Ofrecemos un resume da intervención do Portavoz do BNG no Pleno de hoxe, no que se rexeitaron as 3 dedicacións exclusivas propostas pola Alcaldía:
"No BNG somos partidarios da dedicación municipal e somos partidarios dunha regulación legal que fixe criterios claros para os diferentes tipos de Concellos.
Pero queremos recordar que este asunto foi no noso Concello obxecto de manipulación interesada e partidista. E o PP ten unha grande responsabilidade en que se asuma como algo normal por parte da cidadanía, xa non digamos o grupo do COE que, a pesar do criticado, agora xa pasaba por dúas dedicacións.
Queremos recordar tamén a postura contraria do PP, no Pleno de xullo de 2003, en boca do Sr. Sardiña, daquela Portavoz, que veu a recoñecer o traballo e a boa xestión do Portavoz do BNG entre 1999 e 2003, pero que se trataba de algo innecesario, pois era unha liberación para o partido. Cómpre recordar que o BNG gobernou áreas do Concello desde o ano 95 ao 2003 sen dedicación exclusiva.
É xusto recordar tamén que o PP aireou a postura en contra e mesmo xogou a superar as críticas do COE. Remitímosnos a un dos últimos panfletos do PP de setembro de 2006, encabezado pola proclama HAY FUTURO.
Como podía estar largando todo isto o PP cando tiña nas súas fileiras a Alcaldesa que máis cobraba de Galiza, a de Sanxenxo, con case 80.000 €, tanto como as dúas dedicacións de Pontedeume?
Queda claro que, por culpa do reparto das dedicacións exclusivas vdes. protagonizaron un bon culebrón que nos convertíu nun esperpento aos ollos do mundo.
O que nos ofrecen é un goberno en minoría cheo de dedicacións, e esa non é a solución que precisa Pontedeume. Procuren un pacto estábel que lle dea a necesaria gobernabilidade ao noso Concello. Para pactar hai que dialogar e saber ceder: todo apunta a que o PP tiña moi altas pretensións, e agora procura unha saída cómoda. Pero o único que nos demostraron até o de agora é incapacidade de fraguar un pacto, que se anunciou xa antes das eleccións, cos seus aliados naturais dos últimos anos".
Na votación rexistráronse oito votos en contra e cinco a favor, catro do PP e o do exCOE, agora Non adscrito, Fernando García.
15 comentários:
!Coño pero volvichedes das vacacións¡
Ainda vos chegaron as comisións por tata obra ilegal que fixechedes, o BNG quere sueldos por lei pero aquí non vos apoiamos, chincha e rabuña.
¿Qué sodes nenos, ou qué?
si queredes un pacto estable, un Goberno bó, abrir o tellado que tedes ahí arriba, non só para peinarvos.
¿Pero quen coño e o BICHO RARO ese que di tantas tonterias?
Referente o ultimo pleno, viase vir, o uneco que pretendian os COES e o PP e asegurarse un bo soldo durante os vindeiros 4 anos.
A desenmascaralos toca, adiante.
Nós non temos nada que esconder, non coma vós, estabades tan caladiños por si tirabams da manta, ¿non si?
Tranquilos que ainda estamos a tempo.
A xente quere saber a verdade
Non tires da manta que vas a coller frio.
CENTRATE, DES cerebrado.
Iso de falar de nós cando escribe un anónimo é un tanto desconcertante, non se pode saber a que se refire pero seguro que nolo vai explicar en sucesivas entregas, ainda hai xente có único obxetivo de turrar contra o BNG, mais lles valdría ir pensando en como gobernar, pero claro, iso é o difícil.
En canto ao do pleno veu demostrar que a suposta alternativa non existe, o PP non é capaz de pactar nin consigo mesmo, a súa total falta de capacidade de diálogo o imposibilita para gobernar, pero é o que hai, cada un terá que sacar as súas conclusións. E o do COE estaba visto, calqueira pode escribir 4 chorradas, levar unha concellería require unha responsabilidade e capacidade da que algúns carecen por completo.
Do que non teño dúbida e de que o sr. Rei non traballou no concello de balde, (bueno, traballar tampouco traballou).
No hipotético caso dunha moción de censura preguntome ¿voltaría ó concello a traballar e sin cobrar un peso?
Aaaay! que me da o flato.
O BNG non considera que se den as condicións para levar a cabo unha moción de censuara. Os votantes elexiron colocarnos na oposición e ahí é onde imos traballar.
En canto aos soldos, o BNG ten mais que demostrado que os seus militantes non están na política polos cartos. Agora a algúns lles parece que os nosos cargos levan cobrando toda a vida, cando a realidade é que o BNG tivo responsabilidades no concello dende o ano 95, creo recordar, e as dedicacións exclusivas comezaron a pasada lexislatura.
E certo, que empecen dunha puñeteira vez a gobernar estos do PP.
Xa deberían estar enviando á fiscalía o informe do tribunal de contas e derrubando e demolendo os chaletes dos amigos do BNG e as suas vivendas mamotreteiras .
Por certo, ¿tedes algún comentario en relación ao artigo da páxina de Fusquenlla en relación ao tribunal de contas?. Ainda que estades na oposición e explicado convenientemente o tema dos salarios e as vosas opinións, centrádevos en explicar o que vos ven encima.
Que van gobernar si non saben, como os anteriores anónimos, só saben falar do BNG, que si esto é mailo outro, ainda non cambiaron o chip, a súa única obsesión é o Bloque, que vida mais triste....
Iso iso, que voten unha ollada a como gobernáchedes vos para aprender, todo un paradigma do bon facer .
jajajajajajaja, non tedes cara...
O que pasou aquí e que o pp Eumés supera en burramía todo imaxinable,unha vez en 20 anos que teñen un aliado e se adican a afundilo
Isto último si que é certo, ainda que o COE non necesitaba moito para afundirse, o tempo pon a cada un no seu sitio.
los del gobierno me han defraudado, decían que no se necesitaban dedicaciones para gobernar y lo único que han hecho hasta ahora es buscarse un sueldo. La culpa es nuestra por votar a una pandilla de parados que lo único que buscan es parasitar al ayuntamiento. Me arrepiento de mi voto, si fuesen hoy las elecciones ni me molestaba en ir a votar.
E MOI Lóxico que se rompera o pacto pp-coe como vai pactar o Coe cun partido que lle impugnou a súa candidatura para que non se presentara ao pensar cos seus votos ian ir todos para eles,dende logo non me extraña que esta xente botara na oposición 20 anos ,non queren a ninguén que se xunte con eles porque pensan que eles solo se bastan para acadar a maioria absoluta,animo que dentro de 4 anos volvedes a gobernar ainda que espero que con outra xente
Enviar um comentário