20-06-2007
Sesión constitutiva da Corporación municipal
Tal e como estaba previsto, o pasado día 16 de xuño, na sesión de constitución da nova Corporación municipal de Pontedeume, saíu elixido alcalde o candidato do PP, grazas ao apoio prestado polo COE. En liñas xerais, o discurso pronunciado polo alcalde Gabriel Torrente, foi ecléctico, de tono menor e cheo de tópicos. Parécenos un grave retroceso -incluso con relación aos tempos de Sardiña- que estivese escrito en español, coa forma españolizada e non oficial de Puentedeume, e unha pronuncia que o delata. Pero aínda é máis grave a concepción folclórica e marxinadora para co galego, relegado ao 20 % final do discurso. Un indicio máis de retroceso evidenciouno a previsible concelleira de Cultura, Ascensión Olarte, que foi a única de toda a Coroporación que elixiu a fórmula de xuramento en español.
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)
57 comentários:
Cando Sarkozy prestou xuramento como novo presidente francés vestía un traxe clásico que en nada favorecía a este pequeno home de orixe centroeuropea. Mentres falaba do xiro que pretendía darlla á polñitica francesa, os ointes non paraban de comparalo coa elegancia do seu antecesor primeiro ministro V. de Villepin; un home alto ataviado cun traxe moderno, modelo "toque informal". A diferencia entrea ámbolos dous mandatarios era evidente e resultaba difícil imaxinar como o pobo francés escollera a tradicional imaxe de Sarkozy.
Ao finalizar a sesión de investidura, os espectadores só sacaron en claro que o futuro de Francia pasaba pola volta ao clasicismo de Pierre Cardín.
Seguramente el actual Alcalde de Pontedeume tendrá dificultades para que su gallego fluya paralelo al manual, aunque él lo habla desde pequeño y de forma habitual,nos pasa a muchos.
Seguramente su fluidez en la oratoria es inferior al de otros más preparados para la política.
Sin embargo sus palabras poco precisas tienen un mensaje clarísimo. TRABAJO,LIMPIEZA Y DEDICACIÓN(quizá eso es lo que hace que le voten a él y no a ti por mucho pico institucional que presentes ).
En cuanto a lo del gallego, yo podría poner aquí nombres y apellidos de personas que jamás lo hablaron y de repente se han hecho nacionalistas y tienen una necesidad imperiosa de normativizarse(suena de coña que queráis dar lecciones siempre).
En cuanto a lo de la dedicación, el trabajo y la limpieza, sólo hay que darse una vueltecita por el pueblo para darse cuenta de que no sabéis de que va la cosa.
Posdata. Creo que una buena oposición es la que ayuda y suma, a mi no me va la del PP en España. Me aterraría ver una oposición del BNG al gobierno local basada en provocar el desgaste y el fracaso en lugar de la ayuda a conseguir un pueblo mejor que redundaría en todos. Dad ejemplo ya que otros no supieron y ya que os presumís tan inteligentes.
"Seguramente el actual Alcalde de Pontedeume tendrá dificultades para que su gallego fluya paralelo al manual, aunque él lo habla desde pequeño y de forma habitual,nos pasa a muchos"
o galego é galego, non ten que ser sacado de ningún manual (senon escoita a Touriño, iso si que é un horror). Se como dis tí o falou dende pequeno, ¿por que agora non o fai? ¿vergoña? ¿pensa que está ben para falar cos mariñeiros ou na tasca, pero non no concello? por favor...
en canto ao do discurso "ecléctico", ¿realmente sabiades o que queríades dicir? un pouco de sentidiño ao facer as críticas, por deus!
No hombre, en realidad habló en castellano para que le entendiesen todos esos madrileños que vendrán gracias a vuestros trejemanejes urbanísticos,los que compraron en el mamotreto y en la macroubanización de Ber, Nogueirosa, etc.
O que de verdade é patético é ler como o Nº 1 do COE xa se desdi, dicindo que él no escribía os panfletos cando a periodista lle recorda que estiveron 4 anos criticando os soldos dos "asalariados políticos" e agora chegan eles e fan o mesmo. Non tardaron moito en quitar a careta.
jaaja
E que me parto con vós, que pasa vos jode, que UN MARIÑEIRO,sexa quen vos Goberne, a vós, persoas tan cultas e intelectuais, si na vosa vida falachedes Galego, o do pobo, nono o normativo.
O que dí que Puentedeume non é oficial, que pasa resulta que agora vades falar vós de legalidades, agora se verá toda a merda que tiñades no concello.
Por certo, seguimos a falar de cousas " legais", porque cando fixechedes a vosa festa de DESPEDIDA, nunca mellor dito, as bandeiras que colgachedes non eran precisamente Legais,Constitucionais ¿ou Si?
Como vós facedes todo Ben e sodes tan listos...
Ben
Eu non son nacionalista. (Paréceme que o nacionalismop era bo no século XIX)
Partindo de esta premisa pareceume unha provocación propia de Paco Vázquez que o sr. alcalde dixera CATRO veces PUENTEdeume no seu discurso. Pero diso a dicir que só o 20% do seu discurso foi en galego é un pouco inxusto. Eu creo que foi un riguroso 50%.
Aclaro non son votante nin do PP nin do Coe, nin do BNG, nin do PSOE, nin do IP.
Ah, tampouco de TG
Unha lástima de política local. Que mágoa!!
Espero me perdoen o meu Galego, xa que acá en Argentina non se fala moito.
Non estou de acordo con o comentario de Evaristo, xa que o candidato de TG houbera sido fashion para o pobo, tería habido sempre festa.
Apertas dende Argentina.
no mitin do BNG non había bandeiras oficiais, so había a bandeira que identifica a esa forza política.
Dúas dedicacións exclusivas. Belarmino antes de cobrar a exclusividade estivo 16 anos no posto, Manuel Rei catro, estes do pp+coe unha semana (sen comentarios)
O da concellería de cultura é unha broma, o igual que as opinións do tenente alcalde co gallo do personal de servizos sociais (dí que son moitos pero nin a concelleira do ramo, nin o señor alcalde saben o traballo que desenrolan, cando menos informarse nonsi?)
Para Dinis: Se desenrola o que se enrola: Desenrolamos o pano da mesa pero desenvolvemos o plano xeral de urbanismo.
Muy curiosas las fotografías de la constitución (que palabra más bonita) de la nueva corporación municipal.
Si os fijais bien hay hasta una concejala que juó o prometió su cargo con su mano sobre la mesa, no sobre la constitución.... debió pernsar que lo mejor era tocar madera.
Muy esclarecedora la entrevista a la Opinión de A Coruña, de nuestro teniente de Alcalde... no... si yo nunca escribí eso de los sueldos... eso lo harían otros... Pronto empiezan las ratas a abandonar el barco. Hay un viejo dicho -me gustaría decirlo en latín- que dice "escusas pedidas pecado confesado". Si os dais cuenta en la misma entrevista se dice más o menos que.... habrá que mirar eso de que haya tanta gente en Servicios Sociales y si se justifica... de modo que aviso a los navegantes... por algo alguna ya tocaba madera.
Gustame falar galego, pero me gustaría mucho más saber falar en galego, y hasta dode se, nuestro ya alcalde ben sabe falar en galego, y si no al tiempo. Mágoa que teña que levar a equipaxe que leva. Como bo mariño saberá que ten que facer coas rémoras.
(a propósito de lo de la madera, me pregunto yo, si ese juramento fuera de la constitución, será legal o habrá que impugnarlo y que se repita).
Dejad que se desarrollen y por sus frutos los conoceréis.
Suerte
Olga
Ó máis puro estilo galego, e empregando o idioma de Rosalía e de Castelao, a ver se entendedes de unha vez que Pontedeume vos mandou a rascar o carallo.
Si, a vós mandouvos bastantes veces nas últimas lexilaturas, e havos de volver a mandar. Tempo ao tempo. Que para gobernar non basta con escribir panfletiños e logo desdecirse ou decir que os do bloque son todos uns ladróns.Dálle un pouquiño máis á neurona que sempre fas o mesmo comentario.
Eun non son do BNG e ir a oposición non é ir a ningún carallo. Na oposisión hai un traballo que facer que nin o COE nin o PP souberon ou quixeron facer, dame medo pensar que van facer no goberno. Os resentidos de sempre parece que ainda non se enteraron que gañaron as eleccións, que si oh que gañachedes!, disfrutadeo e deixadede de dar a vara. Agora ben, ídevos preparando porque non é que empezarades mal e que non sabedes nin onde estades, ... y el verano ya llegó, ya llegó.....
¿Non sabedes nin onde estades?.
Si home, si,o saben, foi chegar ao concello e déronse perfectamente conta da desfeita en que deichades o pobo e a cantidade de cousas a mellorar e amañar.
Tamén déronse conta do estado das ruas, da deixadez das parroquias, dos xardíns, do paseo marítimo, a falta de regulación dos espazos públicos, a insuficiencia de moitos servicios, a laboura dos vosos funcionarios á carta, a falta de dedicación, pero claro, falábades galego de carallo na intimidade vos e máis Belarmino. Por iso o pobo estaba "contentísimo" coa limpeza dos contenedores, casa de don Pablo, as listas fraude para asignar gardería,a construcción dun montón de casas ilegais, o mamotreto e mamotretos subsiguintes, as famoisas aceras que esperamos dende o primer panfleto electoral ata o último(20 aniños non é moita espera)etc.
Saben onde se meteron, saben como está todo, e vivirán un tempo votando as mans á cabeza, normal, un furacán pasou polo concello e estableceuse demasiado tempo.
Sinto moito que vos sentara tan mal a pérdida de votos,pero como sigades mostrando tanta insensatez e testarudez, ides desaparecer, ou caeredes tan mal que non ides sacar votos nin de vós.
a min, que non son do BNG, non me fode que un mariñeiro goberne en Pontedeume, pero si que me da vergoña que arrenegue do que é nada máis pisar o concello.
por outra parte non sei que bandeiras colgaban no mitín do BNG, pero iso é o mesmo porque era un acto de partido, non oficial.
Facédesme moita gracia tódolos peperos e coistas que vides aquí a insultar, ¿non tedes xa os vosos foros? ¿ou é que por alí non pasa ninguén e son moi aburridos?
veña, a mamar a Cabría!!!
Los blogs son abiertos para la discusión, el debate y el encuentro de diferentes formas de pensar. Que este sea del Psoe, del bloque o del Pp a mi me da lo mismo, entro y opino de lo que leo.
Rey Xordo, quizá, el que de verdad sobra aquí eres tú por fanático. Léete la definición de fascista.
Idioma español, ignorante administrador, é calquera dos oficiais que se falan no estado español, incluido por suposto o galego. De tal maneira que tamén se debe considerar español calquera persoa de calquera das nacións, nacionalidades, rexións ou tribos que conforman este Estado plurinacional.
pois iso, os blogs son para opinar, criticar, explicar... non para insultar, porque iso de facelo anónimamente non se pode calificar de fascista, máis ben de cobarde, así que...
A MAMAR A CABRÍA!
e ademáis é Roi Xordo, non Rey Xordo, ignorante do carallo!
isto último e para poñerme á túa altura, non te acostumes
ah, esquecíame, ¿son un fanático por pedir que non se insulte? así vai o país, cada un toca a frauta que mellor lle sona!
o galego é galego, non español! pregunta se queres en calquera lado que entenden por español e entérate, listillo, que es un listillo!
Rey Xordo:
Igual te vendría a ti bien ir a Cabría a mamar. Un aporte de calcio le sentaría de maravilla a tu cerebro.
¿calcio para o cerebro? ben se ve que ti careces do que falas.
un saudo e por favor: deixa de amolar e vaille dar vivas ao teu amo
En vez de decir tantas pijadas poderiades facer unha declaración oficial da visita institucional de Rei onte aos xulgados. Por certo que pagaron o taxi a medias Rei e Vilariño.
E de que queres que falemos? do taxi? Por certo ao anónimo das profecías dicirlle que non imos desaparecer, xa quixeras ti,senón que imos estar facendo oposición pero sin panfletiños que non nos fan falta. Estar na oposición xa sabemos o que é e iso é algo que aínda non aprenderon os que agora están no goberno. E a casa de don pablo si pero primeiro e antes de repetilo tanto, que é o único argumento que tes, fai unha retrospectiva dos anos do pp no concello de 'puentedeume', e cóntame outra.
Recollo unha noticia aparecida hoxe na páxina de Fusquenlla. Creo que o BNG debería informar sobre isto. A nova di:
Onte declararon no xulgado de Betanzos Manuel Rei e Agustín Vilariño. O motivo desta comparecencia ante o xuíz hai que buscala nas licenzas concedidas en Nogueirosa cando Vilariño era concelleiro de urbanismo. Naqel intre o alcalde delegara na comisión de goberno, á que pertencía Manuel Rei, a concesión de licenzas urbanísticas.
Como xa se informou no seu día, dúas destas licenzas xa foron anuladas polo xulgado. A Fiscalía imputou nun delito de prevaricación aos responsabeis da comisión de goberno.
Unha das vivendas pertence aos propietarios de Construeume, unha empresa que construíu un gran número de vivendas hoxe paralizadas pola Administración. Esta licenza foi outorgada en Maio do 2002 e nela o aparellador municipal Manuel Valiente emitía un informe favorábel á concesión, facendo constar que se emprazaba en "zona de protección costeira"
A consellaría de Política Territorial emitíu decretos ordenando paralizar as obras denunciadas, mais o Concello de Pontedeume ignorou estes requerimentos. Para afondar aínda mais no problema, os propietarios foron aleccionados dende a institución local para que declarasen as vivendas como de uso agropecuario.
Tamén é mala sorte. Primeiro os malos resultados electorais apartano do goberno municipal e agora inicia o seu traballo a maquinaria xudicial. A xustiza neste pais vai lenta pero vaie fora do poder, ainda que sexa municipal, pode chegar mais rápida para atropellarte. Manuel Rei cada día o ten mais negro. Nunha primeira analise e dende o goberno municipal poderian facer recaer toda a responsabilidade no técnico municipal. Hoxe a xustiza da un paso mais e volve sobre os concelleiros. Xa non as teñen todas consigo. O abogado teno mais doado. O profesor non. Sorte Rei. Vala neceitar.
Yo soy de pontedeume y no me molesto para nada que el discurso fuera en castellano, porque para mi tb es mi lengua, sois unos cerrados del gallego pufff normal que os sacaran del ayuntamiento.
era Manuel Rei en 2002 concelleiro de urbanismo ou alcalde? si Manuel Rei é o responsable desas licencias, porqué non está imputado en ningún delito?
Manuel Rei só estivo procesado en dúas ocasións: no asunto da placa de Don Manuel en Perbes, e no desaloxo dunha veciña de pontedeume o tratar de impedir dito desaloxo, en ambolosdous casos foi absolto
Está ben recordar esas cousas, porque no 2002 o concellal de urbanismo era Vilariño e o alcaldde Belarmino, que eu sepa ningún do BNG.
A concesión de licenzas era competencia da comisión de goberno e nesta estaba Manuel Rei e Vilariño. Ámbolos dous, polo tanto, responsabeis.
O final, as ruas estaban mal porque chacho non traballaba, os chalets denunciados son ilegais pero Belarmino era o alcalde, os mamotretos, etc creceron dunha rareza normativa e un desazón psicolóxico, o plan foi unha merda porque Tino estaba abducido por entes perversos alleos ó BNG,etc etc, vos pasábades por alí e firmábades o que vos poñían diante... pobriños¡¡¡
Sodes uns xetas de carallo, ASUMID ERROS DUNHA PEÑETEIRA VEZ.
Vai sendo hora de que esta organización se sitúe onde debe, na oposición. Polos comentarios lidos semella que a xente segue pensando que estades no poder, e vós aínda xustificándoos polo mal goberno. Hai un proceso habitual en toda organización política que atravesa unha crise de descrédito que se chama autocrítica. Como sodes nacionalistas e moi pouco marxistas, aínda non entendiches ben en qué consiste. Unha vez apurado este vaso amargo (asunción de responsabilidades, acercamento á cidadanía, novas caras, nova liña política,..) hai que poñerse a facer oposición, porque se ides a repetir na oposición a mesma actitude que adoptáchedes no poder estes últimos anos, xa podedes dar por acabado o traballo de liquidación do bng local.
O do BNG é cando menos alucinante, tedes tal grao de soberbia que sodes incapaces de recoñecer que vos equivocachedes. Non chegou con perder o goberno, ainda queredes facer comulgar aos veciños con rodas de muiño. Todo é unha negación da realidade, levades anos agochando unha terrible desfeita, e non me vale ningunha excusa, o de Valiente xa o sabiades, vos mesmos falades da etapa de Sardiña. Esta é a segunda vez que chaman a Rei a declarar por ilegalides urbanisticas e ainda así non reconocedes os erros. O problema do BNG (local) esta en que perdichedes totalmente o respecto aos veciños.
Por outro lado, gustariame saber o que estades facendo na oposición, ainda que supoño que basicamente estar calados e rogar porque os do goberno actual non levanten moito os papeis negros que deixachedes no concello, porque de eso si que hai moito que ventilar, a duda que teño é que os de agora sexan quen de facelo.
A xente nunca está contenta, e iso está ben, o BNG (local) xa recoñeceu os seus erros e xa os pagou, está na oposición e comezando a traballar onde o pobo os colocou. E polo que parece xa empezou antes mesmo que o actual goberno. Esas amezas de ventilación soan a cantinela de sempre, quenes van ter que explicar moito e moi ben son os que levan 8 anos dicindo unha cousa e agora van ter que facer a contraria, pode ser moi divertido. Eu pasaría a preocuparme mais polo actual goberno e as súas actuacións, xa o dixo alguén nun comentario anterior, xa está, xa non goberna a esquerda, xa tedes ahí a dereita, que pasa, xa non tedes a quen queixaros ?.....
Pero como que xa recoñecedes os vosos erros, si ainda estades en:
"era Manuel Rei en 2002 concelleiro de urbanismo ou alcalde? si Manuel Rei é o responsable desas licencias, porqué non está imputado en ningún delito?".
Pero como podedes ter tanta caradura cando en Xunio pasado Rei foi chamado como imputado polas primeiras vivendas ilegais en Nogueirosa, e agora o volveu a declarar de novo ante o xuiz.
O malo de ter perdido as eleccions é que a xustiza vai seguir facendo o seu traballo e agora alguns non vai ter o respaldo do morruncho público.
testemuña é diferente a imputado, nonsí?
aquí o que importa os veciños é a actuación do governo, ou é que o governo non actúa?
Agora dirán que están tapando a desfeita anterior, que non hai por onde coller o concello etc,pero....non hai interventor?, non hai secretario?, non hai consello de contas?, que se deixen de disculpas e governen, que para iso están ahí
No ví ni oì el discurso del señor Gabriel Torrente, pero tanto me da en castellano que en gallego pues en mayor o menor medida todos los del pueblo entendemos los dos idiomas,o es que ahora aquellos que años atrás llamaban aldeanos a los de las parroquias ahora sólo entienden el gallego, conocer lenguas es cultura y en cuanto al discurso , lo importante es el contenido y que se cumpla todo lo dicho y que el contenido dé que hablar y opinar, lo demás es perder el tiempo.
Ainda despois das eleccións siguen mintindo, Manolo Rei NON ESTÁ imputado en ningún delito, o de algúns xa non ten nome. Ademais iso agora lle importará ao BNG e a Rei, teñen razón os que din que veñen problemas mais importantes polos que preocuparse, o conto do BNG acabouse, é unha nova etapa e xa veremos si peor ou millor.
Manolo Rei SI ESTA IMPUTADO, según a nova de La Voz de Galicia de data 7 de xuño de 2007. Están todos imputados (tal e como contempla a lei) comezando por Belarmino e toda a comisión de goberno entre os que está Rei, rematando polo constructor e o propietario da vivenda. Deixade de mentir, a nova esta na hemeroteca.
Non te preocupes tanto por esta nova etapa, que cando empecen a meter a patiña xa se lles atacará, os primeiros vades ser vos por suposto.
Si home, como para facerlle caso á Voz
PERO O VOSO ANTIGO SOCIO O FRANQUISTA MANUEL AGRAS XA VOS VALE PORQUE FALABA GALEGO?
hablais de lo que no sabeis, para empezar gabriel torrente no se olvida de lo que fue y sigue siendo porque el es marinero y siempre lo sera, tiene un barco por el que tb mira y una gente a la que le da trabajo en su barco y nunca los dejo desamparados. Los que lo criticais a ver si mirais dentro de bustras casas que seguro que soys los que mas críticas tendriais que tener.
facede unha oposición como é debido, non vos centredes en tonterías....
repito que me parece unha perda do precioso tempo de peperos e coistas o pasar continuamente por eiquí a insultar, ¿por qué mellor non ides aos vosos foros a discutir sobre os logos, os soldos, etc? e se vides ao blog do BNG aportade algo, porque algúns temas e algúns xeitos xa cheiran, non?
Eu agradecería aos ppeistas e coistas que coidaran un mínimo a ortografía e a gramática, porque hai algúns comentarios que fan dano a vista, sen ningún tipo de acritude (como decía o outro).
Roi xordo, esa e a diferencia entre ti e nós, porque nós deixamosche opinar nos nosos foros pero ti sen embargo nos queres impedir a nosa libertade de expresión.
Este é un foro libre, e si se fundan acusacións que son falsas, ¿qué queres? ¿qué nos quedemos caladiños?, pois vas listo....
O anónimo que dixo que cuidarase a ortografía, nnon todo o mundo ten a tua sabiduría, nin os estudos que ti tes, pero non por iso súa opinión vale menos ca túa.
Saudos
a diferenza entre ti e nos?
¿pero quenes sodes vos? dádevos a coñecer, polo menos saberemos quen insulta por insultar se aportar ren.
Insistes na túa versión maniquea do asunto (que son pouco demócrata, que este é un foro aberto, etc).
Eu só pido que o que veña eiquí aporte algo, crítica ou loa, pero algo, non asinar cun anónimo, insultar e ala, ti fala que algo queda.
un pouco de sentidiño!
Ao final vai ser que si estás xordo como unha verdadeira tapia. menuda mamonada.
¿Cal é a diferencia hai entre poñerse rei xordo, cogumelo, fendetestas ou anónimo?.
O principal é que aceptes que eiquí entra quen quere, e di o que lle da a gana tanto sexa pra vos criticar ou o dar ánimos, que falta vos fai que andades morcillóns.
"tanto sexa para vos criticar"
outra vez mesturando o cu coas témporas, ¿para vos criticar? ¿a quen, a min? hai que me da a risa...
non só non pertenzo ao bng, senón que fun unha das persoas máis críticas coa súa xestión nestes últimos anos, só que o do insulto polo insulto non é o meu estilo.
¿xordo como unha tapia? ao mellor, pero outros son xordos, cegos, eivados...
un consello: agora que tendes moito tempo libre dende que non sacades panfleto, facede un pouco de deporte que vos está a sair barriga!
o comentario anterior é meu, coa emoción esquecín asinar
Roi xordo fainos o favor e cambia o teu apodo por: personaxe, grazas.
tomo nota! e ti podes trocar o teu, de anónimo a anodino, grazas
Moi interesante este blog. Como os anfitrións
Recollido do blog "Pontedeume, retrato dunha vila"
Buscando nas hemerotecas un pode percibir como o devir histórico reinterpreta as noticias que no pasado adquirían visos de credibilidade.
Lido en La Opinión en decembro do 2006:
El grupo municipal del BNG en el Ayuntamiento de Pontedeume ha negado que el futuro Plan General de Ordenación Municipal (PGOM) favorezca los intereses de las grandes constructoras para crear "enormes e innecesarias urbanizaciones". Los nacionalistas han considerado necesario salir al paso de las críticas realizadas por el colectivo Fusquenlla, así como por varias asociaciones de vecinos, contra la política desarrollada por el departamento eumés de Urbanismo, que dirige el nacionalista Celestino Regueiro. El BNG ya ha iniciado contactos con las entidades vecinales con la intención de "aclarar una serie de cuestiones".
Desde el BNG aseguran que el avance del plan urbanístico eumés no desatiende a los núcleos de población tradicionales ni favorece las grandes urbanizaciones. "Faltan a la verdad [Fusquenlla y las entidades vecinales], están desinformando o simplemente quieren confundir a la opinión pública. De acuerdo con la Lei 9/2002 en la totalidad de núcleos rurales se prevé la expansión en un radio de 200 metros. Frente a lo que se asegura, no se recogen macrourbanizaciones ni campos de golf, ni se pretende favorecer ninguna especie de saturación o colapso urbanístico", recalcan los nacionalistas.
Los nacionalistas indican, finalmente, que no pueden compartir la "obsesión de los que consideran, a través de la crítica destructiva, a Pontedeume como un punto negro dentro del litoral". "Consideramos que hay un futuro urbanístico esperanzador porque estamos a tiempo de evitar los errores que se cometieron aquí o en otros lugares del entorno", concluye el BNG.
Pois ben, o plano de urbanismo foi rexeitado pola Xunta de Galiza, dándolle a razón aos colectivos antes mencionados. As razóns: aumento excesivo do chan urbanizábel, falta de proteccción de zonas do litoral ou con valor paisaxístico, etc.
A verdade. Sempre prostituida polo poder para enmudecer aos críticos. Curiosamente é unha artimaña que surte efecto nun primeiro momento. Co paso do tempo, a historia coloca a verdade no seu lugar e desterra ao fraude. Nos últimos tempos houbo casos escandalosos de mentiras espalladas polo poder, mentiras que logo se tornaron en contra deste:armas de destrución masiva, atentado do 11-M, etc.
Unha lección mal aprendida polos dirixentes locais do Bloque Nacionalista Galego lévalles a perder as eleccións do pasado 27 de maio. Adecuar a realidade ás necesidades dos políticos parécelles a única forma de sustentarse no poder. Esta realidade pode ser terxiversada, nos casos máis sutís, ou simplemente reinventada polos máis desvergonzados. Esta última opción é a predominante en Pontedeume. E tamén a que máis facilmente deixa ao descuberto a auténtica verdade.
Cren os politicos que a súa palabra nunca será cuestionada pola plebe, incapaz esta de dilucidar sobre o ben e o mal. Segundo erro da clase dirixente: menosprezar a capacidade dos gobernados para interpretar os feitos que acontecen. Dous grandes pecados da clase política eumesa: a burda mentira e a soberbia.
Recollemos da Plataforma Ártabra 21:
Onte unha delegación do Comité Cidadán de Emerxencia, no transcurso dun acto partidario na Praza do Hino Galego en Ferrol, solicitoulle ao Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, unha entrevista, entregandolle un escrito con exaustiva información sobre a situación actual da regasificadora de REGANOSA. O Vice, non foi non estivo moi receptivo, disculpandose pola falta de tempo para antender as demandas cidadáns, às que dedicou apenas 3 segundos do seu valioso tempo. Ainda non se deu conta de que o BNG, perdeu 6.139 votos só na cidade de Ferrol, na última contenda eleitoral do pasado 27 de maio [de 9.458 votos - o 22,63%- que tivo nas municipais de 2003, pasou agora a 3.219 votos -o 8,78%-], principalmente por non atender as demandas cidadáns, case a totalidade deses 6.139 votantes que non lle renovaron a súa confianza á forza política na que milita o Vice. Mais que lección tiraron destes resultados ? Quo vadis BNG ?
____
o permanente escoramento do BNG cara o centro político é alarmante, así como o seu gosto por obter o poder só polo pracer de telo, tentando adaptar incluso a súa organización ao servizo do funcionamento da Xunta da Galiza; a debacle, anunciada fai tempo, semella imparábel; mentres, milleiros de cidadáns galegos quedan orfos de representación política pola deriva dunha fronte que abandonou por completo o seu compromiso marxista e a favor da autodeterminación do país. a estas alturas nos imos adicar a pedir estatutos? por favor!
Es evidente que no veis más allá de vuestras propias mentiras, pero os recuerdo que entre los concejales vuestros y de vuestro partido hay castellano-parlantes,cosa que no os importó ,pero como ahora viene de otro partido que os molesta que gobierne más que otros la cosa cambia.
Que el gallego es nuesro idiomma lo demostrais todos los dias cuando la Xunta hace exámenes para diversos puestos, ya que en vez de decir"se valorará los conocimientos de español" decimos que habrá examen de gallego.¿me lo podeis explicar ?
¡Que los tiempos de Franco ya pasaron y no os enterasteis!¡DEMÓCRATAS!
Enviar um comentário