15/08/07

Asuntos levados polo BNG ao primeiro Pleno ordinario do Concello

1) Rogo para que se invite, por medio de saúda da Alcaldía, tal e como sempre se fixo, a concelleiros/-as, e directivos de entidades sociais, sempre que exista un acto institucional. Non se fixo no curso da UDC sobre Igualdade nin no Gurméndez; todo apunta a que o Alcalde non quere que o escoite moita xente.

2) Agradecemento público pola colocación de bandeiras de Galiza co gallo do Dia da Patria; pero bótase en falta o acto institucional que é habitual na maioría dos Concellos.

3) Rogo para que se limpe periodicamente a marquesina dos autobuses, pois corresponde o mantemento da mesma ao Concello e parece un panel anunciador, dando unha mala imaxa.

4) Posta ao corrente ao novo Goberno de que debe contactar coa empresa Cuíña, adxudicataria do pavimentado do camiño das Pedridas, para que remate o enlace coa N-651; estaba á espera dun permiso da Demarcación de Estradas e dunhas indicacións para arranxar o socavón alí existente.

5) Insistencia en que se coloque a ducha da praia de Centroña, única sen ela a fins de xullo e para que se desbroce a baixada canto antes.

6)Pregunta polo paradeiro dos seis ordenadores que se retiraron da Sala de información Xuvenil e que -segundo parece- foron parar, algúns deles, aos despachos dos concelleiros. Segundo o Convenio suscrito coa Dirección Xeral de Xuventude os ordenadores estaban destinados ao acceso da mocidade a internet. Considérase unha falta de respecto, ademais dun feito grave que pode acarrexar consecuencias negativas para os interese municipais.

7)Pregunta polo Servizo paralelo de recollida de lixo, adxudicado a unha empresa, os fins de semana de xullo, agosto e setembro (?) por 12.000 €, utilizando os camións do Concello. Considérase un parche e unha solución en falso; non se observou esforzo por reorganizar o Servizo.

8)Pregunta polo procedemento de adxudicación de varios pavimentados, feitos a maiores das obras do POS, sen partida orzamentaria, sen proposta de gasto..., apuntando todos os feitos a que se fixo descaradamente a dedo. O BNG esixirá memorias técnicas ao respecto.
9) Pregunta pola utilización da zona adxacente á Polideportiva de Centroña (terreos de cesión municipal) para aparcamento de buses.

1 comentários:

nngg disse...

http://ppdepontedeume2007.blogspot.com/2007/08/distintos.html

¿¿ Distintos ??