A candidatura -aprobada pola Asemblea local- do BNG de Pontedeume ás eleccións municipais do 27 de maio é a seguinte:1. Manuel Rei Romeu
2. Rocío Souto Torre
3. Emilio Manuel Salorio Fraga
4. Raúl Calvo Tenreiro
5. Marola Mosquera Castro
6. Xesús Rodríguez Diaz
7. Josefa Diaz Faraldo
8. Miguel A. Feal Varela
9. Ana García Fernández
10. Juan Esteban Infante Tenreiro
11. María Eugenia García Chao
12. Antonio Amado Brage
13. María Pilar Carrera Campos
S1. Antón Rey Sueiras
S2. Manuela Rodríguez Barros
S3. Manuel Varela Bermúdez
S4. Francisco Leira López
S5. Lucía Lodeiro Feal
21 comentários:
De pena, si con esta candidatura pretendedes facer algo, ou estades noutro planeta ou non vos enterades de nada.
Levando o FENOMENO de SALORIO, ides arrasar.
Outra oportunidade perdida, unha pena.
Està bien,es una lista como otra cualquiera que se presenta.
A mi me interesa que contesteis a mis preguntas para asì decidir mi voto.Yo votarè al grupo que me convenza de que tiene un buen proyecto de futuro y sobre todo al que no mienta ni intente disfrazar la verdad.¿Vais a contestar mis preguntas sobre urbanismo?
Querida Letizia, las preguntas sobre urbanismo, te las tendria que contestar el ahora desfenestrado TINO REGUEIRO,o su "compañero", pero habil manipulador SALORIO. El primero ya es imposible, preguntale al segundo.
Por cierto todo lo que hizo TINO REGUEIRO, conto con la aprobacion de la ASAMBLEA LOCAL DEL B. N. G.
Preguntales tambien a ellos.
Cremos, Letizia, que hai unha pregunta na que insistes bastante: o asunto do aparellador municipal. Non contestamos antes debido a que ten matices bastante persoais nos que non é doado entrar.
Trátase dun funcionario, con máis de 30 anos de antigüidade no Concello e praza fixa.
Hai concellarías nas que o Alcalde fixo Delegación de funcións e competencias; non é o caso de Urbanismo.Polo tanto, os temas relacionados con persoal dependen estritamente del, que é quen pode abrir expedientes.
Concedéndoche a razón en moitos temas que comentas, queremos dicirche que nós o que fixemos foi axilizar, por todos os medios posibles, a contratación dun Arquitecto Municipal. É a persoa que está a xestionar e informar todos os asuntos importantes de urbanismo. É un posto de rango superior ao aparellador, polo tanto este depende del.
Resumindo, estamos convencidos de que, xa a día de hoxe, o do aparellador é un problema que está a punto de superarse definitivamente. Como podes observar, ademais, os problemas de urbanismo están xeneralizados e precísanse tamén medidas globais, e tamén algo de tempo, para reconducir a situación.
A unhas persoas pode carlles millor ou peor Salorio. A min nin me vai nin me ven, pero o que teño que recoñecerlle é que dende que colleu a Concellería de Deportes fixo unha enorme labor. Aumentou o apoio a todas as entidades deportivas, logrou grandes melloras para os clubes e sempre contaron co seu apoio. Ademais coa súa xestión logrou que o polígono de Vidrieiro comenzase a encherse de empresas.
Querida Letizia, non te preocupes pola defenestración do aparellador, máis pronto o máis tarde tertá que irse, anque so fora por cuestións biolóxicas. Ves que fácil? Xa sei que pensaras que hai outros que anque non sexan funcionarios levan case tanto tempo coma él no Concello, por exemplo Salorio, pero non te preocupes, o Partido case sempre ten respostas para todo. O sr. Salorio non molesta porque non fai nada, polo tanto déixao estar. E se algún chega a incordiar, que foi o caso do concelleiro de urbanismo (e non por él, a culpa a tivo o maldito urbanismo que non fai outra cousa que crecer para arriba) pois anunámolo e pasamos as súas competencias a Rei. E así como arranxamos as cousas no Partido
Como xa apuntou outra persoa, non é que non fixera nada, e que Emilio Salorio foi o millor concelleiro de Deportes que tivo Pontedeume. Ahí están os feitos. Ao millor non está moi ben visto que o digamos nós, pero que se poñan datos sobre a mesa e que se diga que outro concelleiro fixo mais polos clubes e entidades deportivas da nosa vila. Certos comentarios pecan dunha animadversión persoal que non ten sentido na política. O lóxico sería xulgar o seu traballo e comparalo co feito polos outros. Dende logo no BNG estamos seguros de que Emilio saería gañando e por iso ten a nosa confianza.
Coas súas luces e as súas sombras esta non é unha lista coma outra calquera. É unha lista que reune a xente xoven e, a vez, a xente con experiencia e traxectoria política. Pois pese a quen lle pese algúns teñen curriculum abondo e un camiño percorrido. Punto este importante para analizar vendo certos nombres e apelidos doutras candidaturas. Isto o digo có maior dos respetos pois cada quen, seguramente, este nelas para facer o mellor polo ben da nosa Vila e a vecindade e non perseguindo intereses persoais (ou ao mellor equivocome?).
Non esquezamos, por outra banda, que por enriba de todas e todos eles esta un partido que a día de hoxe basa as súas actuacións nun principio fundamental a PARTICIPACIÓN, obxectivo prioritario en tempos de democracia (por iso cando alguén propón un debate público,neste caso Manuel Rei, non se está a provocar
estase a favorecer un espazo para: o debete, o intercambio de opinións, a aclaración de dúbidas...isas accións son para valorar e non para contestar con ameazas. Ou, polo menos, esa é a miña interpretación).
Esta premisa ten que ser o punto de partida dentro da política local ( a política que nos din que é a máis proxima a ciudadanía que é a que nos interesa a tod@s @s eumes@s), o que fai que a candidatura presente se amose como estructurada, organizada e diversa para respostar as necesidades e a realidade concreta da nosa Vila.
Sigo opinando, compañeiros do B.N.G., que non estades na realidade do noso Pobo. Como democrata respecto profundamente o compromiso de todolos compañeiros/as que teñen a valentia de ir nas distintas candidaturas que conformaran a proxima Corporacion Municipal.
Pero non podo pasar que estease , alomenos por algun membro do B.N.G., esalzando agora a figura do SALORIO, unha pena.
Non hay moito tempo, cando formaba tanden con o defenestrado REGUEIRO, para membros destacados da Asamblea Local, habia que eleminalo de xeito immediato posto que estaba a facer un dano irreparable o Partido, como podese cambear tan rapidamente de opinion.
Tera SAlORIO alguha carta na manga que vos asuste se a saca a luz publica.
E na sua laboura o frente da concelleria de deportes, ou non vivides en Pontedeume ou non vos enterades de nada. No referente as "INDUSTRIAS " creadas no poligono, opino o mesmo, vivides noutro planeta.
Y estas reflexions nos son por que teña nada parsoal contra este RAPAZ, senon pola sua traxetoria dentro do Axuntamento, NUNCA FIXO NADA NIN NUNCA O FARA.
Por certo, para aquel que me preguntou... non son letizia. Seguro que recoñecerá e compartirá algún dos meus argumentos xa que o urbanismo é unha parte das actuacións municipais importante pero non a única. A perspectiva da política local ten que ser global: economía, educación, servizos a cidadania,etc. Todo iso é o que verdaderamente configura toda a planificación e desarrollo local cara a conseguir o desarrollo sostible do que tanto se está a falar nos distintos blogs, pero non sei cant@s entenden na súa xusta medida o que significa
ise concepto que vulgarmente podemos traducir como "Pan para Hoxe é fame para mañá". Disculpademe non tento tachar a ninguen de ignorante como moito facer unha minimisima reflexión sobre o tema.
Un saúdo...
Gustaríame tamén avalar o papel que o sr. Salorio, e tamén Rei, está a facer na promoción das grandes empresas e promotoras no concello. Outro día preguntarei tamén cómo se come iso no bng. O certo que é que o papel xogado por estos concelleiros na defensa dos intereses especulativos de Einsa daría vergoña ata nas filas PP. Se hai pouco leiamos na prensa que Rei lamentaba o perxuicio causado entre os veciños pola anulación temporal na concesión de licenzas de construcción pola "inminencia" na aprobación do PXOM, outro día descubriamos que o Concello -en plena tramitación do documento- recalificaba, coa aprobación de tódolos partidos- os terreos solicitados pola empresa Einsa -uns 160 000 m2- para convertilos en solo industrial, perxudicando os intereses dos veciños involucrados. Dito acordo, ademáis de ocultarse á cidadanía (incluso Salorio recoñeceu aos veciños de Andrade que non sabía que cousa botara), respondía aos intereses especulativos de Einsa -cuxo proyecto de recalificación foi elaborado por Consultora Galega, a mesma que elaborou o PXOM-, que non pretende precisamente ampliar o negocio (estivo a piques de pechalo) senon para poder construir nun futuro. Os dous concelleiros non negaron esta posibilidade ante os veciños. E a proba é que unhas das empresas de Einsa é Ediciones Informatizadas INMOBILIARIAS. Encaixan as pezas? Polos desvelos destes dous concelleiros a favor das empresas eu propondría que lles nomeasen fillos predilectos
Salorio simplemente é un chaqueteiro profesional, hoxe xurache unha cousa e maña di o contrario. Impresentable decir na reunión en Andrade "que el non votara nada a favor" pouco menos que levantou a man nesos momentos pero sin saber que facia. Penoso.
O caso de Rei e puro oportunismo, senon fose pola nomina mensual xa teria deixado o concello.
Teneis que poner una foto de la Candidatura, ta muy bien eso de poner al candidato pero hay que conocer al resto de la gente sobre todo para los que no somos de aquí y no nos sabemos los nombres!!!!!!!
Vexo que os adversarios e inimigos do BNG están que "ladran" e fan chispas cos dentes. Non vos preocupedes polos pepés, coes e outros progres (de pacotilla), que andan algo "nerviosillos" e vese que perden os papeis. Ao inimigo hai que valoralo e aprezalo -e está moi ben debater con el de todos os temas, como aquí se fai. Agora ben..., hai que recoñecer que menuda calaña. Como o dito recolle: se ladran é que cabalgamos. Adiante.
Esperamos poñer unha foto moi pronto de todos os candidatos e candidatas. Dános un pouco de tempo.
Ladrar e cabalgar?
Logo agora ladrades, por que o de que cabalgades, alg@n , seguro, pero ........
Non é cuestión de sacar a cara por ninguén e moito menos por un grupo político do noso goberno municipal que amosa ser o único cun programa estructurado e un traballo feito como é o caso do BNG, pero que acertada isa frase cervantina na que o cabaleiro D. Quixote berra:ladrannos Sancho.....logo cabalgamos.
O caso e que algúns poñen moito interese en empañar e difuminar as informacións sobre diferentes temas de interese local: urbanismo, escola infantil, einsa...con tal de desvirtuar a labor de Rei e o seu grupo no Concello. Moitos muiños de vento estanse a levantar no camiño có fin de desorientar @s eumes@s. Muiños que están construidos no aire a base de inxurias, calumnias, desinformación, ataques persoais. Menos mal que podemos utilizar outra desas frases tan recurrentes pero a vez tan certeiras xa que eses muiños iran caendo polo seu propio peso. E xa é hora de que a que teña ou o que teña dubidas acuda a aclaralas onde esta a información e pregunte a quen corresponde. Isa é unha opción máis xusta que a de deisarxe levar polos dimes e diretes.
Home, ten gracia o que di ese tal Andrade de que o comportamento de Rei e dos concelleliros do BNG daría vergonza ata no PP. Creo que non chupamos o dedo ao respecto e vemos como se fan aquí as cousas e como se fan nos Concellos veciños. E sinceramente creo que do que está "escaldada" a xente é das formas de facer urbanismo no veciño concello de Miño, cunha urbanización de millón e medio de metros cadrados, onde había solo forestal incluso, coas formas de expropiación dese Concello, co solo urbano a toda costa desde Perbes... ´Daquela ten gracia que lle falades do PP aos veciños de Pontedeume e das súas boas prácticas. Pero non é o exemplo único e poderíamos comentar os casos de Ares, Ferrol, Sada..., onde tamén goberna o PP, así como o de moitos outros concellos do litoral galego. O litoral de POntedeume vai quedar do máis conservado que hai no entorno e desa diferenza poderemos falar no futuro; e, ollo, que Pontedeume ten cinco parroquias (de 7) que dan á liña de costa. Repasemos, comparemos e despois saquemos conclusións racionalmente.
Ten gracia tamén que se fale do PP, da causa do pobo, de desterrados no caso de EINSA, cando o PP foi o máis lambecús do empresario de EINSA a todos os niveis, desde o local ao autonómico. O do fillo predilecto é unha anécdota, pero as viaxes de Fraga a EINSA, non só para inaugurar e para ampliar, as subvencións multimillonarias, a casa de turismo rural... Segundo parece, aínda houbo visita recentemente. Home, ide co conto a outra parte.
se quejan del pp que no espavila pero esque yo no veo que aqui avanceis tampocooo.Soi del pp si
¿Alguen me pode contar que foi de Beni?
mucho criticar mucho criticar pero esta claro lo q os mueve.. el dinero, sois todos iguales, aun siendo unos peores q otros
esta claro quien va a ganar
y es el pp
mucho criticarlo pero es el unico q hace algo con "xeito" no solo aquí, sino a nivel nacional, autonoma.. y seguramente lo haga también en nuestro pueblo
Enviar um comentário