29-09-2007

PP e Coe non queren Galescola

Esta é a moción que presentou o BNG ao Pleno de setembro, e que nin quixeron entrar a debatir PP e Coe:







MOCIÓN DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO AO PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE PONTEDEUME

Sobre a construción dunha galescola no Concello de Pontedeume

Exposición de motivos

Froito da xestión do anterior goberno municipal, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza contempla a construción dunha Galescola no noso Concello. Así o confirmou o Vicepresidente, Anxo Quintana, no marco da anterior edición do Curso “Carlos Gurméndez” na recepción institucional que tivo lugar neste Salón de Plenos e, posteriormente, a Secretaria Xeral de Igualdade, Carme Adán, e a Delegada Provincial, Tereixa Novo, en visitas realizadas dentro do primeiro semestre deste ano a Pontedeume.

Cómpre recordar que nese intre o Concello atopouse elaborando a un tempo os proxectos do Club de piragüísmo e vela e do Centro de Día, así como o anteproxecto de Rehabilitación do Mercado municipal. Inicialmente traballouse nunha liña para a súa ubicación que non sabemos se comparte o actual Goberno: a antiga unitaria de Nogueirosa.

En calquera caso, o BNG non quere convertir o asunto da localización en motivo de polémica estéril, que retrase un investimento tan necesario e que debe priorizarse, procurando a mellor opción para os intereses xerais.

De todos son coñecidas as limitacións da actual EIM “Chalé Rosa”, comezando pola imposibilidade real curso a curso de atender toda a demanda dos solicitantes de praza.

Por todas estas razóns, o BNG de Pontedeume presenta esta moción para o seu debate no Pleno da Corporación e a para a adopción do seguinte



ACORDO

O Pleno da Corporación insta ao Goberno municipal de Pontedeume a poñer a disposición da Xunta de Galiza (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar) os terreos necesarios da súa titularidade ou a adquirilos, así como a redactar o Proxecto necesario para a construción dunha Galescola, que dea cumprida atención á demanda de prazas no ensino de 3 meses a 3 anos no noso Concello.



Pontedeume, 20 de setembro de 2007






Asdo.: Manuel Rei Romeu
Portavoz do Grupo municipal do BNG.

17 comentários:

eu tamén fun tsunamy disse...

polo que sei se votou a urxencia do asunto da galescola, e se temos que ser sinceros, hai asuntos máis urxentes que o que vós presentabades. creo que deixáchedes moitas cousas mal feitas ou a medio facer e amañalas e rematalas é máis importante que meterse a cousas novas (porque, tendo en conta que vos costou un concelleiro, supoño que non manteredes que a mellor ubicación da galescola é collendo terreos da asociación de veciños de nogueirosa, ¿ou si?)

polo que lein hoxe nos xornais, o PP disque está buscando terreos adecuados para a galescola, así que supoño que non vos debedes preocupar.

parece que queredes que tsunamy rexurda pero esta vez para atacarlle ó PP.

tomade as cousas con calma, que todo ten o seu momento.

Anónimo disse...

Ahí radica a incongruencia do PP, rexeitan debatir unha moción na que se insta a buscar terreos para a ubicación da galescola, que non sei si será moi urxente, pero a inversión da Xunta está presupostada para este ano, e a continuación admiten que xa o están facendo, iso sí, coa boca pequena para tentar defender o indefendible, e dicir, que están botando a perder unha oportunidade inmellorabel de conseguir aumentar sustancialmente as prazas de ensino infantil na nosa vila.

Anónimo disse...

Pontedeume está a menos de 2000 m. en liña recta de Mugardos?
Por que o BNG de Pontedeume non se manifesta sobre a planta de gas?

Anónimo disse...

Defender o indefendible e o que facedes vós. Fai menos de tres meses diciades que nas arcas do concello quedaban moitos cartos.

Se a inversión da xunta estaba presupostada debichedes comprar as terras necesarias para construir a galescola e os nosos nenos terían donde aprender. E así vós podiades colgarvos as medallas diante do QUIN.

Esa gran oportunidade quen a botou a perder fuchedes vós, pero como sempre que metedes a pata os culpables buscadelos fora da vosa organización.

Vade plantar ceboliño que é para o que valedes, e aínda así...

raul disse...

Dende logo vaia representantes que temos, "colgarvos as medallas diante do QUIN", iso si que é un razoamento. E a despedida non ten desperdicio, como se solta a língua, neste caso os dedos, cando se fala dende o anonimato, malia que ignoren que non é moi complicado saber dende onde se escribe...

O caso é que a anterior corporación apurou todo o posíbel os trámites para a creación da galescola, a pesar da oposición do PP e COE, ou xa olvidáchedes a vosa postura, así que si agora cambiáchedes de opinión, cousa que dubido, millor que millor, como xa dixechedes: oxalá creedes moitas mais prazas das existentes.

roi xordo disse...

¿cando será o día que o BNG de Pontedeume asuma ao menos unha das súas responsabilidades? ¿é tanto pedir?
Trocando de tema, a afición aos anónimos dalgún representante dalgún determinido partido eumés xa comeza a ser esperpéntica, canta cobardía e hipocresía.

Anónimo disse...

En la mayoría de los blogs es posible escribir desde el anonimato. El creador del blog puede deshabilitar o no esta función o diseñar diferentes reglas para que los que deseen escribir tengan que cumplirlas.

Si libremente el administrador del blog habilita la opción, el que escribe opta por una u otra a su antojo.

Si lo que se critica es el comentario en si y el insulto gratuito, decir que queda expuesto sea anónimo o no al arbitrio de una posible demanda.

¿A qué viene entonces amenazar o desacreditar al anónimo cuando sois los administradores del propio blog los que os prestáis y facilitáis la opción?

En realidad, se trata simplemente de un intento vano de acojonar al que escribe, es una especie de maniobra fascistoide como lo fué la tijera en el franquismo, porque llamar impresentables a cualquier miembro de la política local eumesa no es más que decir la verdad, y lo que si deberían estar penadas son algunas actuaciones ilegales que ya han sido catalogadas como tales por organismos competentes en materias de urbanismo y no veo a ninguno del BNG pedir perdón y asumir su responsabilidad.

Dejad por lo menos que el anónimo desbardalle a sus anchas por semejantes lugares, donde la mentira, la frase envenenada y el escondite verbal, son vecinos permanentes.

Anónimo disse...

ola a todos, son o anónimo do ceboliño e xa cansa tanto interés que tedes en involucrarme co goberno eumés. nin son do goberno nin son representante de ningún partido politico eumés nin, como xa vos dixen noutro momento, nin falta que teño de enmerdarme coa política. de calquera maneira grazas pola importancia que me dades vista a vosa actitude e o aparente medo que vos produce o goberno eumés.

non debeu quedar todo tan ben atado como di raul cando non conseguíchedes traer a galescola nin levar o campo de futbol para o poligono de vidreiro como quería salorio. porque claro, esas terras non eran de balde, como as de nogueirosa.

deixade de buscar enemigos no equipo de goberno, tedes o ego moi alto, e ata o de agora parece que o goberno pasa de vós (igual que faciades vos coa anterior oposición)

e manteño: ide plantar ceboliño, que é para o que valedes... ou nin eso.

ceboliñ@s sen fronteiras disse...

¿ti pensas que para prantar ceboliño vale calquera? nótase que nunca moito prantaches, claro, estarías opositando

Anónimo disse...

Este si que foi bo, ainda me estou rindo.

P.D: ceboliñ@s sen fronteiras eres cojonudo.

30 anos de ceboliño disse...

Para información de algúns incrédulos bloggeiros e bloqueiros opositei hai moitos anos e dende moito antes planto ceboliño.

¿Cómo é que non se di tampouco que o BNG non votou a favor das axudas para material escolar, nin a favor da rehabilitación do casco histórico?

Podemos dicir, daquela que o BNG e o PSOE non queren que o casco se rehabilite e que non queren que as familias teñan axudas para mercar material escolar.

Ver para crer.

Anónimo disse...

pois daquela non mandes a prantar ceboliño en outubro, que non é a mellor data

Anónimo disse...

O BNG e o PSOE se cerraron nunha trincheira politica don NON, xa non importa o asunto o importante e negarse e levar a contraria. Estan sin rumbo

raul disse...

É curioso que se achaque a postura do "NON" ao BNG e PSOE, cando ámbolos dous levamos dicindo dende o inicio deste mandato que dada a actual situación é mais necesario ca nunca o diálogo e a negociación. Xusto ao que se opón o PP, mantendo unha postura de confrontación constante e evitando por tódolos medios que pode o diálogo político.
O PP si que está nun calexón sin saída, intrigando para comprar o apoio do COE, xa que pronto ten que facer os seus presupostos, e na actual situación non lle vai valer o que leva facendo ata o de agora: toda a culpa é do anterior goberno.

raulistas sem fronteiras disse...

raul, ceiba as cadeas e ponte á fronte!!!

Anónimo disse...

ero de que vades queredes abrir unha galescola para despois poñer a quen queirades. veña xa. explicadenos iso da contratacion no veran por parte dunha empresa de xente afin ao bloque para atender as galescolas mentras non se cubrian as prazas de conxerses polo estrambotico sistema que aprobou ese consorcio-chiringuito para manter aos cargos organicos ociosos do bloque.

Anónimo disse...

Ao amigo Raul
¿Canto había presupuestado para a Galescola no anterior Goberno?

¿Sabía o amigo Quin algo da galescola de Pontedeume?

¿O B.N.G botou a lingua a pacer decindo q había unha cantidade?¿onde figura?