31/05/07
2ª Semana do Libro e da Lectura "Vai de medo..."
Organizada pola Concellería de Ensino, vai desenvolverse na Casa da Cultura entre os días 3 e 9 de xuño. Inaugúrase o domingo 3, ás 12.30 co espectáculo do Mago Antón "Ler por arte de maxia". Ao longo da semana desenvólvense os obradoiros con actividades para os nenos e nenas dos Centros de Pontedeume e comarca de ensino infantil, primario e ESO: de ilustración (Anxo Fariña), de contacontos (A. Moure, Colectivo Tagen Ata, Pavís Pavós), de banda deseñada (Tokio), de monicreques (Galitoon), de plástica creativa (OQO), de teatro e expresión corporal (Nekane Fernández). Todos os días, a partir das 18 h. haberá actividades similares ás anteriores, abertas ao público en xeral e actividades para o profesorado (curso homologado). Os espazos estarán ambientados con Exposicións de libros relativos ao medo, Exposicións de ilustradores e Exposicións de materiais elaborados polos alumnos e alumnas dos Centros. Culmínase en POntedeume un calendario de Semanas que se desenvolveu previamente nos Concellos de Allariz, Ames, Carballo, Viveiro, Monforte, Moaña, e que esperemos se siga facendo tan exitosamente en anos vindeiros.
29/05/07
Valoración dos resultados das municipais
Primeiramente, o BNG de Pontedeume quere agradecer o apoio de todas as persoas que o votaron o 27 de maio, así como agradecer a colaboradores e simpatizantes que axudaron na campaña.
O BNG considera que os resultados lle foron adversos, ao descender con relación a 2003 un concelleiro (237 votos menos), percibíndose un voto de castigo cara ás forzas que sustentaron a coalición de goberno municipal. O Consello local está a valorar todos os factores que contribuíron ao descenso; proximamente someteremos os resultados e o novo contexto á consideración da asemblea. En principio asumimos a incidencia dos seguintes aspectos: a) unha mala negociación do pacto en 2003, cunha distribución de áreas que non nos beneficiou; b) sermos contemplativos coa desfeita na área de Servizos sen reaccionarmos a tempo; c) toda a problemática derivada da situación urbanística e da súa xestión... O BNG, na nova etapa, realizará unha oposición construtiva, pero firme, coidando que non se perdan os grandes proxectos que están en marcha.

25/05/07
Festa de peche de campaña
O BNG, que foi a única formación política das que concorren a estas municipais que ofreceu actos informativos en todas as parroquias, culminou onte esta campaña na Urbanización Olmo. O local da Unidade Veciñal encheuse de público, que completou o seu aforo, para escoitar aos candidatos do BNG, empezando polos que viven na propia Urbanización.
Para rematar a campaña, o BNG invitou aos veciños e veciñas de Pontedeume a un acto festivo que se vai desenvolver na Praza do Convento, frente á Casa da Cultura, desde as 20 horas do serán até a medianoite. Ao igual que noutras ocasións, haberá bebida e reparto de mexillóns de balde.
O Consello Local e toda a organización do BNG agradecen o apoio das moitas persoas que axudaron na campaña e participaron nos actos organizados.

21/05/07
Mitins do BNG en parroquias
A candidatura do BNG de Pontedeume está a ser a única formación política, de todas as que concorren ás eleccións municipais do 27 de maio, que ofrece mitins en todas as parroquias. Os actos previstos para esta semana son os seguintes:
CENTROÑA: 22 de maio, ás 20.30, na Escola de Centroña, coas intervencións de Manuel Varela, Rocío Souto e Manuel Rei.
ANDRADE: 22 de maio, ás 20.30, no local da AVV, coas intervencións de Josefa Diaz Faraldo, Raúl Calvo Tenreiro e Emilio Salorio.
NOGUEIROSA: 23 de maio, ás 20.30, no local da AVV, coas intervencións de Francisco Leira, Emilio Salorio, Rocío Souto e Manuel Rei.
URBANIZACIÓN OLMO: 24 de maio, ás 20.30, coas intervencións de Xesús Rodríguez, Eugenia García Chao, Emilio Salorio, Rocío Souto e Manuel Rei.

18/05/07
Encontro sobre Políticas Parlamentares do BNG
O sábado, 19 de maio, o BNG celebra un Encontro sobre Políticas Parlamentares relacionadas coa localidade de Pontedeume. Neste Encontro, que terá lugar no Hotel Eumesa, estarán presentes os parlamentarios Francisco Rodríguez e Fernando Blanco, xunto cos integrantes da candidatura das Municipais e afiliados. Trataranse asuntos, que ten plasmado o BNG en iniciativas parlamentares, como a seguridade vial e as rotondas na N-651, a previsión de actuacións de Medio Ambiente en Ver, o dragado da entrada do Peirao, o Enlace coa Ap-9, o ferrocarril, a construción naval, etc. O acto rematará cun reparto de propaganda polas rúas e prazas de Pontedeume.
Ademais, continuando coa programación de actos electoriais polas parroquias, o BNG celebrará un mitin o sábado ás 20.30 horas no local da AVV de Ombre, no que intervirán Raúl Calvo, Rocío Souto, Emilio Salorio e Manuel Rei.
O domingo, 20 de maio, o mitin farase no local da AVV de Campolongo ás 12.30 horas e nel intervirán Eugenia García Chao, Emilio Salorio e Manuel Rei.

16/05/07
Éxito rotundo do mitin do BNG
11/05/07
Mitin do BNG de Pontedeume
O BNG de Pontedeume celebra o seu mitin Central o luns, 14 de maio, ás 20.30 horas na Casa da Cultura. Neste acto intervirán:- Rocío Souto Torre,
candidata nº 2 polo BNG.
- María Xosé Bravo,
Secretaria de Comunicación da Executiva Nacional do BNG.
- Emilio Salorio,
candidato nº 3 polo BNG.
- Xaime Bello,
Vicepresidente da Deputación provincial da Coruña.
- Teresa Táboas,
Conselleira de Vivenda e Solo.
- Manuel Rei Romeu,
candidato á Alcaldía de Pontedeume.
Invitámoste a asistir.
aquí está o BNG.
Para que Pontedeume avance.
InDEPENDENCIA
O bus da INdependencia percorre os Concellos galegos. No Concello de Pontedeume estivo este día 9 desde as 17 horas até as 21. Seguramente, nestes días de campaña, interrompe a súa andaina, seguindo o acordo e as instrucións do Goberno da Xunta de non realizar actos institucionais que poidan ter a mínima interpretación electoral. Feitos coma este son, precisamente, os que nos diferencian do anterior goberno do Partido Popular e das súas prácticas electoraleiras.O bus da INdependencia estivo no Peirao, ao lado do Centro de Servizos Sociais, co obxecto de entregar modelos de solicitudes e facilitar información xenérica sobre a Lei de Dependencia. As solicitudes dos posíbeis beneficiarios poderán cursarse a través do Concello, nos Centros de referencia das Pontes, Fene, ou calquer outro que se desexe.
En relación coa aplicación da Lei de Dependencia, informamos tamén que a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar concedu unha axuda de 700.000 € para a construción do Centro de Día en Andrade. Só resta sacar o Proxecto a contrata.
07/05/07
O candidato do BNG reúnese coa directiva da nova asociación veciñal
O actual Portavoz municipal do BNG e candidato ás vindeiras eleicións municipais do 27 de maio, mantivo unha reunión na tarde do 2 de maio cos promotores da nova asociación de veciños de Pontedeume. Dentro da rolda de contactos que están a ter cos candidatos, faise notar o carácter novidoso desta iniciativa, por canto -segundo manifestou o candidato do BNG- vén cubrir un baleiro existente nos últimos anos no relativo ao movemento veciñal organizado no núcleo urbano e pretende encontrar respostas ás diferentes necesidades cidadás.
Neste acto de presentación, realizouse un intercambio de ideas sobre temas relacionados co tráfico, terrazas, limpeza, seguridade nocturna, e un longo etcétera. A Asociación plantéxase funcionar como revulsivo a nivel social, establecendo canles de comunicación ou denuncia co Concello. O BNG saúda a creación da nova entidade e manterá contactos periódicos con ela, respaldándoa en todo o posíbel. Nesta liña, vimos potenciando a participación social por medio de Consellos Sectoriais como son o Consello Escolar Municipal, a aprobación do Regulamento do Consello Municipal da Muller e propoñemos no noso Programa a constitución do Consello Parroquial e do Consello Municipal da Cultura.

Subscrever:
Mensagens (Atom)