24/10/07

MOCIÓN DO BNG DE PONTEDEUME SOBRE ELIMINACIÓN DE SIMBOLOXÍA FRANQUISTA E RECOÑECEMENTO ÁS VÍTIMAS DO REXIME

Exposición de motivos

A Lei da Memoria Histórica –que xa se aprobou en Comisión parlamentaria do Congreso- pretende, dentro da consecuente condena do réxime franquista, por un lado, a restauración da dignidade a todas as persoas que foron vítimas do fascismo e que combateron a prol da legalidade democrática emanada de febreiro de 1936 e que botou abaixo a insurrección militar. E por outro, a erradicación de toda simboloxía e denominación ligada ao franquismo, que aínda ten moita presenza nas nosas vilas e cidades, tal e como se fixo en todos os países europeos que sufriron reximes totalitarios (nazismo e fascismo), pois ao respecto, non pode ser tolerable ningún pacto de silencio.
Pontedeume ten avanzado considerabelmente na eliminación de nomenclaturas franquistas de prazas e rúas da Vila. Sen embargo quedan aínda resquicios de símbolos do franquismo que os propios veciños teñen pedido a súa retirada, tal é o caso do existente nas vivendas de Salgado Torres; do mesmo xeito que quedan recoñecementos por facer ás vítimas e aos seus familiares, aproveitando as axudas que se están convocando ao respecto desde a Consellería de Cultura e Deporte fundamentalmente.
Por todas estas razóns, o BNG de Pontedeume propón ao Pleno o debate desta moción e a aprobación dos seguintes

Acordos

PRIMEIRO. O Pleno do Concello propón a creación dunha Comisión, formada por membros dos Grupos municipais, expertos no estudio do tema e aberta a entidades sociais e culturais, co obxecto de estudiar medidas de recoñecemento e homenaxe ás vítimas do Franquismo.

SEGUNDO. De acordo coas asociacións veciñais, comunidades de veciños, etc., procederase á retirada da simboloxía franquista restante, concretamente a das vivendas do Picho, e doutros lugares públicos (fontes, ríos, rueiros...) se existir.

44 comentários:

Anónimo disse...

É motivo de satisfacción que o Pleno aborde POR VEZ PRIMEIRA o recoñecemento ás vítimas do franquismo, cousa que non se fixo durante a longa noite de pedra dos supostos gobernos de esquerda neste Concello. É chamativo, cando menos, que teñamos que esperar á chegada da dereita ao Concello para que se empecen a plantexar medidas coma éstas. Durante o bipartito, cuxo goberno coincidiu co 70 aniversario do golpe de estado, o inicio da guerra civil e o final da República, non só non se organizaron actos, senón que incluso non se aproveitaron iniciativas como a do barco da memoria, que si se desenvolveron en concellos veciños. Podedes explicar isto?

Anónimo disse...

Eu propoño unha solucion mais democratica, que seria facer un referendun neste concello, non vaia ser que a satisfcion sexa so para a minoria, e eso seria cousa de fascistas.

Anónimo disse...

E o franqista Manuel Agras tamén vai votar que si,?hai que lembrar que no ano 1975 pediu que lle adicaran a Franco unha placa no concello,esto da memoria histórica pode traer efectos que ignoran os promotores,esquerdistas actuais cuios padres foron xefes locais da falanxe e dereitistas actuais cuios padres foron asasinados polos falanxistas,

Anónimo disse...

En total acordo co primeiro anónimo. Queda por dicir algo máis, moito máis, por exemplo que esta inciativa vaise tomar dacordo con asociacións, comunidades, etc. Non sei si queda algunha asociación que quera ter tratos co concelleiro do BNG, depois de anos de dedicarse a romper asociacións que non se deixaron controlar.

Anónimo disse...

Invitovos a vir o seculo XXI, o ano 2007 que esta a piques de acabar, pero a ver neniños, non vos chegou o pau que levachedes nas eleccións, por favor espabilade a troita e preocupadevos pola xente.

Nacionalistas...

Anónimo disse...

Invitovos a vir o seculo XXI, o ano 2007 que esta a piques de acabar, pero a ver neniños, non vos chegou o pau que levachedes nas eleccións, por favor espabilade a troita e preocupadevos pola xente.

Nacionalistas...

breameir@s sem fronteiras disse...

fora simbología fascista da vila!!!

Anónimo disse...

Señores do BNG, cando se fai alusión as ditaduras, non so hai que falar daquelas de carácter NACIONALISTA (nacional solicialismo en Alemania, o fascismo en Italia, e nacional catolicismo en España), si non tamen daquelas outras de carácter COMUNISTA, coma todas as do bloque do leste, que si unhas foron malas outras non quedarón atrás.

A o meu entender, debían de presentar unha moción que creara unha comisión para lembrar as vitimas da BARBARIE, e o mismo daría que sexan vitimas do franquismo coma vitimas da represión republicana, ou simplemente xente que morreu na guerra por que sin habelo elixido tocoulles participar na mesma, no bando donde xeograficamente estaban ubicados facendo a mili.

Cando lles toque DIGNIFICAR a o pai de algún que todos coñecemos, espero que non teñan reparos en facelo.

Anónimo disse...

Totalmente de acordo co último comentario,

Anónimo disse...

Totalmente de acordo co último comentario,

Anónimo disse...

Pare Breameiros sen Fronteiras, Poderiasme dicir cales son esos simbolos fascistas que hai no noso pobo?

Porque nin a simboloxía que hai no Picho é simboloxía Franquista, a non ser que agora a simboloxía que tiñan os Reies Católicos se le chame Simboloxía Franquista, si é así disculpen a miña ignorancia.

ADEUS

breameir@s sem fronteiras disse...

fora simbología fascista da vila!!!

(ou quitámo-la nos)
PD: a dos reises católicos também

Anónimo disse...

Recollemos un texto da páxina Pontedeume, retrato dunha vila:
Reivindicamos unha lei da memoria histórica pero máis completa do que o PSOE, no Estado, e o BNG, en Pontedeume, reclaman. Unha lei que permita a señores como Agras recordar que foron colaboradores dun réxime que asesinou aos seus seres máis queridos.

E unha última reflexión. O Concello de Pontedeume nomeou rexedor perpetuo a aquel xeneral que non tremía cando tiña que asinar as sentenzas de morte. Tampouco o BNG cando estaba no goberno tivo a sensibilidade de lembrar este feito e pedir a revogación por parte do Concello de tan ilustre título. Desexamos facer extensíbel esta lei ao BNG.

Anónimo disse...

Co respecto ao comentario anterior a Agras lle asasinaron ao irma cando el tiña 3 anos ou sexa que non o coñeceu,o de que lle mataron ao pai e outra das súas mentiras ,séu pai morreu na guerra de enfermidade,porque tamen se morria deso non solo polas consecuencias da guerra ,que minta ata niso amosa o tipo de persoa que e

Anónimo disse...

Lo de Chacho todo es puro teatro lo malo que como actor es malisimo,
en el último pleno casi.....llora
recordando sus familiares muertos en la guerra.....jejeje

Anónimo disse...

algúns comentarios rezuman dun franquismo trasnochado e vergoñento. Non caben discusións sobre a legalidade do réxime republicano, onde tamén tiña cabida a dereita e os partidos nacionalistas. Éstas foron as vítimas que hai que honrar e lembrar. Asustan as mensaxes que tratan de ocultar esta verdade elemental. Que agora veñan coa leira de que caeron de ámbolous dous bandos non é outra cousa que minimizar a ditadura, aceptar o réxime franquista e minimizar a represión. E como si á hora de condenar o nazismo se lle ocurre a alguén comentar que non todos os nozis eran malos ou que durante a guerra todos eles cometeron atrocidades. Pero, haber, quen protagonizou o levantamento do 36, os comunistas? Éstes loitaron pola defensa da República.

roi xordo disse...

Disinto do anterior comentario, os comunistas non loitaron pola defensa dunha república democrática, senón pola instauración dunha dictadura marxista, ao igual que os anarquistas da CNT en Catalunya loitaron pola instauración dunha sociedade libertaria; nesa guerra polo lado republicano cada un foi ao seu, e así nos foi a todos...

Anónimo disse...

que alguen se crea o conto de que unha republica idilica foi suprimida por uns xenerales golpistas amosa a súa ignorancia,se tivemos que sufriro durante 40 anos unha ditadura foi en gran parte culpa dos partidos de esquerda que solo respetaban a democracia cando ganaban as eleccións ,cando non as gañaron no ano 34 ,provocaron unha insurreción armada contra o goberno lexítimo da república que ostentaba a CEDA,por certo e por desgracia ,un destes partidos golpistas hoxe en día ten as mesmas siglas e e o mais poderoso do pais ,se este fora un país normal este partido tería hoxe en día a mesma implantación que o séu homologo na dereita que era a falanxe ,con quen compartía o seu carácter antidemocrático

Anónimo disse...

home, hai certo maniqueismo nas túas verbas, ¿ou pretendes dicir que a CEDA e demáis forzas de dereita eran defensores da democracia? alí, con perdón, cagárona todos, non só a esquerda...

Anónimo disse...

Maniqueismo tamén e o teu,porque a CEDA gañou aquelas eleccións democráticas, non pensarás convencernos que a democracia e un ben exclusivo da esquerda.

Anónimo disse...

Anda, dejar de joder, y poneos a follar!!!!!

Anónimo disse...

Pero bueno, donde estamos?? La guerra pasó. Unos ganaron otros perdieron. Más bien perdimos todos.
Olvidaos de eso. Se cometieron barbaridades por todos lados.
Hay gente que tambien tiene recuerdos del otro lado. Quereis otra vez volver a enfrentarse???
Otra vez las dos españas??

Jooooooder

Anónimo disse...

Efectivamente, olvidémonos de todo. Bueno, de casi todo. Y así que pasen 40 años también de las víctimas de ETA. Pero, qué es eso de que ya pasó? Se trata de un alegato contra la historia en su conjunto o, que es lo que me temo, contra una parte que no gusta. Entérense. No gusta por que fuimos cómplices, porque aguantamos 40 años sin decir nada, sabiendo lo que hacían a nuestro lado. Entérense de una vez, ésta incómoda digestión es fruto únicamente de una transición mal hecha, de la incapacidad de la derecha para pedir perdón, del pudor vergonzoso de una parte de la izquierda que durante estos anos no fue capaz de reclamar por sus propias víctimas un trato de dignidad y justicia. ünicamente se trataba de reconocer que durante el franquismo se cometieron atrocidades y que los sobrevivientes y sus familias merecíamos un simple y elemental trato de justicia. Nada más. Y por favor, que dejen de una vez de pedir que nos olvidemos, que pasemos página, que miremos para adelante. Si ellos son capaces de hacerlo, por ignorancia, por algún complejo de culpa o porque escuchan los sinsentidos de sus líderes, que se cayen y nos dejen a los demás seguir exigiendo lo que es de justicia

Anónimo disse...

E certo que nesa época todos foron en certa medida responsables,por eso non e lóxico que un deses partidos hoxe nos goberne,e non solo non intentan esquecer esa etapa senon que están orgullosos da sua labor neses anos

Anónimo disse...

A MI LO QUE ME RECUERDA A FRANCO SOIS VOSOTROS!!!!!

breameir@s sem fronteiras disse...

pois a mim lembras-mo ti

¿Onde non están os falanxistas? disse...

Nego maiorem, ergo nego consequentiam.

Nótese ironía; se os xudeos foron sacrificados foi por necesidade, eles mesmos o provocaron. Din malas linguas que mesmo apretaban eles mesmos o gatillo.

En España pasou o mesmo, se houbo 40 anos de dictadura por golpe de estado, foi por culpa dos represaliados, eles mesmos o buscaron. De feito, din as malas linguas que estaban eles desexando ser masacrados e o sistema político democrático aquel, desexando ser suprimido por vontade popular. Á xente non lle interesaba ter oportunidade de votar, era incluso negativo para o ben común. Pagaba a pena ter a un galego bajito con voz de pito dicindo misa en mítin e engrasando o garrote vil. Agora os do PP veñen a escribir en galego no blog do BNG, e despenalizan a gravidade algúns, lexitiman incluso outros, 40 anos de ditadura e asasinatos. En Alemaña estariades no cárcere por alentar sistemas políticos antidemocráticos e por negacionistas da represión.

Anónimo disse...

Ti si que non tes nin idea recomendoche que se queres estar informado sobre este periodo da historia te molestes en ler ,algo que non creo que fagas con moita frecuencia senon non dirias esas burradas,Eu non son de ningún partido e escribo no idioma que me peta,nesa epoca calquera dos bandos querian impoñer as suas ideas pola forza ,senon triunfara o franquismo se imporía unha ditadura de esquerdas como pasou en moitos paises da europa do Leste cuxos métodos represivos igualaron ou superaron aos do Franquismo(lembremos a o voso amigo stalin responsable de millons de mortes ),ainda hoxe tedes a cara de defender a asasinos como Fidel Castro.

Anónimo disse...

Ti si que non tes nin idea recomendoche que se queres estar informado sobre este periodo da historia te molestes en ler ,algo que non creo que fagas con moita frecuencia senon non dirias esas burradas,Eu non son de ningún partido e escribo no idioma que me peta,nesa epoca calquera dos bandos querian impoñer as suas ideas pola forza ,senon triunfara o franquismo se imporía unha ditadura de esquerdas como pasou en moitos paises da europa do Leste cuxos métodos represivos igualaron ou superaron aos do Franquismo(lembremos a o voso amigo stalin responsable de millons de mortes ),ainda hoxe tedes a cara de defender a asasinos como Fidel Castro.

Anónimo disse...

Vese que ti les moito, por iso escribes doble, coma estase a ver día tras día intentades que unha mentira contada moitas veces convértase nunha verdade. Resulta que unha república constituida legal e democraticamente íase convertir nuna dictadura, teño lido e escoitado moitas barbaridades, esta non sei si as supera o que si sei que está a altura das grandes teorías da conspiración. É incrible que unha persoa que le tanto, habría que ver o que les, corrixo, é fácil deducilo vendo o que escribes, non poida aceptar a realidade histórica que non é outra que a dun golpe militar contra un goberno lexítimo que provocou unha guerra e instaurou unha ditadura fascista e un verdadeiro réxime de terror e represión.

Por certo, prefiro defender a Fidel antes que ao "demócrata" Bush, responsábel do asasinato de miles e miles de inocentes.

breameir@s sem fronteiras disse...

vós, fascistas, sodes os assassinos e os terroristas

Anónimo disse...

a o anterior so hai que ver os argumentos que da,insultos eso e o voso,en canto a os simbolos os lembro que en Rusia ainda se conserva a tumba momificada de Lenin ( o que me parece moi ben),e no pueblo natal de Benito Mussolini tamén se conservan restos da sua memoria (o que me parece tamén moi ben),esto de destruir simbolos e estatuas e propio dunha esquerda inmadura que levamos padecento dende a fin da ditadura ,e curioso que hoxe en dia os mais antifraquistas son os que non o viviron por razóns de idade (nos que afortunadamente me incluio),ou os antifranqistas "retroactivos"cuxo exemplo no noso pueblo e o Facha Manuel Agras,eu o que padecin foi o felipismo "daba gusto ver ,a xente fumando porros e indo a concertos subvencionados",isto e o único que pode dar ese "partido" que tanto defendedes,partido que non e homologable a ningún Europeo(vexase senon en Italia que cun goberno de esquerdas decidironse a botar a todo o lixo de delincuencia estranxeira ) deincuentes que o voso amigo ZP recibirá cos brazos abertos

Anónimo disse...

ademáis de fascista, xenófobo, noraboa!
as veces que viaxei a Italia non vin ningunha estatua de Musolini presidindo unha praza, nin tampouco rúas co seu nome; en Alemania un tanto do mesmo, nin unha soa Avenida Hitler o Praza Goebbels.
Hai que ver que voltas dan algúns para defender o indefendible, de risa.

Anónimo disse...

Se chamarlle lixo a violadores,asaltadores de casas ,falsificadores de tarxetas de crédito,proxenetas,traficantes de drogas,asasinos ,homicidas,atracadores independientemente da sua nacinalidade,enton si que serei "xenofobo" para min cant menos "xente"desta vexa mellor,o malo e que os que tanto os defendedes non os levarades para as vosas casas.se tanto os queredes ,por que non compartides os vosos cartos con eles,

Anónimo disse...

"violadores,asaltadores de casas ,falsificadores de tarxetas de crédito,proxenetas,traficantes de drogas,asasinos ,homicidas,atracadores"
vaia, da a casualidade de que moitos destes calificativos pódense aplicar a xente de Pontedeume, nados na vila e que no seu D.N.I. pon: Nacionalidade: Español. ¿con esos que facemos, lévalos ti para casa?
un pouco de menos demagoxia, por favor...

Anónimo disse...

Pois como xa co DNI Español hai bastantes e non podemos botalos ,non fai falla que veñan de fóra ,e tamén digo o de menos demagoxia por favor,que a este tipo de xente a hora da verdade ninguen a quere cerca deles,maduremos un pouquiño e non fagamos apoloxía da delincuencia

Anónimo disse...

Creo que o BNG debe plantexarse se a súa páxina debe recoller estes comentarios con semellante nivel. Algo debe ter este partido para atraer tanto rencor. Pero sexa o que sexa, a imaxe que se ofrece nesta páxina é lamentábel. Hai que buscar unha solución

Anónimo disse...

seguimos coa doada ecuación INMIGRACIÓN = DELICUENCIA; semella sinxela, pero case lle da a victoria a Lepene en Francia; vos veredes a onde queredes chegar

Anónimo disse...

Da gusto ante o que non se quere oir censura,moi democrático,todos os paises civilizados limitan a inmigración,velai senon o caso de Dinamarca que lles esixen aos inmigrantes para legalizalos 9 anos de estadia e 1 exámen de idioma e cultura do pais ,ademais de poner grandes trabas a agrupación familiar ,vas comparar paises coa historia de Dinamarca ,Francia,Reino unido,Suiza cunha traxectoria democática impecable,con España que carece dela

Anónimo disse...

"España carece de traxectoria democrática", vaia home, agora sí que estamos de acordo

Anónimo disse...

Pois claro que e certo que en España non hai cultura democrática,non se respeta ao oponente político,e os paises do resto de Europa e moitos extracomunitarios nos deben de ver como o que desgraciadamente somos unha panda de pallasos,somos os tontos de Europa,e ata portugal se fai respetar mais que non Eu sería partidario de nos federar con Portugal asi xa non teriamos que padecer nunca mais ao Psoe

roi xordo disse...

¿e o PP, é mellor que o PSOE? non me fagas rir...

Anónimo disse...

HOME O PP QUE EU SAIBA NON FAI APOLOXÍA DA DELINCUENCIA COMÚN(AINDA QUE CANDO GOBERNOU NON TIVO O QUE HAI QUE TER PARA MODIFICAR O CÓDIGO PENAL APROBADO POLAPSOE QUE FAVORECE AOS DELINCUENTES),NIN TAMPOUCO ENTERROU A XENTE EN CAL VIVA (CASOS LAZA E ZABALA),ESE "GRANDE PARTIDO"QUE TANTO APOIADES NOS VAI VOLVER LEVAR AO SAQUEO DAS ARCAS DO ESTADO

Anónimo disse...

Sois más franquistas que Franco. Quereis quitar simbología de una dicatadura, para poner vuestra asquerosa estreslla roja comunista en la bandera gallega.

PD. el comunismo mató en el mundo a 98 millones de personas.