Exposición de motivos
Despois de agardar anos dabondo, o Concello de Pontedeume conta por fin cunhas estradas autonómicas nunhas condicións moi melloradas. A execución das fases da travesía na CP-4803 (nos trámites da expropiación), esperamos que garantice axiña a mellora da seguridade vial en Boebre e Centroña.
Non é tan boa, sen embargo, a situación da estrada CP-6902 que desde a parroquia de Nogueirosa e Ombre dá o principal acceso ao Parque Natural das Fragas do Eume, non reunindo as debidas condicións para unha estrada do seu tipo. Por momentos –e é previsible un incremento constante- esta zona rexistra altos índices de afluencia de visitantes co conseguinte tráfico elevado, supoñendo, debido ao seu trazado serpenteante nalgún tramo ou demasiado estreito, riscos para os viandantes e para os propios condutores. Un lugar especialmente perigoso, debido tamén á falta de visibilidade é a curva coñecida como do Regato da Cruz.
A mesma existencia do Parque Natural é un poderoso reclamo á hora de facilitar a consecución destas xustas demandas. Curiosamente, na zona forestal, de entrada ao propio Parque, onde non existen xa núcleos, si se dotou á estrada dunhas pequenas beirarrúas.
Nunha recente visita do Vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña, Pablo Villamar, á parroquia de Ombre, foron os directivos da AVV os que lle transmitiron as inquedanzas ante esta situación e a necesidade de iniciar accións de mellora. Correspóndelle tamén ao Concello, co respaldo desta Corporación, insistir nas xestións oportunas para lograr os obxectivos propostos, tendo en conta sempre o alongados que resultan ser estes procesos no tempo.
Por estes motivos, pregamos que se tome en consideración e se debata esta moción, así como a adopción do seguinte
ACORDO
O Pleno da Corporación municipal de Pontedeume acorda dirixirse ao Presidente e Vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña para que, na maior brevidade posible, encarguen os estudos de tráfico e proxectos de mellora das condicións da estrada CP-6902, con especial atención á ampliación do paso sobre o Rego da Cruz, pola súa perigosidade, e a construción de beirarrúas entre núcleos.
Pontedeume, 21 de abril de 2008
02/05/08
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)
8 comentários:
Es muy raro que el concejal de Ombre que lo arregla todo no haya gestionado lo suyo en este tema. Igual que las cuatrocientas plazas de aparcamiento creadas en los primeros meses de gobierno. O eran setecientas?
Traendo espectáculos como o d chenoa van necesitar unha autoestrada e algo máis que leira parkings!
Pero a que xogades. Non esta o vicepresidente enterado xa do estado da estrada' Non pensa facer nada? Haillo que pedir como na misa?
A responsabilidade de ter a quen temos no Concello non é unicamente dos que están, tamén é do seu partido.
Parécese algo, pero non é exactamente o mesmo rexer un Concello que ser patrón dun barco.
Non é o mesmo, queirámolo ou non, levar unha ferretería e despachar nela que gobernar un concello.
Non é igual botar opositando media vida, con todos os respetos para os que opositamos, que pensar que hai que poñer a tododios a opositar.
Non é o mesmo un órgano que un piano.
dos partidos por suposto que é a culpa, se fósemos libres de verdade non haberí por exemplo listas pechadas, nin favores de familias, etc. é lástima.
Pois non entendo moi ben ese comentario en relación a que non é o mesmo gobernar un barco ou calquer outra laboura que gobernar.
Non sei como tomalo. Non sei si estás a criticar ao goberno municipal actual ou estás a decirnos, cun goberno sólo é para políticos e profesionáis liberais.
Cando mo aclares contéstoche, porque o comentario paréceme clasista.
Gobernar é traballar para facer un pobo mellor, prioritariamente, hay que ser traballador e mostrar dedicación(ainda asumindo unha precaria experiencia), por certo, unha característica da que carecen outros moitos que coñecemos e non están en lexanas montañas.
Pois eu creo que a xente, ás veces, o que non ten é vergonza: non hai máis que ver a algún destacado dos que gobernan...
onde estan as beirarruas de Centroña e Boebre e unha vergoña
Enviar um comentário