29/05/07

Valoración dos resultados das municipais

Primeiramente, o BNG de Pontedeume quere agradecer o apoio de todas as persoas que o votaron o 27 de maio, así como agradecer a colaboradores e simpatizantes que axudaron na campaña.
O BNG considera que os resultados lle foron adversos, ao descender con relación a 2003 un concelleiro (237 votos menos), percibíndose un voto de castigo cara ás forzas que sustentaron a coalición de goberno municipal. O Consello local está a valorar todos os factores que contribuíron ao descenso; proximamente someteremos os resultados e o novo contexto á consideración da asemblea. En principio asumimos a incidencia dos seguintes aspectos: a) unha mala negociación do pacto en 2003, cunha distribución de áreas que non nos beneficiou; b) sermos contemplativos coa desfeita na área de Servizos sen reaccionarmos a tempo; c) toda a problemática derivada da situación urbanística e da súa xestión... O BNG, na nova etapa, realizará unha oposición construtiva, pero firme, coidando que non se perdan os grandes proxectos que están en marcha.

81 comentários:

Anónimo disse...

A crítica constructiva será poñer outra vez carteliños de "BEIRARRÚAS XA!" xD

Espero que non teñades tanta cara de facer iso... pero espérome calquer cousa.

Anónimo disse...

REI E SALORIO, polo ben do partido ídevos XA. ¿mala negociación no 2003? ¿desfeita na area de servizos?
a vosa xestión baseouse na prepotencia, a desidia e a corrupción no eido do urbanismo.
Mentre sigades á fronte moitos simpatizantes do BNG coma min seguirán obrigados a votar en branco. Polo ben do concello, do partido e de Galiza: IDEVOS!!!

Anónimo disse...

e devolvede os cartos

Anónimo disse...

que contento estara ese txunamy, pues ahora su colega genin va dejar de vivir de sus padres para vivir de los eumeses

Anónimo disse...

seguide asi. Manolo non te desenimes, deixa que falen, agora tedes que demostrar todo o que se pode facer para frear o alcalde marioneta que nos vai a poñer o señor fraga. Por certo, co apoio da extrema dereita representada polo coe.

Anónimo disse...

O coe nombrara a anton o facha como novo xefe da policia local?

Anónimo disse...

non me quero nin imaxinar unha reunion entre buyo e anxo quintana. Esa reunion e imposible, pois buyo nunca estreitaria a man dun roxo, non o permitirian no seu partido

Anónimo disse...

pero que guai que vaia gobernar o coe, asi cada vez que o depor gane algo habera festa rachada con altas dosis de alcohol e concertos de musica alternativa, que e o que esta de moda

Anónimo disse...

Mirádevos o ombligo anda que xa tedes bastante merda que sacar de ahí...

Anónimo disse...

Seguirán poñendo o salario que cobran o alcalde e o teniente de alcalde os do COE?? Seguirán mandando panfletos cada mes?? Un saúdo

Anónimo disse...

Seguirán queixándose polas beirarrúas? Mmmm, ai non, non era o COE o que o facía... quén era? qué fixo ó respecto?

Anónimo disse...

Despois deste desastre electoral só pido que aprendamos dos erros, manteñamos a calma e reorganicémonos. Non gañamos nada agora buscando culpables nin botando as culpas uns a outros. Temos que corrixir moitas cousas pero desde dentro.

Anónimo disse...

prepotencia é o que vos levou a situación onde estades agora. Asumir responsabilidades sigificar que Rei e Salorio se retiren da primeira liña. Renovar. Non esquezades a incidencia que tivo a posición do BNG comarcal en algúns temas como o de reganosa ou o apoio do alcalde de as pontesao grupo ence paraque trasladase a pranta de pontevedra aos pes do rio eume as Pontes. O BNg é unha forza en debacle en todas a comarca e iso tamen vos afecta. Cada vez mais xente coñece a verdadeira faciana da UPG. Por moito que disimule acabara por levar ao nacionalismo fora de todas as alcaldías da comarca.
Deixade de botar a culpa aos demais. Non foi a negociación fi o uso que fixechedes do poder o que vos fixo perder. Foi a corrupción que practicachedes no tema urbanístico o que vos fixo perder. De ser hoxe as eleccións perderiades outro concelleiro. Por qué? Porque moitos acabaron vendo o que lle ensinaron esos mais de trescentos veciños que votaron por vo hai catro anos e o domingo retiraron a confianza.

Anónimo disse...

so teño unha cousa que dicir ao comentario anterior:
AMÉN
non se precisa buscar culpábeis, é certo, pois xa todos sabemos quen somos.
e por certo, manolo, desanímate, xa amosache o que eras quen de facer, deixa que outros se poñan á fronte e invita a irse contigo a Don Emilio e, xa xogando ao desexo, a Paco Rodríguez, antes de que o BNG na comarca se afunda de todo

Anónimo disse...

agora hai que apretar na oposicion e dar caña sin parar, caña basada en feitos e desfeitas que estos titeres van a facer.

Anónimo disse...

LENDOIRO FILLO ADOPTIVO

Anónimo disse...

que festa fixeron o domingo os xefes de einsa e o director de caixa galicia. Gañaron os seus candidatos e agora xa poden facer o que queiran. para eso pagaron as campañas

Anónimo disse...

agora os do COE van seguir sacando o boletin verde e seguiran poñendo o que cobraba manolo e belarmino

Anónimo disse...

Pero que alcalde nos vai a gobernar.e que tenente alcalde.e que concelleiros. parece un casting para entrar en gran hermano

Anónimo disse...

bueno agora que vai a facer chacho, e o seu pupilo juan pablo? que vai a facer este cando lle quiten o aparcamento da alameda. a lo menos eso dician os coes. e amañaran a praza da viagra? e traeran as beiraruas para todas as parroquias? van a poñer o que cobran o capitan araña e super coco?

Anónimo disse...

os de fusquenlla que van facer agora retirarse?

Anónimo disse...

fusquenlla agora vades falar do novo goberno ou vades estar calados?

Anónimo disse...

manolo prepara a renovacion lentamente e traballa forte na oposicion. ningun dos que vas a ter en frente vaite aguantar un asalto.

Anónimo disse...

a que hora van poñer os do coe a celebracios dos plenos para eles non ir?

Anónimo disse...

CAPITAN ARAÑA AL PODER.o pp gañou porque esta de moda spiderman

Anónimo disse...

decirlle os do COE que xa que van a devolver a alameda o pobo que de paso quiten os coches da calzada.

Anónimo disse...

o bng perdeu porque non superon facer un cara a cara ca xente da rua, asi como por deixar facer a chacho todo o que quixo. tiñades que haber roto con el e con tino. tiñades o enemigo dentro da vosa propia casa. ademais consentichedes que belarmino pasara absolutamente de todo e de mais. permitichedes que o pobo se volvera un estercoleiro e que non fixerades mais presion para mitigar as grandes caravanas que son a seña actual de pontedeume.

Anónimo disse...

as atascos vainos solucionar anton el facha. vaixe poñer cunha pistola na rotonda de cabanas e obrigara a todo dios a pasar pola autopista

Anónimo disse...

CANDO SE VAI A PINTAR O TORREON DE BRANCO E AZUL?

Anónimo disse...

xa que os coches non pasaran por pontedeume queda solucionado o tema do aparcamento.

Anónimo disse...

NON DAR IDEAS. XA BASTANTE VAMOS TER QUE AGUANTAR CANDO POÑAN EN PRACTICA O SEU PROGRAMA OS DO COE. A . PERO TIÑAN PROGRAMA?

Anónimo disse...

BEBETO embaixador de pontedeume no extranxeiro

Anónimo disse...

El anonimo que dice lo de genin no debe de tener otra cosa que hacer pues lo pone en todos los blogs, que pesao tio, acepta que ganó el pp, y en noguerosa de donde es Genin gano en puntos, eso debe de ser porque aunque genin viva con sus padres la gente lo quiere y lo apoya, tienes envidia?

Anónimo disse...

Vos Recordo que ata o 16 de Xuño, ides ainda estades no Goberno e estan as calles que dan noxo, os carteis vosos son os que máis hai pero bue e mellor estar aquí en Familia e veña a votarlle a culpa os outros.


baixar un pouquiño a cabeza e coller modestia e humildade, para ser como o pobo o que queredes representar.

unha aperta

Anónimo disse...

Sois la coña. Gobernáis como el culo, os juntáis con lo peor de cada casa para formar gobierno y dejáis el pueblo en el peor estado desde que llegó la democracia. Mierda en las calles, no sois capaces de sacar un plan de ordenación hecho a vuestra imagen ni con la ayuda de subvenciones de la xunta y con el apoyo de vuestros compañeros de partido. Lo poco que habéis construido ha sido prevaricando y de forma ilegal, Centroña e Nogueirosa otros cuatro años sin aceras, sin desbroce de caminos, sin recogida diaria de basuras,el colegio inundado, las calles colapsadas, las plazas para nuestros ancianos y niños llenas de coches, el jardín abandonado, el paseo marítimo idem, el centro histórico apesta a cloaca y los cables de telefónica y de la red eléctrica decorando las fachadas...y mil cosas más ...

Os debería dar verguenza , asumir que esta legislatura ha sido un error total y sobre todo, pedir perdón a los vecinos por haber tenido paciencia y no sacaros a ostias del Concello. Joder, es que ser socialista en este pueblo da verguenza y avergonzarse uno de las ideas por culpa de cuatro mantas jode de lo lindo. Claro que es mucho peor leer los comentarios aquí y las acusaciones sin beneficio de duda para los nuevos, es de de malos perdedores ,es patético y sobre todo habiendo vivido esta legislatura,esperpéntico.

Anónimo disse...

Chapeau para el anterior comentario. Sobre todo en la parte final en cuanto a las continuas tonterías que escribe uno que si Lendoiro que si Antón y que no sé que más estupideces.

Para eso esperáis a ver lo que pasa, y luego criticáis, pero por lo de pronto os dejáis de tonterías.

PD: Dudo que ningún empleado sea capaz de superar a Abeal...

Anónimo disse...

Curioso analisis do BNG, este mea culpa deixa claro que son conscientes perfectamente dos males do goberno dende fai moito tempo, pero todo valia con tal de ter a sua ración de poder, daba igual pactar con Chacho ou soportar a un Belarmino que os engañaba continuamente, pero esto xa non se reduce a estos ultimos catro anos, levan dende casi duas decadas apoiando a Belarmino e formando parte do goberno, deixaron facer ao delincuente do aparellador municipal durante decadas, mirando para outro lugar, ate que ao final saltaron polo aire cos escandalos. Durante moitos anos non fixeron mais que mirar para outro lado e tentar agochar as desfeitas o maximo posible, pero tanta merda é imposible tela agochada moito tempo. Ate agora estivechedes moi calados respecto ao COE e PP, non entraba nos vosos calculos perder o goberno, non hai mais que ver que Salorio iba de terceiro. Agora o que tedes que facer si vos interese realmente algo esta vila, é tender a man aos que entran, e buscar a maneira de recuperar esta vila dunha vez, pero claro eso é imposible cado levades 20 anos desprezando á oposición. Finalmente acadechedes o que merecedes, Rei e Salorio que deixen paso, e os novos que aprendan dos erros, supoño que en breve empezaredes a facer manifestacións na vila ao mais puro estilo da defensa do Pilón no seu dia. De pena.

Anónimo disse...

Outra lectura alternativa ao do BNG aquí:
http://pontedeume.blogspot.com/2007/05/unha-lectura.html

Mearius disse...

OLÉ MEUS, xa tedes conquerido sacar a los"rojos separatas" do goberno do concello, MOI BEN! agora teredes un goberno FACHA, que é o que agardaban todos eses críticos tan listiños, NONSÍ??
Hai un comentario (moi agudo) de anónimo ( anónimos hai moitos ), no que relaciona a postura do BNG ao respeito da pranta de gas coa caída a nível comarcal. HOME CLARO, ANÓNIMO, E QUE O PP, PSOE ( que foi a forza máis votada en Ferrol)E TG ESTÁN FROTALMENTE CONTRA A PRANTA DE GAS, V E R D A D E !!!!!!
VAITES, VAITES. Ide durmir oh!!

Anónimo disse...

Algún deben pensar que eleximos o goberno de mundo ou algo así.

QUE AQUÍ NON HAI IDEOLOXÍA QUE VALGA!!!!

Anónimo disse...

certo que o psoe, o pp e tega tamén apoiaba a pranta de gas, pero iso a min, como votante habitual do bng, non me afecta.
estaba decepcionado logo das eleccións, pero agora vendo os comentarios tipo: "manolo dalles caña que non teñen dous asaltos" moito máis, como dixo o outro: ou renovarse o morrer.
con estes tipos á fronte nas próximas eleccions empataremos con chacho (1) ou con TEGA (0), vos veredes o que queredes

Anónimo disse...

A ver, ao que di que se Fusquenlla vai calar agora, espero que non se refira a que lles comprace ter un goberno de dereitas (por certo, tan de dereitas como a anterior, ou case). Que acusen a roxos de ser de dereitas é práctica stalinista, cando se queda un sen razón. En realidade, agora van ser o BNG e o PSOE os abanderados do urbanismo sostíbel, os que van estar en vixía consante porque non haxa a máis mínima recalificación ou ilegalidade. E diso comprácese un, sempre que non se faga cínicamente. Evidentemente, agora FUSQUENLLA non se vai a andar con reparos en seguir sacando á luz ilegalidades ou prevaricacións. Máis aínda, non foi só unha a vez na que, durante estes meses, se considerou non falar de determinadas infraccións porque afectaban seriamente á imaxe dos representantes do BNG. Imaxino que saberedes a que casos me refiro.

Por outra banda, o que di MEARIUS descalificando o comentario dun que opina que, entre outras cousas, o apoio a REGANOSA e ENCE foi o motivo do descenso, é unha perspectiva necia. Si foi causa, non única, pero a foi. Explícome: sabemos de sobras que o PSOE apoia dita pranta e o PP tamén, pero a diferencia está en que entre o electorado de esquerdas non se apoia a pranta, e o BNG, apoiándoa, se quedou sen parte do respaldo electoral da "boa xente" que non quere unha bomba na ría. Evidentemente, ao electorado do PSOE iso lle da igual, e ao do PP máis, por iso non lles pasou factura. Así que iso lle pasa factura ao que a apoia e ten maior porcentaxe de electorado que non a apoia. Os do PSOE foron listos facendo a evasiva nese tema. O BNG non aguantou calado e o perdeu todo pola boca.

É claro cada vez máis que o BNG non conta con dirixentes acorde coas vontades do electorado que representa ou estivo a representar ultimamente, e que non hai intelixencia á hora de facer determinado tipo de posicionamentos. Se Paco Rodríguez ten que achantar coa pranta, pois que achante, pero non é lóxico que tres días antes das eleccións saia nos periódicos dicindo claramente que está a favor da pranta porque crea empregos (xa se verá, pero este argumento a pesar de caer por si só, é falso, se temos en conta a desfeita que van facer na comunidade pesqueira e marisqueira da comarca, de ter en conta o enfriamento que se pronostica para as augas da ría).

Richi disse...

Ó meu parecer non hai protesta que valga agora. Ó feito peito.

O que tedes que facer agora é unha oposición decente, sen insultos nin descalificacións (que pra eso valedes tódolos grupos políticos), sinxelamente dar ideas, axudar no que creades que poida ser bó pra o pobo e desaprobar o que pensedes que non. Nin máis nin menos.

Dentro de catro anos verase o que pasa.

La del medio de las Grecas disse...

Pero en Mugardos o BNG tivo un concelleiro máis que nas anteriores, e apoiou claramente a pranta de gas. Supoño que eses cacarexados postos de traballo que se creaban durante a súa construcción e cando entrase en funcionamento corresponderán todos a xente de alí. Eu, desde logo, non coñezo a ninguén –con cualificación e sen ela– que traballe na pranta.

Anónimo disse...

os do bng pagaron polo que non foi a súa culpa: o do lixo foi cousa de Chacho Agras, que ó fin e ó cabo era concelleiro de servizos e o resto foi culpa do alcalde. Manuel Rei fixoo moi ben no seu papel de "1º tenente de alcalde pero en realidade alcalde cos permisos de Belarmino". O problema foi que Belarmino non lle deu a maioría dos permisos...

chunda-chunda disse...

En vez de queixarse tanto, facer unha autocritica dende dentro do Partido seria moi sá.
SALORIO, e un dos maximos culpables da perda de votos do B.N.G.
Veredes a partires de agora , cal vai a ser a sua atuación.
O primeiro que vai a facer, senon tempo ao tempo, vai a elaborar unha candidatura de "esquerdas nacionalista", pra as vindeiras elecións.
Costalle moito deixar a poltrona, e reincorporarse ao seu traballo.
OLLO O DATO, espero que non fagades dimitir a compañeira 2ª da candidatura para que continue este ENCANTADOR DE SERPES.?.

anxocaído disse...

Quédome con un dos últimos comentarios: Salorio, esperanzas branca. Di que si. Naciches para concelleiro de pueblo, debías de selo de por vida. Hai quen nace guapo, tí naciches concelleiro. Que por culpa das matemáticas non teñas un acta paréceme dunha crueldade infinita. Eu estarei esperando a que te decidas por fin a crear esa formación que será o futuro do país.

Anónimo disse...

na miña opinión,a reenovación era totalmente necesaria,pero con olliño a quen poñedes. tendes uns "pupilos" que si se deixaran de criticar polos bares sobre Manuel Rei, salorio,etc e tamén falar mal do PSOE, mellor sería, xa que iso vos desacredita, está claro que no momento de formar goberno íades pactar co PSOE.

estou moi triste por este goberno de dereitas que nos toca 4 anos mínimo, creo, sinceramente, que non teñen cualidades para estar nun concello, si non, tempo o tempo.

eu, nas elección do 2003, votei BNG, xa que non coñecía a manuel e me parecía un "tío majo",pero xa non engañas a ninguén!!

Anónimo disse...

Unha cousa que se di moito é que os que sairon non están preparados. Belarmino demostrou durante 20 anos que non o estaba e ainda así seguía saindo.

Manuel Rei xa sabemos do que é capaz. De convencer o alcalde para poñerse en dedicación exclusiva para así poder poñerse a sí mesmo un soldo millonario. Tamén e capaz de olvidarse do programa electoral que tiña e das beirarrúas en centroña. Pero claro, tamén é capaz de "¿mercar?" un piso no edificio da casa de Don Pablo, que "¿curiosamente?" está parado por ilegal.

En canto ó que fala de fusquenlla, que parece ser un membro, defráudame se calaron cousas por tratarse do BNG e ahora van a ser máis duros por ser o PP.

Anónimo disse...

Non se calaron cousas por ser o BNG, en realida non se incidiu continuamente nelas durante a campaña, como non se fixo respecto a ningún outro partido. Outras non chegaron a ter certeza suficiente para publicarlas, coma a alguèn xa lle soarán bastante.

Entre as primeiras, a casa do sogro de M.Rei ou a casa do encargado comarcal de urbanismo do BNG en Ombre. A primeira é ilegal, a segunda tamén, por ser zona de costas. Pero déronse as licencias tendo informe xurídico negativo.

melibea disse...

qué sectarios sodes! aínda non se sabe se o PP e o COE van formar governo e xa estades a criticar á xente das súas listas, que segundo vós, mesmo asemella que foron os encargados de tomar Zaragoza con Franco!
quero dar ánimo dende aquí a Genín, que non se me achique, porque, meu rei, que saibas que cando te critican é que moito vales, ou que moito medo che teñen, ou, sobra dicilo, AMBALASDÚAS!

un veciño de rocío disse...

Rocío, moza, descansa, que aínda che ha de dar un "tamparrantán" con tanta obsesión que tes por descubrir a Tsunamy (tes a cara de culpar a un rapaz de 20 anos) e tentar queimar ó teu veciño Genín (e creo que che da, polo menos, unhas mil voltas en educación, espabilación, capacidade de traballo, bo facer, elgancia e conciencia democrática).
E creo que vas ben para agora, porque como sigas nesta dinámica (creo que ben sabes por onde vou) ó mellor empezamos a falar todos.

saudiños, moza

Anónimo disse...

Compañeiros comeza (si naide o remedia) un governo bipartito pp-coe. Do pp só traballa un, que é o futuro alcalde (a ver si non se convirte nun "asalariado político"). Dos outros tres, un oposita (polo que parece de forma perpetua), outro foi despedido (o parecer por non dar clariñas as contas da caixa... todo se saberá, e a cuarta, que non parece moi desperta estudia pedagoxia.
Do coe nada que dicir, so que a ver si descalifican ó alcalde por ter asignado un soldo, a ver si eles mesmos nos se poñen un soldo, Bullo quere "servicios"... será para mudar o mantemento eléctrico de "PERMUY" A "PAPA"
Todo se andará esperánnos catro anos moi divertidos e desexo que proveitosos para PONTEDEUME

En canto o bng supoño que está a reflexionar sobor o acaecido


ANIMO A XENTE DE ESQUERDAS DESTA FERMOSA VILA (ALGO FARÍAN BEN PSOE-BNG)
SORTE O NOVO GOVERNO E ÓS EUMESES

Anónimo disse...

jajaja!

pero vamos a ver!

o anterior se pon a criticar a xente que non conoce, ou polo menos eso demostra, e sen que saiba sequera se van a gobernar.

estás supoñendo moito, e todo parece indicar que eres un resentido. se tes moito problema co que pode ser o próximo goberno do concello de pontedeume, podes ir un por una chamando a atención a tódolos eumeses que os apoiaron.

non sei te das conta, pero a democracia que levantou ó anterior goberno de "ezquerdas", tamén o tirou. así que podes asumilo e esperar a que fagan ou deixen de facer eses que dis ti que non traballan (ahí demostras que non conoces ó personal) para poder criticalos, ou ben adicarte ó que estás facendo agora, a xulgar a unha serie de persoas elexidas nunhas eleccións e descalificarte ti mesmo.

a ver se maduramos un pouquiño, que xa somos todos maiorciños para andar con estas tonterías.

Anónimo disse...

"Genín (e creo que che da, polo menos, unhas mil voltas en educación, espabilación, capacidade de traballo, bo facer, elgancia e conciencia democrática)"
¿espabilación, capacidade de traballo? non debes de estar a falar do mesmo que todos coñecemos...

Anónimo disse...

Non, antes que Lendoiro -por certo ese si que ten unha boa dedicación exclusiva, á conta de Buyo e outros coma el- os fillos adoptivos serán o CURA RAPOSO e MENDEZ de Caixa Galicia.

nolo disse...

Encántame este blog, en vez de valorar os seus resultados fan oposición votándolle en cara os partidos que van a governar agora as cousas que eles non fixeron, dame vergoña o BNG eumés¡
Se non fan algo desde o partido para cambiar os candidatos este partido logo desaparecerá en Pontedeume

Anónimo disse...

Así sexa, que desapareza o BNG en Pontedeume.
Antes de criticar, mirade para o voso ombligo, que tedes moita merda ahí gardada (e iso é antihixiénico).
Non soubéchedes nin gobernar nin perder!
Qué pouca vergonza tedes! AUTOCRÍTICA XA! Que pareciades mesmo Emperadores!

votante voso defraudado disse...

Sodes patéticos, como puiden estar tan cego?. Non só non soubestes gobernar senón que agora non sabedes perder. Facede caso aos que vos pedimos que non busquedes culpables máis que en vós mesmos.
E por favor se queredes afundirvos na merda facedeo sen levar convosco ao partido.

Anónimo disse...

Non vos preocupedes: agora van facer prontiño as beirarrúas, solucionar os problemas e o caos de tráfico, os aparcamentos con pequenas e grandes solucións, facer un Concello máis seguro, ter o Plan Xeral pasado mañá, un plan integral para a xuventude, van abrirlle expediente e botar aos mantas que traballan no Concello... E moitas máis cousas que imos ir vendo

Anónimo disse...

Lamentable este blog

manuel disse...

Alucinante. A isto se lle chama facer unha estupenda valoración crítica dos resultados: Primeiro, fáltavos coraxe para decir, non que fora mala a negociación do pacto en 2003, senon que algún de vós empeñouse en asumir a concellería de urbanismo co resultado que todos coñecedes. Segundo, nada de misticismo contemplativo con respecto á área de servizos, senon pacto dun vergoñento acordo con ese impresentable a quen lle entregáchedes en bandexa dita concellería, a sabendas das súas malas artes, so para evitar que o PP chegara ao poder e coa inxenua pretensión de controlalo, cando o certo é que é máis listo ca vós. Terceiro, deixádevos de perífrasis estilo coe (toda a problemática derivada da situación urbanística e da súa xestión). Houbo unha lamentable xestión deste área, como algúns de vós (e nunca de forma aberta) recoñecíchedes. Permitíchedes e, o que é máis grave, fomentáchedes un urbanismo feito ao gusto de certos promotores. Mentíchedes cando acusáchedes a Fusquenlla de crítica destructiva e de ocultar oscuros intereses. Difundíchedes infundios sobre a súa xente e nunca tivéchedes a honradez
-sabéndoo- de que estabades equivocados.

fóra tsunami disse...

Se de verdade hai aqui militantes do BNG tan descontentos co que se fixo, por que non foron a expoñer todas as boas ideas que teñen (botar a Rei, Salorio e mesmo a Paco Rodríguez)ás reunións do partido? Que pasa, que ali teñen que dar a cara e aqui poden asinar cun anónimo? Pero bueno, a maioría dos que aqui asinan son militantes do PP e COE que, a falta dun blog do seu partido, veñen a desfogarse aqui. Por certo, cando se acusa a alguén de ser un corrupto, de deixarse comprar cun piso, haino que probar. Pero ti conta mentiras que algo sempre queda.

Anónimo disse...

supoño que a xente que é votante habitual do BNG, pero non está afiliada para tí non ten ningún valor

Anónimo disse...

vos seguide así, tirando balóns para fora, xa veredes que ben nos vai a todos

Anónimo disse...

os votantes habituais do bng, ademais do blog, tiveron a oportunidade de expresar o seu apoio ou o seu malestar o día das eleccións e asi o fixeron. Eu votei bng e non me conectei ao día seguinte ao blog do partido a pedir cabezas (moitos pedirían cabezas aínda que gañaráramos as eleccións).Os votantes habituais do bng que piden cabezas ao día seguinte das eleccións son os resentidos (vai ti saber por que)que sempre pensan que eles sempre o terían feito mellor, e iso ben merece un paseo polo local do bng. Por certo, canto á "corrupción no eido do urbanismo" tan repetida neste blog, penso que o responsable de urbanismo é o señor Tino Regueiro, a quen por certo ninguén menciona.

Anónimo disse...

Pero acaso Tino regueiro non é o representante do BNG no concello?
Como se lle pode cargar toda a responsabilidade agora cando nunca dixeron dende o BNG que este señor(?)non tiña nada que ver con eles. Corríxome, dixérono unha semana antes das eleccións, cando as 207 semanas anteriores si pertencía ao BNG

votante puteado disse...

ah, moi ben, ousexa que os que pensamos que as cousas non se fixeron ben e reclamamos unha renovación no BNG local somos "uns resentidos (vai ti saber por que)"
o dito antes, seguide así e nas próximas eleccións o BNG en troques de 2 sacará 1, ou cero,...

Anónimo disse...

Un consello ao BNG organización (aínda que aquí máis parece que desafogan o PP e o COE que nínguén): moito sentidiño cando escolle as persoas que van ser cargos públicos da súa organización. Sei de concelleiros e exconcelleiros que se aplicaron ben nestas eleccións en facer campaña contra o BNG. E non é só Regueiro, que podía estar doído por non levalo na lista; é tamén Piñeiro e as súas amistades. Dous, pero suficientes para sacarlle o 3º ao BNG...Explicádemo: son afiliados, cotizan no partido?

Anónimo disse...

Non o conocedes ben, Rei é capaz do que se di aquí e de moito máis. Seguro que "comprou" piso na de D. Pablo, ha de ter un baixo en "mirando el mar", outro piso na que vai facer Gerpu, e terá un chalé ou dous na urbanización das Anduriñas el ou as súas cuñadas. Ah, olvidábame, proximamente o veredes entrar no pelotazo urbanístico de EINSA. Hai que baixalo á realidade XA, polo ben dos eumeses.

Anónimo disse...

Pero como se poden decir tantas barbaridades en só 9 liñas. Dende logo hai xente que non ten que facer. Fai falla ser miserable para soltar tales mentiras sen ningunha proba.

Anónimo disse...

Piñeiro é só afiliado cando se trata de escoller cabeza de lista. Onde estaba o día das eleccións?

fóra tsunami disse...

Foron os afiliados do bng os que elaboraron a lista para estas eleccións e a eles lles corresponde a súa renovación. É moi cómodo e oportunista criticar e facer o discurso nun blog onde non se dá a cara. Pois dicirlle ao votante puteado que non se ven igual as cousas desde dentro que desde fóra, e hai algúns que só se empeñan en ver a merda, algo esperable dos votantes pp-coe pero non dun votante bng. E vaia por diante que eu non son afiliado. Que haxa discrepancias sobre como se levaron a cabo certas cousas non quere dicir que todo o que fixeron os representantes do bng no governo estivera mal.

Anónimo disse...

O que tiña un piso comprado na casa de D. Pablo é Regueiro, digo tiña porque agora non sei si o deixaria cando se levantou o escandalo ou o pasaria a un parente, ainda que o dubido, saiulle o tiro pola culata despois de tanto defender esa merda a capa e espada.

Anónimo disse...

Outra burrada, si se fai caso ao que din algúns habría xente con mais pisos que Amancio Ortega.

votante puteado disse...

eu non vexo só a merda, e que a merda non me deixa ver outra cousa porque o cobre todo;
de tódolos xeitos aledame ver que ainda existe a inxenuidade nas persoas, ese valor tan escaso hoxe en día.
o dito, a este ritmo, 1 ou 0

Anónimo disse...

Creo que a merda vai salpicar a todo o mundo. Ou moito me equivoco ou veredes como os que cuspiron tan alto agora lles vai chover o cuspido na cara. Os que convertiron a vida política local nun campo asulagado de merda, agora -aínda que crean que están a salvo- vanse cubrir de merda ata as orellas. Algúns afogarán nela coma porcos. Entramos nunha espiral que vai levar por diante e absorber a todo mundo. A xente normal e válida -sobre todo a válida- non vai querer saber nada da política, e sabemos a quen beneficia esto. Unha proba foron estas eleccións á vista da xente que formaba as candidaturas, salvo honrosas excepcións. E será peor no futuro. Quen vai deixar emporcarse, por moi honrado, por moi convencidoe por moi nobres intencións que teña! A ver quen se salva aquí da maledicencia! Diredes que que son apreciacións pesimistas; pero eu dígovos que non tardaremos en ver aos líderes dos partidos locais clamando por un grande pacto pola dignificación da vida pública. Mal andamos (non sei se pasa tanto esto noutros lugares); pero o que é Pontedeume precisa reflexión e superar a situación. Non vai ser fácil.

Anónimo disse...

Quixera dar os meus parabens a Rei polo boisimos resultados que obtivo nos comicios municipais. Numerosos viciños e viciñas respaldaron co seu voto o seu bo facer. Moitos mais respaldaron co seu boto a sua incompetencia. Pero hai que ser optimistas se despois do mal que o fixo consegue o que consegue, dentro de catro anos, como non vai poder meter a pata vai medrar coma a espuma. E será o proximo alcalde. O que sucede que o bng e unha forza de progreso e vai catro anos por diante dos votantes. Rei vemo nos dentro de catro anos. Non perdas o tren.

Anónimo disse...

onde están os do coe e pp que xe non lles interesa este blog? estarán decidindo se van ser uns asalariados do concello? ao mellor quédalles a conciencia (si a teñen) máis tranquila se lle siguen dando o seu soldo a Raposo.

tucho disse...

Vinte anos de caciques...a tomar polo cu.
O problema que hai na Vila é que non fixéchedes nada non só nesta lexislatura senón en todas.
¿Como o van facer os que veñen? non o sei pero hai que darlles a oportunidade de demostralo e ver como está de contenta a xente...
Eu tiven de profesores a ilustres socialistas da Vila coma o falecido Don Antonio(alias painho) director do colexio de Andrade e non vos podedes imaxinar o que eran as suas clases...un mitín constante do Felipismo e a negación do GAL,Filesa,...era coma na época do meu pai a asignatura da Formación do Espiritu Nacional unha lavadura de cerebro constante a mesma que facedes os Bloqueiros e socialistas profesores...mi ma si fai iso un maestro do PP mátano.
A la a manifestarse e poñer pancartas que é o que sabedes facer..aínda me estou acordando agora dun pleno no veciño concello de miño,cando o señor Abraira, Lider nacionalista de Miño que no da sacado máis dun concellal lle dicía o entonces seu amigo e Alcalde Dr. Maceiras:se hai que organizar unha manifestación organízocha eu que deso sei un mundo.
Ala a traballar para que estes non sexan tan caciques coma os de antes

allegue disse...

pois o único mestre que tiven que falaba de política na clase era de dereitas pechado, así que non sexas tan maniqueo que en todas partes cocen fabas