En concreto, o Ministerio de Fomento asegura que as dúas rotondas e os pasos inferiores peonís "fican por baixo da rasante, perfectamente integrados co entorno e non se producen impactos ambientais negativos". (!)
Porén, esta rotundidade ó negar impactos negativos choca coa afirmación que realiza a continuación o Ministerio de que as obras "non require a realización dun Estudo de Impacto Ambiental" e sostén que "non resulta necesario o trámite de información pública ao tratarse dunha obra de seguridade viaria".
Dende o BNG de Pontedeume consideramos ésta unha resposta cativa e que non é de recibo, cando a sociedade no seu conxunto e os partidos políticos teñen manifestado o seu rexeitamento á rotonda grande polo grave impacto que provocará. Cabe lembrar que Fomento tramitou todo o proxecto de maneira incorrecta, xa que sí afecta ao Camiño Inglés e o concello de Pontedeume nunca foi informado polo Ministerio sobre esta obra nos termos que ten que ser informada unha administración local, só recibiu un borrador.
2 comentários:
A min gustaríame saber que vai facer Fomento agora que non conta coas autorizacións de Patrimonio para facer a rotonda grande. O proxecto para ela faríase coa cabeza ou cos pés; faríase sobre o terreo ou desde os despachos en Madrid; faríase tendo en conta a xente ou só os vehículos...? Vaia machada! Facer a rotonda pequena non vai servir de nada. estamos ante un dilema complicado. Creo que tanto PP como PSOE non esperaban isto e estaban caoladiños agardando ou "contemporizando". Vós non fagades o mesmo, non vos deixedes levar polas súas estratexias e artimañas; é o meu consello, por se queredes seguilo...
A Fomento o primeiro que habería que pedirlle ou á empresa licitadora, un estudo arqueolóxico da zona, coas correspondentes catas. Creo que non hai nada deso. No caso da outra rotonda, a do Parque, quedou todo feito unha trapallada e non sei como se consente esa situación.
Enviar um comentário