Aínda que PP e COE anunciaron unha gobernabilidade fácil e prevista para facer un goberno forte, o certo é que o pacto fixo augas e non puido ter peor comezo. O BNG considera lamentábel dar esta imaxe e chegar a unha situación inédita na vida municipal de Pontedeume.
Aínda que agora veñan falando de notario, a negociación non tiña por obxecto un pacto suscrito cun acordo programático de mínimos nin ningunha innovación nas áreas de goberno. Reducíuse exclusivamente ao que xa naquel momento se chamou "reparto do pastel" das dedicacións exclusivas. Sendo o asunto que máis censuraron no anterior mandato, agora convértese en motivo de disputa, facéndoos reos das propias afirmacións. O Alcalde, reaccionando tarde e arrastro, vén a recoñecer que o Concello estivo paralizado, sen constituírense as Comisións informativas, sen avanzar nos asuntos máis importantes de cada área...
Dixeron que ían limpar o pobo e, en pouco tempo, non fixeron máis que ensuxar a imaxe de Pontedeume. Porque peor que o lixo é convertirnos nunha caricatura grotesca da peor política municipal de todos os tempos.
19-08-2007
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)
5 comentários:
certo, exemplo dunha dsa peores políticas municipais de todos os tempos despóis da protagonizada polo psoe-bng-chacho durante anos e anos
o do pacto lamentábel tamén é certo, pero sen querer ser moi escrupuloso, cómo se pode chamar o pacto que protagonizáchedes con belarmino e chacho e que permitiu que a inquina se instalara no goberno durante decenios?
Pacto ou non pacto agora sen as esperadas dedicacions exclusivas como van a traballar sen non poden xantar....
O que puxo o dedo na chaga foi o COE que dixo que o pacto debeu de ser feito ante NOTARIO para que a cousa quedase ben amarrada. Estes si que teñen tablas; agora o NOTARIO vano necesitar para amañar os desatinos do aínda voceiro do COE oficialmente, pero pronto Non Adscrito e con carné do PP. Quen o diría!
¿Que me dis? Daquela agora vai haber co Mixto e o Non Adscrito este SEIS GRUPOS na Corporación municipal! E se chegase a sacar TG de Gómez, podían ser sete. Para as próximas imos a máis!
Enviar um comentário