26/02/08

Actos electorais do BNG para as Xerais do 9 de marzo

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO de Pontedeume organiza dous actos públicos de cara ás eleccións Xerais do vindeiro 9 de marzo.

O primeiro terá lugar o venres 29 de febreiro, ás 20.30 horas na Casa da Cultura de Pontedeume. Nel intervirán:

- Manuel Rei, Portavoz Municipal do BNG.
- Ana Mª Vérez Gómez, candidata ao Senado.
- Francisco Rodríguez Sánchez, exparlamentario do BNG.

O segundo deles será o xoves, 6 de marzo, ás 20.30 horas na Casa da Cultura e nel intervirán:

- Raúl Calvo Tenreiro, Responsábel Local do BNG.
- Francisco da Silva Bello, candidato número 3 ao Congreso dos Deputados.
- Ánxela Bugallo, Conselleira de Cultura.

O Consello Local do BNG de POntedeume agarda a túa asistencia. Para que Galiza decida!

5 comentários:

Anónimo disse...

Dise polos foros da vila que os de "Galiza non se vende" van preguntarlle algunhas cousas a Paco Rodríguez cando chegue a Pontedeume. Sabedes algo diso?

o sátiro disse...

¿serei un doente se digo que Anxela Bugallo me pon a cen? ¿sabedes algo diso?

Anónimo disse...

Penso que deberian preguntarlle a Da Silva por uer esta a favor da implantación de ENCE en As Pontes, co perigo quye supon para as fragas do eume e o rio eume. Preguntade, preguntade.

Anónimo disse...

Eu identifícome con sátiro porque a Bugallo revela en min un compoñente sádico que non coñecía

Monitor de LCD disse...

Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the Monitor de LCD, I hope you enjoy. The address is http://monitor-de-lcd.blogspot.com. A hug.