03-04-2007

A construción do Club de piragüísmo e vela máis cerca

O pasado 27 de marzo, Portos de Galiza publicou no DOG a concesión do uso público da parcela onde se vai ubicar o Club de piragüísmo e vela que quere construír o Concello de Pontedeume ao remate do Peirao. A Consellería de Cultura e Deporte e a Deputación da Coruña foron sensibles ás demandas que lles transmitiu o concelleiro de Deportes Emilio Salorio, para facer xustiza a unha importante necesidade dos clubs. O orzamento deste proxecto é de 601.000 €, dos cales o Concello achega 38.000 €.
O día 3 de abril, en visita ás instalacións deportivas do Pavillón, o vicepresidente da Deputación, Xaime Bello, fixo entrega ao Concello do Convenio suscrito, coa achega económica correspondente.
O BNG aspira a potenciar ao máximo os deportes náuticos na súa vertente competitiva, no seu atractivo para a mocidade e para toda a poboación, nun enclave singular como é a ría de Ares e o río Eume até a entrada ao parque das Fragas do Eume.

9 comentários:

Anónimo disse...

Estupenda esa propuesta,era algo pedido a gritos desde hace años y muy necesario para potenciar la pràctica de deportes sobre todo en niños y juventud.¿Ese proyecto esta incluìdo en el Plan Xeral de Ordenaciòn Municipal?...
¿Còmo va el PXOM? Esa respuesta interesa a todos los Eumeses.
¿ Cuàndo destituiràn a "Don Valiente" de su puesto de trabajo?Tengo entendido que vuestro concejal de urbanismo, durante los ùltimos ocho años de gobierno,no va en vuestra lista ,no me interesa porquè ;pero me alegra,no hizo un buen trabajo;quizas su asesor tècnico("Don Valiente") no lo aconsejò bien...o se dejò aconsejar innadecuadamente.
Vèase el resultado de "arduos" años !!!!: Edificio de la estaciòn,"ed.innacabado" de años del Picho...¿Es una escultura?
varias viviendas unifamiliares "presuntamente" ilegales,ED.CALDAGUEIRO!!!!!!,Almacenes de Raxoi..(los arreglò y despuès resultò que no eran del Concello...a quièn se cuente no lo cree),y un caso històrico destartalado,sucio con recunchos pobres y malolientes...si señor!!!!!!!!!¿Cuantos años màs tendremos que esperar para ver el nuevo PXOM?.Sospecho que entendeis mi enfado,a mi me echarìan de mi empleo a final de mes si no cumplo unos objetivos...claro:tengo un contrato basura,ni soy funcionario ni representante polìtico durante años.Espero alguna respuesta.Gracias.

Anónimo disse...

Deixemois as cousas claras aínda que o chocolate sexa espeso. A construción do Firrete pode parecer algo digno de louvanza: favorecer a unha sociedade que tanto éxito colleiotu xa é dabondo. Pero hai algo que non acerto a entender. Por que outras sociedades non teñeno mesmo tratamento se tamén teñen un recoñecido labor pola cultura? Non será que o local tenta ser un reclamo para os numerosos visitantes veraniegos que buscan cada vez máis clubs de deportes marítimos? Non será un reclamo para atrtaer compradores de vivendas nas que pasar as vacacións?

Letizia disse...

Hola soy la del primer comentario.¿me vais a contestar? o ¿vais a restringir la entrada de preguntas y comentarios?mi voto està juego ya en precampaña...ojo!

BNG Pontedeume disse...

O PXOM está en fase de recibir o informe previo da Dirección Xeral de Urbanismo. Sin este informe o Concello podería seguir coa tramitación, pero o BNG entende que para continuar con todas as garantías na súa tramitación debemos esperar a recibir dito informe, o cal xa debería estar no concello fai 6 meses. Superado este trámite o PXOM podería ser aprobado durante este ano.
En canto ao outro comentario soamentes decir que o BNG tenta axudar por igual a todos os clubes e asociacións, e uns proxectos consíguense levar a cabo e outros por diversas razóns quédanse no camiño. Dende logo os grandes beneficiados destas instalacións van ser o nosos xóvenes deportistas que van contar cunhas instalacións acordes coa súa categoría.

Manuel Rei disse...

Terá que estar incluído no PXOM, aínda que a redacción do proxecto é posterior á exposición do Avance do mesmo. En caso contrario haberá que incluílo no momento de Aprobación inicial, que é o que estamos a agardar (cando a Xunta faga os "deberes").
Quería aclarar, en primeiro lugar, que o BNG leva Urbanismo só desde o ano 2003 (último mandato).
A constitución dunha Oficina de Urbanismo mínima é un paso adiante. Nela destacamos a un profesional novo como é o Arquitecto municipal, por riba do sr. aparellador. Non tardará en notarse o cambio.
Estamos tratando xa de reconducir a situación do Urbanismo en Pontedeume. Temos iniciado o expediente para a contratación do Plan de protección do Centro histórico, que está en moi mala situación. O Arquitecto municipal está traballando para conseguir a titularidade dos Almacéns de Raxoi e tamén para conseguir a demolición do edificio do Picho (xa existe un principio de acordo co propietario).
En canto á demora do PXOM (máis de 6 meses), eu entendo o malestar porque o comparto. A Dirección Xeral está colapsada e intentando sacar adiante os Plans que están para aprobación definitiva. A demora "xustifícase" debido á necesaria adecuación ao Plan de protección do litoral da Xunta. Nós estamos insistindo por todos os medios ao noso alcance. Debemos ter a esperanza de que todo será en aras dun urbanismo diferente e, por suposto, mellor.

anónima disse...

Pero a ver, un pouco de seriedade, acaso non criticabamos a construcción de portos deportivos porque era unha actividade de pijos? Agora xa se pode?
Por outra banda, hai que recoñecer que tardamos dabondo. Eu tiña un coñecido que se adicaba a iso do remo e que levaba anos esperando a que se construira algo e agora con 80 anos xa non poderá disfrutalo.
O tema este do alumeado está ben, que si ten que ser a vela pos que sexa, a ver se así non nos rouban de novo as farolas
O de apoiar a vela será

Letizia disse...

Antes de nada muchas gracias por contestarme,compruebo que este es un blog abierto,repito: gracias.A continuaciòn quiero pedir disculpas por mi afirmaciòn de que el BNG llevaba urbanismo desde hace ocho años,està claro que estaba mal informada,o quizàs me ofusquè con la sombra del Sr.Valiente¿Cuàntos años lleva èl como arquitecto tècnico del ayuntamiento de Pontedeume?

Letizia disse...

Yo tambien espero,es màs, deseo que la Xunta haga sus deberes con el PXOM y con otros muchos temas.Tambièn espero ver los "cambios" con la llegada del arquitecto,del que conozco sus funciones y responsabilidades,lo que no quita mi intriga de porquè no" se va" el Sr.Valiente ¿Estarà ahì hasta su jubilaciòn?
Agradezco la respuesta sobre los almacenes y el ed.del Picho...¿Y el resto?¿tiene respuesta o explicaciòn?
Està claro que los perjudicados somos los de a piè;vosotros esperais el informe de la Xunta,nosotros "dependemos" de la Xunta,la Diputaciòn,del gobierno central y de la polìtica municipal,la màs cercana al votante y la que influye, en gran medida en la calidad de vida del pueblo.Despuès de cuatro años es bueno que comenceis a reconducir la situaciòn de urbanismo en Pontedeume!!!Una de las imàgenes que tengo en la retina cuando conocì esta rìa ,hace unos 10 años, es que no estaba plagada de cemento,deseo que mis hijos y nietos asì la vean tambièn,yo me encargarè de contarles la fàbula de Caldagueiro, espero que el juzgado resuelva y se haga pùblica "la moraleja".
Como bien me explicaìs puedo entender los retrasos,por colapso,por la protecciòn del litoral...Ojalà estas esperas den como fruto un Urbanismo acorde con las necesidades reales ,"diferente
e,por suposto,mellor;"como tù dices.Repito:Gracias por las respuestas.

Tsunamy disse...

con respecto o edificio do club de piraguismo, a min pareceme que esta a ubicacion no e a correcta.
se os piraguistas entrenan no rio, porque facer o clube no outro lado de Pontedeume?? para que mentres levan as piragüas ata o apseo maritimo entrenen??
porque case todos os dias entrenan no rio, porque porlles o clube o outro lado??
Non seria mais facil preto da piscina?? ahh que non e terreo voso.. e dos da fabrica, como os terreos onde esta o couceiro, as lonxas... e o aparcamento foi feito sen falar con eles... e cando veu un da familia dos da fabrica disechelles que falaredes con outros da familia, pero non sabiades que estaban mortos. e enton dixechelle que era so apra as festas, que despois kitabades todo, de eso fay case 2 anos.

Vos pensades que todo e voso, pero non he asy. e ainda tedes que pagar os terreos da antiga fabrica, onde aora esta o couceiro, que non esta pagado, pero deso fai xa moitos anos...

NON TEDES CURA