21/03/08

Preguntas do BNG no Pleno de febreiro

Ao presentalas oralmente, quedaron pendentes de contestar as seguintes cuestións:
PREGUNTA 1
Segundo se desprende dunha relación de facturas, entendemos que se está a excluír certa prensa estatal que antes sí había das salas de lectura do Centro Municipal de Maiores, cuestionando así o dereito á información, á pluralidade. Por que se actúa deste xeito, con medidas que lembran o Ministerio da Gobernación do franquismo? Non o consideran necio e inquisitorial?


PREGUNTA 2
Tamén podemos comprobar por medio de decretos da Alcaldía que se está abusando e incorrendo nunha práctica fraudulenta no que se refire a viaxes oficiais e a cobro de dietas polas mesmas. O visto, no pequeno espazo de dúas semanas, é suficiente para coñecer a súa tendencia a derrochar e a burlarse dos veciños: o fundamental non é a atención ao públic, como se estivo a dicir, nin o aforro.
- Entrevista co Vicepte. (16/11/07, ás 11.30 horas), cobran dieta os 4 membros do Goberno con xantar incluído; menos mal que non son sete (!)É necesario ir o goberno en pleno en comandita, desatender a atención aos veciños toda unha mañá; é inaceptable e impresentable que esa viaxe supoña case 300 €.
- Recollida en Santiago dun diploma e insignia na clausura de Concellos sostibles (30/11/07). Alcalde 142.20, Otero 102.89, R. García 53.34 (total 298.42 € entre xantares e cea, totalmente innecesaria).
Pedimos que se rectifique esta forma de actuar e que se aclare o anterior.


PREGUNTA 3
A respecto das grandes excavacións e amontoamento de terras na parcela que hai ao lado de Atocha, na avenida da Coruña, proveniente da mesma ou de colindantes, interesa ao BNG saber a que tipo de obras responden e se contan coas autorizacións debidas.

PREGUNTA 4
Segundo consta no Anexo de Investimentos dos Orzamentos aprobados para 2008, parece que ase vai facer algún tipo de actuación na rúa Constantino Horta, no lateral do cemiterio. Tratándose dunha rúa relativamente nova, non entendemos cal é o obxectivo desta obra para a que se destinan 13.000 €. Pódese aclarar algo ao respecto?

PREGUNTA 5
Desde as respectivas áreas de Servizos Sociais, Ensino ou desde Cultura non se solicitou a 3ª Semana do Libro e da Lectura, que, polo tanto, non se vai realizar. Pódense explicar as razóns desta falta de interese?

PREGUNTA 6
A respecto desa bolsa de solo a adquirir para equipamentos diversos (Centro de Día, Galescola, e outros) que se presentou días atrás a asociacións e Grupos..., e dentro das diferentes opcións que se manexan, preguntamos se se está contando coa asistencia e orientación técnica do Equipo Redactor do PXOM. Avanzouse algo nesta liña?

PREGUNTA 7
Nas últimas actas da Xunta de Goberno dáse conta de escritos de medio Ambiente e dos propios promotores sobre o Plan parcial das Anduriñas. O BNG insiste en coñecer o estado deste asunto, concretamente: cal é postura do equipo de goberno e como figura contemplado no novo Planeamento que se vai presentar?

EXTRACTO de ROGOS
1. Repoñer farolas ao remate da Urb. Villanueva.
2. Idem no calexón do almacén do Parque Sarmiento e asilo.
3. Placas inicio avdas. Villanueva e Ricardo Sánchez.
4. Pintar pasos de peóns (Correos, Saavedra Meneses,...)
5. Manter os actuais bancos do paseo da fachada marítima.
6. Reparar a beirarrúa da avda. da Coruña.
7. Actualización da ordenanza de Limpezas e plantacións .
8. Apoio, por medio de campaña, á matrícula no CEIP Couceiro.

10 comentários:

Cabread@s disse...

Xa non sei porqué perdo o tempo contestando este artigo, porque vendo o voso labor e iniciativas enténdese que o voso traballo cando estivestedes no poder fose nulo.
Para empezar dicir que a xente que está agora no pouco tempo que leva xa fixo máis que todo o que fixéstedes vós en moitos anos.
Deixade de facer demagoxias baratas pois o que a xente entende é o que ve e nota, é dicir non fagades cousas cara a prensa e á galería, e traballade por e para o pobo. Basta con dar unha volta polo pobo e escoitar o que fala a xente de todos os cambios que se notan no pobo, bancos, farolas paseo marítimo, pintado e mellora da praza do pilón "antes chamada praza da viagra grazas a vós" e moitas cousas máis a que podería referirme.
As vosas gañas de traballar quedan patentes neste blog, pois basta con mirar de cando é a anterior entrada a esta e vese que case pasou un mes, polo que digo ¿non pasou nada en todo este tempo en Pontedeume?.
Doutra banda hai que predicar co exemplo e se fostes os primeiros en colocar a propaganda electoral, ¿porqué sodes os únicos que aínda non a retirástedes?. Non o entendo e iso os cidadáns veno, basta con mirar diversas páxinas da eumesfera para darse conta diso, en concreto unha que tratou o tema polo que poderedes sacar conclusións do que a xente pensa, deixovos aquí o enlace por si lle queredes botar unha ollada http://pontedeumecrecedenuncia.blogspot.com no artigo de fecha 18 de março no que ilustra que a propaganda sigue colocada.
Acabarei para non esgotar o voso tempo, pero pensade por un intre que si a xente ve que no blog non traballades e na desidia á hora de traballar na retirada dos carteis, por exemplo, e co lastre que tedes encima de todos os anos que estivéstedes no poder e non fixéstedes nada, enténdese a baixada de votos que tivéstedes nas eleccións, unha mágoa.
Un saúdo e espero que entendades esta crítica como o que é, unha crítica constructiva e non destructiva. Porque si Allariz medrou ¿porqué Pontedeume non o pode facer?.

Anónimo disse...

Dacordo con cabreado. non ten sentido que agora fagades este tipo de oposicion despois de ter pasado polo governno municipal. se nesa epoca fixerades os cambios estrutruraias necesarios, democ5ratizarades o concello, impulsarades a participación veciñal, no canto de atacar aos colectivos mais implicados na vida do povo, hoxe estas denuncias que facedes serian innecesarias. Debedes cambiar pola raiz, renovar e adoptar unha forma de facer politica que volva a ilusionar. E iso pasa por asumir responsabilidades no descalabro electoral, pasar paxina e poñer novas caras e nova maneiras. Que sentido ter denunciar o que todos sabemos, que a clase politica de pontedeume e unha comillona, os de agora e os de antes. Como podedes criticar gastos de 300 euros cando Quintana monta un mini bar no seu coche oficial. (instalou unha nevera)
A xente esta contenta co que se esta a facer dende o governo municipal. Se hai tantas farolas rotas, bancos, ruas con problemas, non teñen oito meses, xa estaban antes.
E no tema do urbanismo, ai tedes o talón de aquiles, fuchedes complices dun urbanismo salvaxe e especulador e agora tedes que calar. Por iso a necesidade dunha renovación

roi xordo disse...

iso (a reacción dos dous cabread@s anteriores) é o que conseguíchedes logo de anos de nefasto goberno tras o cal non dimiteu ninguén. Iso, señores, é falta de lexitimidade para esixir determinadas cousas.

Anónimo disse...

De qué protestais?

- Cuando vosotros gobernábais, decíais que los pasos de cebra tenían un desgaste normal por el uso del tiempo y que sólo se pintaban una vez al año.

- Pedís farolas? La parte superior de la farola alta, al lado del Portal 2 en la Urb. Olmo (esa que tanto decís defender), fue arrancada por el viento en 1998, la noche en la que el Discovery Enterprise se estrelló en el puente de Las Pías. (no es broma). Desde aquella, vosotros estuvísteis 9 años y no arreglasteis nada.

¿Aun no entendisteis por que os dieron un golpe en las elecciones?
¿es que quereis acabar con un solo concejal en el ayuntamiento?

Seguir en esa actitud tan penosa y lo conseguireis.

Anónimo disse...

Isto si que me está gustando a min: ver ao PP na súa auténtica empanada mental...

Macarena disse...

Se lo tienen más que creído! Demasiado ABC pa mi cuerpo...

Anónimo disse...

Gustaríame que o concello solicite a concesón da Medalla Castelao pra o pintor Abelardo Miguel..parecen non ter interés ningún. O Psoe non fixo nada no seu mandato ...Podo enviarvos documentazón do gran valor identitario da súa pintura..¿ conto coa vosa axuda ? Grazas María Fidalgo
telef 635899800

GZ disse...

Creo que para derrota electoral (e sonada!) a recente do PP, que segue baixando en Galiza e perde case 100.000 votos...Espero que non nos manden a Raxoi aqui a repetir derrota!

Anónimo disse...

El PP ha perdido casi 100.000 votos. Si, eso es verdad, pero, sigue siendo primera fuerza politica y casi fuerza hegemónica de galicia, ya que, el PP por si solo tiene el 44% de los votos gallegos.
Los 100.000 votos que perdió el PP, son casi la mitad de todos los que tiene el BNG, jajaja.
Y luego, los del bloque dicen que ellos son galicia. Por favor...

Anónimo disse...

cando tes que engadir un "ja ja ja" para defender unha idea, semella que non cres demasiado nela.