NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTEDEUME
Ante a dimisión da concelleira de Servizos Sociais e Sanidade Ruth García, o Grupo municipal do BNG fai as seguintes valoracións:
Esta dimisión é a “crónica dunha morte anunciada”, desde o momento en que dita concelleira foi destiuída/dimitíu da área de Ensino que, nas mans do sr. Crespo nada mellorou. A falta de valorar o extenso escrito presentado pola concelleira, o BNG achaca a dimisión a enfrentamentos e divisións internas, así como á falta de apoio cara a Servizos Sociais. Este Goberno sempre perseguíu o estancamento e o retroceso desta área
Unha vez máis queda de manifesto que este é un goberno en crise crónica, desde a ruptura co COE e a súa saída do goberno, o problema das dedicacións exclusivas, as colocacións a dedo, as contratacións “de palabra” a empresas amigas, etc. Curiosamente das catro persoas que forman o goberno en minoría, era a única muller a que non tiña dedicación exclusiva.
Cremos que se trata dun goberno despreocupado pola igualdade e nalgúns trazos moi machista –mesmo a lista das municipais ía encabezada por tres homes. Un ejemplo recente é o que estivo pasando co Servizo de Asesoría Xurídica á Muller, denunciado por nós no último Pleno.
Con este novo episodio vemos, de novo, a un goberno metido en trifulcas intestinas, incapaz de solucionar os problemas da xente; unicamente se fan amagos: persoal, limpeza, recollida de lixo, PXOM, etc.
Por outro lado, chama a atención que non dimita quen paractica o máis descarado trato de favor a empresas amigas ou quen se serve de empresas “proveedoras de servizos” para colocar a familiares. É o caso do concelleiro de Servizos, coa connivencia do sr. Alcalde, que colocou a unha familiar no pavillón municipal, facendo que a empresa que o xestiona, despedise a unha traballadora, tendo ademais que indemnizala, logo dunha denuncia na Maxistratura de Traballo. As primeiras dimisións tiñan que ser a do sr. Alcalde e a deste concelleiro.
O BNG denuncia enerxicamente que se use o Concello para beneficio persoal (dedicacións exclusivas, colocacións, favores a empresas). Tampouco se pode seguir arrastrando unha situación de crise permanente e apelamos polo diálogo dos Grupos da oposición (cinco) e por ofrecer unha alternativa.
Pontedeume, 30 de maio de 2009
01/06/09
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)
6 comentários:
¿El Hermano de vuestro exconselleiro de urbanismo, qué tipo de concurso oposición hizo para entrar a trabajar en el Ayuntamiento?.
No hay problema del pueblo que no sea una herencia de vuestra gestión .Todavía estamos esperando a que dimita Rey y alguno más por no ser capaces de sacar el PXOM adelante, por los chalecitos de amiguetes en zona costera de protección paisajística(que ahora habrá que derribar) y por el edificio Mamotreto y el de Don Pablo, etc.
Hay que tener morro y cara dura.
Y por que no hablas de los que enchufó Sardiña; algunos ya murieron por cierto. Y de lo bien que se lleva el tal "hermano" con vuestro Alcalde. Y que tipo de oposición hicieron algunos, sobre todo algunas que estáis enchufando.
Pero, más que nada lo que enchufáis los del PP en las empresas que hacen servicios para el Concello (la sobrina de Crespo en el Pabellón, de escándalo!)
Y el PXOM que ya estaba casi hecho, llevan dos años el PP para corregir unos errores (?) o para colar unos favores? Hombre no coincido con el urbanismo que se hizo antes, porque no había urbanismo. Ahora, vuestro urbanismo deja mucho que desear y lo vamos a ver. No somos tontos, ya lo vemos en los concellos que gobernais... Sobre Rei (curioso que sea el que más os molesta) hizo el papel mas digno en el gobierno y lo está haciendo igual en la oposición; creo que no hay color...ya os gustaría tener alguiem así en vuestras filas.
No seáis soberbios
Si uno debe marcharse a casa antes de criticar si tiene en su haber aspectaos mas criticables de los que critica. En vuestra etapa de gobierno quedaron muchos temas sin aclarar. Y todavía aguardamos que expliqueis porque personas llamadas a ocupar puestos relevantes en el bng acabaron desapareciendo. No critiqueis la paja en el ojo ajeno que la viga aun se recuerda en el vuestro
Este é o comunicado e, vendo o que sacou a prensa, parece que hai omisións moi curiosas. Nalgún caso parece incluso que hai un abismo.
Y por que no hablais del pelotazo que permitisteis a Belarmino en los terrenos encima de la pista del Parque Sarmiento, como son propiedad de la mujer resulta que pasan de zona dotacional a residencial, y resulta que segun vuestro avance de PXOM se podian hacer un edificio de viviendas de 4 plantas.
Escandaloso, por no hablar del chalet en zona de costas de vuestro representante comarcal de urbanismo, flipante.
oigual que en todos os concellos, casi non hai mais que amiguismo e cazo que eso e o que lles importa os caciques. A xusticia social non existe para eles, non se dan conta de que e seu patron e o povo, do cal cobran. E teñen a pouca vergoña de poñerse eles o seu soldo, sempre aprbado con maioria absoluta, claro
e para eles mesmos, eu guiso e eu como fai falla ser cafres.R S M......
Enviar um comentário