
Malia ser un mitin moi "madrugador" (a 3 días do inicio da campaña), o acto central do BNG de Pontedeume, celebrado o luns 14 de maio, foi todo un éxito, tanto pola asistencia de público como pola sensación evidente de ser o BNG a forza ganadora das Eleccións. O pobo de Pontedeume abarrotou o Salón de Actos da Casa da Cultura, a antesala e, na maior parte do tempo, as escaleiras de acceso, non cabendo nin unha alma máis. Todos os oradores, até rematar na Conselleira de Vivenda e Solo e no candidato á Alcaldía, transmitiron o convencemento de que se vai abrir unha nova páxina na historia de Pontedeume e avanzar cun alcalde nacionalista á fronte. Incidiuse no impulso das políticas sociais, nas políticas de igualdade, nos avances en ensino público e sanidade. Establecéronse, unha vez máis, compromisos e propostas concretas como o Centro de Día en Andrade, a nova Galescola, o Club Náutico de Piragüismo e Vela, a rehabilitación do Mercado Municipal, etc. Salientamos, dentro dunha total sintonía, a necesidade de avanzar nos traballos do Plan Especial de Protección do Centro Histórico, que se están a iniciar; culminaranse en dous anos. O desenvolvemento de polígonos de vivenda protexida e, especialmente, vivenda para mozos e mozas. A ampliación do solo industrial do Polígono de Vidreiro en máis de douscentos mil metros cadrados, etc.
16 comentários:
JAAJJA Non me fagades rir... habia comida gratis, non?? ou que sorteabades?? un xamón??
O BNG gañando as eleccións... pactando con quenes?? pareceme raroraroraro que ainda gañedes con maioria absoluta non vos xuntedes con chacho e con PSOE. Son moitas falcatruadas feitas todos xuntos... e como non lles toque parte do pastel... van cantar mais co Fari... e pareceme que iades salir moi mal parados.
Equivocome??? pareceme que moito non.
Dignadevos a presentar ante os veciños dfe Nogueirosa o anteproyacto da Galescola, ou polo menos dicir que terreos colledes... cal serian os que quedarian para os veciños, e cales para a Galescola e os locais sociais...
Espero a resposta... XD
A min o que me gustaría é que se explicaran os entresixos do BNG en Pontedeume, cando se fala de transparencia, de claridade, que se informe ao pobo quen dirixe o BNG de Pontedeume e ata onde chega a sua dirección, si se consinte que cada concelleiro vaia polo seu lado, deberian dicilo antes das elección, porque sería interesante para os electores saber que unha vez que saian elexidos os concelleiros do BNG van a ter liberdade absoluta para votar o que queiran ainda que vaian en contra das directrices do partido, eso podería explicar porque na comisión de goberno un concelleiro vota a favor e outro en contra dunha macrourbanización na zona de ber sendo os dous do BNG, onde está a disciplina de partido? por outra banda a min gustaríame que realmente se apostara por unha autentica renovación e non un simple lavado de cara (neste caso unha imposición pola necesidade de paridade e tamén unha defenestración do anterior nº2 e que saleulles rá)non é de recibo que xente que o unico que conqueriu foi que o partido perdese voto e creto político polo seu mal facer siga acaparando os primeiros postos da lista, terriblemente a esta conclusión chegarase despois da debacle electoral e será tarde, terán que pasar outros 4 anos para que as novas xeración (para entonces xa vellas promesas) consigan ocupar eses postos e asumir a responsabilidade de dirixar o BNG de Pontedeume.
Por outra banda do que se falou no mitin, de que a xente se deixe de criticar nas tabernas, eu penso que quizas o lider debería facer maís vida social e baixar desa torre de marfil na que parece que vive e así percibir un pouco máis a sensibilidade social da xente tanto da vila coma a das parroquias, a crítica é fundamental, a autocomplacencia e as reverencias xa llas fan os seus adláteres, cecais necesiten algúen que lles diga que son mortais e que errar é humano.
Sobra decir que o BNG aspira a ter a forza suficiente para gobernar en solitario e levar a cabo o seu programa, de ser necesarios pactos estos faránse en base ao acordo nun programa común que cumpla uns mínimos e sempre co obxetivo de procurar o millor para Pontedeume, nós non imos participar en ningún reparto de ningún pastel.
A estrutura do BNG é moi clara, existe unha asemblea local que elixe unha executiva local cun responsábel local. Pódese decir que a executiva é quen dirixe o BNG, pero tendo en conta que quen manda son os seus afiliados por medio da asemblea.
Claro que o BNG ten disciplina de partido, a cal se ven cumplindo escrupulosamente, outro tema é unha situación puntual producida pola iniciativa dun dos nosos representantes que optou por abandoar dita disciplina e actuar a marxe da organización. Esta situación dase en todos os partidos, e con maior frecuencia e importancia, sin sair do pobo poderíase decir que todo o grupo municipal do PSOE está fora da disciplina de partido ou que o partido avala as súas votacións na comisión a que se fai referencia.
Para finalizar só recordar que o BNG foi o único das tres pincipais formacións que subeu en votos elección tras elección (unha media de 300) o que nos levou de 1 a 3 concelleiros. No BNG esperamos que a xente sepa valorar o traballo feito e volte confiar en nós, si cabe con mais forza, para conseguir que Pontedeume avance. Do mesmo xeito somos conscientes de que houbo erros, e así tense recoñecido, pero dos erros apréndese e estamos convencidos que que temos as ideas e o potencial para darlle o pulo que o noso pobo precisa.
Se Tino Regueiro está fóra da disciplina enton Rei e Salorio están a anos luz .Feitos puntuais por feitos puntuais poderían acabar lixeiramente colorados.Tede un pouco de coidado co que escribides
A xente debeu quedar nas escaleiras porque lle deba vergoña sentarse nunha cadeira.
A organización di: 3.000, a oposición 30
¿Como se mide o éxito dun mitin? Hoxe lin na prensa que o BNG pagaba a xovenes para que asistiran aos mitíns nos que participa Anxo Quintana. A explicación oficial e que diso ocupase unha empresa contratada para a organización dos mitins.
O peculiar da campaña de Rei está en que da a impresión que el nada tivo que ver no governo do concello nos ultimos anos. El deberia saber que non costa o mesmo a peza en vivo, en canal ou o solombo. Polo tanto debe asumir o bo e o malo que se desprende da súa xestión. Primeiro que explique a desafectación do concelleiro e asuma a súa responsabilidade, porque hai catro anos tamen garantizaba o proxecto do bng para Pontedeume. E os outros máis non xustifica os erros cometidos. O éxito medirase o 27 de maio no reconto final. E como xa ten dito alguén hai que medir o que se di porque se pode volver contra un.
Asistiu ao mitín Tino Regueiro? Cando un concelleiro dunha formación rompe a disciplina non debería ser expulsado? Pòdese prometer un urbanismo sostíbel e, ao mesmo tempo, promocionar unha macrourbanización en Ber? Unha política educativa é non saber se as rapazas/es poderán iniciarán o curso nas novas instalacións? ou é manter en estado de miseria as unitarias? unha política dialogante é ter á asociación de comerciantes de unllas? ou é tamén enfrontarse coas AAVV (Andrade, Nogueirosa? ou é ningunear, desprezar, insultar ou insinuar que colectivos que defenden unhas lexítimas reivindicacións esconden "escuros intereses"?, unha formación democrática pode ofender gratuitamente a aqueles que debaten (ás veces encendidamente) nos bares (costumbre profundamente arraigada na vila) ou nos blogs? un partido con ambición de goberno pode ter como representantes a concelleiros que recoñecen que non saben qué cousa votaron?, é autocrítica recoñecer que "cometéronse erros" sin explicar cales ou por qué, sen desculparse ante aqueles que llos fixeron ver sen máis ánimo que correxilos? (véase rehabilitación do mercado), é democrático non ter posto en marcha o comité de participación cidaddá e non consultar nunca ante a cidadanía as súas propostas?, é un candidato válido, formado, intelectualmente preparado un Salorio?, é decente pactar cun delincuente?, pódese permanecer impasible ante as trapacerías do aparellador municipal?, está ben que se presente un candidato imputado?, é ético que familiares próximos recibiran licenzas para construir en zonas non urbanizábeis?, pódese votar alegremente a un candidato triste?, de qué vale un voto cando non vas poder recuperalo ata dentro de catro anos?
Só se sodes capaces de atopar respostas a estas (seguro que quedan centos de elas máis? poderiades arriscaros a votar polo BNG. E neste último caso, qué pouco valor lle concededes ao voso voto
Y A TÍ QUIÉN TE DIJO QUE PENSARAS PARA MI?
Eu faria esas mesmas preguntas cos outros partidos, ou non é arriscado votar a IdP con Chacho e certo empresario local, ou outro recoñecido empresario que vai con TG e que pensa que o concello debe ser unha empresa e non se sabe ben quen debería recoller os beneficios, por non falar do PSOE, xa ninguén se lembra dos esplenderosos anos de xestión de Agustín, e o COE co seu candidato que pretende gobernar con control remoto dende Monforte. Si que hai votos arriscados, pero non sei eu cal será o peor ...
Nunca lembro semellante situación ante unhas eleccións locais. Son 6 listas a 13 candidatos por lista, fan 78 candidatos. Non podo dicir que haxa unha soa persoa preparada para exercer de concelleiro.
Parece que toda a mediocridade déuselle por tomar o concello
ó mellor deberías presentarte, putin, para concelleiro e así romper coa liña de mediocridade
¿¿Hacer más de lo que hizo el BNG??? No me hagais reir.jajaja.
¿Y se puede saber que es lo que hizo por pontedeume? Por que yo la verdad no vi que hiciera nada, ni por pontedeume ni por sus parroquias.
censores
Saludos Manuel Rei en estos días de tantos adornos y letreros propagandísticos acompañados de frases esperanzadoras que nos hacen incluso soñar con un Pontedeume mucho mejor, que nos saque del gran atraso en el que se encuentra comparado incluso con nuestro vecino pueblo de Miño que en los últimos años dio un cambio radical para bien en todos los sentidos, solo basta con ver sus nuevos proyectos para ver que se esta convirtiendo en uno de los municipios más importantes, incluso recibiendo premios de ámbito nacional, hay mucho , muchísimo que hacer, y se que pondréis todo vuestro empeño en ello, cosas insignificantes como una buena recogida de basuras tanto en el pueblo como en parroquias ya que somos las eternas olvidadas (pueden pasar más de 4 días sin pasar el camión de la basura), un parque infantil digno con más juegos para nuestros hijos, y con garantías de seguridad (cadenas de columpios forradas de goma-manguera, contorno de cada atracción su suelo de goma ó caucho, y el suelo por favor que no sea de polvo que nos ponemos perdidos, etc…), dotar a las tres únicas playas que posee Pontedeume Sopazos, Centroña y Ber de unos buenos servicios de acceso, baños y duchas, y buena limpieza ya que son muchos los visitantes que acuden a ellas y no cabe duda que son un buen escaparate para el turismo, dotar a Ber de uno o dos socorristas permanentemente y no solo los fines de semana como viene ocurriendo los últimos años, por que con esta manera de trabajar da la impresión de que el mar solo es traicionero los fines de semana, el acceso a la playa de Ber necesita una solución urgente en vísperas del verano ya que es un caos su acceso, uno de sus accesos debería de ser dirección única, y la otra (Sisto) debería de ser la subida o viceversa, más ayudas a las actividades y clubes del pueblo, según el grado de desplazamientos y divisiones en que se encuentren, no puede ser que el Club Pontumio de baloncesto tenga una aportación escasa para todo el año por parte del Ayuntamiento, siendo campeones de liga y copa. Crear una “mini” ciudad/complejo deportivo donde puedan formarse deportiva y cívicamente nuestros hijos y al Eume campeón de liga, por favor que alguien del Ayuntamiento les haga un recibimiento digno delante de todos los eumeses que lo tienen más que merecido, más zonas ajardinadas y a la vez más cuidadas, el paseo marítimo con al menos el 70% de sus farolas encendidas ya que la zona de Esteiro, y zona paralela al puente de la autopista están todas apagadas y la vuelta a casa de noche para alguna gente es de “acojone”, todas las parroquias comunicadas con aceras (bien cuidadas, sin maleza) el trayecto de Pontedeume a Centroña es un milagro que a día de hoy no se halla cobrado alguna vida, contactar con Diputación para el desbroce inmediato de las malezas que invaden las carreteras y las que pertenecen al pueblo enviar el tractor desbrozador a trabajar que para eso esta, arreglar el problema de abastecimiento de agua potable que padece la zona de Centroña y Boebre en los meses de verano. Mayor contacto con las asociaciones de vecinos, y un contacto directo entre Ayuntamiento y eumeses, pienso que todo esto es posible con poco presupuesto antes de tener un Auditorio que no esta del todo mal, pero antes hay muchas cosas que igual para un Alcalde son insignificantes pero para unos vecinos resultan unos avances importantes para un Pontedeume mucho mejor.
El camino de Pilleiro lo dejamos para otra legislatura, ¿sí te parece? Gracias y un saludo.
P.D.- perdón por escribirte en Galego.
Hola veciños,
a cuestion que deberiamos plantexar é ¿ como nos vai governar un partido politico, o BNG, no que os seus menbros non se coñecen uns a os outros?
Aspirabades a ser forza hexemonica? Caricatura de prepotentes é o que sodes. Xa veredes como acaba gobernando o PP
Enviar um comentário