06-12-2008

A desgraza de Pontedeume

O PP de Galiza anda a criticar a miúdo que o Goberno da Xunta deixa de investir algunhas partidas consignadas nos Orzamentos. Os dirixentes do PP deberían saber que os seus correlixionarios de partido no Goberno municipal de Pontedeume están a axudar con afán desmedido neste labor que eles tanto critican. Desde que accederon ao poder, hai un ano e medio, decidiron pór o freo de man a todos os investimentos importantes que a Xunta de Galiza tiña comprometidos co anterior Goberno de Pontedeume.

Entre os máis avanzados, cómpre salientarmos a remodelación do Peirao (2.7 millóns de euros), ao que o PP se opuxo pedindo un recheo inviábel de 9.000 metros cadrados. Equipamentos sociais como o Centro de Día (renunciouse a dúas anualidades por importe de 800.000 €) e a Galescola (arredor de 600.000 €), para os que se segue a buscar terreos e, probabelmente terán que agardar á aprobación do PXOM. Mesmo a renuncia ás axudas para o Club de Piragüísmo: 150.000 € do 2007, 230.000 € do 2008 da Consellería de Cultura e Deportes e máis 90.000 € da Deputación provincial. Habería que engadir aínda a demora inxustificada do inicio da remodelación do Mercado Municipal, para o que volve a encargarse a redacción doutro Anteproxecto, que xa está feito.

Vendo tales feitos non sabemos xa se se trata de incompetencia ou de actuacións pérfidas e aleivosas.Sexa como for, o que non se pode permitir, cos tempos que corren, é ter paralizados máis de 5 millóns de euros en investimentos, o que supón máis da metade do importe do Orzamento municipal. Din desde o Goberno do PP que aspiran a superar os 10.000 habitantes censados. Malamente con esta política de non xestionar o que verdadeiramente interesa, poñendo trabas ás obras, equipamentos sociais e en suma aos servizos avanzados que van redundar na calidade de vida.

13 comentários:

Anónimo disse...

A dcesgraza de Pontedeume é a oposición que se lle fai ao alcalde fascista e autoritario, Ou mellor dito, a nula oposición, Agora vaise aprobar a recalificación de EINSA cando Belarmino non puido facelo. E como títeres do PP van PSOE e BNG. Xa non falo do COE e independentes porque eses non enganan a ninguén.
Triste panorama. Podemos ter alcalde de dereitas por moitos anos e a culpa non será dos votantes senón de quen desengana a estes

Anónimo disse...

Moi de acordo co comentario anterior. Mal que nos governe un PP socio dun COE que so busca solucion a situacións persoais. Pero a desgraza é unha oposicion liderada por Rei e Vilariño, que non fan mais que demagoxia. Insoportabel demagoxia no caso de Rei no que compete aos departamentos governados por nacionalistas na Xunta. Ou a quen lle queres tomar o pelo? Expklica claramente en que consisten os compromisos orzamentarios da Vicepresidencia e deixa de facer de demagogo barateiro.

Anónimo disse...

O de buscar solucions persoais supoño que ira polo voso amigo Sande que ultimamente se lle ve moi contento con vos,en fin se o "mantecas"pasou milagrosamente de ser un palurdo de dereitas a un esquerdista concienciado polo mero feito de pactar con vos supoño que con este pasara o mesmo,por non nomear o voso pacto co Ex-ultra Manuel Agras

Un eumés anónimo disse...

Xustifican vostedes, o BNG, que o rexeitamento de subvencións orixínao a falta de dotacións urbanas, léase solares, e isto á súa vez, a ausencia aínda de PXOM.

Non sei se isto é kafkiano ou que merda é, pero a ausencia de plan (dende 1986!) vén porque co BNG no concello se intentou facer un cun célebre arquitecto eumés que creo que se riron del na Xunta, despois se contratou a Consultora Galega no 2003 para facer outro (empresa moi afín ás consellerías nacionalistas) que resultou moi deficiente e retardado por escuras ambicións e relacións empresariais dos elaboradores (EINSA, sen ir máis lonxe) e pretendía dar cobertura a máis de 7 macrourbanizacións distribuidas por cada parroquia.

Se lle teño que votar a culpa a alguén de que non teñamos plan é ao BNG, en particular á concellaría nacionalista de urbanismo en anteriores gobernos, rexentada por un personaxe sen cultura algunha que non se sabe moi ben como o aceptaron no partido.

E se en Pontedeume non hai espacios públicos suficientes é porque os poucos que habían se lle concederon a escuros promotores moi vencellados a certos concelleiros a cambio de unha ou dúas prazas de garaxe.

Vostedes mesmos admiten que a causa é conxuntural, es a coxuntura a crean os predecesores, vostedes mesmos.

E que conste que non votarei nunca ao PP nin a o COE, tan incompetentes coma vostedes e aínda por riba de dereitas.

Anónimo disse...

Eu compartotodos os puntos de vista aquí expostos.Acho no bng eumes o maior responsabel da ausencia de PXOM hoxe en dia. Lembremos que a area de urbanismo era da sua competencia. Mais acho tamen sen fundameno o feito de responsabilizar de todo o malo que sufrimos no presente ao que fixeron os anteriores. Se temos uns gobernantes é para que resolvan os problemas de hoxe e non que repitan unha e outra vez o mal que o fixeron os de antes. Que é o que acostuma facer o bng e psoe na xunta despois de mais de tres anos bigobernando. Tivemos mala sorte co arquitecto Sambade que por querer contentar a todos, lembrade que o seu planeamento tivo o visto bo de todos os grupos, acabou por ser peor que as normas que pretendia sustituir. Logo veu Consultora Galega, moi vencellada como di o anterior comentario, ao ambito da conselleira Taboas, e polo tanto do bng, e fixo bo ata o traballo de Vicente Sambade. E o bng facendo agora respponsabel a todos menos a el.

Anónimo disse...

O xoves ás 11 da mañá hai unha concentración dos afectados pola recalificación de Einsa diante do Foremdes. Acude.
Pola tarde asistirán ao pleno no que o Concello vai regalar a Einsa as propiedades destes veciños. Un atraco ao máis puro estilo caciquil

Anónimo disse...

antes de enviar papelitos informativos informaros bien para no dar informacion que no es cierta como por ejemplo lo que pusisteis de los empleados de la piscina, podeis probar eso??? apuesto todo lo que querais a que no, porque eso no es cierto. El pp no metio a nadie en la piscina municipal, y si no poneros en contacto con la empresa que la lleva, y le preguntais :P

Anónimo disse...

Na piscina municipal non sei, pero no pavillón, dende logo que si.
Senon, cando vos acerquedes por alí, levade na man a papeleta electoral do PP na que saen os membros da súa lista. Seguro que recoñecedes algunha cara desa lista, traballando no pavillón.

Anónimo disse...

¿En el Pabellón ya no está trabajando como antes, el hermano de Tino Regueiro, el concejal de urbanismo del BnG en el anterior gobierno ?¿Ha habido traslado de competencias?

Anónimo disse...

No verán do ano pasado este colectivo denunciaba publicamente o proxecto de Fomento de construír dúas rotondas na estrada nacional 651 ao seu paso por Pontedeume, co obxectivo suposto de aliviar a situación xerada polo intenso tráfico automobilístico. Entre outra cousas afirmabamos: “Urxe buscar solucións a este despropósito que ameaza á identidade de Pontedeume e á seguridade dos seus veciños. Hoxe precísase dunha resposta social que procure a anulación deste proxecto, exixindo ao Concello a supresión dos pasos subterráneos e a consecución da única alternativa válida: a liberalización da peaxe da autoestrada. Fusquenlla poñerá todos os medios ao seu alcance para conseguir a maior contestación social, dialogando con todos os sectores sensibilizados con esta ameaza, procurando unha unidade de acción que consiga a cancelación do proxecto e a presentación de alternativas sensatas”.

Nos meses seguintes os nosos esforzos concretáronse na formación dunha plataforma veciñal que, agrupando a partidos e asociacións veciñais e culturais, intentase lograr unha alternativa máis racional e menos lesiva para os intereses da vila.

Ao mesmo tempo, proseguimos na loita contra os plans de Fomento ata conseguir a súa paralización, despóis de desvelar que a obra non contaba cos necesarios permisos da Dirección Xeral de Patrimonio, imperdoable esquecemento habida conta da especial condición da vila como conxunto histórico-artístico.

E anque xa deberiamos ter asumido a asombrosa capacidade dos partidos por esquecer os seus erros, lembrarnos constantemente os logros e arrogarse todas as iniciativas que máis conveñan aos seus intereses electorais, parécenos dunha incrible desfachatez o protagonismo que o BNG pretende atribuirse na mobilización veciñal a favor da liberalización da peaxe e contra os pasos subterráneos, tal e como aparece no último boletín desta formación: “Foi o BNG quen tivo a iniciativa este verán de reunir as entidades sociais de Pontedeume para procurarmos solucións aos xa crónicos atascos de tráfico na N-651 (…) O BNG considera que é o momento de levar esta reivindicación a toda a cidadanía, posto que a vía institucional está esgotada”.

O obxectivo da Plataforma, por enriba de calquer protagonismo, era conseguir unha solución axeitada aos problemas xerados polo tráfico, pero os intereses dos partidos móvense ás máis das veces en función dunha estratexia electoral que non sempre é coincidente coas preocupacións cidadás. Semella que nesta carreira electoral que promete ser longa o triunfo exixe desfacerse de todo lastre, empezando pola verdade e a honestidade política.

Anónimo disse...

O anterior comentario está sacado dun post da páxina de Fusquenlla

Anónimo disse...

Si por mi fuera,mi casa,no estarìa en Pontedeume...estoy hace años hasta los mismìsimos del PXOM de la suciedad,dejadez...¿mala gestiòn? que sè yo!.Me queda conformarme porque mi pareja,eumès de pro,se niega a cruzar el puente.
Eso de alcanzar los 10.000 censados es imposible!!!!!!!!!¿què van a hacer una campaña de captaciòn en los meses de verano con los turistas?

Anónimo disse...

Onte e hoxe falan os periódicos de servizos sociais e hai resposta por parte do partido socialista; O bloque que estivo levando esa concellería tantos anos ¿ non ten nada que comentar? Hai que falar claro e con dureza desta situación que está a acabar con todo