24/11/07

Declaración do BNG polo día internacional contra a violencia de xénero

O 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, é unha data para a denuncia, para a concienciación social, e para avaliar os avances que se teñan dado e anticipar novas liñas de actuación. Os cambios e avances no tratamento legal da violencia de xénero son pasos necesarios para loitar contra este fenómeno. A Lei Galega para a Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero é un instrumento para unha nova abordaxe da violencia de xénero no ámbito galego co fin de conseguir unha verdadeira realización do principio de igualdade entre mulleres e homes, porque un dos obxectivos prioritarios de toda sociedade democrática é a igualdade entre os homes e as mulleres e unha unha clara expresión da desigualdade é a violencia de xénero.

A sociedade galega non debería aceptar ningunha forma de violencia de xénero, e as institucións locais teñen que tomar consciencia e responsabilizarse na tarefa de eliminación da violencia exercida contra as mulleres.

Tomar consciencia é un paso que hai que dar de modo colectivo, desde o mundo laboral, as institucións, os medios de comunicación, o ensino, etc, mas tamén é un paso que se debe dar de modo persoal e individual. Para construír unha sociedade baseada nos valores democráticos de igualdade entre mulleres e homes, necesitamos de medidas lexislativas ou contributos desde as administracións públicas, que o BNG leva poñendo en marcha onde ten responsabilidades de goberno, mais aínda é necesario o compromiso social. Este compromiso social constrúese desde a solidariedade persoal á hora de condenar sen paliativos as accións de violencia contra as mulleres, de denuncialas e facer visíbeis as nosas denuncias. Por iso o BNG desta volta quere chamar tamén á responsabilización e ao compromiso persoal de cadaquén.

Os agresores non deben achar respaldo para continuar con "normalidade" a súa vida mentres as mulleres agredidas pasan auténticas dificultades para recuperar as súas vidas. Estas dificultades son moitas e teñen que ver co aspecto económico, laboral, familiar e social.

No momento en que vivimos, onde as mulleres seguen a ser obxecto de maos tratos e moitas perden a vida a mans da súa parella ou ex-parella, non cabe ollar para outro lado, debemos dar a cara todos e todas, e asumir homes e mulleres que coa violencia de xénero non caben medias tintas. Contra a violencia machista debemos actuar todos e todas. Todas e todos somos testemuñas, e podemos escoller entre ser cómplices ou ser persoas solidarias que non imos consentir co noso silencio que se lexitimen condutas violentas contra as mulleres que perpetúan concepcións machistas asentadas en valores patriarcais.

O papel que teñen os concellos nesta loita común é fundamental, xa que poden actuar como ponte de conexión entre as políticas deseñadas a nivel nacional polo goberno galego e a cidadanía, e poden constituírse nun modelo de repulsa para todos os veciños e veciñas dos actos de violencia contra as mulleres, manifestando a súa total condena e proclamando a súa corresponsabilidade na prevención, persecución e denuncia dos casos de violencia machista, así como a atención ás mulleres en situación de violencia de xénero.

As cifras de denuncias e de mulleres asasinadas que se repiten ano tras ano, poñen de manifesto dunha maneira brutal, que aínda non podemos baixar a garda, e que se fai imprescindíbel a implicación de todas as institucións, asociacións e persoas. Sabemos que nos enfrontamos a un problema estrutural, pero este feito non pode converterse nunha escusa para non actuar.
Cómpre pois unha implicación real de todas as administracións no desenvolvemento de actuacións encamiñadas a previr e paliar esta situación.

29 comentários:

Anónimo disse...

De acordo co dito pero me gustaría ver ista contundencia contra outro tipo de delincuentes:atracadores,homicidas,conductores asasinos,navalleiros,traficantes de droga etc,o estado Español e o único do mundo civilizado en que ser de esquerdas e defender aos delincuentes,por iso temos o código penal mais benigno de toda Europa,(salvo no caso da violencia de xénero ) e asi nos vai

Anónimo disse...

Cómo se pode decir semellante animalada, eu xa o supoñía, pero isto é o colmo, os pepeiros xa non saben que dicir ou facer para recuperar o poder, "ser de esquerdas é defender aos delincuentes" toma análise das posición políticas. Na mesma lóxica a dereitona e a defensora la liberdade, da democracia e dos valores mais sagrados da humanidade, pena que non conseguírades queimar todos os libros e rematar con todas as cultaras que tozudamente vos quita n a razón

Anónimo disse...

E como calificarías que na última regularización masiva de inmigrantes fueron regulados 30000 que contaban con antecedentes penais?,non e isto defender aos delincuentes?,se algún día eres vitima dun delito veras como teño razón,no reino Unido por exemplo gobernen os laboristas ou os conservadores non se cuestionan a mano dura cos delincuentes aquí quen pide que paguen por o que fan chamanlle "facha"

Anónimo disse...

Os fachas son os que relacionan imigración con delincuencia, os que non lle poñen fronteiras ao capital e si as persoas, iso é ser facha, os delincuentes teñen que ser xulgados e condeados, independetemente de onde veñan e a súa nacionalidade. Pero todos. Hai mais delincuentes sentados nos postos dos consellos de administración das grandes multinacionais que os que poidan vir nunha pateira.

Anónimo disse...

Deixádevos de lerias.

Sorprende tanta declaración do BNG polo día internacional contra a violencia de xénero e tanta crítica en prensa polo acto municipal, e ese grupo político non tuvo ningún representante no acto. É máis, foi o único grupo político que faltou ao acto oficial do Concello.

isto sí que é coherencia...

roi xordo disse...

eiquí semella que calquera tema é bo para continuar na divagación demagóxica, e o herdeiro de Catón e Cicerón este que partindo da violencia de xénero, acabou relacionando a inmigración coa delicuencia baixo o amparo da esquerda é o caso máis claro de como relacionar o cu coas témporas. Noraboa

BNG Pontedeume disse...

O BNG non acudeu ao acto celebrado no concello como forma de protesta ante a falla de compromiso do actual goberno coas políticas sociais, o cal veuse claramente reflexado na organización a última hora dun simple acto no concello sin levar a cabo campaña algunha ou calquer outra actividade como víñase facendo outros anos.

roi xordo disse...

o BNG de Pontedeume está cada vez máis desnortado, ¿é xeito de protestar o non acudir a un acto en contra da violencia de xénero?
Como a súa política social é escasa, boicoteamos as poucas cousas que fan...
Xa hai tempo que algún tiña que ter dimitido se tivese un mínimo de vergoña

Anónimo disse...

Determinados grupos de inmigrantes veñen de paises con unha cultura machista moi arraigada(caso latinoamericanos),ou que consideran a muller un cero a esquerda(os Magrebis),debemos de ter tolerancia cero con estas conductas ,e facer que respeten os nosos principios de igualdade a muller que tanto costou acadar pero que agora están en retroceso

roi xordo disse...

comentarios coma este enches as furnas de votos para a ultradereita populista en toda europa, o mesmo Lepene podería ter asinado enriba miña.

Anónimo disse...

Ese comentario ainda que non sexa politicamente correcto e a realidade,e non e so da ultradereita,isto mesmo o dixo o histórico lider de esquerra Republicana de Catalunya Heribert Barrera,e o pensa moita xente o que pasa e mellor pensar que vivimos no país de Alicia das marabillas,despois veñen as consecuencias que pagamos todos

roi xordo disse...

e que, amigo meu, non se lle poden poñer cancelas ao monte e moito menos ao mar; mentres o primeiro mundo siga a asubiar e ollar para outro lado, a xente seguirá a vir a onde hai cartos; pero iso é unha reflexión demasiado longa, pero hai que ter moito coidado co que se dí, porque despois hai sempre algún descerebrado que en base a iso deixa tetrapléxico a un congoleño ou apuñala a un antifascista en Madrid; non se pode apagar o incendio con gasolina

Anónimo disse...

Os dirixentes do BNG local tedes que formater o disco, que o tedes rallado e sin ideas.

Anónimo disse...

Claro que se lle poden poñer cancelas ,se non fixate no Xapón,situado a menos de 200 km da China e hai mai Chinos Eiqui que ali,por qué te cres que é ,por que non lles gusta o xapón ou por que non lles deixan entrar ,se queredes convertir isto nun asilo dos "pobres Da Terra"o estades acadando.o 70% dos delitos son cometidos por estranxeiros,isto e asi ainda que non vos guste

Anónimo disse...

Pero o acto do concello era contra a violencia de xenero, non era para homenaxear aos actuais gobernantes. Hai que saber estar e facer menos sesudasanalises politicas de pacotilla que os levaron a perder na comarca o que perdichedes.

CresceNet disse...

Oi, achei seu blog pelo google está bem interessante gostei desse post. Gostaria de falar sobre o CresceNet. O CresceNet é um provedor de internet discada que remunera seus usuários pelo tempo conectado. Exatamente isso que você leu, estão pagando para você conectar. O provedor paga 20 centavos por hora de conexão discada com ligação local para mais de 2100 cidades do Brasil. O CresceNet tem um acelerador de conexão, que deixa sua conexão até 10 vezes mais rápida. Quem utiliza banda larga pode lucrar também, basta se cadastrar no CresceNet e quando for dormir conectar por discada, é possível pagar a ADSL só com o dinheiro da discada. Nos horários de minuto único o gasto com telefone é mínimo e a remuneração do CresceNet generosa. Se você quiser linkar o Cresce.Net(www.provedorcrescenet.com) no seu blog eu ficaria agradecido, até mais e sucesso. If is possible add the CresceNet(www.provedorcrescenet.com) in your blogroll, I thank. Good bye friend.

Anónimo disse...

Desde o 25 pode que pasaran cousas de interes politico no concello. Pode que sexa que o BNG local non fai nada que non sexa o que lle organizan outras instancias politicas. As que ten en Madrid

Anónimo disse...

Dos asesores del Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar, que gestiona las galescolas, se presentaron ayer al primer ejercicio para la cobertura de las plazas de directores de ambas áreas, dependientes de la Vicepresidencia de la Xunta. Se trata de la ex concejala del BNG en Ames Pilar Candocia y de Andrés Vázquez, que vienen ejerciendo en funciones los cargos que ahora salen a oposición.

Candocia y Vázquez fueron miembros de tribunales que juzgan a los aspirantes a las más de 1.300 plazas que pretende cubrir el consorcio antes de que acabe la legislatura. Algunos de los miembros de los tribunales que les deberán juzgar fueron compañeros de ambos en comisiones de valoración de pruebas ya realizadas.

La vinculación de los dos aspirantes a las plazas es tal que, en las pasadas municipales, un folleto electoral del BNG presentaba a Candocia como directora del área de Igualdad del consorcio. Vicepresidencia atribuyó este hecho a "un error del BNG".

Anónimo disse...

Blog morto como o BNG. Creo que hai directrices neste partido de deixar os blogs (Paco R. dixit) por miedos a que 'dicen'. Pero os ¡¡¡votantes¡¡¡, quero decir os votantes de esquerdas (non seremos logo do BNG) esperamos o debut (antes non soubemos nada) de Manuel Rey en los presupuestos. "Non me gustan, non valen, fueron moi malos, por eso votamos no. Son malos, moi malos, son contra o BNG, pero non me pringo; son profe e teño a miña dignidade -e salario/salorio- . Despois o profeta con salario de Pontedeume de esquerdas xa nos deleita co seu espacio na prensa (cobra por artigo, si no no me lo puedo creer).
Raul, Raul, se non atallas, malo.

Anónimo disse...

Pechade o chiringo. Tede algo de folgos e bofacer, e valor por unha vez. Pechade ou seguide
Todos sabemos cousas de todos. Non vaia ser...

anónimo disse...

suxiro cambiar de siglas: D.E.P ou R.I.P por B.N.G

Anónimo disse...

En canto o de enchufismo nas galescolas,neste pais tanto lapsoe(como lle chaman os Andaluces)ou o BNG deron xa mostras de superar ao propio PP,tendo ademais a ventaxe de contar coa complicidade de dous importantes sindicatos Ugt e Ciga,os ilusos que non sabían isto que agora non se queixen,non os votaron pois agora que os aturen

Anónimo disse...

Empezaremos a contar os casos que ocurren no concello de Pontedeume, de favoritismo do PP que goberna con funcionarios. Hai cifras de pagos e outras cousas a traballadores. familiares, amigos afiliados ...

Anónimo disse...

Pois oxala que o fagades e de paso podemos lembrar casos anteriores ante os que o BNG calou,cando gobernaba .o enchufismo está mal o faga quen o faga e sinvergoñas hai en todolos partidos ,ainda que en alguns hai mais que noutros

Anónimo disse...

Gran paxina esta Adiante compañeiros, non fenezades

CAPITÁN FUMERA disse...

Ben... eu só vexo que se fala de máis, na vez de actuar de máis.
É un mal que vexo en tódolos partidos políticos locais.

Anónimo disse...

Estades amañando a volta ó governo???
Canto lle ofrecíchedes a Sande para que vote no voso senso?

Anónimo disse...

goberno, non governo! non sexas burrancán!

Anónimo disse...

Como Vai a campaña para xustificar ao tránsfuga Sande?,que agora deuse de conta que e progresista e os séus antigos compañeiros uns fachas,(en cambio tera que pactar co franquista Manuel Agras),as cousas claras Manuel rey está desexano voltar ao concello(cobrando)e Sande solo quere un soldo para non dar pancada,a realidade e mais prosaica,todo se reduce a unha palabra DIÑEIRO,DIÑEIRO DIÑEIRO