21/04/08

As rotondas á entrada da Vila

A respecto do proxecto de construción de rotondas á entrada da vila de Pontedeume, o BNG considera oportuno manifestar o seguinte:

1. O BNG recorda que esixiu coñecer o proxecto en varios Plenos de 2007 e 2008, punto de vista que tamén parecía compartir o Goberno e mais os grupos da oposición. Sen embargo, a día de hoxe, non temos noticia de que se aclarase nada ao respecto, nin se fixo ningunha reunión cos Grupos municipais para explicar a situación.

2. Entendemos que non se pode actuar así, posto que se trata dunha actuación “delicada e sensible”, que afecta a fronte da fachada marítima da vila. Aínda sendo necesaria –tal e como vimos demandando- unha actuación para darlle maior fluidez ao tráfico, hai que primar tamén a mobilidade peonil nun lugar de grande confluencia de persoas. O BNG non considera unha solución axeitada o soterramento dos pasos de peóns; preferimos que se soterren os coches e que se gane espazo público en superficie nas zonas que se poida.

3. Tampouco coñecemos a afección a espazos públicos axardinados como o Parque Sarmiento e concretamente o teixo que hai nunca esquina, que sempre nos opuxemos a que desaparecese. Tamén temos dúbidas máis que razoables de que o Proxecto conte coas autorizacións preceptivas doutros organismos, entre eles a Consellería de Cultura.
É preciso informar aos Grupos políticos, aos técnicos municipais, etc., para prever aspectos relacionados co clableado, colectores de augas residuais, canalizacións de abastecemento de auga potable, etc.

4. Non entendemos a impotencia ou falta de transparencia con que se leva este tema por parte do equipo de goberno do Concello. Tamén nos parece criticable a forma de actuar dos organismos do Estado e a súa lentitude. O BNG recorda que hais máis de doce anos que empezzou a presentar iniciativas para solucionar as retencións na zona e que foron mesmo aprobadas por unanimidade no Congreso, ao igual que outras na N-651 ao seu paso por Pontedeume.

5. Finalmente, queremos concluír indicando que as solucións previstas –ata onde chega o noso coñecemento- son moi limitadas e non van dar solución definitiva aos problemas de tráfico na zona. Insistimos en que se debe considerar debidamente a construción dun Enlace coa AP-9 en Vidreiro (Andrade) e establecer unha circunvalación libre de peaxe, xa que á autoestrada hoxe en día sóbralle capacidade e a N-651 non.

21 comentários:

Anónimo disse...

Benvidos ao urbanismo razoable. Onde estabades ata agora?
O proxecto ese é de cando gobernabades (2004); descoñecíadelo?

Roi Xordo disse...

eu tiña a mesma idea que o comentario anterior; ¿non era ese un proxecto do bipartito+chacho? ou vos falla a comunicación ou a cabeciña...

Anónimo disse...

Iba sendo hora que abrirades os ollos, polo menos vades recoñecendo que o tema das rotondas é un autentico desatino. En canto ao porto xa vedes o que opina Patrimonio sobre o "magno" proxecto que fixeron os Taboada, tanto nesto como na metedura de pata sobre o edificio para o Firrete. É estas eran as grandes inversións para Pontedeume?, todo un conxunto de desastres.

BNG Pontedeume disse...

Ese Proxecto nunca chegou ao Concello e desde o BNG sempre criticamos ese feito. As cousas como son. Se non, os comentaristas anteriores o que tedes que facer é ir ás Actas ou ás hemerotecas. Tamén era de vello a reivindicación do PP de establecer a gratuidade entre Miño e Fene? Que dicían cando gobernaba Ansar e Fraga na Xunta? Fagamos algo de memoria. Quedamos sempre sós defendendo que se establecera, por medio da AP-9, un ha circunvalación libre de peaxe en Pontedeume. E preguntémonos tamén a que obedece que o PP se sume agora ao carro. Por certo, despois de nós ter rexistrado as correspondentes iniciativas para abordar o asunto no Congreso dos Deputados.

Anónimo disse...

Entón porqué se abandonou totalmente esta iniciativa que curiosamente estaba presentada no programa electoral mesmo do PSOE nas eleccións do 1999. ¿Que pasou durante oito anos de lexislatura para que non se deran pasos adiante para loitar por algo imprescidible, e evitar encontrarnos con este desastre agora?. Persoalmente o único que recordo de todo esto foron as peticións das rotondas no congreso dos diputados por aló do ano 2006.
Si se quere solicitar algo hai que ir con ideas concretas baixo do brazo, porque sinon logo te encontras con que dende Madrid teñen unha visión totalmente diferente á tua, como neste caso onde a proposta de Fomento é un auténtico desastre.

roi xordo disse...

eu non dixen que o das rotondas fose cousa vosa, senón que a cidadanía coidaba que era así, polo tanto fállavos a comunicación, diso non hai dúbida.
E se o PP se suma ao carro da gratuidade da circunvalación, pois benvido sexa, máis val tarde que nunca.

Galaicus disse...

Acho que ninguén estará en desacordo con que este tema que presenta o BNG de Pontedeume é unha cuestión de baladí, como xa dixen en comentarios anteriores, toda acción ou proposta está suxeita á crítica. Mais, o que se observa en cada comentario é q sempre hai un feito que criticar, nunca nada parece ben, é estupendo ter ese espiritu crítico mais haberá que enfocalo dun xeito construtivo...pq eu tamén podería dicir: onde expoñiades vos as vosas críticas antes da creación deste blog? por exemplo...ten que ser o bng de pontedeume sempre o boneco do pim pam pum do concello?...moderación.

Saúdos!

Anónimo disse...

A do Alcalde é o que, en termos políticos, se chama proposta oportunista. Con toda carga negativa que lle queirades dar.Hai outros problemas que lle convén difuminar? Vamos, unha cortina de fume

GZ disse...

E de que se preocupou o PP nos oito anos de maioría absoluta de Aznar? O PP eumés, o galego e o de Madrid! Cando propuxo algo similar? Facede memoria...ou onde estabades algúns. O PP mandou a Pontedeume un "boceto" para fecer un scalextri ou un chisme polo estilo, por enriba do Parque Sarmiento e por detrás do Hotel. Vaia adefesio (como Aznar máis ou menos!) E a sociedade revirouse e botámolo abaixo. Por certo, xa F. Rodríguez levaba varias preguntas e Proposicións no Congreso sobre o asunto e sobre algúns máis da N-651 ao paso por Olmo, Campolongo e Andrade...

GZ disse...

É asombrosa a ensalada de "progres" e radicais que se entenden cos reaccionarios. Ben se ven os acenos e compadreos nos comentarios deste blog -menos mal que é o máis aberto.
Pregúntome eu: gustábavos máis o recheo do PP de 9.000 metros no Peirao? Onde estaba daquela a ecoloxía e o urbanismo razoable? Onde estaba Verdegaia, Adega, fusquenlla...? Non vale todo: a ría non se vende!

Macarena disse...

Desde las elecciones de mayo el tema salió varias veces. El PP lo anunció a bombo y platillo en prensa y los vimos meses há con los técnicos y con la empresa constructora en la zona haciendo rayas. ¿Les parecía bien? El Psoe fué a verlo a Madrid o a Coruña. Y ahora se dan cuenta que no es la solución y que es un machada. Ya vemos al PP que se echa a las barricadas y a la pancarta. Esto porque PP gobierna en Cabanas, Pontedeume y Miño; y no gobierna ni la Xunta ni en Madrid. La ocasión la pintan calva!

roi xordo disse...

¿a ría non se vende? algúns chegades tarde a esa loita, uns oito anos... o que hai que ouvir!

Anónimo disse...

Roi Xordo, véseche o plumeiro. Non sabía que foses un histórico loitador ecoloxista. Desde logo o do recheo do Peirao era o cúmulo de todas as desfeitas posibles. Non vimos a túa oposición a esta tentativa desesperada do PP local

roi xordo disse...

pois din que non hai máis cego que o que non quere ver; histórico non son, que non teño tantos anos. Xa me dirás que plumeiro se me ve, que vou escachar a rir

Anónimo disse...

Está moi ben eso de pórse nomes históricos. Pero outra cousa é estar servindo á confusión da opinión pública. Posiciónate sobre o recheo do peirao e déixate de andar servindo de "palanganeiro" do PP e,sobre todo, do impresentable do Alcalde.

Anónimo disse...

Todo-los eumeses sabemos que para ser político en Pontedeume é condición indespesable ser un impresentable.

Tivemos a Sardiña, os vilariños e os belarminos, os reis e os salorios, e supoño que agora tocaralle aos Torrentes. Mentras estos últimos van metendo a pata, ¿podedes explicarnos os do BNG as fotos do voso lider,e as noticias que publicaron as prensas locais das vivendas familiares de Nogueirosa?. Unha suxerencia, mentras encontrades algunha maneira de lavala cara de vergoña que debedes ter, podedes adiantar pedindo disculpas e dimitindo.

roi xordo disse...

o que está aínda mellor que poñerse nomes históricos e asinar como anónimo porque non te enteras de nada, fai moitos meses xa (pero moitos) que me posicionei en contra do recheo do peirao, debeu ser nun intre que tiven libre no meu traballo de palanganeiro (jajaja, ves como ía rematar escarallándome...)

Anónimo disse...

Se pode criticar o oportunismo do bng. Quen lle ia dicir que acabaria chupando rodo dos denostados fusquenllos. Pero nunca é tarde se algo se consigue. Ou mais vale tarde que nunca. Pero eu insisto en que tratase dun burdo oportunismo que se fai para xustificar o traballo de Jorquera no congreso. Agora formulará centos de preguntas e logo levantará o dedo para apoiar aos ministros de Zapatero a cambio de que o Quintana salgfa na foto presumindo de conseguir uns milloncetes para os seus grandes proxectos de enxeneria social. Ou mudamos de pratica ou este concello non ten solución. Rei dimite e permite que todo se renove.

blogue disse...

O lóxico é que as solucións as dea quen as ten que dar e as rectificacións as faga quen as ten que facer, se o proxecto actual é un despropósito. O que fixo o BNG desde hai moito tempo é precisamente iso: pedir solucións aos continuos problemas de retencións de tráfico na nosa vila. Se facemos memoria, non vimos nunca ao PP nin ao PSOE pedindo a gratuidade da AP-9 neste tramo. Mais debemos outorgarlle a oportunidade de rectificar e ver a súa sinceridade e firmeza. A ver o que esixen en Madrid e como responden desde o poder

Anónimo disse...

E xa que tanto falades, por que non sacades a relucir a moción da estrada de Ombrre no blog. Dabos vergonza admitir que xa antes o PP fixo todo. Agora admitides que vos voten as mocións incluso os escindidos do COE, ademais dos chachos.

Anónimo disse...

Yo voy a hablar en Español, quizas ya por eso lo que voy a decir ya no se tome en consideracion, pero me la fuma.

No creeis que asi no vamos a ningun lado? Que lo unico que se hace es hablar y hablar, y decir que eso no esta bien, que eso es mejor de otra manera.....

La unica finalidad de todos estos mensajes es atacar o defenderse. Y no creeis que seria mejor unirse entre todos e intentar luchar por conseguir mejorar lo que tenemos, y entender que todos vamos en el mismo tren. Saber que cuando gobiernen unos u otros eso es una decision que hay que aceptar, y no luchar por los intereses de los partidos, sinó por todos nosotros. Cuando se consiga eso, nos dará igual quien gane las elecciones. Y seremos realmente libres.