupos participantes acordamos por unanimidade - dous destes colectivos deben someter aos seus órganos de dirección esta decisión - chamar á cidadanía a unha manifestación que sirva para amosar a nosa repulsa pola degradación do territorio, un feito que ameaza á propia identidade de Galiza. Outros grupos que escusaron a súa asistencia, amosaron o seu apoio ás decisións tomadas.
Coincidíuse na necesidade de celebrar este acto reivindicativo e de denuncia dada o estado de deterioración na se atopa o territorio galego, tanto o litoral como o interior. Se o primeiro está ameazado pola construción e as piscifactorias, non o está menos o interior, que sufre a espoliación do Courel e da Terra Cha. Sen esquecer a deterioración dos cascos históricos, a destrución do patrimonio arquitectónico, a desaparición dos espazos públicos e zonas verdes, e a edificación masiva que aporta especulación e depredación da paisaxe.

Existe unha grande sensibilidade social sobre as consecuencias irreversibeis que acarrea o descontrol das actuacións urbanísticas e a impunidade dos empresarios e alcaldes que os apoian. Temos agora a posibilidade de poñer freo á cementación de Galiza, de salvagardar o noso patrimonio natural, que é o mesmo que dicir o noso futuro.

Manuel Rei disse...

En calquera polígono industrial existen determinadas parcelas reservadas para uso deportivo, social, servizos e equipamentos públicos, zonas verdes, etc. O BNG confía moito nas posibilidades do polígono de Vidreiro -hoxe con todas as parcelas vendidas- e de toda a zona en que se ubica. Hai novas demandas de parcelas (perto de 100.000 metros) que non se poden atender a día de hoxe. Por iso temos xa o compromiso de ampliación do polígono por parte do IGVS.
En canto ao Centro de Día, que se construirá entre 07 e 08, a xestión será compartida coa Xunta de Galiza que, a parte de financiar toda a obra, poñerá persoal, equipamentos, etc. O Concello encargarase de aspectos relacionados co mantemento.

caledonia disse...

Pero a vós nos vos exasperar esas expresións de suficiencia do tipo: "para falar con propiedade.." ou "antes de falar hai que informarse.." que podían seren respetables noutras bocas, pero nestas! se eles foron os que permitiron a Lagares construir con impunidade en Caldagueiro e porfiaban que aquelo era legal e o chan urbanizábel. Estes foron os que primeiro expropiaron as lonxas de Rajoi e logo se atoparon cunha sentencia en contra. Os mesmos que primeiro querían derrubar o mercado e logo, recoñecendo o seu valor arquitectónico, deron marcha atrás. Non quixeron recoñecer os graves erros cometidos en urbanismo cando era do dominio público que existía un fondo malestar, incluso interno, contra o ex, Tino Regueiro, e así mil máis. E con este currículum aínda se atreven a pontificar!

BNG Pontedeume disse...

O BNG ten currículum dabondo para presentarse ante os veciños e pedir o seu apoio. Pode verse no recente boletín que publicamos. Onde tamén podes ler o recoñecemnto de que non todo se fixo ben. Os feitos están ahí, cada quen ten o dereito, e mesmo o deber, de valoralos. Agora ben, dende o BNG pedimos que se use o mesma o criterio co resto de forzas políticas, ainda sendo conscientes de que nos mesmos sempre nos esixiremos mais.

acuario disse...

Unha das cousas importantes das que se fala nestes momentos no pobo e o tema da garderia e paréceme que ben o Concello o ben o Concelleiro de Servizos Sociais da que depende dita Gardería, debería aclarar os seguintes puntos
¿ Ë verdade que un/unha neno/nena quedou fora por outro que non nacera todavía?
¿ É verdade que esa familia que quedou fora, foi por superar ingresos económicos?
É verdade que na secretaría do Concello hai un escrito que da a razón á familia que quedou fora?
É verdade que a lista de espera quedou paralizada por culpa desa familia hasta que se contestase a su/sus reclamacións?
É verdade que a nena ou neno de dita familia poido entrar na gardería ao final por estar na lista de espera e corresponderlle nese momento dado que unha familia renunciou?
Todos estos comentarios e moitos mais levo tempo escoitando e lendo noutras páxinas de internet, especialmente en pontedeumeonline.com e estou canso de que ninguén fale e diga a verdade

BNG Pontedeume disse...

A respecto da EIM "Chalé Rosa" e sobre comentarios que hai na rúa, así como sobre toda caste de rumores, sabemos que non se vai a ningunha parte. Calquer cidadán interesado en aclararse e ter información de primeira man o que ten que facer é dirixirse ás técnicas que están na Comisión de Seguimento e Baremación de Servizos Sociais, que lle explicarán todos os pormenores e o funcionamento do Regulamento da EIM. Ou, en calquer suposto, acudir á Secretaria municipal e ver todos os escritos que sexa e os informes, se os houber. O demais é favorecer a maledicencia cunha forma de populismo moi pouco pedagóxica para a política en xeral. Forma de actuar máis grave aínda se é un grupo con representación municipal, coma o COI, que saca "acusacións veladas" no seu panfleto sobre este tema, sen preguntalo antes no Concello, no Pleno correspondente, no despacho da Secretaria ou nos despachos de Servizos Sociais. Esta forma de actuar éralles moi cómoda cando non tiñan representación ("nosotros sólo preguntamos, insinuamos, dejamos caer..."); agora a xente demanda outra cousa. E moi pouco se pode sacar en limpo neste caso.
Finalmente queremos deixar claro que nos case catro anos de funcionamento da Escola Infantil só houbo un problema de admisión en quenda de mañá, que se levou mesmo a un Contencioso, dándoselle a razón ao Concello en todos os extremos. Ningún caso máis.
O problema que temos actualmente é a falta de prazas e niso si que estamos traballando.

lúa disse...

E, se soamente foran acusacións veladas escritas nun panfleto... como di o BNG, pero vichedes que nos venden como MEDIDAS URXENTES para a nosa vila no seu programa electoral os "chicos de procesión"?. Seguro que moit@s dos asiduos a este foro que, polo que vexo e leo, son expertos no dereito e na arquitectura xa terán caido na conta de que certas medidas, non é que sexan urxentes é ,que non son MEDIDAS, simplemente.

Como estamos no apartado que fala sobre o Plan Concertado dos Servizos Sociais en Pontedeume podemos aproveitar para analizar o que propón o COE nesta área. Establecen como medida urxente para o futuro da nosa Vila: UNHA XESTION PROFESIONAL DOS SERVIZOS SOCIAIS. Xa me gustaria a min saber que é o que queren decir con isa frase tan visionaria ao mellor creen que convencen. Conforme aos principios de descentralización e de máxima proximidade da xestión administrativa aos cidadáns, claro que é certo que o ámbito natural para crear, organizar e XESTIONAR os servizos sociais é o Concello. As competencias municipais en materia de Serv. Soc., na actualidade, ESTÁN ESTABLECIDAS POR LEI(a nivel autonómico e estatal e non feita na casa como creen estes rapaces), polo tanto e polo que se ve non é unha medida innovadora duns iluminados e por suposto sobra decir que é asi en toda a comunidade.
Pero se seguimos a analizar o segundo termo que utilizan nesa frase PROFESIONAL, deben estar a pensar que ata o momento @s profesionais que están a xestionar na actualidade os Servizos Sociais á cidadania en Pontedeume non son profesionais. Polo que sei ou máis ben polo que procurei informarme, podedes estar tranquilos, @s traballador@s que están ubicados no xulgado e que constituen o equipo de serv. soc. teñen a titulación que para o desempeño do seu posto se require. Que por outra banda, non é ningunha cousa excepcional, senón unha realidade semellante a do resto dos Concellos: cada posto require unha titulación para o desempeño das funcións que lle son propias e, atopamonos que en Pont. os servizos socias teñen: duas Traballadoras Sociais (diplomadas en traballo social), unha Educadora (licenciada en Psicoloxía), unha Animadora (licenciada en Pedagoxía), unha Psicóloga (licenciada, por suposto en Psicoloxía) e, un Auxiliar Administrativo. Penso que xa esta de máis falar de XESTIÓN PROFESIONAL, ao mellor deberían redactar novamente isa proposta.

Poderiamos seguir a analizar outras medidas curiosas e entendidas como urxentes: DOTACIÓN DE MEDIOS A POLICIA LOCAL. En certas cidades estes profesionais entre os seus medios ou recursos dispoñibles teñen: motos, cabalos, instalacións con calabozos,ximnasio...... e oxalá na nosa Vila contaramos cunha dotación completa en canto a medios persoais, materiais e económicos pero tod@s sabemos que os corpos da policia local estructuranse por escalas e categorias. E as categorias que teñen que existir están en función do número de habitantes de cada Concello. Penso que case podemos considerar unha burla que un grupo que leva catro anos na oposición nos presente este argumento como unha MEDIDA urxente para o desenvolvemento socio-económico da nosa Vila.

O caso é que unha análise semellante poderiamos facer de case todas as medidas urxentes que propoñen e definen mediante frases ambiguas e que tal como están formuladas son a antítese das verdadeiras medidas.

Aproveito para enviar meu apoio e felicitacións ao compañeiro M. Rei pola súa intervención en Radiovoz pola claridade na exposición, polo coñecemento da realidade e dos temas. Coñecemento que da o ESTAR e TRABALLAR. Estar na realidade do que pode e non pode ser e traballar pola nosa Vila. A outros o que teño que enviarlles é o meu máis sentido pésame ( e vai por ti Juan Pablo-Independentes por Pontedeume) e non porque non teñas capacidade de oratoria, iso non é o máis importante, o digo pola falta de contido do pouco que dixeches (ainda que non fuches o único o candidato de Terra Galega tamén amosou improvisación nos argumentos).
Un saúdo