27/05/09

Unha nova moción obrigará ao PP a entregar o Informe sobre gastos irregulares en Servizos

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA AO CUMPRIMENTO DUN ACORDO PLENARIO SOBRE GASTOS NA ÁREA DE SERVIZOS.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A finais de 2008, concretamente no Pleno do mes de novembro, esta Corporación aprobou, por unanimidade, unha moción presentada polo Grupo municipal do BNG na que se instaba ao Goberno a, por un lado, corrixir o excesivo gasto na área de Servizos –que sempre beneficia á mesma empresa- e, por outro, a elaborar e entregar un Informe de Intervención sobre a facturación da mencionada empresa, con especial atención á desproporcionada relación de facturas sobre “retirada de maleza dos Xardíns de Lombardero” o verán pasado.

Pese a respaldar co seu voto estes acordos, o PP e concretamente o sr. Alcalde, negáronse a facer entrega ou a permitir a lectura de dito Informe, xa elaborado ao pouco de adoptarmos como Pleno tales acordos. O sr. Alcalde, nun alarde democrático sen precedentes negou sistematicamente o acceso do noso Grupo a esta información e burlouse dun acordo plenário adoptado por unanimidade. Chegou a aducir, en sentencias ben peregrinas, que o Informe era moi longo e non tivera tempo a lelo.

Mentras tanto, todos os veciños/as observan que pouco se corrixiu neste xeito de realizar o gasto na área de Servizos e que axiña se volveu ás andadas: beneficiar aos do partido e beneficiar ás “empresas amigas”. Obstaculizar a entrega do mencionado Informe ate as últimas consecuencias só pon de manifesto que o resultado do mesmo non é do agrado do Grupo de Goberno e que algo se quere ocultar. Non podemos chegar a outra conclusión.

Por todas estas razóns o Grupo municipal do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO propón ao Pleno a adopción do seguinte

ACORDO

Dando cumprimento ao anterior acordo plenario e ao da presente moción, a Alcaldía fará entrega aos Grupo políticos que o desexen, nesta semana ou na seguinte ao Pleno, do Informe sobre gastos na área de Servizos do teor que se propuxo.


Pontedeume, 21 de maio de 2009

3 comentários:

Anónimo disse...

Para preguntar en posteriores plenos,dos temas :

1º Me gustaría que me explicaseís como se va a hacer para anchear la calle Galera y propiciar la circulación en ambos sentidos.
Lo digo porque no se el tiempo que hace que no pasais por esa calle, pero en la actualidad es absolutamente imposible anchearla dado que los accesos a la pista deportiva nueva lo impiden.

2º Denunciar sobre un tema mencionado en el pleno de ayer, los coches abandonados, que a la altura del nº 17 de la Plaza del Conde, hay un Citroen AX blanco, propiedad de la Xunta, que lleva más de un mes en ese sitio sin que nadie lo haya movido desde entonces. Este vehículo pertenece a la oficina de extensión agraria próxima. E insisto, no está aparcado, está "abandonado".

Grupo municipal BNG disse...

Tomamos nota destes temas para presentalos no próximo Pleno.
A respecto do primeiro, queremos indicar que estivemos presionando para que se actuase a tempo na rúa da Galera, non só para garantizar unha acera de acceso aos nenos e nenas do Couceiro, senón tamén unha saída cabal ao tráfico do Porto. O goberno local non xestionou a tempo os acordos do Pleno e moito nos tememos que o segundo non se vai lograr. Ben se ve o que está feito, como ti dis.

A respecto do segundo, logramos que se retirasen coches abandonados que había na avda. de Ferrol, xunto aos supermercados e na Alameda, despois de moito "machacar". No Pleno de onte, pedimos que se investigase un camionete, aparentemente abandonado en frente ao Parque Sarmiento.
Agradecemos as túas suxerencias.

Anónimo disse...

Comprobade ben: eu non vexo ese coche abandonado á altura do nº 17.