A candidatura do BNG de Pontedeume está a ser a única formación política, de todas as que concorren ás eleccións municipais do 27 de maio, que ofrece mitins en todas as parroquias. Os actos previstos para esta semana son os seguintes:
CENTROÑA: 22 de maio, ás 20.30, na Escola de Centroña, coas intervencións de Manuel Varela, Rocío Souto e Manuel Rei.
ANDRADE: 22 de maio, ás 20.30, no local da AVV, coas intervencións de Josefa Diaz Faraldo, Raúl Calvo Tenreiro e Emilio Salorio.
NOGUEIROSA: 23 de maio, ás 20.30, no local da AVV, coas intervencións de Francisco Leira, Emilio Salorio, Rocío Souto e Manuel Rei.
URBANIZACIÓN OLMO: 24 de maio, ás 20.30, coas intervencións de Xesús Rodríguez, Eugenia García Chao, Emilio Salorio, Rocío Souto e Manuel Rei.
21-05-2007
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)
20 comentários:
Preparade moi ben o discurso... e ide traendo as escrituras da escola, o proyecto… porque paréceme que agora a parroquia está algo máis enterada… e hai persoas que votan lume. O que eu dixen e moi suave con respecto o que vos chaman por aquí. Eu oín asta ameazas de morte no caso de que tiredes a escola e a pista. Eu non puxen os carteis, pero si vin como simpatizantes do BNG e algún da directiva da AVV os quitaba. E outros os ensinaban por Pontedeume…
Eu teño entendido, a información chegoume grazas o que fala a xente, que o concello carece de escrituras da escola, e como os veciños tampouco as temos… habería que falar ca xente que recadou o diñeiro pola parroquia, vos ides de listos e vos chamades a titularidade da escola… Pero os veciños están avisados, e unha parroquia cabreada e moi malo unha semana antes das eleccións…
E agora porque non falades dun éxito rotundo no mitin en Ombre?? Porque eu fun, e se contásemos os veciños… eran 3 máis eu, e daba vergoña, o resto toda era xente do BNG, para quen falabades??
Vos seredes os únicos que dades mitins polas parroquias, pero paréceme máis efectivo o que fai o PP, vai casa por casa, porque se en todos os mitins van 4 persoas… a parroquia non se sabe o que queredes facer, que non é nada, como sempre, pero a vosa política de recadar votos e moi mala… criticades os partidos cos que formades goberno… e vos pensades que sodes mellores que eles?? Se tiverades un pouco de vergoña, e quixerades quedar ven xa teriades dimitido fai tempo pero entón non gañabades os cartos dos subornos.
Ídevos preparando, e ide poñendo carteis do mitin pola parroquia… ou queredes que a xente tampouco se entere… e así dicides que ides por todas as parroquias, pero so aparecen 4 persoas, e lle pagades a outras poucas…
SODES UNHAS PERSOAS CON MOI MALAS INTENCIÓNS, AS CALES A PARROQUIA DE NOGUEIROSA VAI PARAR, TEMOS MOITO QUE GAÑAR, (E visto o que pasa) POUCO QUE PERDER.
By Tsunamy
Eu son da vila, pero non penso perder ningún dos dous espectáculos que podedes dar en Andrade (a xente está que traba coa aprobación do de einsa) nin o de Nogueirosa (espero que vos dean caña ata fartarse)... alí estarei!
AUPA TSUNAMY!
tsunamy aclarate. Hai bronca ou non? Eu xa estou preparando a camara por si hai movidilla e logo arrasa en internete. Se van ir tres absteñome se hai cheo aparezo.
pois haberá que convocar á xente a ver se hai lío... que nesta campaña electoral está a cousa moi aburrida.
o outro día díxéronme que as enquisas falaban de que o BNG estaba e alza... supoño que o diría o BNG para chamar a atención da xente, ¿non?
deixa a ver se non se afunden, porque o están buscando!
Da páxina de Fusquenlla
Páxina do Dog:
8.403
Data da Disposición:
Sección:
VI. ANUNCIOS. DA ADMINISTRACIÓN LOCAL
Organismo:
CONCELLO DE PONTEDEUME
Rango:
Anuncio.
Título:
Anuncio.
Aprobado inicialmente o documento de adaptación do Plan parcial do subsector SUN-2 nas Anduriñas-Ver, á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, redactado polo Estudio de Arquitectura e Urbanismo Xcale, e presentado polo promotor Grupo Lar Promosa, S.A.
De conformidade co dispIosto no artigo 86.1º a) da Lei 9/2002, modificada pola Lei 15/2004, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente completo a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais de máxima difusión da provincia, durante o cal os interesados poderán examinalo nas oficinas xerais municipais, sitas na rúa Real nº 13 deste concello e presentar cantas alegacións e/ou observacións consideren oportunas.
Pontedeume, 10 de maio de 2007.
Belarmino Freire Bujía
Alcalde
Aqui só falta a firma do sr. concelleiro de urbanismo. O sr. Rei tiña razón, non se dan licenzas a veciños, danse ás promotoras como Lar Promosa. E qué era o que puxechedes no programa, defensa do urbanismo sostíbel? Tamén tedes razón niso de pensar por nós. Se nos poñemos a pensar nós creeriamos que nos estades a vender o concello.
Eu espero de que a xente vaia o mitin, a xente despois da aparición dos carteis anda moi alterada. Catro persoas habías no mitin en Ombre, aquí eu espero un cheo. Haberá que contalo pola parroquia, aínda que hoxe me dixeron que anda o BNG dando as papeletas, e que tamén daba un papel co do mitin, aínda que moita xente o tirou todo. Despois do que sucede cando pasan os partidos da oposición, páranos para preguntarlle o que está a suceder (Vino dende a miña casa) espero que a asistencia sexa masiva… xa que é un asunto que lle importa (E prexudica) a toda a parroquia.
Eu asta oín, despois da aparición dos carteis, cousas moi fortes, e se esa xente vai o mitin… eu non respondo dos seus actos… Eu non creo que poida ir o mitin, teño que traballar, pero mandarei a un amigo que tamén está ven informado…
Se ves gravalo tesme que deixar despois o vídeo, ou colgalo e mandarme o enlace. XD
By Tsunamy
Outra metedura de pata do BNG. Apostaron por EINSA e a CPTOPT dilles agora que non procede a recalificación. Aos nosos concelleiros fáltalles sentido común. reproduzo aquí a noticia de Diario de Ferrol:
A Consellería de Política Territorial tomou o acordo de denegar a solicitude que o Concello de Pontedeume presentara, a instancias da empresa Einsa, para a recalificación de chan na parroquia de Andrade. Os veciños da zona xa respiran máis tranquilos.
O vecindario de Andrade entendera que a ampliación solicitada pola empresa Einsa podía dar lugar a unha recalificación urbanística encuberta, de aí as alegaciones presentadas ao proxecto e a denuncia pública do asunto a través dos medios de comunicación e de pancartas estratégicamente situadas ao bordo da estrada.
Agora a Xunta tamén observa que a demanda non está suficientemente xustificada e considera máis conveniente deixar as cousas como están á espera da entrada en vigor do Plan Xeral de Ordenación Municipal que se atopa en proceso de tramitación.
Polo tanto, a decisión da Consellería de Política Territorial vén darlle a razón aos 25 veciños afectados pola decisión da empresa de unificar chan coa pretensión de darlle novo uso, incluído o residencial, ou polo menos así o denunciou o vecindario. Deste negocio tampouco quedaban á marxe os propietarios dos case 50.000 metros cadrados que aínda non foran adquiridos pola empresa, xa que esta reclamáballes o 20% das súas respectivas propiedades e a participación nos gastos derivados da urbanización que se pretendía levar a cabo en toda a zona.
A reforma implicaba así mesmo a ampliación da estrada AC-151, que vería duplicada a súa actual capacidade.
Un acordo adoptado pola corporación municipal na xornada do día 25 do pasado mes de xaneiro deu lugar á aprobación inicial da modificación das Normas Subsidiarias sobre unha extensión de aproximadamente 136.000 metros cadrados. Desta cantidade, máis de 126.000 xa foran escriturados a favor da empresa que se dedica á edición de guías e páxinas amarelas para distintos países europeos e que actualmente ten en nómina a uns 90 empregados
TEn razon Tsunamy, vos dades mitins, vendedes o qe non ides a facer á xente o PP vai casa por casa a xunto de tódolos veciños.
Xa vos ides aclarando Tsunami e os demais: gústavos o xeito do PP de ir casa por casa e os demais xeitos do PP. Parécenos ben; nós tamén imos casa por casa sen maior problema, e mais damos mitins nas parroquias e asistimos a todos os debates que haxa. Xa sabedes que outros non asisten.
Sobre a Galescola, só queremos dicirvos o que no seu momento dixemos e agora repetimos: serán os veciños da parroquia os que, xunto coa sua AVV, decidan o que queren facer. Ou pensades que imos impoñendo cousas deste tipo por aí; sobra quen as queira.
A metedura de pata é dese anónimo que escribe nun comentario ou de quen espalla noticias sen fundamento a respecto da tramitación do expediente de Einsa. A COTOP non aprobou nin denegou nada a día de hoxe -hai que aclaralo- porque aínda non se lle enviou nada desde o Concello porque non chegou o momento. O prazo de presentación de alegacións rematou o día 12 do presente mes. As alegacións hai que sometelas a consideración, envialas ao Equipo Redactor que as estuda e elabora o documento reformado. O documento reformado volve ao Concello que é quen o ten que revisar, de novo, e enviar á Dirección Xeral de Urbanismo. Polo tanto, de que se está a falar?
Ao mellor refírense ao paripé que foi facer o sr. Vilariño co Delegado da COToPT. A ver como se fai cargo despois dos compromisos que estivo a anunciar, caendo no máis burdo electoralismo. Porque foron os técnicos da Delegación da COTOPT os que estiveron guiando, e dando as orientacións urbanísticas para a redacción da Modificación Puntual que se presentou; e, se cadra, o Delegado e Vilariño, non están moi enteirados dos contidos e dos trámites dos que estamos falando. Algo semellante ao da visita ás obras do CEIP Couceiro.
Pero a que casas fúchedes, porque a miña , non ee??
bue nin a miña nia a de ningún dos meus veciños.
Que pena que a lista non empezara do 3º candidato para abaixo.
Asi vos irá.
e por ocmo falades, para vós, sodes os únicos que facedes todo ben, os que fan as cousas mal son os outros.
en fin, si escoitarades más ó pobo e deixarades as caralladas...
Mais paripés de Vilariño, repite a etapa pasada de concellal de urbanismo, dios nos libre de telo como alcalde.
sodes unhos comemerdas, falso todo o que decides. O mitin de onte foi de vergoña, so sabedes leer e cando os veciños vos preguntan os poñedes nervosos e o unico que sabedes facer e descalificar e insultar . Menudos aspirantes a gobernar.espero polo ven do noso pobo que solo quededes niso, en aspirantes. onte deixouse calro que poñades a galescola donde queirades. rocio ten unhos terreos ali cerca que os regala encantada, xa que el e moi solidaria e quere compartir.
Eu o que quería era decir que iso do wifi, que me parece que está moi ben, pero o que nós queremos é alcantarillado.
PRIMEIRO O ALCANTARIÑLLADO E LOJO O GÜFI
Foi noxenta a vosa arrogancia ayer. Se queredes os terreos da AVV pagade por eles.
Porque non falades do mitin de ayer
Penso como a anterior sodes unhos maleducados. E a do pelo roxo vaia elemento.
Claro, Tsunamy, é unha elección moi en consonancia coas consignas que utiliza o PP nos seus actos, empezando por Mariano RajoY: a onda da dereita que arrasa con todo. Pois vaia orixinalidade! A grande onda destrutiva do Partido Popular. Temos que salvarnos nós mesmos..., sobre todo cando se invoca incluso a ameaza de morte. Arrenégote Demo!
Eu non son Tsunamy e non son da dereita, o que si son e un veciño de Nogueirosa indignado que foi o voso mitin alí. Teñen razón dichedes noxo, non entendo o porque de tanta insistencia tanto vosa como da directiva da AVV. Algo cheira mal e sodes vos.
Eu teño oído que algúns do BNG andan afirmando que; polas boas ou polas malas, a Galescola farase nos nosos terreos.
E falades de que non ides impoñer nada?
Eu non puiden asistir o mitin, pero estoume enterando de moitas cousas. Dende aquí quero darlle as grazas a tod@s os/as veciño@s que me mandan información. A información sempre será ben recivida.
Eu non son de dereitas, pero se queremos que isto cambie, haberá que votalos primeiro. Dóeme moito, pero non me queda outra opción que votarlle o PP ou o COE, os outros andan todos collidos da man, son un mesmo partido con distintos nomes.
Se non que alternativas nos quedan?? Se votando en branco estes saíran, eu sería o primeiro en facelo, pero como non é así…
Para min tanto cheira o BNG como a directiva, se e verdade que defenderon con tanta ansia a Galescola pode ser que poidan obter traballo para amigos ou familiares na Galescola. E o que están a falar os veciños. Onde se veu que unha Directiva Veciñal non defenda os intereses dos veciños? Isto vai de mal en peor.
Se os veciños non a queremos onde a plantexades, porqué non a levades a outros sitios? Porque según decides hai máis parroquias interesadas, porqué vos empeñades na nosa? Que intereses ocultades?
By Tsunamy
Que pasa BNG teneis miedo del Pp, el pp no dijo nada de vosotros y a la primera de cambio ya estais hablando de ellos, uiuiu como estais temblando, espero que la gente mañana haga lo adecuado, porque pontedeume se merece muchooo y con vosotros solo tuvimos mierda y mas mierda
Enviar um comentário