31-05-2007

2ª Semana do Libro e da Lectura "Vai de medo..."

Organizada pola Concellería de Ensino, vai desenvolverse na Casa da Cultura entre os días 3 e 9 de xuño. Inaugúrase o domingo 3, ás 12.30 co espectáculo do Mago Antón "Ler por arte de maxia". Ao longo da semana desenvólvense os obradoiros con actividades para os nenos e nenas dos Centros de Pontedeume e comarca de ensino infantil, primario e ESO: de ilustración (Anxo Fariña), de contacontos (A. Moure, Colectivo Tagen Ata, Pavís Pavós), de banda deseñada (Tokio), de monicreques (Galitoon), de plástica creativa (OQO), de teatro e expresión corporal (Nekane Fernández). Todos os días, a partir das 18 h. haberá actividades similares ás anteriores, abertas ao público en xeral e actividades para o profesorado (curso homologado). Os espazos estarán ambientados con Exposicións de libros relativos ao medo, Exposicións de ilustradores e Exposicións de materiais elaborados polos alumnos e alumnas dos Centros. Culmínase en POntedeume un calendario de Semanas que se desenvolveu previamente nos Concellos de Allariz, Ames, Carballo, Viveiro, Monforte, Moaña, e que esperemos se siga facendo tan exitosamente en anos vindeiros.

60 comentários:

fóra tsunami disse...

Imaxino que co cambio de goberno municipal, as actividades culturais e educativas nas que apareza o galego desaparecerán. Antes da chegada do BNG, e en especial de Rei, ao goberno municipal, había actividades culturais? E na biblioteca? Ah, si, as que organizaba Maruchi. Os meus parabens á concellería de educación pola labor realizada.

Anónimo disse...

pensades que sodes os únicos que falades galego, que soamente vos sodes galegos e estades orgullosos delo,sodes penosos! que sepades que os socialistas, os do partido popular e os do COE, tamén somos galegos, bebemos licor café e estrella galicia!!! basta xa de tanta ipocresía, a maioría de vos non sabedes nin falar o noso idioma!

ARRIBA TSUNAMI!!!!

Rodrigo disse...

Oi, achei teu blog pelo google tá bem interessante gostei desse post. Quando der dá uma passada pelo meu blog, é sobre camisetas personalizadas, mostra passo a passo como criar uma camiseta personalizada bem maneira. Até mais.

Anónimo disse...

"basta xa de tanta ipocresía"
iso, que sodes uns ipócritas que ides aos ipódromos ainda que teñades ipo, iperactivos, ipopótamos

fóra tsunami disse...

Ser galego non significa beber licor café,estrella galicia e bailar a muiñeira o día de san miguel. Un galego que non se avergonce de selo utiliza todos os días o seu idioma e consume, como non, cultura no seu idioma (non só o día das letras galegas). Aqui non lembro un só acto cultural no que se empregara o galego non sendo nos anos nos que Rei estivo na concellería de ensino. E por suposto que non somos os donos do idioma, por iso queremos que sexa compartido e utilizado por todos os galegos, incluíndote a ti.

Anónimo disse...

"Non lembro un só acto cultural no que se empregara o galego non sendo nos anos nos que Rei estivo na concellería de ensino". Está claro que a soberbia é cega.Seguide así.

Anónimo disse...

Bueno xa se ve que os argumentos de anónimo son irrebatibles. Non sabes dicir outra cousa? Corrixe a nosa soberbia e pon exemplos.

Anónimo disse...

....aceptamos pp+coe como partidos galeguistas. je je

Anónimo disse...

Non se trata de poñer argumentos senón de sinalar a debilidade do teu á hora de derenderes o traballo desde a concellería de ensino, que é perfectamente defendíbel. A túa defensa está fóra da realidade non polo que desde esa concellería se fixo senón pola afirmación de que só existe,nesta materia, o que se fixo desde esa concellería e só desde un momento concreto e determinado no tempo:tal cousa é falsa porque non se corresponde cos feitos

Anónimo disse...

Non se correspondo cos feitos porque o dis ti. Explica que feitos son os que demostran que na concellería de ensino fíxose algo reseñabel antes de que a collera o BNG. De todas formas agora pouca importancia ten, non imos tardar en comprobar o traballo que van realizar os novos xestores. E vai ser moi fácil para todo o mundo comparar o traballo levado a cabo polo BNG e o que vai facer a dereita, neste campo e no resto de concellerías.

Anónimo disse...

Adeus non só a Manolo Rei, senon a todos os iluminados

arrenégotedemo disse...

Iluminados hai moitos, pero, sobre todo agora vai brillar a iluminación divina: a do cura párroco Raposo, a de Cáritas Diocesana e o Opus Dei.

Anónimo disse...

Pero que marea nin que farrapos de gaita. O que aquí hai é moita diarrea mental da dereita que vén facer a súa cagada. Traballade no que tendes que traballar e déixadevos de lerias. Pechade o Blog.

Anónimo disse...

Non creo que cheguemos a ver acontinuidade deste tipo de actividades.Tempo ao tempo pero podemos ir despedíndonos de eventos coma iste que situaban a nosa Vila (a que tanto parece que queremos tod@s)a altura cultural que merece. Aproveitade este ano que a temos e pasade a visitala...

Anónimo disse...

Visitade a Semana do Libro e relaxádevos, que tras dos tempos veñen tempos, e outros tempos han de vir.

Anónimo disse...

Metédevos a cultura polos collóns e limpar os contenedores das parroquias que nos van comer os raposos.

Cando estén ben limpos e me quite a pinza do nariz, vos cantarei eu mesmo unhas panxoliñas envolto en ledicia e agradecimento perpetuo.

Anónimo disse...

"Metédevos a cultura polos collóns", sabía reflexión, non me extraña que estemos en mans de quen estamos.

Anónimo disse...

"Un galego que non se avergonce de selo utiliza todos os días o seu idioma e consume, como non, cultura no seu idioma (non só o día das letras galegas)"


Por sorte (para moita xente, entre eles para min) ou por desgracia (para os "paletos" (si, dixen paleto) totalitarios que vos credes donos do galego e vos sentides co monopolio do galego e que tentades aíllalo como algo ó que hai que manter nunha esfera protectora, non vaia ser que o contacto co castelán o contamine), estamos nunha comunidade autónoma bilingüe, na que un pode falar o idioma que lle pete, o galego ou o castelán, pu os dous e non por iso querer menos á cultura da terra.
¿Vasme dicir ti que eu síntome menos galego que ti por non falar galego? ¿Que es ti para cuestionar a miña galeguidade?
Estamos xa fartos de xente que se cree con patente de corso para poñerlle etiquetas a un ou a outro. De xente que se sinte por enriba do ben e do mal.
Ó final, vai resultar que non hai diferencia entre ti, que criticas os que non falan galego e non por iso se sinten menos galego, e aqueles que noutros tempos chamábanlle a un aldeano ou paleto (si, volvo a dicir paleto, pero espero que aprecies o diferente sentido) por falar galego. Vai resultar que entre ti e Paquiño non vai a haber tantaz diferenzas.

P.D. Por certo, eu son galego parlante, leo libros en galego e non so o día das letras galegas, pero a diferenza de ti, seguramente, disfruto tanto lendo a Rosalía ou a Méndez Ferrín como a Cervantes ou a Miguel Delibes.

Anónimo disse...

A práctica é a que fai ás persoas e mesmo ás organizacións ser o que son no día a día. Non declaracións de intencións ou celebracións litúrxicas unha vez ao ano. Neste sentido, a min encantaríame que o galego e mesmo a galeguidade, tal e como se di aquí patrimonio de todos, se practicase. Sabemos quen o defende e quen o practica como algo habitual na súa vida; o demais son eufemismos e apariencias engañosas. Quen nos dera a todos os nacionalistas que o PP e o PSOE o practicasen e defendesen como algo natural ou patrimonial! Sabemos que a maioría o reducen ás intervencións na tribuna do Parlamento ou a algún acto público, pero na vida cotiá nada de nada. Non sexamos hipócritas.

fóra tsunami disse...

Aprecio o teu cosmopolitismo e ese querer ser cidadano do mundo (ou é moito dicir? Pois quédaste no castelán). Tamén está ben que leas a Cervantes, eu prefiro a Cortázar; Rosalía encántame para determinados momentos pero gústame máis Manuel María ou Iolanda Castaño, sen esquecer a Maalouf, Szymborska, José Hierro ou a Manuel Antonio. A paletada está en dicir que os que temos asumido e interiorizado o ser galegos, e que para reafirmarnos no que somos non necesitamos levalo escrito nunha camiseta, queremos poñer o noso idioma nun cofre como se se tratase do Santo Grial. Non, non van por aí as cousas: o que queremos é non pedir permiso cando queremos expresarnos culturalmente no noso idioma, que os nenos teñan como normal que hai teatro en galego, porque o teatro en castelán asegúroche que xa vai haber quen o defenda, que hai cine en galego, que a música que lles gusta tamén a poden consumir en galego, que a escola non ten por que ser en castelán, de aí a necesidade de defender unha galescola (algo que parece tan ridículo como defender en Inglaterra unha escola en inglés). Diso se trata, porque que te poñas ti como exemplo non significa nada, ti non es o futuro da lingua nin da cultura. Os que non temos prexuízos e disociacións idiomáticas temos moi claro e asumimos que falar galego é algo normal en calquera situación: nunha conferencia, no hospital cos médicos, cos nosos fillos e parella. Quen queira pode aprender e falar os idiomas que lle pete porque iso significa riqueza lingüística e cultural.O que é contradictorio é que se defenda o multilingüismo, perdón bilingüismo, desde o ataque aos que defendemos o noso e que nos solidarizamos cos demais.

Anónimo disse...

Iolanda Castaño ... ummmmm ... isa é a que sae en cifras e letras ¿non si? ... pois si prefires a Iolanda Castaño (Non digo que non escriba ben. A dicir verdade nunca lin un libro dela, pero é que en xeral, a poesía atráeme bastante pouco, e do pouco que me atrae son os clásicos) antes que a Rosalía... ten que ser moi boa ehhhh!!! claro que se non fora boa non estaría na tvg de gayoso e superpiñeiro.
O de Cortázar, pois ¿que queres que che diga? Que me parece pouco menos que un sacrilexio que compares a un gran escritor como Cortázar con un Superclase da literatura mundial de tódolos tempos (para min o mellor escritor que o mundo viu nacer, e non precisamente polo Quixote que na miña opinión esta supervalorado en relación con outros relatos máis curtos, divertidos e menos pesados relatos).
Con respecto o das galescolas, a ver cando comprendedes que o que se ciritca non é o uso do galego no seu interior, é o adoutrinamento ideolóxico que encubre unha figura como a galescola. Porque o referente das galescolas son as ikastolas euscaras, unhas sucursales de adoutrinamento no nacionalismo para rapaces de 3 anos. Non critico que as haxa (ou si, si que o critico) pero por enriba diso, o que non se pode consentir é que estean financiadas con diñeiro público.
Ademáis, vouche poñer un exemplo do inútil que ´´e a galescola: eu fun educado nun centro público desta vila. En preescolar tiven unha profesora que falaba galego sempre (a verdade non recordo un momento desta profesora en que a oira falar en castelán). Na clase do lado, a profesora tam´´en falaba galego con naturalidade e moi asiduamente (por certo, foi de número 2 nas listas do PSOE eumés). Resultado: salvo eu e algún compañeiro máis, nadie fala galego habitualmente.
O problema de moitos é que enseguida vos credes que cando non se está con vos, estase contra vos. E non é así. Dende o respeto pódese disentir. Pero dende o respeto e a liberdade para que cada quen elixa falar o idioma que queira, e educar os seus fillos como queira, sempre respetando o seu dereito a unha educación aséptica, eficaz e que non tente ser unha máquina de adoutrinamento ideolóxico. E se queres que os teus fillos se eduquen así, aló ti, pero non pidas que destine unha parte dos meus impostos a financiar un sistema educativo parcial e totalitario.

Anónimo disse...

Curiosas as ideas deste anónimo, acusa de parcial e totalitario un sistema público, galego e de calidade e introduce, como non, o tema vasco. Non sei que será peor, si os que falan claramente e mostran a súa oposición das galescolas, e todo o que comece por gal simplemente pola súa ideoloxía nacionalista (española por suposto) ou estes defensores progres da liberdade, igualdade e patatin patatan que no fondo teñen as mesmas conviccións. Di que non se poden financiar con diñeiro público as galescolas, pero si calquer outro centro onde ensinan aos nenos a renunciar a súa cultura, idioma e tradicións impoñendo outras que chegaron cunha dictadura e ainda as estamos a sufrir.

Anónimo disse...

A que ven tanta cultura e tanta HOSTIA. A ver si ahora se fai ALGO REALMENTE EUMÉS.

Anónimo disse...

Como se pode defender non crear unha rede pública de ensino infantil desde a Administración autonómica? Como se pode seguir defendendo a situación que herdamos do PP, de boicot ás escolas públicas, de apoio con diñeiro público ás empresas privadas, que garantizaban o mantemento do statu quo vixente e as "ideoloxías" dominantes? Como se pode non ser favorábel a un sistema público similar ao da Sanidade ou ao do Ensino, aínda con todas as súas carencias? Alguén pensa que os países, todos os países, non lexislan e establecen dereitos e deberes para cos seus cidadáns en temas de lingua e educación? Xa está ben de favorecer intereses privados en aras da liberdade individual.

Anónimo disse...

Será pola concelleria de ensino en funcións. Veña que xa vos queda pouco. Maleantes.

Anónimo disse...

Quero dar as grazas ao bng polo seu blog, que está resultando ser unha vía de escape ao resentimento, ignorancia e mala hostia dalgún 'progre de pacotilla'. Bueno, en vez de dárense de cabezazos contra unha parede, bátense contra o bng. Está ben, que lles aproveite.

fóra tsunami disse...

Como podes rebatir unha idea cando te quedas no anecdótico? Polo visto a Castaño é mala (sobra dicir que non estamos no 'top ten' dos corenta principais) aínda que nunca liches nada dela. Está claro que non soubeches apreciar a miña ironía con respecto ao teu bilingüismo e amor polas linguas e literaturas. Cando se combinan os prexuízos e a ignorancia saen ideas tan brillantes como que as galescolas son iguais ás ikastolas -será porque rematan as dúas en -olas?. Sínteste orgulloso de defender a liberdade individual (só a túa, por suposto) a costa da dos demais. Sobra dicir que ninguén obriga a levar os seus fillos a unha galescola.
Por certo, canto á túa experiencia persoal na escola con respecto ao galego non sei se eres consciente de que a profesora en cuestión non tiña libros de texto en galego, que nos seguintes cursos non tiveches educación en galego e que, en fin, ese era un caso excepcional (que a profesora falase galego)e anecdótico.Ti si que queres aíllar a lingua nun zoo (non nun museo nin nunha esfera protectora, porque canto menos a protexamos mellor), á que poidan visitar os melancólicos para lembrar tempos pasados e os nenos (que aprendan aínda quedan linguas en perigo de extinción).

Anónimo disse...

Punto número 1: non dixen en todo o comentario que Iolanda Castaño fora unha mala escritora ¿non si?, ou sexa que non manipules as miñas palabras. Ademáis aclaro que non podo dicir si é boa ou mala porque non a lin. Ti polo visto, criticas sen ler o que escriben as persoas. Únicamente resalto unha realidade: que comparte cadea de televisión con gayoso e superpiñeiro e que ten que ser moi boa para comparala con Rosalía. Pero non nego a maior.

Punto número dous: si, é certo que nadie obriga aos pais a levar os seus fillos ás gaescolas, pero si se obriga os pais a financiar con diñeiro de seu un modelo educativo, repito, parcial e repito, concebido como un modelo calcado ás ikastolas. ¿Pódesme dicir en que se diferencian as galescolas e as ikastolas?

Punto número 3: non sei se agora cambiou o modelo educativo en preescolar, pero cando eu ia ó parvulario non tiña libros de texto, nin en galego nin en castelán e ámbolos dous idiomas se falaban con naturalidade na clase, parcticando un efectivo bilingüismo. Tampouco sei se agora cambiou a cousa pero quédome impresionado de que digas que en cursos posteriores non tiña educación en galego ¿?... se me poño a revisar os meus libros de texto de primaria, daba en galego, con excepción da lingua castelá o resto de asignaturas (que eu recorde vamos...). Ou moito cambiou a educación pública neste país nos últimos 15 ou 20 anos ou eu na miña vida me desenvolvín nun sistema educativo "burbulla" no que se promocionaba o uso do galego de maneira natural. É que sinceiramente impresiónabe que me digas que "a profesora en cuestión non tiña libros de texto en galego, que nos seguintes cursos non tiveches educación en galego.". Insisto, ou fun moi afortunado na miña vida educativa ou a situación que ti plantexas é totalmente articial, ou o sistema educativo cambiou radicalmente. De estar neste último caso habería que replantexarse a utilidade dos famosos "gabinetes de normalización lingüística", xa que logo estaríamos ante a proba máis evidente de que estos gabinetes son un fracaso e unha fonte de gastos innecesaria.

Punto número 4: O anónimo que me acusa de ser un defensor da liberdade progre ¿? (nada máis lexos da miña intención) e de presentar unha aversión a todo o que comece por gal (de ser así non invertiría o meu tempo en meterme nun foro de discusión do bng a intentar expoñer razonadamente os meus plantexamentos, respetando (creo que sempre) as ideas do resto de persoas que discuten e me dedicaría ó fácil, a insultar oun sinxelamente pasar de contestar a xente como ti, que dedican o seu comentario a expoñer unha situación de pouco menos que colonialismo cultural español, chegado coa dictadura ¿? (non te equivoques, a cousa empezou en tempos dos visigodos) que, afortunadamente, únicamente existe na súa cabeza)

Nada máis. Gracias polo voso tempo.

Anónimo disse...

soamente podo decir: FORA bng

Anónimo disse...

xente da "cultura", concelleiros, monicreques, contacontos, todos asalariados, a todos vós vos dedico esta fantástica páxina para facer poesía galega dun xeito automático. "xerador automático de poesía galega". Velaí a vosa cultura, sen dúbida.

http://www.aduaneirossemfronteiras.org/blog.php?id=70Vades

Dígovos que vades convertir ós nenos en tarados e gillipollas, co voso capitalismo progre (según vós a cultura se merca nun supermercado). Pobres nenos. Preferides que os nenos lean un mal libro en galego que un bo libro en castelán. Sodes penosos, buscades debaixo das pedras calqueira autor de segunda fila para o día das letras galegas, e vos olvidades de incríbles autores galegos que só cometeron o pecado de escribiren en castelán. En fin, non vos importa a xente, senon que a xente faga o que vós queirades. O voso lema era "pensando para tí", pero ben podería ter sido "pensando POR tí". Non vos importa que a xente se exprese con naturalidade, que se xplique no idioma que lle pete, no seu idioma materno, inda que este seña o castelán. Non, vos queredes obrigar a todo o mundo a falar no voso galego de laboratorio, e así vos sae un carácter totalmente artificial, de linguaxe pública e privada totalmente diferencia, de culto ó políticamente correcto. Nunha palabra, sodes iguais que o departamento de Cultura da Falange Española. Noraboa.

Anónimo disse...

¿por que non poñedes nada sobre a denegación do PXOM por parte da Xunta?
Foi algo do que sempre presumíchedes e agora debedes sentir vergoña.

Anónimo disse...

Iso de facer leña da arbore caida non esta ben. Tomat unha ferias Manuel e cando volvas adicate a dar conferencias sobre a moral dos perdedores. Preparade o mesmo a festa do mexilon. Que non temos culpa de que perderas. E gustanos moito o de a comellada nas festas.

Anónimo disse...

Si señor, fóra o BNG, fóra os maleantes "y que entre la buena gente", como dixo o outro. Era boa!

Anónimo disse...

¿Pero de verdade non ides decir nada do rexeite do plan?.

O pobo leva moitos anos esperando esta regulación, e polo que se escoita vai pra longo.

Como é posible que estando o BNG na Xunta en urbanismo e o Bng na concexalía de urbanismo do pobo, e a concesionaria que tramita o plan teña bastante que ver co voso grupo, non sexades capaces de sacalo adiante.

E outra pregunta, cando se contratou a empresa esa para levar o plan a bo término, ¿non se fixaron recargos, compensacións económicas ou algunha penalización en caso de rexeite?¿Non se incluiu no contrato alguna penalidade en caso de que non foran nun tempo prudencial capaces de aprobalo?

¿Podedes decir algo na bosa defensa para o que parece unha cantada de carallo?

anxocaído disse...

Camaradas do BNG, non confundades a liberdade de expresión co vale todo. Pecades de inxenuos ou de desidiosos. A cantidade de comentarios improcedentes e insultantes rebasa o tolerable. Lembro a un verborreico que con razón ou sen ela criticábavos pola censura do blog; agora xa ten un blog onde poder volcar toda a súa incontinencia verbal. Curiosamente só deixa entrar a invitados. Outra forma habitual é a de firmar como anónimo comentarios só destinados a ferir, proferir ameazas, mentir. Baixo o paraugas do anonimato esconden o medo. De qué? Pola saúde do blog anímovos a despexar de inmundicia o debate.

Anónimo disse...

Coincido con anxocaido. Por dignidade debedes facer limpeza de comentarios irrelevantes, insignificantes, insultantes ou gratuitamente descalificadores.

Anónimo disse...

No soy votante de BNG y estoy totalmente en contra de los comentarios exaltados y de los insultos gratuitos desde la barrera cobarde del anonimato.

Ahora bien, tampoco comparto y me resulta increible, que en la página oficial del partido no déis alguna explicación a lo que acaba de ocurrir con el PXOM.

Creo que afecta a demasiados vecinos como para esconderse y hacer como si no fuese en parte, responsabilidad vuestra.

Un saludo y menos desfachatez.

BNG Pontedeume disse...

A ver se aclaramos algunha das cousas que se din aquí a respecto do Informe previo á Aprobación inicial do PXOM, enviado pola Xunta ao Concello o 8 de xuño.
a) Non é correcto falar de "rexeitamento do PLan", porque o que fai o Informe é indicar, con máis ou menos precisión todas aquelas cousas que se deben corrixir no documento, traballo que ten que facer o Equipo de redacción. O Informe de aprobación inicial, en todos os casos que coñecemos, é sempre un Informe medidas correctoras e, con lixeiras variacións, segue incluso a mesma plantilla. Non é un Informe de conformidade ou de desaprobación. Non é, pois, serio dicir que o Plan vén ou non vén aprobado.
b) Nun comentario dise que o PXOM "vai para longo", o que non ten porque ser así se se fai o traballo como se ten que facer. Mesmo aventuramos que lle resta un camiño máis curto que o que percorreu até o de agora, cunha situación complicada e de demoras por mor da tramitación e aprobación da Lei do Litoral. Calquera persoa que queira recabar datos, poderá apreciar como en situacións similares de concellos de litoral este Informe de Aprobación inicial tardou tamén un ano. Pontedeume entregou o PXOM na Xunta o 28 de xuño de 2006 para que esta emitise o Informe, e non deixamos de preocuparnos polo asunto en todo este tempo.
c) O BNG non está na Xunta en Urbanismo. A Dirección Xeral de Urbanismo da COTOPT, está rexida polo PSOE. De todas formas, é igual; o que non se pode pedir en ningún caso é trato de favor de "gobernos amigos", como se fixo noutro tempo. Se non, podedes comparar globalmente o Urbanismo de aquí e o de Miño, sen ir máis lonxe, e veredes as consecuencias do que se fixo supostamente "amaparados pola Lei". Cal é máis acorde cos tempos e coa protección do territorio?
d) A concesionaria pode ter máis ou menos que ver con calquer Grupo; pódese crer que todas as persoas teñen algo que ver con alguén, teñen a súa ideoloxía e as súas afinidades políticas. O que está claro -se non que se demostre o contrario- é que traballarán con profesionalidade e obxectividade, e que o PXOM se adxudicou por rigoroso concurso público á mellor Consultora das que concorreron. Non imos xa entrar a dicir que, pola súa solvencia e experiencia, está considerada das mellores de Galiza.
e) En canto ás "penalidades" ou penalizacións, están recollidas no Prego de prescricións asinado polas partes. Neste caso, se ben foi debidamente xustificado, haberia que penalizar á Dirección Xeral de urbanismo, que tiña por Lei que emitir o Informe no prazo de 3 meses e tardou case un ano.
f) Finalmente, consideramos oportuno manifestar que o BNG desexa que o PXOM se siga tramitando coa información e participación debida, tal e como se fixo até o de agora.

Anónimo disse...

Pues esta opinión ya es un paso adelante... seguid en esa línea.

No hay nada como una explicación razonada para contestar algunas interpelaciones escritas desde cierto desconocimiento, como es mi caso.

Gracias

Anónimo disse...

Noraboa BNG polo voso cambio de actitude que se trasluce trais do último comentario.Adiante, que iso é o que se agarda.

Anónimo disse...

Da gosto ler este comentario, e igualiño que cando a un can lle dan unha malleira, anda suaviño que case non se fai notar. Pero a mitade das cousas son falsas, a Xunta rexeita o PXOM xa que practicamente non deixa nada en pe, si comezamos con que non xustifica as novas 3500 vivendas proxectadas, elimina todas as urbanizacions perifericas, e todo o que se propón dentro da liña de 500 metros de costa. Si a esto sumamos que Caldagueiro (o gran exito do BNG) o convirten en zona de costas, e que non autorizan alturas de 3 ó 4 plantas en zona de topografias abruptas (caso D. Pablo). En resumen que queda do PXOM, a resposta, un feixe de papeis que non valen para nada, haberá que refacer de novo todo, empezando pola delimitación do municipio que nin estaba correcta. Consultora galega non é mellor nin peor que outros que se adican a planeamento, pero o seu gran erro foi facer o que vosoutros lle mandachedes, en vez de facer un estudio e un plan real para Pontedeume. Vosa maxima unha vez rexeitado o PXOM anterior feito por Sambade, foi coller o mesmo planteamiento e levalo a uns supostos expertos para que o fixeran legal. Ese foi o gran erro deste plan. O peor de todo é que non tiñades idea antes e tampouco a tedes agora, xa non colan as metiras igual que non colaron nas eleccions.

Anónimo disse...

Onde está o cambio de actitude? Botar balóns fora? E profundizando no doble goberno na Xunta. Argumentario mais propio do PP. E as correccións son de tal entidade e calibre que fan irrecoñocible o pxom que enviaron. Aforrtunadamente hai sentidiño na Xunta do psoe.

Anónimo disse...

"Hai sentidiño na Xunta do PSOE", vaia, que se che ve o plumeiro. Entón, por que non din nada do Plan das Anduriñas, que, por certo, con Lei do Litoral e todo, queda dentro dos 200 metros? As demais correccións da Xunta parécenme ben. Sobre todo porque eu prefiro un Concello sen urbanizacións desas que contempla a Lei (xa se fixo bastante diso nos Concellos do lado).
Polo demais, gustaríame indicar que o PXOM naceu nas circunstancias previas á nova Lei, pero pode adaptarse perfectamente a ela. Corresponde ese traballo fundamentalmente ao novo equipo de goberno, sobre todo porque o Plan vai entrar na súa fase decisiva, a de información pública, fase na que todo o mundo debe interesarse polo asunto.

BNG Pontedeume disse...

Cremos que é un gran descoñecemento dicir que este Plan Xeral é unha réplica do Plan Sambade. Iso só o pode manter alguén que fai alarde de miopía ou que quere confundir á opinión pública. Do Plan Sambade non se aproveitou practicamente nada, porque propoñía un crecemento desorbitado de xeito "radial". É dicir, desde os núcleos urbanos, propoñíase unha ocupación todo ao longo das vías locais e provinciais, que acababa desfigurando a identidade destes. Xa non digamos a ocupación que se propoñia para a zona de costa. Nada que ver, porque choca co fondo da Lei 9/2002.
Finalmente, queremos indicar que sobre o Informe, vense aquí comentarios un pouco catastrofistas ou apocalípticos, cando non hai nada fóra do normal que non poida ser corrixible. Partindo da premisa de que a DXU sempre vai ser restritiva e esixir rebaixas, os PXOM plantéxanse en certa medida ambiciosos, porque sempre se establece un termo medio a través das negociacións que haxa. O Informe vén para facer a Aprobación Inicial; non para botar abaixo ningún Plan. As cousas así son aquí e en Porto do Son, poñamos por caso.
E nós, o BNG, imos seguir participando activamente na tramitación do PXOM.

fusquenlla disse...

Ao bng isto de facerse o harakiri debeulles de parecer pouca cousa e insisten, nunha actitude propia do suicida político, en defender o indefendible. Respecto ao PXOM pretende minimizar ata o ridículo o informe negativo da Xunta. “Non hai nada fóra do normal que non poida ser correxible”, parecen as verbas dun asesor militar norteamericano falando de Irak. Pero, realmente aínda non sodes conscientes do varapalo que vós acaba de caer desde a Xunta? No blog do PSOE tamén se pode ler algo semellante: “en cuanto al suelo urbanizable, la Xunta se vuelve exageradamente meticulosa en todo aquello que puede representar algún tipo de amenaza para el medio ambiente”. O engano é un arma habitual na contenda electoral –o iso entenden algúns-, pero non pode converterse, como está facer o bng, no instrumento diario da acción política. E así chegamos á aberración de acusar á oposición de intoxicación, como xa ten feito Francisco Rodríguez e o seu aventaxado discípulo Manuel Rei. Leo no informe da Consellería: “as proxeccións demográficas indican que se pasarán de 8 663 habitantes a 8 925 no ano 2014, mentres que a capacidade residencial do plan é de 3 223 vivendas novas. Isto supón que nos 8 anos de vixencia do plan se propoñen 400 vivendas ó ano”. Non pretendo ser apocalítico (máis ben integrado), pero isto da medo. Porque non se trata de vivendas sociais, ou si? É pura e simplemente especulación urbanística. O informe apocalítico de Greenpeace falaba dun crecemento do 200% do solo urbanizable en Pontedeume. E datos do Ministerio de Vivenda colocaban a vila no octavo posto dos concellos do litoral que máis ían aumentar a súa edificabilidade, e iso cun crecemento vexetativo negativo. E sigue o informe: “cómpre decir que o modelo de ocupación do litoral que se propón paralelo á costa e dentro da franxa dos 500 m. carece de xustificación razoada”. Pero non é certo que non esté razoada, xa o explicou o concelleiro de urbanismo. A concesión indiscriminada de licenzas era o recurso máis axeitado para alimentar as arcas municipais. Isto era o argumento que xustificaba a creación das chamadas áreas residencias: “Por outra banda, non atopa xustificación a previsión de ámbitos de solo urbanizable residencial desvencellados da vila de Pontedeume, illados no solo rústico ou encaixados entre núcleos rurais”. Ao longo do informe un advirte a nula sensibilidade ambiental, a escasa protección dos espazos naturais e o esaxerado interés na dotación de solo urbanizable nas áreas de maior interés paisaxístico, por exemplo: “Hai dous urbanizables: URDR-13 Ronda e o URDR-12 Vista Alegre, cun impacto severo segundo o estudo de sostibilidade”. Ademáis, o eixo do programa electoral do bng era o do cacareado “crecemento sostíbel”. A quén estamos a enganar?, ou é qué relmente non entendedes o significado da expresión?
Na páxina de Fusquenlla poderedes ler con detenimiento o informe. As coincidencias coas reivindicacións que desde hai dous anos leva facendo este colectivo e polas que sufriu as críticas feroces desde o poder municipal, son abraiantes. Se o bng non as entende como tales, por qué, sen embargo, non quiso atender as demandas que Fusquenlla lle expuso? A nula capacidade de admitir a crítica, a tradicional cerrazón e intolerancia, a ausencia de transparencia son o legado desta organización e van pesar como unha lousa por moito tempo, para desgraza de tantos.

Anónimo disse...

Vexo que agora criticades o plan Sambade pero todos os avances que vos foi facendo na elaboración sairon adiante cos votos de todos os concelleiros incluidos o bng. Se non se poido aproveitar nada será porque choca ca lei do 2002 pero vos mantivechedes o espritu por iso o varapalo que vos da a Xunta. Ben por Fusquenlla que ten unha posicion informada, independente e moi clarificadora. Tamén pedagoxica. MOitos aprendimos e xa vos será moi dificil volver a enganarnos.

Anónimo disse...

A diferencia deste PXOM co plan Sambade era que se cambiaban os coloriños de sitio, as intencions eran as mesmas, e non son outras que a cerrazon no dichoso CRECEMENTO, ese DESARROLLISMO franquista trasnoitado que se basa en extender o maximo no territorio a urbanizacion, non importa a calide nin do que se fai nin do que se destrue, Miño que tanto denostades é o exemplo que no fondo queredes para Pontedeume, o peor é que sinon fose por Fusquenlla a estas alturas estaba todo xa urbanizado ao salvaxe (Caldagueiro 500 vivendas, Ber, Boebre, Ombre, Nogueirosa... Parece mentira que despois de perder unhas eleccions por culpa da nefasta politica urbanistica que levades ainda non sexades capaces de recoñecer que estabades equivocados. O BNG local ten que reciclarse ou morrer, creo que os mesmos do BNG nacional os repudian por inutiles, Rei e Salorio xa tiveron a sua oportunidade, deixade paso a xente nova que polo menos non teña a maldita costume de mentir continuamente para tentar agochar os erros.

Anónimo disse...

Completamente de acordo co comentario anterior, faise xa imprescindíbel unha asunción de responsabilidades e unha renovación profunda, senon esta nave que fai augas por tódolos lados irá dereitiña ao fondo do océano.

Anónimo disse...

Dise varapao, home, non "varapalo", a ver se aprendemos algo de galego. Ademais es sempre o mesmo burro a tropezar na mesma pedra. Non sei se quen fala aquí é Fusquenlla ou IU; máis ben parece esta última organización ou alguén dela, que ten un especial resentimento e teima anti-nacionalista. O que ten que facer fusquenlla, e todos os verdadeiramente preocupados polo Urbanismo, o territorio e o medio ambiente, é presentar as súas propostas a través de alegacións na nova fase de exposición pública que se aveciña. Segundo teño entendido, polo de agora puido participar todo o mundo na tramitación do PXOM e mesmo presentar propostas en forma de suxerencias ao Avance. Estou desexando ver que modelo urbanístico defende o novo goberno e como se materializa. Igual empezan todo de novo e fan un Plan á medida de fusquenlla. Veremos.

filólogo disse...

Pero ti de qué vas?, de filólogo? Pois non señor, nin varapalo, nin varapao; é que es dun enxebrismo trasnoitado. Desde a túa cátedra de filoloxía galego-portuguesa xa poderás explicar do onde te veñen as túas dotes inquisitoriais. A min ben váleme que firme fusquenlla. E se puxera EU tamén. Porque se nos poñemos a analizar as burradas que solta "anónimo". Porque tí es sempre o mesmo, o insidioso, o incapaz de réplica intelixente, o palurdo que teñen en toda organización para limpar o lixo, o palanganeiro da casa de lenocidio. Mira, o que este sr/sra diga sobre o PXOM a min no me gusta. Coma ti gustariame ver a vila crecer de verdade e deixarnos de mariconadas medioambientalistas. Ata estamos dacordo. Pero poñernos a investigar de onde ven tal o cual, iso é de caza de bruxas (ou de meigas?)

allegue disse...

fusquenlla antinacionalista? non o sei, pero un nacionalismo mínimamente intelixente debería comezar polo respeito ao medioambiente, á paisaxe, á costa, en resumo, ao país.
¿mariconadas medioambientalistas?
sen comentarios

Anónimo disse...

Anda oh! Que ti de filólogo non tes nada. Hai que ser pailán para pensar que detrás de todos os comentarios que non vos dan a razón está Manuel Rei. O que si está claro que detrás dos vosos está só fusquenlla.

Anónimo disse...

Anda oh! Que ti de filólogo non tes nada. Hai que ser pailán para pensar que detrás de todos os comentarios que non vos dan a razón está Manuel Rei. O que si está claro que detrás dos vosos está só fusquenlla.

Anónimo disse...

E tamén Manuel Rivas (outro Manuel; vai tí a correxilo):

"Xente como area. Un mar de xente. Iso é o que debía haber este vindeiro domingo en Santiago, na convocatoria contra a desfeita urbanística e a degradación ambiental. Para manifesto atinado o que nace co lema Galiza non se vende".

"É unha chamada que, esta si, marca un tempo: o reloxo en hora da conciencia da humanidade galega. Exemplar tamén o xeito en que se organiza, coa unidade en rede, sen dirixismos, de máis de 40 asociacións ecolóxicas, dende a internacional Greenpeace (imprescindíbel a lectura do informe Destrución a toda costa) a colectivos nacidos en loitas concretas ao estilo Fusquenlla de Pontedeume, pasando pola teimosía histórica de Adega. Compostela vai ser escenario do xeito vangardista de ser e estar no mundo: pensar no universal e actuar in situ, pensar na Terra toda e actuar na propia terra".

"O manifesto define cunha extraordinaria precisión lingüística a peste actual. A ondada depredatoria. Depredación. Esa é a verba. Nunca tanto algúns pares de ollos miraron tan en fite para o mapa de Galicia. Ollos de nados aquí ou alleos. A depredación non ten patria, por moito que se adorne de bandeiras. Descoñéceno case todo sobre a cultura, mais sábeno todo sobre o chan, o caudal dos ríos e a forza do vento no cimo da serras. Sodes os dous a mirar. Mais onde ti ves Galicia, os ollos depredadores están a ver un gran solar".

E o PXOM que nos queriades vender convertía Pontedeume nun xigantesco solar. Un solar para os Lagares, Construeume, Lar Promasa, Chachos,...

Anónimo disse...

Aqui tedes a outros desinformados, malintencionados, retorcidos antinacionalistas:

Representantes do mundo da cultura que asinaron o manifesto do 6 de maio:

Xosé Luís Méndez Ferrín. Escritor, catedrático e académico.
Darío Xohan Cabana. Escritor,a cadémico.
Xosé María Álvarez Cáccamo,escritor.
Antón Santamarina Fernández, académico e catedrático USC.
Pedro de Llano, arquitecto.
Francisco Fernández Rei, académico e catedrático USC.
Gustavo Luca de Tena, xornalista.
Francisco Sampedro, filósofo, ensaísta.
Margarita Ledo Andión, directora de cine. Catedrática USC.
Antón Seoane, músico e psiquiatra.
Suso de Toro, escritor.
“Berrogüetto”, grupo musical.
Agustín Fernández Paz, escritor.
Marilar Aleixandre., escritora.
Carmen Nogueira., artista plástico.
Anxo Angueira., escritor.
Gonzalo Navaza., escritor e catedrático UVigo.
Antón Cortizas Amado, mestre e escritor.
Xosé Manuel Souto González, doutor en Xeografía e catedrático.
Ramón Lorenzo Vázquez., académico e catedrático USC
Xosé Miranda, escritor.
Pilar Faxil, documentalista.
Xabier Cordal, escritor.
Iván Prado, pallaso internacional.
Juan Carlos Román, artista plástico.
X. Antón L. Dobao, escritor.
Fran Alonso, escritor.
Elvira Riveiro Tobío, escritora.
Manuel Seixas. Profesor, escritor e músico.
Fon Román, músico.
Xavier Senín, catedrático.
Xoan Anleo, artista plastico.
“Lamatumbá”, grupo musical.
Alba Nogueira, profesora Titular de Dereito Administrativo USC.
Ángeles Castro Dapena, arquitecta.
Mª Carmen Fernández Rodríguez, deseñadora.
Xabier Vence Deza. Catedrático de Economía USC.
Mª Xosé Lázare Fouce
Camiño Noia Campos, UVigo.
Xulián Maure Rivas, profesor e escritor
Xaime Nogueira Meixe, libreiro.
Xosé M. García Crego, técnico editorial.
Carme Hermida Gulías, profesora Xornalismo USC.
Xosé Luís Regueira, profesor Filoloxía USC.
Xosé Manuel Eyré, crítico literario.
Xosé Henrique Costas, catedrático UVigo.
Xosé A. Laxe Martiñán, músico.
“Dakidarría”, grupo musical.
Jorge Salgado Cortizas, arquitecto.
Alberte González Rodríguez, arquitecto
Francisco X. Redondo Abal, bibliotecario e investigador.
Amparo Solla González, UVigo.
Manuel Igrexas, historiador.
Lourdes Pérez González
Iñaqui Solla Covelo, bibliotecario
Xosé A. Fernánez Salgado, UVigo.
Uxío-Breogán Diéguez., historiador.
Ana Iglesias Álvarez, UVigo.
“Skacha”, grupo musical.
Asoc. Cultural "Amigos do Mosteiro" de Melón
Xavier Blanco, mestre de gaitas, Moaña
Mª Teresa Bermúdez Montes, UVigo.
Mariano Abalo, funcionario.
José Ángel Carreira Montes, arquitecto.
Juan José Soto Vidal, funcionario.
Manuel S. Fernández Álvarez, UVigo.
Brais González Pérez, escritor.
“Soak”, grupo musical.
Moncho Leal, mestre.
Xosé Luís Santos Cabanas.
Xoán Manuel Estévez Freijeiro.
Aitor Rivas, profesor.
Fátima Ferreira Golpe
“Skarnio”, grupo musical.
Manuel Vidal Villaverde, escritor.
Fidel Diéguez Díez, profesor.
Mercedes Martínez Fernández
Natanael L. Caeiro
Mon G. Buhigas
Emma Lázare.
Jorge Salvador Fernández
Pablo C. Rielo Rodríguez
Óscar Antón
Emilio García Lorenzo
Rafael Balado Merino
Carlos E. Ríos Regueira
Xosé M. Felpeto Enríquez
Xoán Hermida, director de Amarante
Antón Cortiza, escritor
Xosé María Álvarez Cáccamo, escritor
Mabel Ribera, actriz
Manolo Rivas, escritor
Xabier P. DoCampo, escritor
Jorge Salvador Fernández, arquitecto
Manuel Fernández González, arquitecto.
José Díaz Vieites, arquitecto.
Manuel Lamas Castro, serígrafo.
Gonzalo Velasco Vieiro, pintor, grabador.
Pedro Agrelo Balado, deseñador.
Delfín Blanco Rodríguez, escultor.
Fernando López-Quiroga Teijeiro, deseñador
Xaquín Marín, debuxante
Daniel Hernández Ruiz
Suso Lista Neira, actor y blogger
Iago Garcia-Echave Puente, Arquitecto
Daniel Caxigueiro. Escultor
Xermán A. Refojo. Artista plástico
Sara Sánchez Piñeiro. Filóloga
Cristina Prieto Ledo, fotógrafa
Ricardo Méndez Maroto
Ana Monteserín Cancio, filóloga
Luar Na Lubre, grupo musical
Paco Souto, poeta
Miguel Mira Rey, musicoterapeuta
Xabier Gómez Santiso, músico
Felipe-Senén López Gómez, historiador da arte

Anónimo disse...

Si, a min iso páreceme perfeito. Pero o Fusquenlla xa ten o seu chalé e fala do mal que teñen os que queremos os demáis. A min sóname un pouco a "quero ser un privilexiado". ¿Por qué sempre molestan os dos demáis, pero nunca miramos a nosa barriga.

Anónimo disse...

¿pero Fusquenlla non é un colectivo?
¿por que ten un chalet? ¿é unha comuna hippie?
antes de poñerse a ladrar, por favor, pensade un pouco

Anónimo disse...

DE 57 comentarios ningún fai referencia ao post. Sabedes que moitas das actividas se suspenderon e NON avisaron o suficiente, chegando a vir xente de moi lonxe (Vilalba, As Pontes,...) a algunha actividade e ao chegar enterarse de que estaban suspendidas. HAI CANLES PARA AVISAR, NON?

Anónimo disse...

Si home a cultura esta moi ben, depende tamen de a que se lle chame cultura, pero o primeiro son as necesidades básicas, que nesta vila non estan cubertas, empezando pola necesidade de democracia.

Anónimo disse...

¿u-lo técnico municipal?