PREGUNTA 1: A respecto do PXOM, tal e como temos solicitado en Plenos anteriores: existe algunha previsión ao respecto, logo de máis de seis meses da chegada do Informe de Aprobación Inicial emitido pola Xunta? Modificouse o PXOM en todos os extremos que indicaba dito Informe ou intentouse negociar algún aspecto do mesmo? As modificacións, a través dunha presentación dos novos Planos, vanse dar a coñecer aos Grupos ou xa se enviaron á Dirección Xeral de Urbanismo? Cal é a previsión en prazos do que resta do proceso e cando se vai empezar a dar información a esta Corporación?
PREGUNTA 2: Hai meses aprobamos en Pleno o financiamento do Plan Especial de Protección e Reforma do Centro Histórico, que contou co voto favorábel do Grupo do BNG. Avanzouse algo neste proceso de cara a sacalo a concurso público? Fíxose algunha nova xestión coa Consellería de Vivenda de cara a establecer compromisos, prazos e asinar convenios?
PREGUNTA 3: Relacionado co tema anterior, produciuse algún avance nas xestións para a rehabilitación do Mercado Municipal?
PREGUNTA 4: O incremento considerábel que figura nos Orzamentos municipais para 2008 na partida destinada á asociación Euroeume obedece a algunha actuación especial que interese coñecer a este Pleno? Asinouse ou pénsase asinar algún convenio sobre o particular?
PREGUNTA 5: A semana pasada observamos movemento de operarios na zona das rotondas da ponte, semellando inminente o comezo das obras anunciadas. O BNG insiste en solicitar se se coñece por parte do Goberno municipal o alcance do Proxecto que se vai executar, se se demandou desde o Concello, se existe copia do mesmo ou se só contamos con aquel Anteproxecto de meses atrás, e todos os pormenores que sexan de interese.
PREGUNTA 6: Segundo trascende das conversas con diferentes concelleiros do Goberno municipal, existe unha variada oferta de terreos para a construción do Centro de Día e da Galescola, o primeiro dos cales, polo menos, haberá que empezar a construír neste 2008 que iniciamos, se non queremos volver a perder outra anualidade. Existe algunha directriz do Goberno ao respecto? Tomouse algunha decisión sobre o empreazamento idóneo, a adquisición dos terreos necesarios, a forma de adquirilos, etc. A respecto da Galescola, estívose a cuestionar a existencia do investimento, porque non chegara subvención ao Concello, cando é sabido que o Concello ten que brindar terreos e proxecto e Vicepresidencia encárgase de costear e realizar a obra. Despois da entrevista co Vicepresidente Anxo Quintana, dubídase aínda do compromiso tantas veces anunciado? É certo que se pediu un “Informe” a Intervención sobre a chegada literal dese diñeiro ao Concello? Se é así, con que fin?
PREGUNTA 7: Prosperou a idea de chegar a un acordo co IES Fraga do Eume, para facer un aparcamento no seu campo de fútbol? Houbo contactos e avanzouse nalgunha dirección?
PREGUNTA 8: Interesa ao BNG coñecer o contido e o cometido das entrevistas na Dirección Xeral de Montes e na Dlegación de Medio Rural, segundo trascende dos Decretos da Alcaldía do derradeiro trimestre do ano?
26/02/08
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)
2 comentários:
Pero ainda tedes cara a preguntar sobre o pxom. Pero de que vades?
Ese comentario de "aínda tedes a cara" soa moito a reaccionario; soa a alguén que está metido neste goberno (?) municipal. Por certo a pregunta non será: Por que en case dez meses este Goberno nunca quixo dar información sobre o Pxom, facer entrega oficial do Informe da Xunta aos Grupos, dar información sobre o plan das Anduriñas,...) Porque ellos se lo guisan y ellos se lo comen.
Enviar um comentário