07-05-2007

O candidato do BNG reúnese coa directiva da nova asociación veciñal

O actual Portavoz municipal do BNG e candidato ás vindeiras eleicións municipais do 27 de maio, mantivo unha reunión na tarde do 2 de maio cos promotores da nova asociación de veciños de Pontedeume. Dentro da rolda de contactos que están a ter cos candidatos, faise notar o carácter novidoso desta iniciativa, por canto -segundo manifestou o candidato do BNG- vén cubrir un baleiro existente nos últimos anos no relativo ao movemento veciñal organizado no núcleo urbano e pretende encontrar respostas ás diferentes necesidades cidadás.
Neste acto de presentación, realizouse un intercambio de ideas sobre temas relacionados co tráfico, terrazas, limpeza, seguridade nocturna, e un longo etcétera. A Asociación plantéxase funcionar como revulsivo a nivel social, establecendo canles de comunicación ou denuncia co Concello. O BNG saúda a creación da nova entidade e manterá contactos periódicos con ela, respaldándoa en todo o posíbel. Nesta liña, vimos potenciando a participación social por medio de Consellos Sectoriais como son o Consello Escolar Municipal, a aprobación do Regulamento do Consello Municipal da Muller e propoñemos no noso Programa a constitución do Consello Parroquial e do Consello Municipal da Cultura.

19 comentários:

Anónimo disse...

A min isto cheirame a montaxe. Ver de repente ao BNG en plena campaña de captacion de votos brindando pola iniciativa social. Ja,ja,ja. Supoño que esta sera so reivindicativa cara a galeria. Hai que ser mais orixinais Manolo Rei. Reunete e debate cos colectivs que levan tempo traballando por mellorar o pobo. Non busque interlocutores de palla cando tes un autentico movemento cidada conccienciado os problemas da vila e que aporta información, critica pero tamen solucións.

Anónimo disse...

Esto o que é unha forma de tapar o que estan facendo en Nogueirosa.
Van manter "contactos periódicos", xaaa, como no resto das parroquias, non? ou coma esta e máis importante idelo cumplir?
Recordoche que pagamos o mesmo (ou mais) os das parroquias que os da vila; e polo tanto, temos o mesmo dereito, ou queredes un concello centralizado? porque o desenvolso das parroquias con relación a vila é unha miseria.
Canto dades para as festas das parroquias? e para os carnavais? que subencións dades para mellorar os locais?
Esto é unha tapadeira, senon leede os comentarios da outra noticia.
Tase vendo que como non tedes argumentos firmes, estades a tapar o que veradeiramente lle importa os veciños (De Nogueirosa, Sí. Pero o fin e o cabo tamen son veciños, non?)

Anónimo disse...

SOBRE AS PARROQUIAS TERIAMOS MOITO QUE DICIR.NON TEMOS ALCANTARILLADO, OS SERVIZOS DO LIXO SON ESCASOS, E VIVIMOS CON 10 ANOS DE RETRASO RSPECTO A PONTEDEUME.
ADEMAIS MOITA URBANIZACION NA VILA E OS NUCLEOS RURAIS NON CRECEN OS 200 METROS QUE O PLAN DE URBANISMO DEBIA TER EN CONTA.
¿PARA QUEN TRABALLADES?

Anónimo disse...

Por qué os cargos ociosos do bng non se solidarizan ca protesta contra REGANOSA? Por que non explica o BNG cal é a súa postura " a respeito de" REGANOSA? Por que o BNG COMARCAL apoia o nomeamentro de fillo predilecto das PONTES a Tojeiro, máximo impulsor da gaseira de MUGARDOS? Apoiará o BNG de Pontedeume a CELUSA que demanda o BNG das PONTES para a súa localidade?
MOLLATE Manuel Rei e deixate de programas ocultos. Prometer para meterme unha vez metido, esquezome do prometido...

Anónimo disse...

Bueno, home, aínda non respostan á xente que ten a deferencia de facer preguntas no seu blog, van a meterse neses lios...se quitaran tallada, sería outro cantar, pero mollarse antes dunhas eleccións, eso é moi comprometido...!

Fernando disse...

Non hai por onde collelos.Están desfeitos.

esquerdaunida disse...
Esta mensagem foi removida por um administrador do blogue.
nacionalistadeesquerdas disse...

A censura no BNG
Eu tamen quero denunciar, ademáis do exposto, o que xa se viña vir. A morea de críticas que está a recibir o BNG nesta vila de Pontedeume e a incapacidade desta organización para dar resposta ás lexítimas inquedanzas da cidadanía está levándoos a empregar os medios máis repugnantes de control e censura (ademáis de torpes e inficaces) da información neste mesmo blog. Estes días poiden comprobar este feito despóis de intentar infructosamente colgar unha opinión neste foro. Era demasiado. Despóis de ter inutilizada a páxina (como tamén o propio Concello) durante meses, ao descubrir a opinión contraria que a cidadanía ten dos concelleiros do BNG (Manuel Rei afirma desde a súa nube que a súa formación vai en ascenso, ascenso imparable ao desatre opinan moitos)comproban que o ar de liberdade non lles senta ben aos eumeses (igual a confunden co libertinaje). Pero hai que comprendelos. Quen poderfía aguantar tanta lexítima protesta. Intentemos un percorrido rápido poilos seus éxitos: alianza co franquista Agras, permisividade urbanística, enfrontamento cos comerciantes, defenestración do concelleiro de urbanismo, presión sobre funcionarios municipais, recalificación de EINSA, apropiación de terreos veciñais para construir unha galescola... Alguén da máis. Anímovos a engadir (se vos deixan) máis despropósitos.

BNG Pontedeume disse...

O último comentario desacredítase por si so. Obviamente podes escribir o que queiras, xa o estás facendo. E só fai falla votar un vistazo para ver que non hai censura de ningún tipo. Agora ben, o comentario anterior firmado por un determinado partido político vai ser borrado. Este espazo é para que os veciños mostren as súas queixas, consultas e inquedanzas non para que outras forza políticas o usen como medio de transmisión das súas "mensaxes". Supoño que calqueira o pode entender.

nacionalistadeesquerdas disse...

Supoño que non o entendiches. O que é evidente é que non podedes censuralo todo, pero si controlar certas mensaxes que proveñan de segundo que dirección.

Anónimo disse...

Carallo, hai non se andan con bromas. Pero eu non quería criticar, so pretendo facer constar a miña aprobación pola xestión (?) levada a cabo polo tripartito durante estes tropecentos anos. É encomiábel o carácter dialogante dunha formación que é capaz (risas) de traballar codo a codo cun inútil e cun mafioso.

Anónimo disse...

comentario suprimido
O administrador non cree na sinceridade deste último comentario. Polo tanto, se somos capaces, imos a tratar de eliminalo

Anónimo disse...

Como xa estan nunha situación da que non son capaces de sair, dedicanse a criticar os comentaristas dos blogs, e como son moitos paos os que lle estan dando (constame que algun deulle mais dun dor de cabeza a algun do BNG) no seu Blog e en Pontedeume, agora censuran alguns articulos(o mellor tiñan razons, non o lin) Teñen moito que explicar, e non son capaces nin de defemderse dos comentario dalgun personaxe nete blog, como para que aparezan outros molestando e dandolle mais dores de cabeza.

As criticas son moitas e algunhas doen moito, pero para non ter criticas hay que facelo ven dende o comezo.

Anónimo disse...

O peor que pode facer un partido que se di nacionalista e de esquerdas é actuar como o PP, como os máis autoritarios, retrógrados e conservadores da sociedade xa arcaica que nos toca padecer. Creo sinceramente que as esquerdas non deben ter medo da confrontación de ideas, e dígoo porque non dubido que a razón está da nosa parte. Pero hai que saber defendela. E o BNG, de Pontedeume,non é capaz. É víctima das alianzas que asinou, das contradiccións, da ignorancia dos seus representantes, da falta de autocrítica, do afastamento da sociedade...
Non lembro un partido nesta vila que fose capaz de sumar tantos detractores como o BNG. E gustariame que este mérito o tivese o PP ou o COE.

Anónimo disse...

Compañeiros, deixémonos de ostias está claro que nos queren botar toda a culpa da merda do Concello. O PSOE quere limpar a súa imaxe a nosa costa , quere os nosos votos. Calumnianos na rúa e boicotéanos o blog. Espertade carallo que están aí as eleccións.

Anónimo disse...

Home, toda a culpa non. Digamos 1/2 da culpa do Concello, que pouco menos é, pero pode reconfortarte. E que toda crítica penses que ven do PSOE non é acertado, xa que hai bastantes malhumorados dentro dos propios votantes do BNG e de xente á esquerda do BNG.

Por certo, non tentes espertar aos "teus compañeiros" agora porque non espertaron en toda a lexislatura. Por activa ou por pasiva, son corresponsabeis de moitas cousas. Noutros casos sodes os propios actores das barbaridades que se fixeron. Outra cousa é que penses que á xente se lle pode facer crer que fúchedes traizoados no goberno sen vos enteirar, e que fixéchedes todo con boa fe pero se vos foi das mans ou algo así.

Tsunamy disse...
Esta mensagem foi removida por um administrador do blogue.
BNG Pontedeume disse...

De novo queremos comunicar que este espazo é para que a xente poida dar as súas opinións, queixas, protesta e ideas. Non é para facer publicidade de outras agrupacións ou colectivos nin de persoas individuais. Aquí poden expresar as súas opinións, pedimos que de forma civilizada, pero non usar este blog como medio publicitario. Por isto vémonos na obriga de suprimir certos comentarios. Non nos gusta ter que facelo e esperamos que entendades que hai certos comportamentos que non podemos permitir.
En canto ao comentario dun compañeiro dende o BNG queremos transmitirlle que nós estamos a facer a nosa campaña, vimos de celebrar un multitudinario mitin onde explicamos as nosas propostas, estamos indo parroquia por parroquia mostrando os nosos proxectos, falando coa xente, cara a cara; internet ten moitas vantaxes que todos coñecemos, pero non caiamos no erro de pensar que o mundo comeza e remata aquí, ainda mais cando os interlocutores carecen da credibilidade que da o contacto directo. Animamos a todos os militantes, simpatizantes e todo aquel que confia no proxecto do BNG a seguir traballando por ese Pontedeume que todos desexamos e que seguro que có BNG na Alcaldía lograremos.

Anónimo disse...

Vades ir por todas as parroquias? e cando ides facer o mitin? e onde?
no lugar no que queredes facer a galescola? Na pista ou na escola que nos queredes tirar?
e pensas que o imos consentir, temos unha sorpresiña para cando veñas,
Esperamoste con moita ansia.

saudos dun votante do BNG MOI arrepentido