1. O Grupo municipal do BNG no Concello de Pontedeume, agradece ao Equipo Redactor do PXOM e mais ao equipo de goberno municipal a presentación que se lle fixo o xoves 2 de outubro aos Grupos da oposición. O BNG leva pedindo de xeito constante, ao longo dos últimos meses, que se dese información sobre o PXOM e que se axilice a súa tramitación ao máximo. Pese a todo, o goberno do PP e o responsabel da área de Urbanismo incumpriron por tres veces a previsión de datas para facer esta presentación, a primeira das cales ía ser para o mes de xuño.
2. O Grupo Municipal do BNG pedíu nesta reunión e pedirá (formalmente en sesión plenaria) que se facilite a información máis ampla posible a todos os veciños/as interesados a todos os niveis. Pedimos que, en canto entre por Rexistro, a fins deste mes de outubro, poidamos estudalo con detemento todos os Grupos da oposición, antes de levalo a Aprobación inicial.
3. Dada a importancia deste Documento, pedimos tamén que -unha vez que se eleve a Aprobación do Pleno, o máis axiña posible- no trámite de Exposición pública, segundo se comunicou previsibelmente entre decembro e xaneiro (2 meses), se lle dea ampla difusión, levándoo a todas as parroquias do Concello e a todos os ámbitos, onde haxa veciños interesados, tal e como se fixo no Avance do mesmo.
Recollemos a continuación a previsión de prazos que coidamos son de interese:
- A finais de outubro entrada no Concello por Rexistro.
- A seguir, todos os Grupo políticos terán quince días para analizalo.
- Logo elevarase a Pleno para a Aprobación Inicial por este órgano.
- De aprobarse, entrará na fase de EXPOSICIÓN PÚBLICA: sesenta días nos que se poderán presentar alegacións.
13-10-2008
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)
8 comentários:
Un prazo que nos gustaría que puxésedes é o do remate -aínda que sexa só previsible- do PXOM. É dicir cando pensades que pode estar aprobado definitivamente.
El "PXOM"lo veràn nuestros nietos?
No me diréis que no es mejor esperar algo más y hacer algo diferente, algo nuevo. M e refiero a no caer en los errores que se cometieron aquí al lado, en Miño (PP siempre) en la zona de costa, toda urbana y, ya no digamos con las urbanizaciones de FADESA, sus expropiaciones y que puede acabar siendo algo fantasma. Ese concvello tiene Plan Xeral, según tengo entendido. Es ese, luego, el modelo de urbanismo del PP? Yo prefiero que Pontedeume espere su turno y ofrezca más calidad de vida; todos saldremos ganando.
Está claro que a tramitación do PXOM é un asunto que interesa a todo o mundo. Sempre tivemos claro que a lentitude neste proceso se debeu a unha serie de cambios legais que se estaban producindo, entre eles un moi importante que foi a tramitación da Lei de Protección do Litoral, aprobada a mediados de 2007.
A Consellería vai moi lenta, todo hai que dicilo; abonda con saber que só hai 28 concellos co PXOM aprobado e adaptado á Lei en toda Galiza, do conxunto dos 315 concellos.
Nós, desde o BNG, estivemos insistindo, en todos os sentidos para que se axilizase ao máximo (non tendes máis que ver rogos e preguntas dos Plenos)
O Goberno munici`pal do PP ben puido presentalo aos Grupos antes do verán. Eso sabémolo e constatámolo.
Prazos para rematalo: este Alcalde dixo algunha vez que podía tardar TRES ANOS MÁIS. A Consultora estableceu, indo todo moi ben, a finais de 2009 ou comezos de 20010.
Cremos que esta é a previsión máis realista: 2010.
Bos días, son o administrador de S.O.S. Pontedeume ¡Denuncia!, un blogue que encárgase de publicitá-las desfeitas e cousas mellorables na vida dos eumeses.
Unha das cousas que nos preocupa é que o fondo das nosa ría estase a converter nun vertedoiro de todo tipo de lixo, baterías, rodas, bicicletas, motocicletas, etc..., polo que decidín dar un paso mais e tentar publicitar o noso problema pra ver si coa vosa axuda logramos amañar este problema xa que desde o concello non se toman cartas no asunto.
Esperando a vosa resposta e crendo que o asunto despertará o voso interese, recibide unha aperta.
Deixovos o link do artigo que puxen no blogue pra que lle botedes unha ollada.
Son o Portavoz do Grupo municipal do BNG. Coñecemos o voso blog e queremos darvos os parabéns polo seu enfoque e contidos: cremos que son moi necesarios. Gustaríanos establecer un intercambio de ideas e información e apoiar algunhas iniciativas.
Coincidimos nas demandas, que saltan á vista de todos os eumeses; nós podemos levar á Corporación algunha proposta (aínda que se preferides, comentámolas antes, vós diredes).
A respecto do anterior comentario voso, queríamos adiantarvos o seguinte:
- Todos vemos que hai abandono no Goberno local (PP) e unha das mostras é a vosa demanda. Parécenos grave que se manteña así a ría; como nos parece grave que deixen as pintadas meses e meses no Torreón. GRAVE é que teñan a intención de facer un recheo ´de NOVE MIL METROS CADRADOS e soterrar a ría ou convertela nunha canle estreita. Alerta máxima!
- É importante insistirmos en Plans de recuperación da actividade marisqueira; aí xoga un papel básico tamén o estado do río, que xa vemos como vai.
- En canto á limpeza periódica da ría, podemos pedir a colaboración de asociacións que se dedican ao mergullo, como Arao, ou doutras localidades (que colaborarían encantadas), asociacións xuvenís, ecolóxicas, etc., e pasar á ACCIÓN DIRECTA. Isto fíxose hai dous anos ou tres no Peirao e foi organizado por nós desde Servizos Sociais. O normal é que o Concello poña medios e planifique a actividade, entre outras cousas, poñendo un contedor grande de obra, pedindo autorizacións etc.
Se non fai caso, podemos optar pola medida da protesta, aínda que sexa simbólica: extraer nós o lixo e os cachivaches e facer un montón, onde o vexa todo o mundo, no Peirao ou no Paseo Marítimo. Daría resultado.
Tedes que abordar dunha vez uha profunda renovacion tanto nas persoas coma no discurso politico. Pese aos intentos de volver a conectar co pobo, a sensacion é de que mentras non cambien as persoas que antes estaban no goberno municipal, todo soa a demagoxia. Veña un esforzo e a ir dandolle paso a novascaras e novas formas de expresar un proxecto tan necesario para Pontedeume coma o que pode elaborar un BNG que beba nas suas fontes orixinais.
os actuais menbros da corporación Eumesa están queimados ,e refirome a todolos partidos ,se queremos que a nosa vila mellore,hai que facer limpeza xeral,os menbros do goberno local xa amosaron sobradamente que non valen para esto,non dan o nivel ,pero se a alternativa e que volvan "descoñecidos"como Vilariño ou Rei,imos listos,hai que facer limpeza xeral en todolos partidos ,Pontedeume o necesita
Enviar um comentário