No Pleno ordinario deste mes de agosto, o Alcalde negouse reiteradamente, el e os seus concelleiros, a responder as preguntas formuladas polo BNG, derivando a contestación para o seguinte Pleno. Ademais negouse a falar de calquera procedemento para a presentación de preguntas, privándonos aos concelleiros e aos veciños dunha forma de diálogo e debate instaurados desde había anos.
O BNG considera que o PP e o actual Alcalde están sacando a relucir as formas máis autoritarias e ríxidas, provocando a crispación e o enfrentamento. Unha situación difícil que mostra falta de flexibilidade e talante para o diálogo, máxime tendo en frente a catro grupos na oposición e gobernaren en minoría. Ante esta situación, os concelleiros do BNG optaron por abandonar o Pleno sen presentar as preguntas, que a continuación resumimos. Ante o resentimento do PP, nós faremos todo o posíbel para que se poida falar e debater nos Plenos e Comisións Informativas; non só cando lle interese ao PP.
PREGUNTAS:
0. Chegou ao Concello o proxecto da(s) rotonda(s) na ponte?
1. A que se debeu o verquido da EDAR do 10 de agosto?
2. Membros do Goberno anunciaron nos medios que se crearan 400 prazas de aparcamento. É evidente que isto é só propaganda? Cales son os plans do Goberno respecto dos aparcamentos?
3. Houbo un reinicio da actividade na Canteira das Pedridas que poida afectar aos veciños da zona pola falta de condicións en que se traballa? Tense coñecemento do feito?
4. Enviouse unha Memoria a Patrimonio para pintar as fiestras da Casa da Cultura. Só iso ou inclúe algo máis o proxecto?
5. É consciente o Goberno do progresivo abandono do Paseo Marítimo?
6. Pénsase realizar unha mellor limpeza de terra e herbas nas beirarrúas de Nogueirosa?
7. A que se espera para facer a limpeza de beirarrúas do Paseo Castelao e Olmo?
8. Crese na viabilidade dun recheo no Peirao? Non se estará provocando a demora dun importanteinvestimento?
9. A respecto do Feirón: houbo furgonetas estacionadas no lateral de acceso ao Xardín ao lado do Torreón? Como se administran esas prazas para privilexiados? Autoriza a PL?
10. Que xestións se fixeron recentemente sobre o Centro de Día e a cantidade a investir nesta anualidade?
11. Situación da adxudicación do Club Náutico?
12. Solicitárase autorización para a limpeza dun tramo do río Covés, que levaría a cabo a cuadrilla de recuperación de espazos naturais. Dado que esta é a época do ano máis axeitada, tense pensado facer?
31-08-2007
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)
43 comentários:
O PP non se distingue recisamente polo seu talante democrático e iso non debe collernos por sorpresa. O malo é a actitude do BNG e PSOE. Non creo que teñan as "mans" limpas en cuestión de transparencia. Nunca tiveron unha posición clara sobre este asunto cando se discutía de urbanismo. Non facilitaron informes públicos, non respostaron ás denuncias cidadáns,e aprobaron "in extremis"licenzas de gran envergadura. O concelleiro Manuel Rei debería estar calado porque el foi un dos que preacticou esa formna de facer política. O BNG tivo a posibilidade de prescindir deste señor e, facendo tabla rasa, encarar a oposición ao PP con todos os dereitos do mundo, liobre de ataduras e sen prexuizos.Paco
Pódense decir moitas cousas dos anteriores gobernos, pero o BNG nunca mantivo a postura adoptada polo PP no pasado pleno. Unha postura de total desprecio aos partidos da oposición e polo tanto aos seus votantes. O PP ten perdidos os papeis despois de non lograr sacar adiante as dedicacións e o mostra facendo gala dun autoritarismo que nos recorda outros tempos e o que ainda é mais grave, dunha irresponsabilidade que non pode permitirse nun partido que quere gobernar.
Despois de ter dito que o que Pontedeume precisa na actual situación é un diálogo fluido e constante entre as forzas políticas que queiran traballar polo pobo dende logo ésta non é a millor reposta que o PP debería dar.
¿Cómo pretendedes que se vos resposte a estas preguntas se non as formuláchedes? ¿Deste xeito pretendedes enganar ós vosos simpatizantes?
¿Por que non decides que únicamente enunciáchedes a primeira delas? ¿Por que non decides que non respectades a decisión do actual GOBERNO de respostar ás preguntas da oposición no pleno seguinte segundo propón o ROF (Regulamento de Organización, Funcionamento e Rexime Xurídico das Entidades Locais? ¿Seica vos da medo que con papeis por diante poidan xustificar a maioría delas con erros vosos?
O Voceiro do BNG local "falta á verdade" e trata de enganar ós lectores deste blog.
¿Por que non di que o seu anterior concelleiro de deportes "levantou" máis de 15000 € en 2003 segundo datos da intervención do concello de Pontedeume?
¿Por qué no di o Sr. Rei que as licenzas ilegais de Ombre poden supoñer ó concello un gasto de case un millón de euros en indemnizacións?
¿Por que non di o anterior tenente de alcalde que as contratacións se facían a dedo, e son cargos que coa RPT en marcha se convirten en indefinidos (sen o máis mísero exame) e a fabulosa RPT está denunciada pola CIGA?
¿Por que non di o Sr. Rei que o incrible superávit se convirte en débeda coa cantidade de cousas que deixaron sen orzamentar e que son básicas e fundamentais para a boa continuidade do concello?
¿Por que non fala o voso voceiro dos 8 reparos da legalidade que se fixeron no periodo investigado polo Consello de Contas?
¿Por que non se fala dos gastos que se facían sen crédito?
¿Por que non fala da subvención a partidos políticos que o BNG non xustificou correctamente e que o Consello de Contas insta a devolver?
Fala de que " Ante o resentimento do PP..." ¿quen son realmente os resentidos, os que están no goberno ou os que despois de 8 anos na poltrona a tiveron que abandonar?
Tamén di que "nós faremos todo o posíbel para que se poida falar e debater nos Plenos e Comisións Informativas", ¿como o vai facer, huindo dos plenos cando se levante a lebre de accións irregulares ou ilegais do anterior goberno? Porque de ser así, case mellor que non volten, porque con que en cada un dos plenos que restan de lexisaltura se levante un único asunto, hai material e información dabondo para que non asistan a ningunha das comisións informativas, nin a ningún pleno de aquí en 20 anos.
Decides tamén que "Ademais negouse a falar de calquera procedemento para a presentación de preguntas, privándonos aos concelleiros e aos veciños dunha forma de diálogo e debate instaurados desde había anos." Resta dicir que os únicos que se negaron a facer máis preguntas, de non contestarllas no momento, foi o voceiro do BNG e o do grupo mixto. Remítome ó regulamento que os representantes do BNG no concello deberían coñecer, nos seus artigos 87 e 97.
Por respecto ós seus simpatizantes, non incurran nunha actitude fascista, por favor, e, ou ben non conten falsedades, ou ben conten TODA A REALIDADE.
Saúdos
Sr. anónimo ou voceiro do PP: xogan vostedes sucio, ao simular pactar na Comisión unha resolución sobre o Informe do Consello de Contas, e logo reabrir un debate con ventaxa, cando non procedía no Pleno, manipulando a información.
É falso, e senon enterese, de que a RPT, signifique facer fixos aos temporais.
¿Que quere decir con que " o incrible superavit convertese en debeda..."? Teña un pouco de rigor e repase os apuntes.
Se un concelleiro cobrou de dietas 15.000 €,¡explique que quere decir con levantou¡, terá que pedirlle a xustificación ao seu Interventor, que ten que autorizar o gasto,o mesmo da mala xustificación dos gastos dalgúns grupos municipais. Sexa vostede máis, serio e menos tendencioso.
Non se tire vostede tanto á piscina, teña máis rigor, e coide esa exaltación inquisitorial, que tempo haberá a debater sen enganos, e pare xa de ler tanto o ROF, que a practica democrática aprendese en outras escolas.
esta situación me recorda ó tempo cando o anterior goberno pretendía coller os terreos dos veciños de Nogueirosa para asentar a famosa galescola... cómo se altera o persoal!
o señor anónimo non é o voceiro do PP (nin falta que fai, a política vese mellor dende fora, non teño falta de enmerdarme con eses temas), pero vexo que lle fai tanto mal ler o que escribo como escoitar onte no pleno ó señor voceiro... non se altere, que o corazón sofre.
a "espantada" de onte polo feito de que non se lles respostara no pleno foi o "espectáculo" axeitado para evitar que a xente se centre na información, a todas luces nefasta, da súa xestión.
se cadra aínda non se deran conta (ata onte) de que estaban na oposición, e agora non eran vostedes os que dirixían a celebración do pleno, os que "xogan sucio", os que contan falsedades, os que "non se enteran", os que son "máis serios e menos tendenciosos", os que "se tiran tanto á piscina", os que "teñen máis rigor", e os que "coidan esa exaltación inquisitorial".
se non fora verdade o que se contou onte, o consello de contas non o tería sacado á luz, mal que lles pese.
o de que un dos concelleiros "levantou" 15000 € se debe a que cobrou dietas sen xustificar... polo menos iso di o informe do consello de contas. se se xoga con os cartos do pobo, temos dereito a saber en qué se invirten, e a saber se se os procedementos se seguen.
hai novas formas, hai nova xente e, sobor todo iso, HAI UN NOVO GOBERNO que non lles gosta nada porque vai camiño de levantar todo o que o goberno anterior tiña agochado.
e calme o ánimo, que pode que queden catro anos de sobresaltos nos plenos... porque como eumés espero que o actual goberno teña a valentía de sacar á luz todo que ata o de agora o goberno tripartito tratou de ocultar.
saúdos.
o actual governo ten medo de governar, quere crispar a ver si lle fan unha moción de censura e os quitan de ahí. Os concelleiros ´do PP están a ver si chupan da teta, saiulles mal e non teñen ganas de seguir. Onde está ese alcalde de todos?
Manípulan as comisións informativas, péchannas en dez minutos e logo no pleno o alcalde impide expresarse os concelleiros da oposición (psoe, bng)
Si ben é certo que o Regulamento de Organización, Funcionamento e Rexime Xurídico das Entidades Locais permite contestar, a preguntas que non foron rexistradas con anterioridade, no pleno seguinte, é ben certo que ata o de agora contestábase as preguntas no mesmo pleno polo concelleiro correspondente
PD. GENIN NON VAS COBRAR
vaia problema que tedes dende o BNG e simpatizantes co actual governo de atemorizados concelleiros.
ten que doer que 4 "supermans" (dito polo sr. Rei en prensa) de un grupo poidan seguir adiante co que antes non daban feito entre 7 vagos de tres grupos.
CONCIENCIÁDEVOS DE QUE ESTADES NA OPOSICIÓN!!!!!!
está claro que máis medo que eles o tedes vós, porque de que eu saiba, quen abandonou o pleno foron os representantes do BNG e de IeP. ¿por medo a qué?
ten que asustar que agora a información privilexiada estea nas mans de outros.
ten que agobiar o saber que outros poden sacar á luz todas as irregularidades que se cometeron durante os derradeiros 20 anos.
ten que amedrentar o sentirse sen nada que te protexa do que fixeches mal no pasado.
hai quen ten que estar aterrorizado ó ser consciente de que a tortilla está virada e vixiada por xente que ata o de agora mira polo cumprimento da lei... (polo menos sabemos que o ROF xa o leron... cousa que non sei se os vosos representantes en anos o fixeron... tamén pode ser que non o entenderan correctamente ou o malinterpretaran)
xa será menos o medo, ¿non si?
PD: na última lexislatura só tiñan salario definido dous de sete.
Raúl, se se poden dicir moitas cousas dos anteriores, non te me cortess e comeza a solta, que estamos desexando saber.
O BNG adoptou e defendeu posturas moito peores, e a ti non se che remexeron as tripas como agora. Lembro un dos ultimos plenos cando o lío da recalificacion de einsa, os teus recoñeeceron que agocharan un carro de informacion, tanto á comisión coma ó pleno. Para ti iso non é desprezo aos votantes. As ultimas recalificacions de Boebre ¿que che pareceron? Caldagueiro, Nogueirosa..
Ti dis que Pontedeume precisa na actual situación(antes co BNG non era preciso) un diálogo fluido. Os teus non opinan coma ti, ninguen o fixo mellor ca eles, polo menos iso di o Tribunal de contas.
Antes de usar moitas das palabras que usas deberíalas valorar porque,
Desprecio, Autoritarismo, Papeis perdidos, Irresponsabilidade, Traballo polo pobo... na miña opinión son moi importantes. Para ti está claro que non deben selo, cando menos ata o de agora non o eran.
Un saúdo
Non vou desviar o tema do que se está a falar. Quenes estivemos no pleno asisitimos ao debate do famoso informe do Consello de Contas, o BNG debateu aberta e claramente sobre este informe mostrando con total claridade que non hai nada que agochar. A actitude do PP con medias verdades convertidas en mentiras mostra un goberno mais preocupado polo pasado que polo futuro, deste xeito nada bo poden facer, queixanse de falla de tempo e o andan perdendo facendo oposición da oposición, sobre a mesa hai cuestións básicas para Pontedeume que, moito me temo, o PP non vai dar sacado por non ter capacidade para xestionalas nin por ter unha verdadeira vocación de goberno agora que non hai cartos.
Por moito que non lles guste ao final volvemos ao mesmo, cando o principal obxetivo e o tema mais importante dun debate para a formación de goberno é quenes van cobrar e canto, o resultado non pode ser outro que o acontecido aquí, e con estes precedentes que imos pedir.
por qué non desvías o tema? se cadra era mellor que antes de que o actual goberno saque as vosas cagadas á luz poderiades ir poñendo ó corrente das cousas á xente que nalgún momento vos apoiou. non é bo que se enteren polos de fóra.
¿do tribunal de contas non hai nada que agochar? menos mal, porque non me imaxino qué pode ser para vos o que debades agochar (se cadra nestes catro anos se descurbirá que é o que para o bng é merecedor de ser agochado)
tampocou é que lles falte tempo ós de agora, é que levamos case 20 anos de retraso, e os peores foron os 8 últimos... non sei se teredes parte de responsabilidade, ou eran os outros dous partidos os responsables dos problemas.
non sei se terán vocación de goberno agora que non hai cartos, dende logo os vosos co o que cobraban (que non era unha nimiedade, nin os que tiñan salario fixo, nin os que unicamente "levaban" unha concellería) non tiñan nin vocación de traballo, nin ánimo para sacar as cousas adiante, nin ganas de facer nada productivo (polo concello, porque polos seus petos ben miraban)
...e con estes precedentes que imos pedir. ti non sei, pero eu pido que levanten todo o lixo co que emporcástedes pontedeume en 8 anos.
saúdos
Paréceme ben que a túa única obsesión sexa o BNG, pide todas as contas que queiras e desafógate como poidas, podes estar 4, 8 ou 20 anos turrando contra o BNG e laiándote (según ti) do mal que se fixo, cada quen é moi libre de perder o tempo como queira. No BNG acabouse unha etapa, estivemos no goberno e agora estamos na oposición e o resto dos grupos deberían adaptarse a nova situación. Especialmente o PP, ten un concello que gobernar e ainda non empezou.
Raul, si é ben certo que o goberno actual debería dedicarse a iso, non podedes dicer que as consecuencias de vosas actuacións non vos comprometen. O presuposto a manexar para o exercicio é o que vos decidíchedes no seu día e os erros que cometíchedes comprometen e de que maneira a sua laboura ao fronte do goberno.
Como non lles vai a afectar que non fórades capaces de aprobar o PXOM, como nos lles vai a afectar as irregularidades dalgunhas licencias ilegais , o informe do tribunal de contas(non sei como non se leva de inmediato á fiscalía). Claro que afectan as decisiones que se tomaron no pasado e de feito, a responsabilidade penal ou calquer outra non caducou grazas a deus.
Outra cousa moi diferente é que os veciños vos votasen fora do concello e votaran a outros esperando que sexan transparentes como vos non fúchedes nin sodes.
Completamente de acordo en que estamos noutra etapa política que non debería ficar marcada polas actuacións neglixentes do pasado, pero esa estratexia do goberno municipal vese propiciada pola falla de renovación dentro do BNG, onde esixen agora na oposición cousas que eles non fixeron no goberno.
Por todo isto, señores Rei, Salorio e compaña, por favor, vaianse xa.
raul, se no teu partido se lle fai un pouco de caso a roi xordo, e rei e salorio saen pola porta de atrás (é penoso ter que acabar deste xeito, pero pode que sexa o menos malo para o bng) quedarías tí de concelleiro do bng na oposición.
se cadra aínda poderías pactar co goberno minoritario e con independentes e sacar o concello adiante, que como ti ben dis ainda non fixeron nada.
mira que ían cambiar as cousas!
saúdos
quen sabe...
Raul y compañía:
Podéis explicarnos ahora sin que os parezca que quiero desviar la atención sobre nada, lo de la anulación de las licencias de Nogueirosa que acaba de salir en la opinión?¿Afecta o no eso a la actuación del gobierno municipal actual?.
¿Habrá dimisiones, alguien tendrá la honradez de decir que se cometió algo más que un error, o pensáis que es un "fallito"sin más y que no hay que pedir ni disculpas?.
raul, home, adiante, que ti eres do pobo, toma o poder que os outros están enmerdados e iso que estes panfilotes do goberno aínda non empezaron a largar, que se retiren.
saudos
adiante Raul!!!
(o da vila, non o do Madrid)
Agradecería que se deixasen de facer alusións persoais. No BNG, ainda que soe a estereotipo, o importante son as ideas e os principios. As decisións tómanse de forma colexiada polo que non ten sentido a persoalización das accións levadas a cabo polo BNG.
Vale, tienes razón......
Podéis explicarnos ahora sin que os parezca que quiero desviar la atención sobre nada, lo de la anulación de las licencias de Nogueirosa que acaba de salir en la opinión?¿Afecta o no eso a la actuación del gobierno municipal actual?.
¿Habrá dimisiones, alguien tendrá la honradez de decir que se cometió algo más que un error, o pensáis que es un "fallito"sin más y que no hay que pedir ni disculpas?.
Raúl ¡ ai pillín, pillín ! Sabías de todo este lío e non dicias nada.Se fose certo que as decisións as tomades de forma colexiada , terei que pensar que estaba moi equivocado contigo.
En canto a que o importante son as ideas e os principios, paréceme de moi pouco compromiso,coido que son moito mais importantes ¡OS FEITOS!
É dicir, cando Manuel Rei e Constantino Regueiro estaban na comisión de goberno o día en que firmaron as licencias para o dono de Construeume, para Molares e para un agora ex-militante do BNG responsábel comarcal de urbanismo, a sabendas de que o informe xurídico era negativo e o técnico quedaba tan pancho dicindo que estaba en zona de costas, era porque o día anterior volo preguntaron, a todos os militantes do BNG, e dixéchedes que sen problema.
Ironías a parte, arrepíame pensar o idolatrado que podedes ter a Don Manuel Rei como para chegar a pringar por el e despersonalizar todo atisbo de corrupción ou prevaricación.
Unha cuestión interesante é dirimir as responsabilidades de cada un, mesmo a do BNG. Non vale dicir, como fixo Manuel Rei, que o responsábel era Tino Regueiro e que este actuaba á marxe do BNG. A comisión de goberno estaba formada por varias persoas entre as que se atopaba Rei, e esta comisión foi a encargada de conceder licenzas para Nogueirosa, Caodagueiro, casa de D. Pablo, Molares, Av. de Ferrol, e un longo etcétera no que tamén hai que incluir a aprobación dos plans parciais de Andrade, Ber e Boebre. Alguén pode dar máis?
Como entender que se quera pasar por alto a responsabilidade de todos os que formaban parte das comisións de goberno?
E o que vos queda
E a herdanza que deixades
semella que a responsabilidade vai menguar "repartíndoa" entre tódolos membros da executiva do BNG; vos veredes se queredes trocar en cadáveres políticos por defender a un par de "frescos".
Xa que sacades o tema das obras ilegais, fago a seguinte reflexión: o minigoberno municipal ordeará o derrubo do ilegalmente construído?
O minigoberno como ti dis debería de inmediato proceder a demolición das obras ilegais empezando pola casa de D. Pablo e a da Avda da estación que están sin rematar.
Os comentarios do BNG son lamentables, e amosan que non teñen por onde sair, todas as preguntas que propuxeron ao pleno son asuntos que eles mesmos deberian respostar xa que son cuestions que non foron quen de resolver durante 8 anos no concello.
Os 15.000 euros de Salorio teñen cojones, curioso que agora xa desaparecera do panorama eumes, claro agora non hai nada que chupar.
nom vos queijedes, 15000 euros? deveria cobrar o dobre pola seu incomiavel laboura
Isto é lamentábel. Boa proba do traballo que están a facer os compañeiros do BNG nesta vila. Non se colga información neste blog máis que ocasionalmente, non se atenden ás preguntas e críticas dos cidadáns. Se non queredes traballar, o cal ten a súa lóxica, deixade paso a outra xente, que os novos veñen con máis ganas. Pero é que, ademáis de non facer nada, non tedes argumentos para defenderos das críticas.
muitos pensamos que quando o BNG acadou esses baixos resultados nos comicios municipais reconheceríam erros e començariam um processo renovador. Grande erro! persistem desde a oposiçom as políticas escurantistas dos seus anos de governo e botan balons fora.
Onte recibín a vosa nova entrega do panfleto BNG . Vos faltou poñer o do chimpín.
Estrañoume que non puxérades nin palabra dun dos acontecimentos máis importantes acaecidos na vila(vivendas ilegais de Nogueirosa).
Falades do mal co fan os do goberno e da situación dos contenedores e a recollida do lixo, pero non falades de como están as ruas levantadas e como non se procede ao derribo das vivendas ilegais, do mamotreto etc. É mellor calar porque sabedes de antemán quen é o culpabel.Sodes reos das vosas actuacións penosas do pasado, por iso, nin se asoma o voso número un polo panfleto de marras, vos da ata vergoña allea.
Ser oposición constructiva está ben, pero empezade por asumir os erros e a situación caótica na que deixáchedes Pontedeume, sen plan, sen oficiña para rehabilitar o casco, co servicio de limpeza escaso e inexistente, coas rúas abandoadas, co cementerio municipal deixado da man de deus, etc etc
Seguro que o das vivendas en Nogueirosa é o mais importante que sucedeu na vila dende a súa fundación. Como salta a vista a situación desastrosa na que se deixou o concello con inversións comprometidas das distintas institucións de varios millóns de euros. O penoso vai ser que pola incompetencia dos actuais dirixentes se perdan estas inversións. Se a ti te parece que se fixo mal espera unhos mesiños e xa me contarás...
semelha que começa a imperar a política de "e ti mais" e "tras vendrá quien me hará bueno"; assim nos irá, pobre Pontedeume!
¿Inversións comprometidas?.Soa a conto.
A quen queredes enganar.
O paseo marítimo destrozado e en situación de deterioro constante, o Plan urbán rexeitado, as rúas desfeitas, os servicios de recollida de lixo insuficientes e descontrolados, o casco histórico en ruinas e sin visos de rehabilitación, os nenos en contenedores, a galescola un soño e unha pelexa cos veciños,os almacens de Raxoi en pleitos e sen usufructo, a salida de Vidreiro para a autopista en ofside, os sumidoiros rotos e a merda esparcida polas alcantarillas e no mar sen chegar á depuradora, vivendas ilegais por todalas parroquias, Piscina inundada,cementerio de Breamo inacabado e abandoado........ e seguro que se me quedan un montón de despropósitos. Se os que están agora non gobernan case mellor para o pobo, vendo o que fixéstedes vos en varias lexislaturas.
O euribor polas nubes, o celta en 2ª, todos os bares de vacacións, van subir o IVE, irak unha desfeita, todo agosto chovendo, volven hombres G, Buyo anda triste, na tele non poñen nada, o pan a prezo de ouro, onte non pesquei nada, Genin sin soldo, está claro: O FINAL ESTÁ CERCA.
Eu por si acaso vou subir a Breamo a refuxiarme.
Gustariame coñecer porque os vanagloriades tanto das dichosas inversións. Aqui ninguen pideu opinión aos veciños de Pontedeume sobre esas actuacións, e mais nin se tivo a decencia de expoñer ao publico tales actuacións. Para vosoutros o levantar un edificio para o Firrete semella unha grande meta ou estar facendo uns novos almancens para os pescadores, que parecen o novo bunker de Hitler, eso si de duas plantas para que impacte ben na fachada maritima, cando estos dous locales deberian estar por loxica emplazados de novo nos almancenes, un colexio mal implantado que se deberia estar construindo na parte superior da parcela para deixar libre a necesaria explanda inferior, unha pasarela por Zopazos que vai joder totalmente a costa. ¿Onde estan os supostos exitos para que teñan que seguilos o goberno actual?, ¿cal foi a xestión os 15.000 euros de dietas a SAlorio so no 2003?¿as cenas cos arquitectos redactores das obras do colexio e as novas lonxas?¿as abrazadas con eles despois da cea con catro copas de mais?,¿os hoteles de luxo e as cenas a todo tren pagadas polo concello en Madrid?, tedes demasiado que calar, realmente o novo alcalde debería con toda forza paralizar todas esas intervencións e replantear un xiro a toda esta falta de ordenación que deixachedes herdada, sin consultar nin pedir opinion de ninguen, algo moi tipico do BNG e a suas "brillantes" mentes.
Facer un club para o Firrete non é ningunha meta, é unha actuación moi nesesaria, para o club e para o pobo. Para opinar de algo deberías ter un minimo coñecemento e saber que educación é quen ten a competencia na construcción do novo colexio e é quen di como se construe. Cada mente privilexiada de Pontedeume ten a súa opinión sobre o novo colexio, si está ben onde está ou levalo para o monte, a cuestión é que imos ter un novo colexio e iso é o importante.
En canto as dietas descoñezo o seu importe nin de onde sacas as cifras que das, pero si queres espera un ano e as comprobamos coas da actual corparación, e de paso miramos as inversións obtidas por uns e por outros.
Moi boa a ideas que das, parece que o alcalde xa tomou nota dela. Pode paralizar todo, o club de piragüismo, a construcción do colexio, as novas lonxas, o centro de día. Seguro que así todos estarían mais contentos.
Aqui todo o mundo fai o que quere, educacion o colexion onde e como quere, Portos de Galicia o que lle sae de dentro, os conductores aparcan onde queren, os promotores construen como e donde se lles antoxa, os bares cerran a hora que lles da gana, outros fan botellon en calquer lugar, os propietarios deixan caer o casco vello porque tamen lles sae dos mesmos, outros construen plantas de mais pola face, a maioria dos traballadores do concello tamen fan o que queren e de todo menos traballar....
Segun vosoutros todo é irremediable, e esta foi a situación nos ultimos 20 anos. Tanto Portos como Educación son organismos cos que hai que negociar, eso si para negociar hai que ter unha idea clara dos problemas e como solucionalos e vos amosachedes total incompetencia. A min persoalmente non me valen as inversions de calquer maneira igual que non vale a construcción onde e como se queira.
Noticia sobre Pontedeume:
http://www.radiofusion.eu/rfusion/emisoras/ferrolterra/pontedeume_reencontrase_coa_musica
Aqui escreben sempre os mesmos, e o peor é que algún dos que escrebe aínda pensa que pode ser alcalde de pontedeume. Que magoa! A túa oportunidade, cando a tiveches, deixáchela escapar, por lacazanería e política de bar. Pero bueno, sempre podes ser`presidente' de algo, do que sexa, o que importa é ter o carguiño
http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2007/09/28/00031190978963951403.htm
ARQUITECTURA
Vorarlberg, el triunfo de la arquitectura sensata
Una pequeña región de Austria abandera el diseño y la construcción sostenibles desde medidados del siglo XX gracias a una generación de arquitectos que ha apostado por viviendas y edificios ecológicos, preferentemente en madera
Autor:
Javier Armesto
Fecha de publicación:
28/9/2007
Hora:
Actualizada a las 10:29 h
Imprimir Volver El enfoque medioambiental en el momento de abordar un proyecto arquitectónico es una tendencia en alza. Nuestro territorio y recursos naturales son limitados, de ahí que cada vez sean más numerosos los partidarios de las viviendas ecológicas. Una definición muy genérica pero que puede resumirse desde una triple perspectiva: revalorización de la arquitectura vernácula, optimización energética y aplicación de medidas bioclimáticas a la construcción.
Algunas casas son ecológicas por su cuidada integración en el medio y por las medidas pasivas que aprovechan las aportaciones gratuitas del sol y de la ventilación natural ?el concepto de casa pasiva hace referencia a aquellas que producen más energía de la que consumen?. Otras son completamente autónomas en agua y energía gracias a unas sofisticadas instalaciones técnicas. Muchos de estos edificios agrupan la vivienda y el espacio de trabajo bajo un mismo techo, reduciendo así los desplazamientos y la polución que éstos generan. La densificación de la vivienda es otra cuestión crucial para un futuro crecimiento sostenible de las ciudades.
MODERNIDAD SENSATA
En Vorarlberg, una pequeña región situada en el extremo occidental de Austria, llevan desde los años sesenta practicando la denominada «arquitectura moderna sensata». Arquitectos, constructores, los mismos propietarios y un sector de oficios altamente cualificados han contribuido a que hoy en día un 80% de las casas de nueva construcción respondan a los criterios de calidad de la construcción sostenible. Hay más de 90.000 metros cuadrados de colectores solares, 76.000 de sistemas fotovoltaicos y un 20% de la energía deriva de la biomasa.
Su arquitectura es heredera de los valores de una cultura de campesinos libres que crearon una tipología de viviendas rurales, severa y abstracta, basada en una artesanía de la construcción en madera, que se ha mantenido viva hasta hoy y que resulta muy apropiada para el clima centroeuropeo. La industria de la madera es muy importante en Vorarlberg, después de que muchas de sus explotaciones fueran reconvertidas del sector textil. Ante la imposibilidad de competir con el mercado chino en cuanto al precio, decidieron apostar por la calidad y aplicarlo a la arquitectura.
El fruto de este trabajo se recoge en una exposición que, tras pasar por Santiago, acoge ahora la Escuela Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña (ETSAC) y posteriormente irá a Vigo. Concebida por el VAI (Instituto de Arquitectura de Vorarlberg) y La Cité de l?Architecture et du Patrimoine-Departement IFA (Institut Francais d?Arquitecture), la muestra Provocación Constructiva ilustra el trabajo de autores como Carlo Baumschlager, Dietmar Eberle, Hellmut Dietrich, Much Untertrifaller, Christian Lenz, Bernhard Marte, Stefan Marte, Donner Matt, Walter Unterrainer, Hans Purin, Wolfgang Ritsch, Johannes Kaufmann, Gerhard Aicher, Richard Winkel, Herman Kaufman, Andreas Cukrowicz, Anton Nachbaur, Lothar Huber, Roland Gnaiger, Udo Mössler, Matthias Hein, Bruno Spagolla, Geli Salzmann, Eimar Nägele, Ernst Waibel y Oskar Leo Kaufman. Nombres que no suenan en el star system de la arquitectura porque, como señala el director de la ETSAC, Xosé Manuel Casabella, «su objetivo no es producir edificios singulares, sino alcanzar estándares óptimos para los proyectos corrientes».
En una entrevista publicada en la revista 2G, Dietmar Eberle señalaba que «en nuestro trabajo hay una conexión entre la vía tradicional y la moderna. Por un lado utilizamos la tecnología más avanzada, high-tech, y por el otro una manera tradicional de sentir la arquitectura». A su juicio, una de las claves es no entender la arquitectura como algo individual, sino como algo colectivo. «Se necesitan muchas personas para poder hacer un proyecto a gran escala ?explicaba Eberle?. Comparándola con las otras artes, la arquitectura tiene un componente social que la diferencia de la disciplina artística individual propia del pasado, y que siempre tiene cierta cualidad pública».
Mientras en el pequeño land austríaco surgía este movimiento a favor de la arquitectura sostenible, en Galicia se iniciaba «a transformación profunda das estruturas e paisaxes urbanas e rurais nun proceso de degradación e deterioro que continúa hoxe cunha intensidade desbocada». Así lo explica Xosé Lois Martínez Suárez, arquitecto y titular de la Vicerrectoría de Infraestructuras y Gestión Ambiental de la Universidad coruñesa, que ha impulsado la exposición con el patrocinio de las consellerías de Vivenda e Solo; Innovación e Industria y Medio Rural.
Galicia
«Na Galiza actual ?indica Martínez Suárez?, na que a herencia do monumentalismo da ?arquitectura das estrelas? érguese sobre as ruínas dun feísmo que todo o invade, a lección de Vorarlberg móstranos outro camiño no que a construción da identidade non se basea na realización de grandes edificios espectaculares que emerxan sobre a banalidade xeralizada, senón na afirmacion da cultura cotiá do construído que beneficia a todo o país e impulsa activamente o seu desenvolvemento: vivendas sociais, pequenos equipamentos, escolas, centros cívicos, centros deportivos, naves industriais, garderías, cuarteis de bombeiros?».
La fortaleza de la arquitectura sensata estriba en la estrecha colaboracion entre agentes públicos y privados, usuarios, diseñadores y empresas, implicados todos en la renovacion del arte de la construcción conforme a los modelos contemporáneos de la sociedad. Esto supone la utilización de materiales sanos, la optimización de los sistemas constructivos, apostar por planos funcionales, la pureza en las líneas y volumetrías abiertas al exterior. Vorarlberg no es Galicia. Con cerca de 350.000 habitantes, es la región más industrializada de Austria, con apenas un 4% de la población dedicada al sector primario; tiene la tasa de natalidad más elevada del país y, junto con Viena, el nivel de salarios más altos. Sin embargo, ambas regiones poseen una gran tradición rural y un acervo cultural e histórico basado en el respeto a la tierra. Vorarlberg es un espejo en el que mirarnos para empezar a superar los oscuros años del feísmo
a ver si abandonades dunha vez e non volvedes.
NON TEDES NIN IDEA. ATRASADOS
ATRASADE A HORA!!!!
COMO NOS DEN A AUTODETERMINACION IMOS FODIDOS.
NON SODES CATALANS, SODES GALEGOS.
SODES UN POUCO FASCISTAS E DE DEREITAS!!!!!
Enviar um comentário