O día de onte (12 de abril), o portavoz municipal do BNG, Manuel Rei, e o concelleiro de Promoción Industrial, Emilio Salorio, reuníronse no local da AVV de Andrade cos veciños da parroquia, afectados polo Polígono que promove EINSA. Nunha concorrida asemblea, déronse cita, ademais doutros moitos veciños, membros do Comité de Empresa de EINSA.
O BNG aclarou varios aspectos desta modificación e respondeu ás preguntas dos veciños durante 2 horas aproximadamente. Dita reunión pode resumirse no seguinte:
1. A aprobación provisional, que foi votada favorablemente por todos os grupos municipais do Pleno, é un puro trámite que, de momento, non ten maior trascendencia. Os grupos municipais constatan que EINSA é unha realidade industrial e que, como tal, debe de estar asentada en solo industrial, non en rústico ordinario ou forestal. Lembramos que o 16 de novembro de 1990, foi a Consellería de Ordenación do Territorio a que, tendo a última palabra, deu a autorización definitiva para a súa instalación, aínda sendo terreos de natureza rústica.
2. No momento actual, en trámite de información pública (ampliado ó máximo que contempla a Lei), todos os propietarios implicados nesta recalificación, poden formalmente através de alegacións pedir a retirada da súa propiedade deste ámbito, e, pola nosa parte, e tamén pola dos técnicos municipais e redactores do Proxecto, non se ve ningún problema en atender estas demandas. Estamos, ademais, recibindo os informes sectoriais e, para empezar, o de Estradas xa non admite a rotonda na AC-151. Medio Ambiente considera que non ten implicacións nocivas e non emite informe...
3. A delimitación deste Polígono industrial, en termos exactos, xa figuraba no Avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal, exposto a comezos de 2005, e non deu pé a protestas de ningún tipo. E hai que indicar que obedece a "criterios de racionalidade urbanística". Proponse un solo industrial, non un urbanizable residencial nin nada polo estilo. Esto queremos deixalo ben claro ante as manipulacións que certos colectivos están a facer do tema.
4. Se segue adiante a tramitación, imos manter informados aos veciños de todos os pasos. Finalmente, queremos indicar tamén que, en última instancia, será a Dirección Xeral de Urbanismo a que dea a autorización definitiva.
Dito isto o BNG quere deixar ben claro que os seus posicionamentos só buscan o ben común, que atendeu, atende e atenderá calquer solicitude dos veciños, como o proba claramente esta reunión e que as manipulacións e as falsas informacións soamente buscan desprestixiar a nosa organización de cara as vindeiras eleicións municipais.
33 comentários:
Moi bo comentario. Seguarmente haberá cidadáns (inxenuos ou non)que vos crean, pero despois de ler a nova aparecida hoxe en La Opinión todo apunta a un pelotazo urbanístico co aval de tódolos grupos políticos da vila. Quizais (tristemente) a algúns metéronlles un gol por votar sen informarse antes do tema; ou ao peor defenden o pelotazo e aos señores ricos. ¿Como se pode comprender que se vote a favor dunha recalificación duns terreos, para un interese particular, sen informar previamente aos afectados?
Parece que lla queriades meter doblada con nocturnidade e alevosía.
Dende o BNG levan moito tempo falando de terxiversacións, medias verdades e demais, de que "determinados colectivos" so intentan desprestixiarvos e segundo a miña vision ( a miña) o que vexo é:
1.- Non é certo que sexa un puro trámite e que non teña trascendencia a aprobación provisional por parte de todos os grupos municipais (neste caso o desprestixio é xeral, toda a corporación está implicada, as cousas non se aproban así como así, ala si está mal xa o rexeitarán outros nos de momento o aprobamos, parece unha tomadura de pelo, falar de puro trámite cando estamos a falar das propiedades familiares de moita xente, do froito do traballo de moita xente, e non de traballo de estar de viños polo franco ou sentado tras un pupitre, senón de suor, do sacho e do estercol, que parece que esto e Nova Iorque.
2.- O trámite de información pública foi inicialmente dun mes (con nocturnidade e alevosía) e so mediante a intervención do Arquitecto Municipal (aqui rompo unha lanza a favor de quen o nomeou, pero tampouco fixo gran cousa, para eso lle pagan non?)ampliouse o prazo a dous meses, dos que so quedan a día de hoxe 20 días.
3.- Parece de coña que unha empresa que hai menos dun ano quería pechar e botar a todos os traballadores á rua agora veña coa carallada de ampliar o solo industrial para seguir medrando, e o que parece máis de coña e que queira facelo coas terras dos veciños e deixando fora desa ampliación terreos que eles posuen por debaixo de Einsa, é decir ampliar sí pero con terreos de outros e mediante o xustiprecio.
e 4.- A reunión tiña que terse feito antes da aprobación do plan, consultar cos veciños, falar con eles, ver se esa ampliación non so era viable senon tamén se era xusta para a xente que ten ali as suas terras.
Finalmente quero indicar que neste caso en particular non me parece que o BNG busque o interese xeral, nen o ben común, aqui hai un so beneficiado, o "insigne fillo predilecto" D. Carlos Martínez e non menos de 20 familias perxudicadas que están a ver como dende o Concello están a permitir e incluso a xustificar que lles arrebaten os seus terreos.
Un saudo
Recomendo visitar a páxina:
http://pontedeume.blogspot.com/2007/04/einsa-empresa-inmobilaria-sa.html
para contrarrestar as distintas opinións
Creo que tedes algunhas incongruencias nas vosas explicacións:
1. Non é aprobación provisional, é aprobación inicial, pendente dos informes das respectivas conselleiras, como o de Demarcación de Carreteras que xa se opuxo á rotonda proposta. Non se trata de puro tramite senon do tramite legal cara a aprobación definitiva, non engañedes á xente. ¿A que veu o tramite con tanta urxencia e só un mes para face alegacións ao principio?.
2. Tampouco é certo que os propietarios poidan solicitar retirar os seus terreos da recalificación, outra falacia, en tal caso ante o escandaloso do asunto, anularedes o procedemento actual e propoñeredes outro onde só afecte aos terreos propiedade de Einsa. Non volvades a engañar á xente.
3. A delimitación actual da área a recalificar non coincide coa do avance do PXOM, senon que é bastante maior, afectando a mais leiras, pode ser polo menos un tercio mais do previsto. Senon houbo alegacións no avance foi en primeiro lugar, porque no procedemento de avance non estan previstas, e en segundo lugar porque a xente senon lle explican as cousas non se enteran de nada, a proba é que no periodo de alegacions os veciños se enterar a 7 dias do fin do plazo, e porque certo colectivo levantou a lebre. Racionalidade urbanística seria se detallase un compromiso de futuro para esos terreos detallando datas e inversións previstas, non ceder a unha recalificacion indiscriminada ainda por enriba afectando a 25 propiedades de veciños. Sabedes de sobras que unha vez aprobado no PXOM un solo de proteccion forestal despois vai ser moito mais complicado recalificalo, facendó agora unha vez recalificado como industrial-terciario, e mais doado abrir novas vias para outros usos, é cuestión de facer unha boa memoria explicativa.
Volvichedes a meter a patiña como de costume, ahora non vos vaiades de victimas, vosa organización desprestixiase soa mediante as vosas actuacións. E por suposto que tentachedes vender aos veciños, para lucro dunha empresa privada.
Creo que non entendedes que, desde hai varios anos atrás, é o propio Concello de Pontedeume o que lle está demandando a EINSA que regularice e que normalice a súa situación. O que se propuxo no Plan Xeral vai encamiñado a isto.
Acaso non é a mellor maneira -sen entrarmos en como a autorizaron inicialmente- de que se asente e consolide como industria?
Industria do sector inmobiliario.
Marina d´Einsa
Nas eleccións dos vindeiros anos van gañar importancia o vídeo e a propaganda viral audiovisual, debido ao fabuloso impacto que a televisión participativa ten para o marketing político. Pero os cidadáns tamén falan e cada vez aportan máis munición propia en internet. A política xa se televisa na Rede e o audiovisual, co seu enorme poder, deixa de ser un monopolio dos titulares das licencias televisivas ou das grandes canles.
A propaganda da imaxe é máis rendible que a palabra, e en consecuencia o vídeo participativo tense convertido xa nunha forza política de primeira orde, grazas a youtube e a outros servidores abertos. Nos EE.UU. (varios exemplos), en España en 2004 (Hay Motivo) e en Galicia en 2005 (Hai que botalos). Propaganda política, debate político e denuncia, sempre mesturados co humor. Emoción e entretemento.
O mellor exemplo tivémolo no outono pasado na campaña electoral para as eleccións lexislativas norteamericanas. The People Choose 2006 converteuse nun dos instrumentos máis populares e efectivos da televisión política participativa até o momento: un sitio onde aloxar vídeos políticos para democratizar a televisión electoral, ordenados por circunscricións, partidos, parlamentarios e candidatos.
As novas tecnoloxías, o abaratamento dos custes de gravación, a difusión de programas de edición caseiros e, sobre todo, as posibilidades de distribución que ofrece internet, son factores que fan que hoxendía calquera colectivo poida ter a súa propia televisión. Isto é, de por si, bo para a sociedade democrática, xa que permite a actores até agora marxinados integrarse ao proceso audiovisual.
Colle o móbil, a cámara de fotos, a cámara de vídeo, fai unha montaxe de fotografías… E denuncia o que marcha mal no teu concello, no teu barrio. Denuncia a especulación urbanística, os vertidos, a destrución da costa, o nepotismo, a corrupción, ou simplemente o deficiente asfaltado dun camiño. Porque eles gobernan, pero ti mandas. Por iso, manda o teu vídeo, manda ti: zerovacas@gmail.com
MANDA-TI
BNG-PONTEDEUME dixo:
"Creo que non entendedes que, desde hai varios anos atrás, é o propio Concello de Pontedeume o que lle está demandando a EINSA que regularice e que normalice a súa situación."
Tes veleno na lingua, non sei como se pode ser tan astuto e darlle a volta a todo e quedar ledo pensando que levas razón. ¿As fincas e casas que non son de EINSA tamén son obxecto do requerimento do Concello?
Esta xente do concello leva tantos anos tomando aos veciños por tontos que agora que estos empezan a reaccionar non saben que facer. As excusas e disculpas son tan tontas que case que da a risa.
Sobra decir que o BNG ten plena confianza nos veciños e veciñas de Pontedeume, e é plenamente consciente de que se debe a eles, calquer outro comentario non ten sentido.
Respecto ao tema de Einsa o BNG expón as razóns que levan a plantexar esa zoa industrial e ao mesmo tempo busca as opcións para que ningún veciño saia perxudicado.
Tamén é certo que moitos veciños e veciñas de Pontedeume que foron ou poderían ser votantes activos e colaboradores do BNG perderon toda a confianza que depositaron ou que poderían depositar en anteriores ou nas vindeiras eleccións, lamentablemente é posible que non se tome ningunha decisión previa as eleccións e cando a previsible debacle teña lugar seguramente o núcleo duro enquistarase nas suas posicións e seran de novo outros 4 anos perdidos, ainda recordo frases de hai 4 anos "é necesario estar dentro para modificar as políticas deste pobo" era un comentario feito por un futuro ex-concelleiro ante a desilusión polos baixos resultados conqueridos e o "sorprendente" ascenso do COE.
Un saudo
Para min que fun votante do BNG a decisión de non contar co actual concellal de urbanismo é un avance. Ainda non sei si votarei de novo ao BNG, non depende das decisións que tomen os seu dirixentes, non sei a que tipo de decisión se refire o anterior anónimo, depende do que poidan ofrecer as outras opcións e polo de agora non me din nada.
Pero como non iba ascender o COE, e mais que recollera grazas a vosa ineficacia, tanto por seguirlle o xogo a un Belarmino (cero á ezquerda)como a un Chacho (ex-franquista). Por que non tedes o valor democratico de poñer no voso programa que non firmaredes baixo ningun concepto con Chacho. Chacho e o COE xa deixaron claras as posturas, non se poden ver. En esas condicions non seria loxico por saude democratica apartar a este cancro da politica activa eumesa.
O BNG comprende a desilusión que poden ter alguns veciños coa política levada a cabo no concello en lexislaturas anteriorse. Desilusión que recolleu o COE, un partido que está a dereita do PP. Pero o que é moi certo é que o COE non fixo nada na oposición e que non ofrece ningunha garantía de goberno. Temos que recordar que o COE é unha escisión de IeP, o partido de Chacho, e que o seu cabeza de lista, entre outros, ía da man de Chacho non fai tanto tempo. Esta incoherencia política di moito desas persoas.
O BNG aspira a ter a forza suficiente para gobernar Pontedeume sin necesidade de pactos que a ningún militante do BNG gustan. Si o BNG chegou aos acordos de gobernabilidade que chegou nas recentes lexislaturas foi para evitar que a dereita gobernase e poder levar a cabo as políticas nas que acreditamos.
Realmente non vexo a Fernando (o cabeza de lista do COE) cun bigotiño enriba do labio superior, nin cunha camisa negra, eu creo que á dereita do PP non hai nada, eles son toda a dereita que hai, outra cousa sería falar da incompetencia e a ignorancia supina dos integrantes deste grupo, pero dicir que están á dereita do PP é pura demagoxia.
Para min é natural un pacto PSOE-BNG, por imposicións verticais (dende Santiago) e tamén porque representan (canda menos formalmente) a única opción de progreso pero o seu labor como goberno municipal foi nefando na última lexislatura, e concretamente a do lider do BNG non foi unha das posturas máis coherentes, xa que tivo constantes cambios de rumbos, de opinións e propostas que ante os ollas de moitos eumeses indican que non se tiñan claros os pasos que había que dar, casos como o do Mercado, as reunións cos comerciantes eumeses, non fixeron moito pola imaxe do lider do BNG eumés, deberían ser cousas a correxir na próxima lexislatura se consiguen acadar unha maioria suficiente para participar no grupo de goberno.
Un saudo
Ainda que o COE ten os seus defectos, que non son poucos evidentemente, non creo que sexa unha incoherencia que alguen que estivo nun momento dado con Chacho abrira os ollos e se apartase o maximo posible. Ao contrario penso que é un punto ao favor sua, e recorda que o tal Chacho foi unha escisión do PSOE. Pareceme mais lamentable que vosoutros tragasedes con Chacho, ata pasable unha vez, pero que esteades dispostos a repetir (ou alomenos non descartar taxantemente o tema) despois desta lexislatura xa é intolerable, como intolerable pareceme que foi que Belarmino os ocultase a orde de paralizacion de Caldagueiro nove meses e non reaccionarades cando o coñecichedes, ou mesmo coa orde de paralizacion da Casa de D. Pablo que vos enterachedes polos periodicos, tampouco moito hai que decir de soportar que Chacho abrise a Alameda ao trafico, entre outros mangoneos con Valiente dos que erades mais que coñecedores. Pareceme persoalmente impresentable seguir nun goberno nestas condicions, si tiverades o que hai que ter fai mais dun ano que tiñades roto o goberno en Pontedeume. Polo menos teriades a posibilidade de afrontar estas eleccions co respaldo de moitisima xente que agora os repudia. Pero claro evidentemente nunca soñachedes cunha situacion de presion ciudadana como a que hai hoxe en dia na vila, eso si é evidente.
Pois a min non me aclaran nada.
Non é ningunha demagoxia decir que o COE está a dereita do PP, o demostran continuamente coas súas actuacións no concello e fora del. Adiantan ao PP pola dereita día tras día, e non é ningún segredo que si acadan os votos necesarios poñerán ao PP na alcaldía.
Moita xente pensa que non tíñamos que ter aguantado no goberno despois de certas actuacións, non vou decir a cantidade de veces que nolo plantexamos, o que si vou decir é que ao final prevaleceu o noso compromiso cos eumeses/as sobre as análises e cálculos electorais. Somos conscientes do desgaste que supoxo estar no goberno, pero o que intentamos explicar é que ante dúas opcións malas collimos a que creíamos menos mala, por suposto pensando en Pontedeume, non nas eleccións de maio.
Ao final acábase posicionando todo o mundo cunha claridade meridiana a través da práctica. Por eso seguro que sabes que os do COE son chicos de procesión e que incluso subvencionan á máis que luxosa igrexa católica. Practicaron un localismo de tintes excluintes e xenófobos. Nalgún caso parece que entenden a política como un partido de fútbol, facendo de hooligans. Desde logo, eles, Fernando, Filgueiras... que compartiron candidatura co franquista Agras, están pouco autorizados para criticar a ninguén ao respecto.
Só unhas preguntas para os que simplificades todo, non dubidades nada e tendes tan claro o do "pelotazo":
- Que diríades se o ámbito delimitado para solo industrial fose única e exclusivamente o do empresario de EINSA?
- Que diría o pobo de Pontedeume e os traballadores de EINSA e, sobre todo vós, se -nun futuro máis ou menos inmediato- a empresa pechase, podendo alegar que o Concello non lle aprobou o cambio de solo, nin tan siquera inicialmente, manténdoa nunha situación irregular?
- Acaso non pensades que podedes estar confundindo e mesmo manipulando -digamos que non sexa intencionadamente- a algúns propietarios e que poden saír finalmente perxudicados? Cal é a previsible calificación urbanística dos seus terreos nun futuro non tan lonxano e dentro dos actuais parámetros da Lei 9/2002? Xa que non vos valería o arquitecto municipal, pola súa "parcialidade", por que non aconsellades que fagan unhas consultas con algún outro arquitecto, ou entendido de urbanismo máis imparcial?
- Podedes crer e defender que todos os Grupos municipais, ao votaren a favor do que promove EINSA, están equivocados, non saben o que votan ou saben o que votan, pero queren favorecer o interese privado en detrimento do interese xeral?
- En procedementos similares de tramitación, mesmo nun de máis envergadura como é un PXOM, é normal consultarlle a cada propietario como quere que quede calificada a súa parcela ou, pola contra, debe facerse con criterios técnicos, obxectivos e rigorosos a redacción, e ter logo a garantía legal dunha información pública coa participación necesaria?
A ver, Manoliñom nunca pensei que che costara tanto pensar con claridade:
- Se o ámbito recalificado fose exclusivamente de EINSA, diriamos que moi ben, porque non afecta a terceiros e non lle fornece, en principio, de moito beneficio. Pero iso é unha utopía, non ten senso discutir de algo que non é o que se fixo.
- Se EINSA pecha non é por cuestións da calificación do solo, xa que, polas leis actuais da natureza, sen recorrer ao paranormal, non alcanza a nomenclatura legal do chan que se pisa a crear efectos de rendemento económico nin moito menos a incrementar o ritmo de traballo dos empregados; se cadra é a recalifación a que podería causar o peche da empresa, a sabendas que obterían máis rendementos e moito máis rápido por derroteiros xa coñecidos. Máis ben, co aval do pasado, temos razón en dicir que a empresa pecha porque non ten os beneficios que lle apetecen. Non sexas falaz nesta afirmación.
- Que se diga aos críticos que están a confundir aos propietarios afectados é o colmo dos colmos, cando vos non tivéchedes a decencia de os informar (ou no caso de facelo, mentíndolles de palabra) cando se ían a efectuar as mudanzas na calificación das súas propiedades. Durme tranquilo, home, vexo que cres que un propietario non soubera que a súa casa se ía a expropiar non che afecta o máis mínimo, e que haxa uns pelagatos que informen a dito propietario e ti o concibas como un engano, é de psicoanalista.
- Respecto á unanimidade dos grupos no tema, ti xa estás rozando o teatro do absurdo. Apelar á maioría como signo de verdade é de falacia de manual. O sabes ben, e agora sabemos ben que temos unha clase política eumesa que por estas accións e por estes xeitos de entender o "politicamente correcto" non está á altura do que debería ser un político mínimamente competente no debate. Por outra banda, anque do mesmo xeito, estades rozando posturas prevaricantes, voluntaria ou involuntariamente. Esta última disertación é o única que nos queda, á poboación, por saber; e.g. se o facedes a propósito ou as inmobiliarias ou EINSA vos poden tomar o pelo por tontos que sodes.
- O último punto non paga a pena discutilo, é polo de agora utopía. Nin a recalificación a fixeron técnicos públicos nin se consultou nin se consultarán aos propietarios . A recalificación a fixo EINSA ao seu gusto e o Concello, por unanimidade, a aceptou como tal. Logo tivo que quedar mal diante dos propietarios afectados, pero iso son riscos intrínsecos de antepoñer os intereses das empresas ao interese común. Nun pensei que puiderades chegar a tanto.
Respostas:
1-Creo que só se debería de recalificar o ambito que ocupa actualmente a fabrica, os terreos que ocupa a casa de turismo rural que financiaron ilegalmente por suposto que non, e ademais esta se deberia de empregar para o que foi financiada. A recalificacón so debe ser un proceso de regularización dunha realidade industrial a dia de hoxe que é a de Einsa, pero no perimetro das instalacions actuais. Non é de recibo ningunha outra recalificación a maiores sexan ou non os terreos de Einsa, se non hai un programa claro con inversións e compromisos de retorno dos terreos se finalmente non se destinan a ditas previsions.
2-A empresa pode poñer calqueira excusa para pechar, xa as puxo no pasado e as poñera no futuro, se recalifique ou non, si esa é a sua verdadeira intención. O resto é demagoxia e oportunismo.
3-A calificación futura dos terreos según o avance do PXOM, eran nunha parte para ampliación de nucleo rural (polo tanto edificables residencial), na maioria para proteccion forestal (non edificables), e nos casos das vivendas existentes quedaban ben en ampliación de nucleo rural ou simplemente en rústico, situación que non variaba a sua legalidade actual, ninguen podia pensar en demolicións de varias vivendas como se pretende coa recalificación actual.
4-Os grupos municipais votaron a favor sin coñecer moi ben a situación, en primeiro lugar a maioria creia que os terreos eran na totalidade de Einsa, no caso concreto do PP lles daba o mesmo xa que todos se despedian da politica. Martinez presentou o asunto como necesario para manter a viabilidade das instalacions. Ninguén coñecia que Einsa constituira unha sociedade inmobiliaria hasta fai un par de semanas. Nestas condicions ninguen se atreveu a votar en contra de Einsa, o que mais ou o que menos ten parentes na empresa, ou ve a posibilidade futura de subir ao carro, e mellor telos de amigos que non de enemigos, e como a operación a maquillaron moi ben e non afectaba directamente a ningun dos que votaron a favor se chegou a esta situacion. So tes que comprobar agora si é certo que o mesmo Vilariño se presentou na Xunta cos propietarios de Einsa, vaia futuro para un aspirante a alcalde. Todos sabemos como funciona o caciquismo en vilas pequenas. E aquí algun cando ver un pequeño feixe de billetes volvese tolo.
5-Tes razón non é lóxico nun proceso de redacción dun PXOM consultarlle a priori aos propietarios como queren recalificar os terreos, nin tampocuo darlles informacion privilexiada, o beneficio xeral debe primar. Pero neste caso a Einsa se lle esta preguntando ou mesmo eles estan propoñendo o que queren facer cos seus terreos, e cos de outros, sen que expliquen nada, so mediante ameazas. Senon ¿Por qué non coincide a superificie do avance do PXOM coa proposta actual de Einsa?. Pero que tipo de ampliación é esa que dibuxan no plano de oito naveciñas distribuidas pola finca.
En fin todo moi oscuro como todo o que pasa no urbanismo de Pontedeume.
Por qué non lle contestades a anderico en serio e non por medio de semellantes simplezas?
Moito falar de que os rapaces do COE son "chicos de procesión" cando o BNG peca do mesmo cando a situación o require... Non sei se lembrades o ano no que a festa de San Nicolás foi levada polo señor Méndez. Se non o lembrades, vouvos recordar que na procesión que se da á volta do adro estaba "coma un bendito" o señor Rei, a pesar dos pesares... qué pasa, que as festas patronais son de diferentes categoría segundo quen as "patrocine"? ou que "os principios" se poden modificar dependendo da situación? Isto me recorda ó señor Marx (pero olliño, Groucho, non Karl) que dicía o de "...estes son os meus principios, e se non lle gustan... teño outros".
Menos criticar a outros partidos e máis obrar en consecuencia, por favor. Porque senón o que pasa é que as nosas actuacións desautorizan ás nosas palabras... e isto en política, e antes dunhas eleccións como as que se aveciñan, pode cambiar moito voto, e non precisamente a favor de quen actúa deste xeito!
Qué pena que exista aínda quen ten memoria e poida lembrarlle á xente estas "incongruencias", ¿verdade?
Moita marcha hai neste blog!!!
Así da gusto... o BNG facéndose a víctima con respecto á actuacións do governo local (do cal forma parte), mentindo á xente que se atopa afectada por unha recalificación aprobada tamén polo BNG e escudándose na unanimidade á hora da aprobación, perdendo o tempo en xulgar a posición doutros partidos políticos (se o COE está máis á dereita do PP é problema deles e dos seus votantes).
Todo isto, coitado de min, fai que pense en que hai moito medo a estas dúas formacións políticas de cara ós comicios de maio (dígoo por iso de que só criticas a quen non podes derrotar con feitos).
Con este ambiente tan cargado nas liñas do BNG e tanto botar balóns fóra da a impresión de que os dirixentes do partido teñen moi claro que peligran os ingresos do tenente de alcalde.
Son eu moi mal pensado ou o BNG xa ten asumido que vai virar o vento?
Despois de tanto desgoverno dos grupos PSOE, BNG e IeP, é evidente que o PP coa lista anovada (polo que sei, con xente traballadora e formada) e o COE con eses "chicos de porcesión" que tanto preocupan neste blog, van conseguir o CAMBIO aquél que prometía o BNG nas pasadas eleccións.
Como a peor non podemos ir, calquera cambio será para ben!
cómo pode ser que un home coma o Sr. Rei pense que os eumeses son tan parvos como para crer o discurso que defende sobre o caso da recalificacion de einsa? non se da conta de que é un insulto á intelixencia de calquera, por moi mermada que se atope?
coma se non soubesemos que quen estaba á fronte do urbanismo é o seu correlixionario e concelleiro o Sr. Regueiro.
o laicismo e o anticapitalismo que defende esta formación queda en entredito se a información do post anterior é certa. o certo é que non me sorprende nada que sexa verdade, pois o Sr. Méndez ten moito tirón entre os políticos desta vila. vemos que neste partido o que realmente hai é ADORADORES DOS GRANDES CAPITALISTAS E DOS SEUS CARTOS.
visto que esta xente non é capaz nin de manter os seus principios, non me queda outra que parafrasear as grandes ideas electorais dos grupos sociolisto e nacionalisto nas eleccions autonómicas:
HAI QUE BOTALOS. VOTA.
Persoalmente gustariame saber cales foron os milagres para Pontedeume que fixo o tal Mendez, para facelo fillo predilecto, aparte de facerse coa rectoral de Cornido e pechar o camiño ao transito libre de cidadans. Podedes comprobar doadamente que como pasedes polo camiño os saen os guardias xurados a pedir a documentacion. Non pasa esto nin na casa de Fraga. Demencial. Fillo predilecto de que?
Non sei si o bng pensa en perder. Nunhas eleccións pode pasar de todo, xa o vimos co COE, aquí hai moita xente que se lle ve o plumeiro, pero dende logo eu non vou permitir co meu voto que en Pontedeume goberne a dereita apoida na extrema dereita.
Aos que mais se lles veu o plumeiro durante todos estos anos no concello foi precisamente aos do PSOE e BNG. Veuselles o plumeiro completiño. E dende logo que Rei vaia solicitando a volta as aulas que na oposicion non lle van a pagar medio quiliño ao mes.
Compañeiros Rei é Salorio,
Despois de ler o xornal puxéronseme os pelos de punta a oposición acúsanos de obrar con mala fe, Belarmino confirma a acusación e o covarde de Chacho remacha dicindo que a el tamén o enganamos, e todo esto nun pleno municipal diante dos propietarios que Einsa quere expropiar, a periodista da OPINION e público que estaba a escoitar outras decisións municipais. Nós non podemos aceptar esas acusacións e quedarnos coas mans baixas. Se cometemos un erro teremos que retificar e retificar ben, o que recoñece que se enganou (poida que non fora por mala fe como dixeron os traidores do PSOE e o fascista de Chacho). Non podemos chegar ao mes de maio con ese lastre, temos que varrer os panfletos das rúa, os rumores dos bares e das pantallas de Internet ou ¿eles son mais honestos ca nós? Se hai que facer un pleno para arranxar o que se fixo mal, faise.
Eles quedan ben cos votantes e nos imos pro carallo. Tedes que chamar á xente do problema e dicirlles que se para ese lío, e os de Einsa que fagan como poidan, que retiren ese proxecto que compren as terras ou amplíen a fábrica nas terras deles.
Nós temos que gaña-las elecións do 27 de maio.
Agora resulta que os do PSOE son traidores e Chacho un fascista, bueno algo vamos avanzando. Só queda por recoñecer que Rei e Salorio son dous incompetentes, (ou dous prevaricadores no peor dos casos), vades polo bo camiño. E darlle as grazas a Consultora Galega que é unha boa organización mafiosa, riense de toda esta pailaneria local como queren.Ollo co plan a ver que sorpresiñas teñen agochado, a ver a quen teñen xa vendido a información de onde se vai recalificar. ¿A estas alturas ainda andamos asi?.
Incompetentes hai moitos por ahí, pero non pertencen precisamente ao BNG. Non sei si te traizoa o subsconsciente, pero pailán polo que se le só hai un, xusto o que escribeu anteriormente. O que si hai é moito listillo de terraza...
Os la metieron doblada, o lo que es aun peor, quizás vosotros se la quisisteis meter doblada a los vecinos de Pontedeume. No teneis vergüenza.
Enviar um comentário