- PREGUNTA 1: O Concello puxo a disposición da Deputación provincial uns terreos en Ombre para a construción dunha Minidepuradora. Houbo algún tipo de contactos ou xestión para que as obras empecen canto antes?
- PREGUNTA 2: Abandonouse o regado do Paseo marítimo ao longo deste verán e agora o céspede esta queimado e vai ser difícil recuperalo. Que sucedeu para chegar a esta situación? Vaise retomar o regado canto antes e mantelo cando sexa preciso?
- PREGUNTA 3: Que pasou coa praza de Xardineiro do Paseo marítimo? Negóuselle a incorporación, despois aceptóuselle (porque presenta un escrito que antes non aparecía), despedíuse ao traballador que o sustituía,… Chegou a incorporarse o titular? Cal é a situación actualmente?
- PREGUNTA 4: Houbo conversas con Educación sobre o asunto da rúa Galera. Hai resultados ao respecto ou debemos esperar e seguir insistindo?
- PREGUNTA 5: Sobre a petición de aparcar no IES Fraga do Eume. Que contestou a Delegación? Cursouse esta petición a través da vía máis proxima e lóxica, o Consello escolar do Centro?
-PREGUNTA 6: Parécenos tempo dabondo para ter constituído o Consello Escolar Municipal e tamén para telo convocado. Fíxose algo ao respecto?
- PREGUNTA 7: Pénsase seguir co programa de melloras das escolas unitarias para o que había partidas no Orzamento municipal?
- PREGUNTA 8: Como se xustifica a colocación de bandeiras españolas en solitario en edificios públicos municipais, como o Torreón, durante varios días, cando a Lei contempla que terá que ondear xunto coa da Comunidade Autónoma e Concello, como é o caso (art. 4º Lei 39/1981, de 28 de outubro)?
- PREGUNTA 9: Sobre a concesión das subvencións de Comercio da Consellería de Innovación e Industria. Pódese informar a este Pleno como está o asunto, concretamente no relativo a rúas peonís e Mercado Municipal?
24/10/07
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)
3 comentários:
¿Que pasou coas sentencias de despidos improcedentes de peones do concello que o tripartito resolveu con indemnización, negándose a incorporarlos pese a sentencia xudicial?. ¿Quen firmou estos despidos para indemnizar co diñeiro de todos os eumeses? o sr. Manuel Rey .
Respecto a pregunta un,
Segundo a información que se oe por Ombre (E sabíamos todos os veciños) a depuradora tiña que comezar a funcionar o 1 de xaneiro de 2007. ¿Quen ten a culpa? ¿Quen gobernaba nesas datas? ¿Quén tiña que construíla e poñela a funcionar? ¿Eses cartos non viñan da comunidade europea? ¿Onde están?
Cando sain deste pleno, sain con unha firme conviccion. Temos un goberno que sabe ben o que esta a facer, e como ten que obrar, para sacar este concello do abandono no que o deixaron uns caraduras, aos que lles estan demostrando como se goberna un concello.
As respostas a todalas preguntas da oposicion pareceronme moi clarificadoras, e pleno tras pleno imos sabendo a xente que tivemos a fronte deste concello o longo de 20 anos.
A conclusion que saquei e que o equipo de goberno cagoulle na gorra aos listos da oposicion.
Enviar um comentário