Pablo Villamar, vicepresidente da Deputación da Coruña, realizou a súa primeira visita a Pontedeume para establecer un contacto demorado con diversas asociacións do noso Concello, que previamente se tiñan dirixido ao BNG para solicitalo. O Consello Local do BNG de Pontedeume quere agradecer publicamente a boa acollida que se lle brindou a este cargo institucional. Por outro lado tamén facemos públicos os contidos e compromisos aos que se chegou coas directivas das entidades que a seguir se mencionan:
UNIDADE VECIÑAL OLMO
- Apoio ás actividades deportivas e culturais que, desde hai tempo, está a organizar a Unidade Veciñal.
- Presentación e estudo de iniciativas tendentes a buscar a mellor integración dos espazos públicos e a humanización destes: parques, prazas, ampliación de aparcadoiros, etc.
ASOCIACIÓN GALEGA DA FROITA DO EUME
Na presentación desta Asociación, que ten un carácter comarcal, chegouse ao compromiso de establecer unha colaboración estable e permanente, apoiando as actividades que teñan relación coa Promoción económica, publicacións etc.
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE OMBRE
- Apoio para costear as obras recentes de reparación do local veciñal.
- Compromiso de iniciar as accións para melloras diversas na estrada provincial que cruza a parroquia, salientando a necesidade de elementos que garanticen a seguridade vial.
O BNG comprométese a realizar máis encontros deste tipo con estas e outras asociacións.
19 comentários:
Tamén aos de Fusquenlla?
So recibe aos que o solicitaron audiencia co Vicepresidente do Organismo Provincial. vEMOS que se trata do tipico comportamento caciquil e clientelar, e non vexo eu aos de Fusquenlla nesa leria. Vai vir Villamar, que non o queren no seu concello nen con traxe e garavata, a facer favores cos cartos da deputación. nunca pensei que o bloque poidese caer tan baixo.
Pero cantos cartos lles vai dar? E pode un cargo institucional dispor do presuposto público desa maneira? A peticion haina que facer por escrito?
Na reunion houbo cafelitos?
DESAPARECIDO EN COMBATE II.
¿QUE PASA COMPAÑEIROS DO B.N.G.? NEN SE VOS VE,NEN SE VOS SENTE, NEN SE VOS OE.
OS TRABALL@RES DO CONCELLO,VEMOS A VOSA APATIA NO CONFLITO QUE TEMOS POLO "DESPEDIMENTO"DA MAIORIA DOS TRABALLADORES CON CONTRATO QUE VOSOUTROS AVALACHEDES,CUNHA ANTIQUEDADE O QUE MENOS DE 10 ANOS,E QUE ESTE NOVO GOVERNO,NOS QUER "CHIMPAR",E A VOSA ACTITUDE É DE PASOTAS TOTAIS.
ONDE ESTÁ O VOSO "COMPROMISO CON AS CRASES MENOS FAVORECIDAS".
EU COMA XENTE DE ESQUERDAS,SÍNTOME UN..........DEFRAUDAD@ DE VOS.
P.D.
POÑERVOS BEN AS PILAS.
¿os traballadores do concello clases desfavorecidas? desfavorecidos somos todos os eumeses que tivemos que facer alí algún trámite e que non nos quedou outra que agardar a que alguén te atenda entre café e café. O que hai que ouvir por non ser xordo...
Lo que siento es que no habléis más de la situación política... Y que pasa con el COE. Tanto "barullo"... Eso si que tiene guasa. Hablaban de la viagra. ¿A que suena su culebrón con el gobierno? Entra, sale, entra,... que no entra. Ahora, sin Fernando si que van a necesitar la viagra.
home, coas de veces que entraron e sairon semella que a súa saude sexual está a proba de viagra...
Falar sempre é positivo...e por iso quero agradecer o BNG de Pontedeume a posibilidade que nos dá de achegarmos as nosas opinións, xa sexan positivas como negativas.
Acho que os de Fusquenlla xa téñen páxina web sen ter que facer do blog do BNG de Pontedeume, e da posibilidade de comentarmos o que quixermos sen censura o seu segundo rincón na web(aínda que algún e algunha confunda comentar coa crítica destrutiva e os ataques persoais; porque a crítica pódese facer, e é necesaria e indispensábel, mais unha cousa e criticar aportando unha solución ou visión alternativa e outra falar por falar.
Sen máis, agardo seguir lendo e comentando.
Saúde.
O diñeiro e de todos nos ,non do Bng ,non e normal que determinados políticos aparezan como os reis magos ,eles non regalan nada ,xestionan os nosos impostos e non teñen por que dar subvencions coma se fixeran un favor
Creio que confundides encontros normais das entidades e asociacións cos cargos institucionais con outras cousas. O PP coido que ten un certo sentimento de culpa por algunhas das que fixo nos seus mellores tempos, que, grazas a non sei quen, non son os de hoxe...
O problema que temos en Pontedeume é que o Goberno municipal está a romper con todo tipo de colaboración institucional, sexa da Xunta ou do Estado. Hai un pouco de soberbia en todo esto. Ou quizais de abuso partidista das institucións. O que está claro é que se estáN pechando camiños que vai costar moito volver a abrir. As ocasións non se teñen sempre...
E certo que hai que abrir camiños de dialogo institucional e das institucións ca sociedade. Pero hai en todo este planteamento do bloque certo cheiro caciquil e de vender favores que leva a marca xenuina do pp mais fraguista. E coincido, non no tono, cos que critican este tipo de comportamente neste foro. Por que me doe ver aos que tan claro o tiñan antes de chegar á xunta e á deputacion como deeditan as mesma politicas que antes criticaban
o illamento ao que está levando ao Concello a acción deste goberno acho que pode ser máis por inxenuidade que por soberbia; semella que aínda non se enteran de que vai o tema...
Sería interesante que se abrira neste blog o tema do conflicto que hay no concello cos traballadores. Podedes poñer o boletín que fixeron e que ten o PSOE no seu blog, eu lino e está moi ben.
Señores da agrupacion lo BNG; Desde Ferrol diríxome a esta agrupación pedindo polos meus antigos veciños e alguns amigos pola situacion precaria que estan atravesando nestes momentos os empregados do concello. Visto e leido e enterado por algun sindicato que compón o comité de empresa de Pontedeume pidolles a vostedes que a oposicion que compoñen, fagan mocion de censura que vostedes compondrán como bos gobernantes que xa foron en outras lexislaturas. Espero en vostedes, como un partido que sempre estiveron con os obreiros que desta vez non me defrauden, son un votante do BNG en Ferrol e tamén o faria en Pontedeume si estivese. Un saudo e moción XA!.
Está bien eso de la moción en apoyo a la negociación con los trabajadores. Pero hay que ir un poco más allá. Una propuesta muy facilita es que en los plenos continuamente se pregunte por esta cuestión. Otra es una declaración pública como partido. Otra... Se lo deben a los trabajadores. Ustedes formaron parte del gobierno, ahora están en la oposicón. Ejerzan por favor su responsabilidad. ustedes y el resto de los partidos.
Concordo cos comentarios anteriores no que se dá conta do conflito que están a sofrer os traballadores do Concello. Sen dúbida, os traballadores están nunha situación comprometida, mais quen ten que tomar medidas aí, e en primeira instancia, son as forzas sindicais que representan os diferentes traballadores pq se entende que estas asumiron o seu compromiso.
Tamén teño claro que os partidos políticos deben, máis ben teñen o deber, de se manifestar neste tema e procurar posíbeis canles de solución e non só pq sexan traballadores do Concello.
Claro que agardamos que o BNG de Pontedeume se manifeste e interese por este problema, eu non teño dúbida cando menos de que si o vai facer, mais tamén qro escoitar os demais partidos políticos do Concello...a ver se isto se produce.
Saúdos!
O vindeiro xoves os "traballadores" do concello van a manifestarse, eu aconséllolles que si deciden ir á folga, e nos queren "sorprender" a fagan á xaponesa xa que do outro xeito levan facéndoa alguns caseque vinte anos.
Amáis dos que entraron a deditis cos caciques que tivemos no concello.
Enviar um comentário