PRIMEIRA.- Do inicio, hai unhas semanas, das obras de construción das rotondas, tivo coñecemento o goberno municipal, a través da Demarcación de Estradas ou da propia empresa adxudicataria? Houbo solicitude de ocupación de vía pública? Chegouse a algún tipo de acordo na dirección de deixar para despois do verán as obras da rotonda principal, dados os problemas coas autorizacións, e acometer a rotonda do inicio da avda. Ricardo Sánchez?
SEGUNDA.- Entre as incidencias sobre o patrimonio municipal das rotondas figura a previsible retirada das esculturas zoomorfas. Fáganse ou non as rotondas, non cren os membros do goberno que este é un momento axeitado para pedir asesoramento dos técnicos de Patrimonio da Consellería de Cultura e Deporte que orienten a realización dunhas réplicas para o aire libre, que continúen a servir de reclamo á entrada da Vila e retirar, se é o caso, as orixinais para algún recinto apropiado e singular do Concello? Deuse algún paso ao respecto ou confíase o traslado á Demarcación de Estradas?
TERCEIRA:- Non acabamos de ver a luz ao final do túnel da tramitación pola que pasa o PXOM. Despois dun ano da chegada do Informe, os traballos de adecuación a el –xa encargados polo anterior Goberno- teñen que estar máis que concluídos. Son certas informacións que aseguran que o Goberno está retendo o Plan para presentalo cando considere oportuno? Cando se vai reunir aos Grupos para para presentárllelo? Cando se preve facer a Exposición pública?
CUARTA.- Temos constancia da existencia dunha resolución da Consellería de Traballo pola que se acorda dar de baixa o FOREMDES como centro asociado da mesma. E isto exactamente así? A que se debe e cal é a responsabilidade política? Cales son as consecuencias que acarrexa esta resolución para o Concello?
QUINTA.- A pavimentación das marxes de aparcamento na avenida Ricardo Sánchez estaba previsto realizala por parte da empresa que fixo as obras na AC-144.Ten coñecemento disto o goberno local? Ten pensado facer unha limpeza das mesmas e reclamar a reparación prevista?
SEXTA.- Dado que hai semanas empezaron as demolicións en Ver, estamos interesados en saber se o goberno iniciou os oportunos contactos para coñecer os plans do Ministerio de Medio Ambiente para a ordenación da zona e a súa recuperación medioambiental, concretamente no relativo á instalación de depuradora nos terreos adquiridos por dito Ministerio, mellora de accesos á praia, etc.
SÉTIMA.- Ten pensado o equipo de Goberno confeccionar unha ordenanza que regule a instalación de terrazas?
OITAVA.- O tráfego mes a mes de retirada de enseres ou de entullo da Aurela ao Punto Limpo, feito sempre pola mesma empresa que se ocupa da retirada mensual dos enseres domésticos está a xerar un custe adicional que dispara o do propio contrato feito por esta empresa. Pedimos que se nos aclare se non está incluído no propio contrato. En segundo lugar, que se elabore e se nos facilite un Informe-avaliación de todos estes movementos económicos desde Intervención. E finalmente que se adopten controis habituais sobre os verquidos na Aurela.
NOVENA.- Houbo algún tipo de utilización do camión grande de recollida de lixo por parte de persoas alleas ao persoal de Servizo de Limpeza municipal, concretamente a fin de semana do 10 de maio e outras? Que tipo de problemas está a ter periódicamente este camión, os máis recentes, esta mesma semana?
Pontedeume, 27 de maio de 2008
08/06/08
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)
9 comentários:
Pregunta 3. Que esperades que vos contesten. Se fixerades o que tiñades que facer no seu dia o tema estaria encarrilado. Pero coma xa nos fumos enterando de moitas cousas de urbanismo grazas a Fusquenlla, as c ousas estan coma estan e sodes os primeiros responsables.
As cousas están como están non é ningunha aclaración. Máis cando se dí por varios sitios que o PP ten secuestrado PXOM e o está utilizando ao seu modo. Mais cando levamos vendo nas preguntas deste blog que o goberno non fixo ningunha reunión durante un ano para informar do asunto, que nin quixo entregar aos partidos o Informe inicial que xa chegou no mes de xuño do ano pasado. O BNG será responsable de encargar este Plan, e de axilizalo máis ou menos no seu momento. Tamén ten moito que dicir a Dirección Xeral de Urbanismo, que sempre se atopou saturada e foi a que incumpriu prazos, aqui e noutros lados. Non hai xustificación a esa lentitude!
Sabes que non pasan de 20 os Concellos que teñen o seu Plan adaptado. Así que menos lobos; dade a información e actuade con transparencia.
Asunto das rotondas e ocupación de vía pública. Ou van de ocupas estes da construtora OCA SA ou parece claro que con alguén do Concello falaron para poñer valados en medio Parque sarmiento. Non sei que vos contestaron, pero non hai que ser moi espabilados como para deducir que o concelleiro de urbanismo ou o de obras estaban ao tanto da cuestión e deron indicacións de onde se debían poñer as casetas e todo. As cousas vanse sabendo pouco a pouco. O que se debería perguntar e se pagan o que se chama ocupación de vía pública como paga calquera empresa que faga o mesmo ou calquera veciño normal. Isto das rotondas semella unha chapuza en toda regra...
http://ppdepontedeume2007.blogspot.com/2008/06/quin-le-importa-galicia.html
Nos gustaría saber a vosa postura ante os ataque sufridos a membros de Galicia Bilingüe.
Persoas que tan só defenden a liberdade a poder expresarse na lingua que desexen.
Gracias.
Pero home,cal vai ser a súa postura sobre os ataques a galicia bilingue,parece mentira que lles preguntes iso,nenbargantes non hai que darlle a este tema mais importancia da que ten ,hai cousas mais graves,paro ,delincuencia,inmigración ,etc,os ataques son feitos por uns energúmenos ,de estrema esquerda
Que bonito estar en la oposición. Ahi tendriais que estar toda la vida. Es lo vuestro, protestar.... porque cuando teneis la opcion de hacer algo... Sabeis que?? Os creeis que estais por encima del bien y del mal, los demás no estamos a vuestra altura... Despreciais a los que no están dentro de ese "mundillo progre", los demás siempre están equivocados, pobrecitos, que vida más triste tienen... Nosotros somos los que luchamos por nuestra cultura y nuestros valores, los demás son unos corderillos, y se dejan llevar por el enemigo invasor, que no tiene más que hacer que estar siempre jodiendo a los galleguiños con boina que van al mercado. Vosotros llevais boina y falades galego y quereis demostrar que no, que los gallegos somos de lo mejorcito... Sois unos snobistas, lo que os va es el postureo. Listillos, que se trata de otra cosa, entre otras de ser personas......
¿Estades por ahí,existides?
¿Collíchedes vacacións, pasou un anxo pola web galeguista?.
Se non actualizades, cerrádea, pero deixar de facer o ridículo. Da unha imaxe deplorable de deixadez , de falta de traballo e tarefa opositora.
Boas tardes. Sei de sobra que este comentario non ten nada que ver co tema, pero é unha proposta que lanzo e quería saber si é do voso agrado e así apoiala. Saúdos.
http://pontedeumecrecedenuncia.blogspot.com/2008/08/proposta-ao-concello-de-pontedeume.html
Boas tardes. Sei de sobra que este comentario non ten nada que ver co tema, pero é unha proposta que lanzo e quería saber si é do voso agrado e así apoiala. Saúdos.
Enviar um comentário