25-05-2007

Festa de peche de campaña

O BNG, que foi a única formación política das que concorren a estas municipais que ofreceu actos informativos en todas as parroquias, culminou onte esta campaña na Urbanización Olmo. O local da Unidade Veciñal encheuse de público, que completou o seu aforo, para escoitar aos candidatos do BNG, empezando polos que viven na propia Urbanización.
Para rematar a campaña, o BNG invitou aos veciños e veciñas de Pontedeume a un acto festivo que se vai desenvolver na Praza do Convento, frente á Casa da Cultura, desde as 20 horas do serán até a medianoite. Ao igual que noutras ocasións, haberá bebida e reparto de mexillóns de balde.
O Consello Local e toda a organización do BNG agradecen o apoio das moitas persoas que axudaron na campaña e participaron nos actos organizados.

34 comentários:

Anónimo disse...

E porque non falades nin do mitin en Andrade, Ombre ou Nogueirosa? Que vos pasou alí?
Aquí ocultades moitas cousas. Espero que polo ben do Pobo non gobernedes NUNCA.

Anónimo disse...

Que vades cambiar unha ración por un voto?.

Anónimo disse...

BNG! Sodes do peor! Qué falta de vergoña!

NUNCA MÁIS bng
NUNCA MÁIS tripartito
NUNCA MÁIS

Anónimo disse...

mitin en todalas parroquias?? mais ven insultachedes os veciños en todalas parroquias, que pouca vergoña...

vecina de Nogueirosa, o como si lo fuera disse...

No tenéis vergüenza ninguna... cómo sois capaces de meteros con un muchacho de 20, al que acusáis de ser "Tsunamy"?

si estáis nerviosos porque os van a dar por saco en estas elecciones es problema vuestro, pero que la casposa cúpula del BNG "ataque" a un joven por salir de un mitin del PP, me parece indignante.

Y tened en cuenta que Tsunamy, en Nogueirosa, ahora mismo, ya hay MUCHOS; porque Tsunamy es quien está defendiendo nuestros derechos, y nuestras propiedades, es quien nos mantiene informados y es quien está destapando todas vuestras "marranadas". De modo que ¡TSUNAMY SOMOS TODOS!

Si os queríais meter con alguien, podíais haber empezado con todos los que asistimos al mitin que ofrecisteis en Nogueirosa, pero ahí no os atrvisteis. A más de uno habría que verle los calzones, porque al acabar la sesión había muy mal olor. Seguro que alguno llevaba un lamparón de "nicotina" que ni con Ariel Oro!

Sois unos auténticos impresentables!

Anónimo disse...

Tiñanme falado de que o corazón do BNG era un grupo político marxista stalinista actualmente dirixido por Francisco Rodriguez. Hai dous días sinalaba ao Comite De Emerxencia como organizacion intoxicadora, no mellor estilo de Stalin tentaba marcar aos representantes deste colectivo. Aquí fan o mesmo, sempre sinalando a alguén para ir a por el. Pero cada vez somos mais os que nos sentimos sinalados por este partido que arremete contra todos os que discrepan dos seus postulados. Moito nos queda ainda por reflexionar pero espero que mañan leven un batacazo e muden as súas actitudes.

otro vecino de Nogueirosa disse...

Yo tambien soy Tsunamy, venid a por mi.

Outro tsunamy disse...

Tsunamy , sexas quen sexas, moitas grazas.

Si á información e á democracia. Si ó pensamento libre e a liberdade.

Rocio, antes de ocupar un cargo público deberias ir a escola a aprender cultura e educación.

Eu tamén son Tsunamy.

un tsunamy máis disse...

Ánimo, eu tamén son Tsunamy

anotad otro tsunamy disse...

Pensé que no podíais caer tan bajo.
Me uno a esta cadena de protesta.

YO TAMBIÉN SOY TSUNAMY

Tsunamy disse...
Esta mensagem foi removida pelo autor.
Anónimo disse...

Deberia de haber máis Tsunamys durante estes últimos anos.

Outro máis para a lista .
eu tamén son tsunamy

Anónimo disse...

Non gardedes o campán 4 anos que perde bastante. Tomadeo igual

Tsunamy disse...

Noraboa polo voso posto na oposición, espero que non o deixedes NUNCA.

Grazas a todos polo apoio. Sinto moito o dese rapaz.

By Tsunamy

Nolo disse...

quien siembra vientos recoge tempestades...

aqui teneis las tempestades

anxocaído disse...

algúns apenas tiveron tempo de quitarse a careta. Contaxiados polas propias mentiras ás que nos tiña acostumado o goberno municipal durante estes últimos anos, entonaron o cínico pranto de plañideiras decindo aquelo de que eran de esquerdas e agora finalmente se destapan. Chunamis do carallo.

Carlos disse...

Parece que haberá un novo goberno en Pontedeume. Entre o PP e o COE repartiranse o pastel, deixando na cuneta ao PSdG, BNG e a Chacho (non menciono o seu partido porque é el só). Algúns dirán que a debacle de nacionalistas e socialistas foi fomentada polos que aproveitándose dos erros (só erros?) urbanísticos levaro a cabo unha insidiosa campaña en contra do equipo de goberno. Mais non se debe matar ao mensaxeiro cando as noticias son malas. O cúmulo de infraccións e desplantes que Belarmino e Manuel Rei cometeron contra os cidadáns deste concello non ten parangón na historia democrática de Pontedeume. Son eles os que propiciaron estes resultados e non os que os denunciaron. Sírvalles de lección se aínda conservan algo de humildade para entonar un mea culpa.

O futuro é negro. Tanto o PP como o COE distínguense pola súa nefasta formación e mediocridade para solucionar os problemas de Pontedeume. Non creo que o PP sexa alleo á corrupción e despotismo co que acostuma gobernar. Do COE pouco se pode esperar se temos en conta o papel que xogou cando era oposición: mero figurín sen idea do que sae estaba a falar. Lembremos o "gol" que lles meteu Belarmino cando a recalificación de Einsa. Nin se enteiraron do que se votaba.

Creo que aínda haio moito polo que pelexar. O novo PXOM pode ser unha bomba de reloxería en mans desta xente.

Anónimo disse...

Agora si que paga a pena votar unha vista a este blog. Canta presunción. Canta prepotencia. E van vaixand. Pero na comarca foi un batacazo. Perden as pontes, fene, en ferrol pasan ao quinto lugar. Que tomen nota. Consiguen a alcaldia de san sadurniño. Tojeiro ten ali un gran traballador. Seguide asi.
Eu tamen son tsunamy

Anónimo disse...

Agora o que falta e que veñan os da dereita e levanten a alfombra. Seguide descalificando aos que desinteresadamente fixeron algo pola calidade de vida neste pobo e xa veredes como vos vai.

Tsunamy disse...

Non sabes iso de que nas municipais non se vota o partido, senón as candidaturas??

Moito tedes que aprender aínda... Unha cousa é ser de esquerdas, e outra diferente buscar o mellor para o meu pobo e para a miña parroquia. E os que estaban agora ían acabar con todo. Pero non vos preocupedes, tedes catro anos para aprender.

Olga disse...

La España de Franco.
La Vicepresidencia de Anxo Quintana.
Pregunta: ¿Qué diferencia hay en estas afirmaciones?.
Respuesta: Ninguna, pero eso sí con un matiz MUY IMPORTANTE: el primero la tomó por la fuerza, al segundo se la dimos nosotros, (votantes suyos o no), pero al fin y al cabo cuando al pueblo soberano algo le cheira a dictadura, acaba poniendo las cosas en su sitio, y aún han tendi suerte los de "PENSADO PARA TI".
Muchas gracias, pero con tu permiso o sin el, seré yo quien decida como quiero las cosas.
Aunque ahora me toque sufrir un poco con lo que hemos elegido...
Pero en fin... eche lo que hai.
Olga

Anónimo disse...

Recollichedes o froito de catro anos de mentiras e prepotencia, de achantar con Chachos e Belarminos para poder estar na poltrona, agora tocalle aos militantes do BNG reflexionar e durante estos catro anos poñerse a traballar de verdade para os veciños pero dende a oposición. Agora toca abrir os oidos é comezar a escoitar á xente, agora si que podedes decirlle ao BNG da Xunta que envie dunha vez as ordes de demolición de ilegalidades que tedes paralizadas dende fai moitos meses, e o dichoso PXOM que tampouco se informou para non dañar ainda mais a vosa imaxe. Despertade dunha vez!, tedes que votar do partido aos abrazafarolas que tedes de representantes.

Anónimo disse...

Tsunamy O de levantar a alfombra era para criticar aos da tropa de Rei. E foron eles, Rei e compañia, os que descalificaron a xente que desinteresadamente, coma ti, quixeron facer algo por mellorar a vida. Por iso agora debianlle pasar factura xudicial os do PP dende o concello. Por facer politicas reais propias do pp cando se presentaban como progresistas. Xustiza poetica.

Anónimo disse...

como simpatizante do bng agardo que a debacle de onte sirva para que se produza dentro da agrupación municipal do partido unha profunda reflexión e, sobretodo, unha compreta renovación.
Xente como Rei ou Salorio foron os que nos levaron a esta situación cos seus manexos e co seu mal facer, e non poden manterse nin un día máis no seu posto.
A súa máis absoluta ineptitude, ou máis ben o seu exceso de aptitude ditatorial e corrupta, levaron ao poder a un PP que comezou a campaña dividido e á xente do COE, un partido que non soubo facer oposición e que probábelmente non saberá gobernar.
Os meus parabéns, pero por favor, ídevos xa!

anxocaído disse...

Qué queredes que vós diga, a min semnpre me caeron ben os perdedores. O heroe caido é moribundo merece todas as miñas simpatías. Xa sei que esta licenza poética é difícil de aplicar a un tipo como Salorio, pero en fin.
A partir de agora, xa sabedes, hai que cambiar o ángulo de tiro. Abaixo o PP. Hai que botalos, pandilla de inútiles e aproveitados. (qué pena, co divertido que era isto, supoño que a partir de mañá perderedes de novo a clave do blog e pecharedes estas páxinas que deslumbraron pola súa fina ironía e polo sano debate democrático). Caput

Anónimo disse...

A mi me ha sorprendido mucho el resultado de las elecciones. Creo que en general, nos hacemos ideas equivocadas de para que vota la gente y cual es el sentido del voto popular.

En el caso de Pontedeume, se aprecia de forma nítida una cuestión que el Bng y el Psoe deberían interpretar.

La gente ha preferido votar a políticos sin nombre, a personas sencillas que hablaron durante la campaña de reparar las calles o limpiar el pueblo y poner papeleras, que a politiquillos de carrera y a elegantes mítines ofreciendo descomunales proyectos de futuro.


Ahora toca trabajar, preparar a una candidatura para las próximas y asumir que el servicio público es en realidad, la dedicación y el mostrar atención a "las pequeñas cosas".

Suerte a los votados por la mayoría y suerte para este pueblo sin rumbo.

Anónimo disse...

"La gente ha preferido votar a políticos sin nombre, a personas sencillas que hablaron durante la campaña de reparar las calles o limpiar el pueblo y poner papeleras, que a politiquillos de carrera y a elegantes mítines ofreciendo descomunales proyectos de futuro". Pero de que estamos falando, profesionales, Rei, Salorio, ou o xa esquecido Regueiro, ¿profesionales de que? da caradura, por favor. Pontedeume o que necesita é xente que cumpla e faga cumplir as leis, que escoite á xente, e que sexa capaz de retificar. Non sei si o PP e COE seran capaces de facelo, ainda que facil o teñen, pero dende logo cos candidatos que tiña o BNG e PSOE non ibamos tampouco a ningunha parte, e menos con Chacho da man, que parece que queremos olvidar esa negra realidade.

Anónimo disse...

Conozco la candidatura del PP y se que se van a desvivir por su pueblo, es gente sencilla pero honrrada es gente que ama pontedeume y sus aldeas es gente que va dar todo de si para sacar este precioso pueblo. Enhorabuena Pp

Anónimo disse...

Manuel Rei, gracias por ponernos tan a huevo el cambio. 550 votos que ha perdido el tripartito.

Anónimo disse...

¿Qué es eso de Tsunamy? ¿Quién insultó a quién? No me enteré de nada :S

Anónimo disse...

Mirade esta páxina na que se fala de manuel rei:
http://pontedeume.nireblog.com/post/2007/05/28/pontedeume-no-clube-dos-elexidos

Letizia disse...

Por què criticasteis durante toda la campaña al PSOE?
No os haceis esta pregunta en vuestra reflexiòn y anàlisis de los resultados?

Anónimo disse...

o de vir a este blog a insultar a touro pasado paréceme dun infantilismo atroz, a vila falou onde tiña que falar e o resto sobra

Anónimo disse...

Viva o mexilon no bandullo do campeon