A respecto do debate público que se está a dar sobre o traslado de Ence e as especulacións sobre unha hipotética ubicación no Concello das Pontes, O Consello local do BNG de Pontedeume manifesta que nos opoñemos e nos opoñeremos con todos os nosos medios e con todas as nosas forzas. Polo de agora, desde a Alcaldía das Pontes, desde a de Ferrol, desde a Consellería de Medio Ambiente..., déronse razóns a prol da ubicación nese Concello do complexo pasteiro. Agora imos dar nós as razóns que nos moven a rexeitar a consumación desta tentativa, que consideramos unha hipoteca medioambiental e unha "voadura controlada" para o Parque Natural das Fragas do Eume, o río Eume e a Ría de Ares-Betanzos.
Non pode ser de recibo que as nosas máximas autoridades en materia de medio ambiente estean a defender tan alegremente e a promover de xeito descarado un proxecto como este, obviando que o Parque Natural do Eume é un dos poucos restos de ecosistemas representativos da biodiversidade atlántica europea. Que debemos camiñar -e nós así o esixiremos!- cara á recuperación dun río como o Eume que era un monumento natural e que ten grandes posibilidades polos valores ecolóxicos que atesoura; por certo, do que tamén bebemos a auga día a día. Que debemos, asemade, recuperar unha ría moi degradada, entre outras cousas, precisamente polos verquidos dos restos da mina, e que pode volver a ser fonte de riqueza no futuro como xa foi no pasado.
Aínda que só fosen especulacións, o debate está aberto e as posturas están claras. Agardamos que a decisión que tome o Goberno galego e as forzas políticas que o sustentan sexa tomada con criterio e sensatez. Se así non for, nós non imos quedar parados!
26-05-2008
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)
14 comentários:
Noraboa polo voso pronunciamento, que moitos agardabamos! Agora que surta efecto onde faga falta. Parémoslle os pés aos que queren destrozar o noso río!
Sei ben o que pensades, porque o debate témolo na rúa e todos vimos o anuncio electoral de hai 1 ano a toda cor na Voz de Vicente González, hoxe Alcalde nas Pontes, e Zapatero. Desde aquela non dixestes nada publicamente, aínda que no debate da rúa, sabiamos o que pensabades. Non receedes de entrar no debate abertamente e dar a vosa visión do asunto á opinión pública e canto antes.
Recomendo aos lectores e comentaristas deste blog ver hoxe o xornal (A Voz, 27/05/08) sobre o que contamina actualmente ENCE. Parece ben que se recupere unha ría tan importante como a de Pontevedra, mais non a costa de contaminar outra ou de estragar un río. Que alguén poña algo de cordura nesta espiral de dclaracións públicas que veñen sobre todo dos que están a favor de instalar ENCE nas Pontes. De ir adiante creo que se vai desatar unha contestación social moi grande, non só na comarca do Eume, senón tamén en Ferrolterra e na comarca da Coruña.
Xa me tardaba un pronunciamento claro do bng de Pontedeume. Debe ser esta localidade a que lidere a contestación social a este proxecto tan devastador para as Fragas, o Rio e a Ria Ares-Betanzos. Mais penso que no Bloque da Comarca de Ferrol non hi tanta sensibilidade. Ós seus dirixentes están na linea de apoiar o traslado de ENCE ás Pontes. E dubido que dende Pontedeume se trevan a levar o asunto ao Consello Comarcal e abran un debate amplo para que se comece a escoitar o rexeitamento social que pode parar o traslado da pasteira as Pontes. Se os nacionalistas somos capaces de recuperar a nosas conexion ca sociedade e os seus problemas comezaremos a recuperar o papel de peso que fumos perdendo na comarca. Pero reitero que o problema estanos dirixentes comarcais, cargos que viven do presuposto publico e serven aos intereses do empresariado como o de Reganosa. Non perdade o norte e adiante. Noraboa polo post.
Parabéns polo voso post, un pronunciamento non só valeroso, senón tamén, e especialmente, necesario.
Non podemos deixar que as fragas se unan a nomes como o da Ría de Pontevedra, as Encrobas, a Lagoa de Antela, a Ría do Burgo, o Courel...
Non a ENCE nas Pontes, non a Valentín ao PSOE e aos seus plans!
Parabéns e forza!
Creo que fóstedes prudentes e cautelosos de máis. Cando un debate se produce con esa intensidade, hai que reaccionar axiña, aínda que sexa con pronunciamentos máis tímidos. A espiral de declaracións desatada por cargos institucionais do PSOE viña sendo infumábel. E os vosos cargos puideron atallar antes este asunto... Temos que entender que en Pontedeume e Cabanas se sinta de maneira especial esta ameaza. Eu de min, sei dicirvos que non escoitei máis que comentarios positivos cara a vosa postura de parte de todo o mundo e comprobei tamén, parecido ao tema das rotondas, que ós demais partidos, ou non lles preocupaba, ou ían a remolque. Noraboa e ánimo!
Ata o ano 17 o complexo celulósico seguirá a estar en Pontevedra,¿é logo, para onde se trasladará?. Todo o mundo encontrará unha fraga , unha carballeira, un rio ou un espazo que non deba ser contaminado.
O globos-sonda que están lanzando sobre posibles ubicacións, non pensades que vai encamiñado a que como mal menor,se acepte que siga no mesmo sitio , que total máis, non se pode contaminar e eles xa están afeitos ao cheiro.
Seguir no mesmo sitio non vai seguir, iso témolo claro. Non ten volta atrás. O que eu non teño tan claro, sabendo como as gastan as cúpulas empresariais, é que non se trasladen a un país da periferia terceiromundista e todo este barullo sirva de ben pouco. Todo máis para crear desavenencias entre organizaqcións, desatar localismos exacerbados,etc. Ben, tamén esta a postura de Feijoo, que pide que quede na localidade de Pontevedra. Eles verán...
Non simpatizo con vos pero felicitovos por antepor o interese de pontedeume ante todo,todos e digo todolos Eumeses debemos opornos a este disparate,ou sexa en Pontevedra non a queren polo que contamina e a traen para aquí,que traian a Citroen e xa veran como non protestamos,
Moi ben por este primeiro paso. Pero como apuntaba alguén xa hai que seguir adiante. Ten que haber declaracións publicas que deixen claro que Pontedeume vaixe levantar na defensa das suas fragas do seu rio e da súa ria. Debedes ter mais liderazgo nestetema e comprometer aos responsables do partido. Pois do contrario da a impresion que vos opoñedes ca boca pequena e cheira o tema a unha nova REGANOSA sempre opoñendse ata que vos convertichedes nos maiores defesonres e expulsachedes aos que seguiron opoñendose. Mais accion.
Non entendo a que vén ese comentario. A postura do BNG de Pontedeume é clara e non contén ambigüidades. Non hai por que especular con outros asuntos ou con cuestións misteriosas. Este paso é importantísimo e non hai que pensar que é unha mera declaración sen contido ou sen futuro. Con este asunto non se "especula" como andan a facer moitos por aí. Ademais, creo que as outras forzas deberan estar facendo o mesmo e estar todos máis unidos neste asunto.
pois anonimo a resposta ao teu comentario aparece hoxe nas paxinas de opinion do diario de ferrol Un tal Lopez Foxo, responsable comarcal do bng, manda aviso a todos os militantes e cargos do bloque para que abandonen a "desenfocada polemica" sobre o traslado de ENCE, pedindo que deixen decidir á empresa. Todo quedou nun pequeno acceno para consumo dos eumeses, a posicion do BLOQUE, comn maiusculas, é clara: apoio sen fisuras ao proxecto que presente ence. O mismiño que con REGANOXO.
En fin, a vosa credibilidade polo chan. Agora que comezabades a erguer algo a cabeciña.
Todo ca boca pequena. Pero vese que os do bng estan empeñados en seguer retrocedendo social e electoralmente no concello e na comarca. Diga o que diga o post, Rei e compañia farán o que lles mande Paco Rodriguez. E agora toca calar sobre o tema de ENCE. Do que se deduce apostan claramente por unha ubicación na comarca. A unica condición que puxo o conselleiro de industria e que non haxa contestación social. Nesa clave e na que hai que entender o artigo de Lopèz Foxo. A calar todos non vaia ser que se artelle unha resposta social. Logo laianse de que perden apoios electorais.
Claro e centrales nucleares tampouco. Imos todos a plantar patacas e repolos (sin pesticidas....).
E que nos dean outra cousa que nos guste mais. Porque non podemos esperar outra cousa mais que que nos dean. Vivimos a costa deso, i non podemos exixir nada. Fasedelo vos, en lugar de protestar sempre.
Adiante, veña veña.
Sorte
Enviar um comentário