PRIMEIRA.- No Pleno do mes pasado aprobouse unha moción dos Grupos da oposición sobre a Oferta de Emprego Público no noso Concello. Vanse levar a cabo os acordos adoptados na mesma? Que decisións se van tomar ao respecto e coa finalidade de reestablecer a conciliación e o diálogo?
SEGUNDA.- Dadas as noticias que chegan a nós, parece ser que existe algunha proposta de terreos para a construción do Centro de Día. O BNG está interesado en saber cales son eses terreos, as condicionantes de tipo urbanístico que pesan sobre eles, os accesos, as ofertas económicas, etc. No mesmo sentido, se existe algunha previsión para investir a anualidade de 2008.
TERCEIRA.- Houbo algunha novidade –cremos que non moi clarificadora- a respecto das instalacións para piragüísmo. O BNG pretende coñecer o alcance das xestións realizadas ultimamente ao respecto, e se se vai facer algún modificado ao Proxecto existente ou redactar un novo. Que pasos se van dar a partir de agora?
CUARTA.- Tamén a respecto do Club de Piragüísmo, interésanos coñecer o alcance da cesión de Portos para as mesmas instalacións, a duración desta e en que condicións se podería manter.
QUINTA.- Tense orixinado certa preocupación sobre a construción das rotondas á entrada da vila e, sobre todo, dos pasos de peóns soterrados. Queremos insistir, unha vez máis, en saber se existe proxecto das mesmas no Concello, porque non se presentou –de ser o caso- aos Grupos municipais, e, en definitiva, se esta actuación está a seguir os trámites preceptivos e de rigor.
SEXTA.- En relación co anterior, pensa o Goberno municipal retomar as xestións para lograr o Enlace de Vidreiro, cada día que pasa máis necesario para contarmos cunha boa saída e entrada ao Polígono de Vidreiro e, como non, para aliviar o tráfico derivado da “sobrecarga urbanística” do veciño Concello de Miño?
SÉPTIMA.- Algún día deste mes, a través da prensa, anunciouse unha actuación “por procedemento de urxencia” e por importe de 70.000 € na Praza das Angustia. Isto correspóndese coa realidade dos feitos ou trátase de pedir algunha subvención de Comercio?
OITAVA.- Que sucedeu cunha obra do Plan de Cooperación Provincial, concretamente co Camiño da Veiga, que foi adxudicado e non executado debidamente?
NOVENA.- Existe coñecemento e algún tipo de control sobre os xornais que deben chegar ao Centro de Maiores e que, segundo as queixas, desaparecen ou van parar a outras dependencias municipais?
02/05/08
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)
10 comentários:
Sobre el problema de los trabajadores municipales, que dicen que son unos mantas (incluso en los foros) y que impiden el funcionamento del concello. Yo creo que más mantas que los trabajadores son los que gobiernan actualmente. ¡Menudo equipo! Yo no conozco sus títulos. Menos su formación. Y lo que menos, su experiencia política, que se presume en todo cargo. Tal vez la rabieta y el empeño vengan de que alguno lleva media vida opositando.
Roi Xordo ben podería facer unha crítica da obra de Abelardo Miguel, agora que o propoñen para os premios nacionais das artes.
-Total, de pouco vale, a proposta presentouna o goberno municipal do PP fóra de prazo.
¿Quen di que son uns mantas?. Para nada, son a excelencia, son a creme da creme. Os cidadans deste pobo, podemos estar orgullosos do ben que traballan , a onestidade ca que chegaron aos seus postos e a laboura impagabel que fan cuns salarios tan indignos.
A diferencia entre que dirixa un goberno persoeiros pouco preparados e que se contrate a persoal de escasa cualificación é moi clara.
Aos primeiros os elixe o pobo e non se esixe experiencia nin titulacións, somos os electores os que decidimos sobre os seus valores e refréndanse cada catro anos cun novo sufraxio donde se examina e valora o seu traball; aos segundos os elixe un concurso, unha oposición na que se establecen condicións indispensables para obter o posto. A primeira das condicións dase, pero a segunda non. ¿Haberá que regulala non?
Por eso o PP quere facer a súa selección e lle andan decindo a algúns, para dividir o persoal, que con eles non vai a guerra, que unicamente queren cepillarse a uns cantos cabecillas. Vamos, caciquismo puro... Que van garantizar eles? Meter como meteron enchufados a través de empresas que traballan para o Concello ou facer como fixeron coa administrativa que traballa temporalmente nas Oficinas xerais, por certo, concelleira do PP no seu intre, nun concello de aquí ao lado. Van facer un Concello cos traballadores á súa medida.
Si, o dos terreos para o CENTRO DE dÍA e a GALESCOLA pensarán compralos por catro reás, decindolle aos paisanos que como son rústicos, non valen para nada. Pero despois hai que recalificalos e daquela si que valen; esto é unha especie de engaño. Xa poden esmerarse, porque non creo que a xente estea disposta a regalar o que ten.
Eu que non son de Pontedeume nin de Miño alucino moito co aspecto asilvestrado que ten a costa de Pontedeume, frente ao civilizado e urbanizado Miño. Nótase que nunha non hai Plan e todo é unha anarquía e un caos e na outra hai ordenación, bos accesos, boas entradas ás praias, dinamismo urbanístico nunha palabra. Espero que en Pontedeume se tome boa nota deste asunto. Sin ánimo de ofender a ninguén, e dito como observador foráneo. Pero pasádevos un pouco cando falades neste blog de "sobrecarga urbanística" de Miño; creo que tendes aínda moito que aprender!
Si urbanizacións ao pé do mar, adosados a cen metros, pareados a cincuenta, chalets en primera linea, terrazas sobre el mar,... Non te fastidia! Miño d'Or!
Está claro que os partidos que gobernaban antes xa tiñan claro que non ian saír elexidos para gobernar Pontedeume. Algúns non se volvían a presentar como0 Belarmino e Julio Yáñez. E como non contaban saír pois deixaron o asunto dos atrasos de 300 mil euros para os traballadores e así hipotecar o novo goberno.
O PP estivo en desacordo nalgún momento coa Relación de Postos de Traballo? Pois estes atrasos son produto da súa aplicación.
Houbo algún informe en contra? Pois o que taca é cumprir o acordado.
Enviar um comentário