18/05/07

Encontro sobre Políticas Parlamentares do BNG

O sábado, 19 de maio, o BNG celebra un Encontro sobre Políticas Parlamentares relacionadas coa localidade de Pontedeume. Neste Encontro, que terá lugar no Hotel Eumesa, estarán presentes os parlamentarios Francisco Rodríguez e Fernando Blanco, xunto cos integrantes da candidatura das Municipais e afiliados. Trataranse asuntos, que ten plasmado o BNG en iniciativas parlamentares, como a seguridade vial e as rotondas na N-651, a previsión de actuacións de Medio Ambiente en Ver, o dragado da entrada do Peirao, o Enlace coa Ap-9, o ferrocarril, a construción naval, etc. O acto rematará cun reparto de propaganda polas rúas e prazas de Pontedeume.
Ademais, continuando coa programación de actos electoriais polas parroquias, o BNG celebrará un mitin o sábado ás 20.30 horas no local da AVV de Ombre, no que intervirán Raúl Calvo, Rocío Souto, Emilio Salorio e Manuel Rei.
O domingo, 20 de maio, o mitin farase no local da AVV de Campolongo ás 12.30 horas e nel intervirán Eugenia García Chao, Emilio Salorio e Manuel Rei.

5 comentários:

Anónimo disse...

Seguro que serán éxitos rotundos

Tsunamy disse...

E a Nogueirosa cando vides?? porque pareceme que a xente vaise enterando das cousas...

José Luis disse...

Darle las gracias de mis parte ese gran reivindicador de mejora para Ferrol que es Franisco Rodríguez pues gracias a el Rengfe ha puesto un tren R598 en el trayecto A Coruña Ferro. Este R5498 puede llegar a circular a Alta Velocidad. Digo puede porque la verdad es que tarda el mismo tiempo que el Regional de cercanías, pero eso sí es un R598 y no un vulgar regional, pues no nos merecemos menos.
Eso sí en el regional el precio de un trayecto era de 135 dentimos, ahora con el R598 es de 185 centimos.
En el Regional si sacabas un denominado Bono 10 el trayecto te salía a 98 dentimos, es decir ahorrabas 37 centimos por trayecto.
Ahora con el R598 si enseñas el Bono 10 te cobran 80 centimos de sobre tasa, es decir el trayecto te sale a 178 centimos.
Y ahora díganme, que acepción daría el Diccionario -cualquiera que fuese a: Persona que por ir en un R598 (que tarda el mismso tiempo en efectuar un trayecto que el REgional) no solamente deja de ahorrar 37 centimos por trayecto (diferencia entre 135 y 98) sino que además se gasta 50 centimos más (diferencia entre 185 y 135).
Yo os diría que empieza por P: Persona que no tiene necesidad de usar -pagándolo de su bolsillo- el medio de transporte público denominado tren.
Esa sería la primera acepción. La segunda me la cayo pero siento el mismo dolor en el alma que tuvo que sentir ese ciudadano del Reino de España aun presente para algunos -como José Amtonio lo está para otros- que se llamó, se llama, Daniel Alfonso Rodríguez Castelao, cuando en una de sus viñetas dos viejucas de las "nosas" tienen este jugoso dialo: "Din que van subir os precios dos periódicos" y la otra le contesta "Que ben fixemos en non aprender a leer".
Sr. Rodríguez por favor no reivindique nunda nada en mi nombre, pues cada vez que lo hace mi bolsillo -el de mi familia- sale perdiendo.
Siempre suyo
José Luis Gómez Fuentes

Richi disse...

Qué é: Ber ou Ver???

bartoliño o nacionaListo disse...

Despois da visita a Pontedeume do voso compañeiro Francisco Rodríguez, supoño que ver a Praza do Conde faría que se lle revolvese o corpo, porque o aspecto non é para menos. Despois de tantos anos de governo do BNG con PSOE e Chacho no concello de Pontedeume, que nin antes das eleccións se vos ocorra adecentar as rúas, mostra "algo" de deixadez, cando menos.

¿Qué opinión lle merece ó señor Rodríguez dita praza? ¿Non tiñades medo a que mancara un nocello coas pedras que hai levantadas e denunciara ó concello na súa visita de apoio ó candidato Rei?

Gostaríame facervos unha suxerencia para futuras visitas de calquera dos vosos “compañeiros” de Santiago. A suxerencia é que o levedes a ver a beira do mar por Paredes, Punta Camoucelo, a Insua e a Arbosa, por se nun par de anos xa non se lle parece en nada ó que hai hoxe.
Por se non tedes coñecementos da toponimia de Boebre, direivos que é donde o PSOE, BNG e Chacho venderon recentemente os dereitos de construcción a Lar Promosa e outros, e propuxéronse quitar os dereitos de uso ós seus propietarios.