1936. O balcón do concello de Pontedeme, coa franxa da bandeira española, a todo o longo da balconada, lembra os días mais negros de Pontedeume, a guerra civil e o franquismo.
Non lles chega con que tódolos días ondee a bandeira española, senón que tratan de molestar a todos aqueles que queremos facer mais democrático este Estado. Trátase dun insulto porque o Concello dende o franquismo, xamais tivo esta estética que lembra as efemérides fascistas. E no concello existen mais ideoloxías que a do PP, e por suposto o que non pode este partido é apropiarse do Concello.
Siguen instruccións do seu partido, escorado cara a unha extrema direita – de novo o volve a demostrar- para con estes actos propagandísticos coartar o diálogo democrático e de respeto entre partidos.
E un concello o que debe ter é respeto polos seus veciños e veciñas, que non pensan igual que o partido gobernante. Somos moitos e moitas aos que estas cores nos lembran tempos de torturas no que hoxe é a Biblioteca. Somos moitos e moitas aos que estas cores nos lembran os vencedores dunha guerra, na que os mortos non aparecían. Somos moitos os que padecimos en silenzo, mentres outros arrebuzados nesas cores disfrutaron de todalas prebendas que tivo a dictadura. E en cada pobo tivemos os nosos propios dictadores.
A democracia é diálogo e non insulto. Un partido pode comportarse como lle de a gana para difundir a sua ideoloxía, cando actúa polos seus propios medios, pero cando está nunha institución –que é de todos- non pode apropiarse de símbolos e impoñelos pola forza aos demáis, por que o que está a facer é un acto de forza, mais propio dun sistema fascista que da democracia.
30 comentários:
A Praza Real pareceume unha praza de touros. Vaia tropa que manda hoxe en Pontedeume!!!
Estades de coña, é iso, ¿non?
Porque como esta noticia a puxerades en plan serio, creo que vos falta un fervor, en serio, idevos mirar, non pasa nada, por ir de vez en cando a un psiquiatra.
Señores que mañán non traballamos, que é Festa Nacional, vamos a celebralo igual co día das Letras Galegas.
Só deixo dous nomes para a reflexión de quen escribiu isto:
CONXO e CARMEN POLO
E o bng dandolle bazas aos franquistas co tema do pazo de meiras. que queredes facer un santuario do franquismo? abrilo duas veces ao mes para lembrar mais a franco e inda por riba darlle mais cartos publicos. a ver si tedes o que hai que ter e iniciades un expediente de expropiacion para devolerlle ao pobo o que lle roubaron.
Pero a ver, non somos todos españoles, porque vos amola tanto o da bandeira.
A min pareceríame mal que puxeran outra( estranxeira, non pensedes mal)
Veña disfrutade do bo día e pasadeo ben.
Saudos a todos/as.
O balcón do concello de Pontedeume coa franxa da bandeira de ESPAÑA, lembroume que este cconcello tamén forma parte de ESPAÑA.
Pode ser que vos molesten as bandeiras iso creo, o que non podo crer e que queirades facer este pais mais democrático, as mostras din algo ben distinto.
Seguides as ordes do xefe porque presume de demócrata, cando non o é, visto dende fora e como a agulla dun compás sen eixo.
Os concelleiros deberían ter respeto os cidadans de todalas ideoloxías sin esquecer a CONSTITUCION, que até agora é polo que estamos rexidos, mal que vos pese.
Neste mundo non somos todos iguais,as cores que vin no frontal do concello lembráronme,
cousas boas:
PAZ
TRAQUILIDADE
TRABALLO
PROGRESO
pero vos vedes outras ben distintas:
dias negros
gerras
fascismo
torturas
mortos
ou pasades dos sesenta anos,ou vos atopades moi ledos nesa "longa noite de pedra"
.
Ningén pode comportarse como lle dea a gana,e moito menos o gober no do concello¿ou vos o faciades pode que si? A CONSTITUCION di que a bandeira e un símbolo,xa vexo que eso non o aceptades, debo supoñer que tampouco vos vAi ben a CONSTITUCION
OS TEMPOS NON SON CHEGADOS
Estou co último comentario, joder vaia dominio que tes amigo para saber coa tua edad dominar o ordenador e internet como para poder postear, si señor eso e saber estar cos tempos que corren,non sei cantos anos tiñas no 36, pero como dis que sufriches o que pasou neses anos, pois fago unha pequena conta e digo si tiña 18 no 36... Hoxe tés case que 90 anos, alegrome de que estes ben de saude e que ainda te sintas con forza de mostrar a tua opinión coa forza co fas.
Pero home, non hai que ser así, ti que tanto evolucionaches co tempo, deixa atrás aqueles malos tempos, gracias a deus, máis da 80 % dos españois non tivemos que sufrir esa epoca e nin tan sequera a metade dos españois sufriu a dictadura, asi que por favor deixanos sentirnos orgullosos coa nosa bandeira, a nós que sabemos mellor que nadie o que é a democracia, pois só coñecemos ésta como o noso propio modo de vida.
Lei de memoria histórica... menos mal que fuchedes vós a que a apoiachedes,non sei quen quere mirar para atrás.
Xa se sabe que todos os demócratas están no PP, chega con ler a derradeira entrevista de Mayor Oreja, publicada o domingo 14 na Voz, para mostra un botón:
P - ¿Por que lle custa tanto ao PP condenar o franquismo?
R - Porque iso forma parte da historia de España. Eu non o condenei, eu eloxio e encomio a transición democrática. ¿Como vou condenar o que, sen dúbida, representaba a un sector moi amplo de españois?
P - Por esa mesma lóxica, tampouco condenará o nazismo ou o estalinismo, porque moitos alemáns e soviéticos apoiáronos.
R - Na guerra houbo dous bandos e no nazismo só un.
P - No franquismo só houbo un bando que reprimía.
R - Tamén houbo dous, porque o franquismo foi a consecuencia dunha Guerra Civil na que houbo dous bandos. Non é o mesmo que o réxime nazi, onde había un só verdugo.
Concluindo, o franquismo non foi unha dictadura nin un goberno fascista, con Franco vivíase millor (dendo logo algúns moito millor). Pero claro, esto pasou hai moito; o problema é que no PP siguen mandando os afectos ao réxime e o resto a seguilos caladiños e sin rechistar.
o PP xoga a distraer para gañar votos, cando todas a súas estratexias para gañar votos fracasaron, térmase agora da bandeira de España e envóvese en ela en plan Paulina Rubio para desviar a atención, e todos picamos e entramos ao trapo. Só unha cousa, señores, xamáis nos imos parar:
Viva Galiza Ceibe!!!
Preguntar quen colocou a franxa Roja y Gualda, no concello, veredes que sorpresa levades.
UN FASCISTA RECONOCIDO E NON ARREPENTIDO.
Por certo olvidouse das flechas e da aguila.
bandeira espanhola fora do torreom!!!
¿Non tiñan xente no concello para colocar a bandeira? pregúntome porqué tivo que colocala un home falanxista cóñecido por todos e con un pasado que parece que queren tornar en presente coa colocación dunha bandeira que perde o seu significado para enviarnos outro subliminal que nos fai revolver as tripas. Estamos ante un goberno de dereitas pero parece que dos duros deses que quedaron anclados no pasado e chaman os persoaxes míticos e por desgracia imborrables cómo facendo alrdes de poder e ameaza.... ¡¡¡¡¡ que triste !!!! Bel somentes che faltou o polo
claro que o concello ten que respetar aos viciños pensen como pensen ,pero hai que ter cara para que vos ,precisamente vos digades isto,a bandeira de España ao día de hoxe mentres Galiza pertezca a España e a bandeira de todos,o que non e de todos e e unha mostra do mais noxento sectarismo e o que fichedes vos cando colocachedes en todalas dependencias do concello a noxenta bandeira de "nunca mais"si e digo noxenta porque a mi me daba noxo utilizar unha catástrofe para levar ao psoe ao poder que e o voso obxetivo prioritario,que pasa que os que somos de dereitas e estamos orgullosos de elo non somos persoas
Estou de acordo co anterior comentario,como vos sentiriades vos se cando foron os incendios forestais o verano pasado(con consecuencias mais graves que o prestige) o concello estivera decorado tanto no exterior como no interior ,con bandeiras contra o voso partido ,verdade que non vos gustaría?
Perdoa a bandeira é de todos pero o problema de algúns de dereitas e que utilizades esa bandeira con outro significado que non é o de ser español, sinon que é o de querer volver os anos da dictadura... claro exemplo que nos amosou a noso alcalde Bel deixando colocar a bandeira a este home tan representativo de estos ideais. Non é que os sintades españois sentides que a bandeira é o símbolo da fachurrarda que é que sodes...nos somos galegos e españois e vos sodes de dereitas e fachas, sintooo
cando lle chamas noxenta á bandeira de Nunca Máis calificaste como o que es, un alienado máis.
O dito, os comentarios califícanse por si sos, que terá que ver Nunca Mais con que un fascista colgue bandeiras españolas incumplindo a lei. Polo que se di ser de dereitas é o mesmo que ser parvo, Nunca Mais non buscaba poñer no poder a ninguén si non esixir responsabilidades polas desfeitas feitas e isto debería facelo calquer cidadán, sexa cal sexa a súa ideoloxía, a non ser que sexa parvo.
fora a bandeira espanhola do torreom, ou quitamo-la nos!!!
Non sei quen colocou a bandeira pero o que si sei e que o bng estivo gobernado estes últimos 4 anos gracias ao apoio dun concelleiro que no ano 1975(xa era concelleiro)pediu que colocaran unha placa non concello para agradecerlle ao ditador a súa obra de goberno
hay que ser cerrado eh, aparte de ser gallegos señores del bng les recuerdo que son españoles, en su dni pone españa a ver si vamos cambiando el chip de una vez que ya va siendo hora, y por cierto yo soy madre y no me gustaria que mi hija tuviera que ir a una galescola yo quiero que mi hija valla a un colegio en donde le enseñen por igual que quede muy claro el gallego y el castellano. sus dos lenguas!!!!!
Sr. BEL, o sea ,Sr. Alcalde:
Me permito facerlle un rogo, ou unha suxerencia, en relación a posta en escena da franxa Roja y Gualda, que vostede mandou colocar no balcon do Concello a o insigne e mais que recoñecido falanxista Sr. Fornos.
Nombreo seu asesor, no apartado de desfiles, ameazas a democratas, limpeza de emigrantes etcc..
E a o mesmo ytempo, tamen poderia asesorar a Concelleira de Cultura no apartado de Lengua Española.
Seria u bo fichaxe.
Adiante Bel, ti vales moito
Señor da Macuca as tuas suxerencias non son moi boas, pois case todosos eumeses(menos os do BNG, PSOE,IeP) sabemos como rematan as actuacions de moitos destes novos e vellos falanxistas, temos exemplos dabondo, en todolos partidos.
Mr. Tino Regueiro (BNG)
Mr. Chacho (IeP)
Mr. Belarmino (PSOE)
Dubido moito, que o señor da bandeira lle gañe a algún destes outros, todos eles moi ilustres.
Estes son os temas trascendentais: símbolos, himnos, bandeiras... Non sei se vos díchedes conta, uns e outros, as bandeiras... son trapos. Nin patria nin deus! (Nin nacionalismos, españois, norteamericanos ou galegos). Hai unha soa patria, é o mundo
"les recuerdo que son españoles, en su dni pone españa"
ESPANHOL EU? TI TOLEAS!
Señores do Bloque, podedes facer unha cousa, todolos os que sexades funcionarios (penso que a gran maioria dos afiliados) devolvedes a Acta como tales, por que segun vos O ESTADO que vos paga (ESPAÑA) non e digno de vos.
Unha vez feito isto falamos de bandeiras e do que queirades.
Creo que los PPeros estais un poco confundidos aquí nadie está diciendo que no somos españoles ni nada de eso, simplemente se está criticando la acción deun alcalde de permitir colocar a un falangista unAS BANDERAS DE eSPAÑA que solo vienen a dar el significado del pasado de la dictadura, no de que seamos o no españoles.... quitense la venda de los ojos y dejen de mirar con añoranza ese pasado dónde no había democracia tapándose con una bandera que quiere decir de todo menos ser español. Espero que en el día de Galicia veamos las mismas banderas en el concello y en el torreón
Algún concellal quere conseguir a praza de funcionario por descarte, a ver si renuncian todos os que sacaron a oposición para meterse él, si que é un bo método.
algúns non se enmendan. Onde van as promesas dunha maior implicación coa cidadanía e un máis intenso traballo? Qué pasa, só tedes un militante pàra actualizar a información e introducir comentarios no blog? Este é o perfecto escaparate do traballo do bng na vila.
E ti que sabes se agora fornos e falanxita,?igual cambiou como cambiou o voso antigo socio Manuel Agras que pasou do franquismo mais recalcitante a ultraesquerda
Sempre igual.
O mellor preferíades que ondease a bandeira vosa, a da estrela vermella.
Que eu saiba, a bandeira posta no Concello é a constitucional, pese a quen pese.
Ó mellor vos sodes os que preferíades ver unha anticonstitucional.
Que triste que un trozo de tela cunhas cores de para tanto.
As persoas que se esconden detras de tanta simboloxía esconden unha pobre esencia de seu.
Enviar um comentário