O pasado 17 de xaneiro levouse a Pleno da Corporación a aprobación definitiva dos Orzamentos municipais para o 2008. Estes Orzamentos pasaron a Comisión Informativa cun ditame desfavorable da mesma e saíron adiante no Pleno, logo de 2 empates, polo voto de calidade do Alcalde, pois o portavoz do COE votou en contra.
O BNG considera que estes Orzamentos carecen dunhas directrices políticas claras, non favorecen os intereses da maioría social de Pontedeume e demostran que o PP carece dun programa de goberno. Ademais asúmese que as liñas xerais van ser continuístas e non se teñen en consideración problemas que cómpre solucionar.
Resumidamente, queremos reseñar algunhas das carencias máis importantes:
- As parroquias son as grandes ausentes e zonas importantes, en canto a poboación, como a Urbanización Olmo; destinándose mesmo o 70 % do POS para a rúa dos Ferreiros e obras que non son prioridade como as beirarrúas das rúas Betanzos, Fene, a rúa Constantino Horta, etc. As actuacións parroquiais en marcha corresponden aínda aos proxectos do anterior goberno.
- En consonancia co exposto, e como mostra da marxinación das escolas parroquiais, non se lle dá continuidade ao Plan de Mellora das escolas unitarias dos últimos cursos. Tampouco se destina practicamente nada á mellora de instalacións e edificios de titularidade pública.
- Non se pensa no beneficio da comunidade nin no benestar social que supoñen un centro de Día e unha Galescola. Este Goberno, empeñado na adquisición de terreos para estes equipamentos, tan só destina 40.000 € para este fin. A respecto do Centro de Día, non consta nin a preceptiva aportación mínima do Concello (non importa, xa se perdeu unha anualidade e podemos permitirnos o luxo de perder máis!).
- Chama a atención que non se incrementen nada as subvencións para entidades culturais e deportivas; sen embargo, si se multiplica por cinco, pasando a 18.000 €, a partida destinada á asociación Euroeume, cantidade que supoñería bastante para o deporte e a cultura do noso Concello.
- Tampouco foron considerados uns orzamentos realistas en canto á previsión de ingresos, sobre todo no que se refire a licenzas urbanísticas.
- En canto ao procedemento para a súa tramitación, criticamos que se furtase ao máximo a información e se dificultase o debate como vén sendo habitual.
Foron algunhas das razóns máis importantes para rexeitalos.
27/01/08
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)
14 comentários:
Y vosotros durante 20 años no hicisteis nada por la galeosca, por el Olmo, por el centro de dia, por las parroquias... solo llenasteis vuestros bolsillos y ahora en siete meses quereis que hagan lo que no hicisteis vosotros en 20 años.....
Aprobáronse ou non? Coido que si aínda que parece que non vos fixo moita gracia.
Vós dicides "van ser continuístas e non se teñen en consideración problemas que cómpre solucionar".
Eu digo: polo que dicides van seguir o voso esquema de traballo ao longo de 8 anos, aínda que eu dubido moito de que o vaian facer.
Sempre que falades das parroquias só mencionades ao Olmo, e Olmo e un lugar da parroquia de Vilar e o concello consta de 7 parroquias... Pode que só mencionedes ese lugar porque é o único viveiro de votos que tedes.
Por fin chegou un equipo de goberno que non quere cables colgados nas fachadas de tódalas rúas, e decidiu empezar por limpar a Rúa dos Ferreiros; os meus parabéns para eles.
Vós dicides: "non se lle dá continuidade ao Plan de Mellora das escolas unitarias dos últimos cursos".
Eu digo: como tedes cara a decir isto cando o ano pasado non só non gastastes nin un real neste punto, senón que desviachedes 11.000 € para meterlle no cu o señor concelleiro o tránsfuga do PSOE para que amañara un par de camiños que tiña prometidos aos seus amigos.
Vós dicides: "Este Goberno, empeñado na adquisición de terreos para estes equipamentos, tan só destina 40.000 € para este fin."
Eu digo: Pero vós estades de broma ou pensades que somos parvos?
teñen 40.000 € dispostos para comprar terras,vós presumichedes de que deixabades 600.000 € pero nunca estivechedes dispostos a invertilos nun metro de terra "para o beneficio da comunidade e o benestar social".
Vós dicides: "Chama a atención que non se incrementen nada as subvencións para entidades culturais e deportivas"
Eu digo: Eu conformaríame con que os cartos que se destinan para este apartado sexan distribuidos; tamén os rapaces da comisión de festas de Vilar se conformarian se llelos desen, pero hai dous anos non lles tocou nada no reparto eso que llelos tiñades prometidos.
Vós dicides: "Tampouco foron considerados uns orzamentos realistas en canto á previsión de ingresos, sobre todo no que se refire a licenzas urbanísticas"
Eu digo: Supoño que non falaredes de tódalas licenzas, só as dos que non arrean a xarda, os que arrean quedan exonerados ¿non si?
Eu digo: son algúns dos argumentos que eu teño para dicirvos, vade plantar ceboliño que e para o que valedes ou nin eso!!!!!
¡CHAPÓ! al comentario anterior.
¿Estamos no tempo de prantar o ceboliño? para iso tampouco val calquera...
Xa está o do ceboliño. Canto vos vai durar o conto do mal que o fixo o goberno anterior. Vai xa para un ano de goberno PP e non facedes mais que laiaros, perdón, laiaros e perder subvencións e axudas das outras administracións sin dar alternativas, de pena e quenes o pagamos somos os eumeses.
Xa anda o PORCO DO MILLO, furando no esterco.
Espabilado agora que ven o Carnaval, ¿PODIAS QUITARTE A CARETA?.
En fin a aguantar 4 anos de PORCALLADAS.
Sodes de pena ainda non entendedes nada, non fan falla 600.000€ para comprar terreos, nin siquiera 40.000€, o que fai falla e facer urbanismo, e non regalar a vila a catro ladrons para que se fagan de ouro. As leiras para poder construir nelas hai que urbanizalas e ceder os terreos obrigados por lei para o concello, o que non se pode é dar licencias directas sin que o concello e os veciños obteñan nada, asi agora despois da vosa gran xestion o concello non se fixo con terreo algun, so os Lagares,Prograsas e algun outro listiño se levaron o beneficio, pero claro para eso "pagaron" duramente o correspondentes cartos en B.
o conto do mal que fixo o goberno anterior a de durar até que algúns que fixeron tantas e tantas cacicadas desaparezan da vida política eumesa, en canto a que eu son do PP estas moi enganado,sempre fun e serei votante de esquerda pero non da esquerda que ti e os teus queredes representar pois está moito para a dereita de falaxe española.
a ese que lle gusta tanto o gando amais algúns dos seus productos so quero dicirlle que as PORCALLADAS das que falo as fixeron eles mesmos
penso que sodes moi ilusos se contades coller o goberno en 4 anos se non sodes quen de apoiar un proxecto ni de propoñer unha alternativa so sabedes dicir non non e non
Non oh, non eres do PP, eres dos que non se cansan de repetir que os nacionalistas teñen cornos e rabo, e por suposto o consabido os do NON, xa facía tempo, menos mal que xa non cola o conto. Antes eran uns terroristas e agora están á dereita da falanxe, non me fagar rir.
Enhoraboa ,o Bng non condena o holocausto ,no que os nazis asasinaron a millons de xudeos,non vale nengunha xustificación ,non condenades o holocausto,esto e superar a o nacionalista Austriaco Haider e a o nacionalista Francés LE Pen,o único que vos diferencia deses nacionalistas e que eles din ser de dereitas e vos dicides ser de esquerdas.
¿e quen condena o holocausto que está a sofrer o pobo palestino? para algúns semella que hai pobos valen máis que outros, e iso si que é a esencia do nazismo, o demáis tan só é demagoxia de fascistas cagados.
Pero eu me pregunto que culpa teñen os que morreron nos campos de concentración do que están facendo os gobernantes de israel? Que catadura moral ten o bng que condiciona o recoñecemento e a xustiza a unhas victimas masacradas polo nazismo á que se condene outra masacre? imaxinadebos que fora pensaran asi e nos condenaran a todos por ter a un fascista, fraga, gobernando galicia 16 anos. reflexionade un pouco senon vades acabar en galicia como vos foi en pontedeume e ferrol.
Comparar o que está pasando en Palestina,co holocausto e xa un insulto,pero claro como os xudeos non poñen bombas por toda Europa como fan os islamistas que tanto xustificades,
Tedes razón, machos, se os palestinos viven de pinga, e máis, en lugar de Marina dÓr debería ser: Franxa de Gaza, lugar de vacacións, vaia bicoca vivir alí!
O pobo xudeo quere para o palestino o mesmo que os alemáns querían para eles, eu estou en desacordo contra calquera tipo de holocausto, non do que lles interese aos poderosos.
Enviar um comentário