15/05/08

Manifestación en defensa do galego o 18 de maio

O BNG de Pontedeume convida a todos os veciños e veciñas a participar na manifestación do domingo, 18 de maio, baixo o lema Polo dereito a vivirmos en galego. Haberá autobuses que fagan parada en Pontedeume (10.30h.) para trasladar a Compostela á xente que estea interesada.
Un dos obxectivos do BNG é que a lingua galega teña un uso normal na nosa sociedade, sen sufrir dificultades nin discriminacións.
Hoxe estamos moi lonxe diso. O galego segue a ter unha presenza moi pobre nos medios de comunicación, na xustiza, na educación, nas novas tecnoloxías, na vida económica e en todo aquilo que condicione fortemente as relacións sociais.
Non podemos permanecer inactivos e calados perante os ataques de sectores organizados que, baixo a cínica proclama do bilingüísmo, transmiten a idea fantástica de que o galego é un idioma imposto e que o español está en grave risco.
É un asunto crucial para o noso futuro como pobo. Pedímosche que asistas, e convides as túas amizades, á manifestación que convoca a Mesa pola Normalización Lingüística o día 18 de maio ás 12 na Alameda de Santiago.

8 comentários:

Anónimo disse...

Pensades facer algo para evitar que vicequintana lle dea todas as posibilidades a ENCE para instalarse en As Pontes?
Non vos dades contas que seremos os mais prexudicados?
Xa temos un precedente en REGANOSA, non cometades o mesmo erro apoiando agora a ENCE.

Anónimo disse...

Non sei o que poden pensar desde o goberno galego ou desde dentro do BNG, mais eu nunca oín a ninguén do BNG apoiar ENCE nas Pontes. Moi ao contrario; escoitei opinións ben contrarias de vaios afiliados. Habería que preguntarlle a Vicente, alcalde do PSOE das Pontes e a Irisarri, de Ferrol, que tamén a quere nasPontes... Mentras non haxa nada presentado, todo son especulacións.

Anónimo disse...

Non tes mais que usar google para atopar noticias como esta.
"El futuro alcalde del municipio coruñés de As Pontes, el socialista Valentín González Formoso, reiteró, en una de sus primeras comparecencias públicas, que Ence tiene cabida en el municipio. Un ofrecimiento que ya había hecho su antecesor en el cargo, el nacionalista Víctor Guerreiro Pena."
Xa ves un destacado militante do BNG, alcalde das Pontes ata o ano pasado xa ofrecera o municipio das Pontes para a instalacion de ENCE.
E a posición de Fernando Blanco Parga, Deputado autonomico, concelleiro moitos anos nas Pontes e ferreo defensor desa opinion, a da UPG.
Por iso seria bo que un concello coma o noso se posicionase sobre o tema.
Son pesimista é penso que o BNG de Rei dira amen a todo o que lle mande de arriba.

Anónimo disse...

Eu estaba a falar da opinión da xente de Pontedeume, que non lle escoitei a ninguén defender a pasteira nas Pontes. Polo que sei o BNG non defende para nada que ENCE se sitúe nas Pontes e o do alcalde Victor Guerreiro ben puido ser un desliz persoal. Tamén creo que o BNG está facendo todo o humanamente posible por combater esta campaña do PSOE, de Vicentito, de Irisarri, e doutros cargos máis altos.
Non sei a que vén eso do BNG "de Rei", acaso descoñecemos como funciona o BNG? Podes comprobalo! As decisións tómanse asembleariamente e pode presumir de ser das organizacións máis democráticas...

GZ disse...

Esta entrada ía de lingua. Podémonos fixar nas magníficas noticias con que nos agasalla a prensa do Estado habitualmente: "Quintana quiere que los niños canten el himno gallego, que insulta a quienes no lo entienden", El Mundo. Eu atopei esta, que merece pasar ao baúl dos recordos. Por certo, facendo gala de ignorancia, ao autor do himno chámanlle Arturo, na tradución ao castelán que acompañan. A ver se á Pardo Bazán lle ían chamar Herminia ou Filomena. Isto ultrapasa o surrealismo máis surrealista: en que Estado vivimos!

Anónimo disse...

Insisto. O BNG traballa para que ENCE se traslade de Pontevedra a outra ubicación dentro da Galiza. Blanco, conselleiro de industria, di que irá a un lugar onde non xere rexeitamento social. As Pontes perfilase coma candidata ideal. Pontedeume, a nosa querida vila, coma o resto das Fragas do Eume, sufriria un inmediato deterioro. E o BNG de Pontedeume non ten un segundo para expresar publicamente cal é o seu pòsicionamento sobre o tema. Aprendede dos reflexos cos que actuaron Losada e Irisarri. Xa están rentabilizando electoralmente este tema. Valentin das Pontes non ten peso ningún. E ao final a factura electoral a pagará o nacionalismo, como xa comprobamos nos últimos procesos electorais, tras a súa numantina defensa da planta de gas dentro da ría.
A opinion do bng de Pontedeume é a que lemos aquí. Agora mentras Rei estea a mandar farase o que diga a cupula dirixente ainda que sexa catastrófico para nós.

Galaicus disse...

É curioso iso de ter a intención de comentar algo relativo á manifestación convocada por A Mesa pola Normalización Lingüística baixo o lema "Polo dereito a vivirmos en galego" e atoparte xa coa problemática de Ence.
Esta entrada ía de lingua mais se hai que falar de Ence fálase, acho que nin eu nin creo que o BNG de Pontedeume terán problema, outra cousa é que os argumentos que achegue ou acheguen poidan convencer máis ou menos.
Honestamente, hai veces que me doen os ollos de ler certos comentarios...claro que o tema de Ence é un tema capital á vez que nocivo e estou convencidísimo de que o BNG de Pontedeume se posicionará absoluta e radicalmente en contra da situación desta pasteira nas Pontes...acho que non é lóxico que Ence moleste en Pontevedra e non nas Pontes, ou goste menos das vistas da ría pontevedresa e prefira as pontesas...o que se rexeita en Pontevedra rexeitarase nas Pontes, cando menos eu estou convencido senón non entendería nada. Logo, se se queren facer análises interesadas ou simplemente espallar unha situación de crítica e alarma colectiva que se faga...
As Fragas, a ría...non se poden tocar! mellor dito, non se van tocar.
Por certo de que cor é a concellaría de medioambiente?? vaites, vaites...

Anónimo disse...

Anonimo dice:




Eu sei falar galego, pero penso que eso non é importante. O importante é que todo o mundo poda vivir dignamente. E tamen penso que estamos a parecer unha secta, soio se fala de independencia e descalificar ó resto tan só por falar ou opinar como lles dé a gana. Eso non é como se cambian as cousas. Aparte de eso, non creo que sexa xusto cando unha persoa por exemplo de Bilbao teña que aprender galego cando ten un destino aqui, eso e un inconviente. E tampouco entendo cando unha persoa galega pode facer oposicions no resto de España, cando o resto de españois ten maior dificultade para facelas en Galicia. Non sería mais consecuente que os galegos non nos presentaramos por exemplo a unhas oposicions en Valladolid??? (Cando os de Valladolid non se poden presentar en Galiza). Ou pensades que esto é licito??

Espero unha resposta que me explique estas inquedanzas.
Un saudo.