PREGUNTAS QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DO BNG NO CONCELLO DE PONTEDEUME PARA A SÚA CONTESTACIÓN EN PLENO-MAIO 2009.
PRIMEIRA
O noso Grupo presentou unha solicitude o pasado día 21 para que, por parte do Grupo de Goberno, se transmita a información necesaria sobre o donativo económico que teñen recibido as arcas municipais. Concretamente sobre a cantidade e a identidade do doante. Esta é unha información a que teñen dereito os Grupos municipais e, só se se actúa de mala fe, por ambas as partes ou por unha delas, se persistirá na ocultación. Váisenos facilitar esta información aos Grupos que forman a Corporación?
SEGUNDA
Do pouco que transcendeu aquí no momento das nosas interpelacións sobre este asunto, afirmouse que tal cantidade tiña un “destino social ou humanitario” e que se faría un Informe e unha baremación por parte da Coordinación de Servizos Sociais e se informaría aos Grupos da oposición. Distribuíronse axudas, polo que sabemos, de xeito pouco “discrecional” (mulleres, persoas necesitadas, Asilo (¡)…) e, que nós saibamos, non se fixo con ningún criterio nin baremación. Poden aclararse estes asuntos por parte da(s) persoa(s) responsable(s) e facilitarse a avaliación e os/as beneficiarios/as das axudas?
TERCEIRA
Non imos deixar de insistir na pregunta sobre o PXOM –e vai para dous anos!- , sobre a presentación e exposición do mesmo. Da última vez, o responsable político remitiunos aos técnicos municipais e pouco avanzamos. Agora pode remitirnos, se o considera oportuno, ao Equipo redactor...Vai sobrado o tempo para a corrección dos supostos erros que están a retrasar a tramitación! Que razóns existen para chegarmos a esta situación, que está acabando coa paciencia de todos?
CUARTA
Vanse facer as necesarias reparacións e o mantemento mínimo da rúa do Picho para que se poida transitar por ela? Antes de levar a cabo obras maiores,pénsase ir reparando os socavóns, as lousas rotas, a colocación de rejillas, etc., ou deixarase que siga en deterioro permanente
QUINTA
Que resultados deu a entrevista sobre temas de educación co “superdelegado” provincial e que compromisos concretos se adquiriron?
SEXTA
Estase a insistir desde o Concello no necesario desbroce da maleza das marxes que a Deputación debe levar a cabo nas estradas da súa titularidade, en especial da estrada da costa?
SÉTIMA
Teñen a Alcaldía e o responsábel da área de Servizos Sociais feito unha avaliación do traballo realizado desde o servizo de Asesoría Xurídica á Muller? Temos indicios para pensar que os resultados desmerecen o labor que se fixo na etapa anterior; chama máis a atención, se cabe, porque as condicións son máis ventaxosas para a persoa que ocupa actualmente a praza: máis salario e tempo completo, todo grazas á axuda económica da consellaría de Traballo. Os resultados, pese a todo, non locen; é máis, houbo queixas de usuarias (e non a 1ª) por ausencia/desatención do posto de traballo, sen que desde a responsabilidade política nin técnica se fixese nada por corrixir. Isto semella un trato de favor con certo persoal, trato que non se dispensa a outros traballadores/as. Insistiremos máis sobre o asunto, pero interpelamos ao goberno para corrixir este tipo de actuacións. Queremos saber se están dispostos a entregar unha memoria sobre a actividade realizada, beneficiarias atendidas e todas as incidencias dignas de mención.
OITAVA
Mostrouse interese por parte do Goberno local por coñecer se houbo algún avance no asunto da construción do Enlace da AP-9 en Vidreiro? Insistiuse neste tema e houbo algún tipo de xestión con resultados?
Pontedeume, 26 de maio de 2009
Asdo. Manuel Rei Romeu,
PORTAVOZ MUNICIPAL DO BNG
ROGOS PLENO DE MAIO 09:
PRIMEIRO
Igual que se retiraron coches abandonados que ocupaban prazas de aparcamento, grazas, entre outras cousas á nosa insistência, tamén pedimos agora que se procure xestionar a retirada dun camionete, aparentemente abandonado desde hai meses, que está enfrente mesmo ao Parque Sarmiento, ocupando um lugar moi necesario para aparcamento.
SEGUNDO
Levamos tempo sufrindo a serie de baches que se concentran un pouco antes da Casa do Mar. Queremos deixar claro que sobrou tempo para arranxalos e pedimos que non se demore mais a reparación.
TERCEIRO
Queremos facer en voz alta unha reflexión que xá fixeron algunhas persoas amantes do noso Centro histórico. Queremos, xunto a elas chamar a atención sobre a desfiguración, a falta de estética e graza do enlousado da rua dos Ferreiros. Quizais debido á eliminación das beirarrúas, que si puideron marcarse sobre o relevo, sem elevarse de nível; quizais tamén ao ton monocorde... Algo hai que non queda como é debido. As ruas deste casco teñen , de tradición, um trazado, un deseño, unhas dimensións e unha proporcionalidade... Todo isto viuse alterado irremediabelmente, perdendomos o tradicional. Pedimos que se repeten os proxectos e as características fundacionais do noso Centro H.
CUARTO
Pregamos que se faga o desbrozado de zonas moi transitadas pólos veciños como son as beirarrúas a Olmo ou as beirarrúas do Paseo Castelao.
QUINTO
No mesmo sentido pedimos que se teña especial consideración, á hora de desbrozar, cos tramos viários que son moi estreitos e que, debido á maleza deste intre, dificultan enormemente o transitar por eles. É o caso do camiño de Cermuzo, tramo do chamado Camiño Inglés, polo que xa case non dan pasado nin os peregrinos de um en un de tanta silveira que cae dos lados.
SEXTO
Se non existe inconveniente maior, pedimos que se repare e poña em funcionamento o alumeado artístico da ponte, que tanto singulariza a imaxe nocturna da nosa Vila.
10/06/09
Subscrever:
Enviar comentários (Atom)
10 comentários:
Para que vos preocupades tanto de Correos, de escolas infantís ou de centros de día,... évos mellor amañar cuarteis da benemérita. Aí si que ten un papel importante o goberno municipal e competencias. Vede como corren!
A ver melons para que se queren beirarruas nunha rua peatonal. Por criticar vos vale todo, hasta o que está ben, unha pena que nos vos aplicarades o conto cando gobernabades. Seguides dando pena, o reflexo son os datos de votos nas derradeiras eleccións. ¿E agora que, a negociar con Chacho outra vez?, ¿Que esixe, de novo a carteira de obras? e o outro profugo ¿a carteira de urbanismo?.
Moitas das cousas que decides teñen lóxica, pero non podo estar dacordo cas prisas do pxom, ainda que tedes razón que se retrasa, por dignidade deberíades de calar. A rúa Ferreiros. Será cuestión de gustos, pero a min paréceme en estos momentos, a rúa mais acorde ca tradición que temos, ben acabada, sen aceras, habitual nas rúas peatonaís, e nada que ver cas amañadas por vos no mercado, etc etc, que dan peniña.
Todo o que decides está moi ben. Pero despois cando vos toca mandar facedes o mesmo que os de agora.
Ben falado. Todos son iguais. Van facer, van facer... e despois so saben criticarse uns a outros.
Que opinion vos merece a trama de empresas creadas por cargos do bng e que recibiron numerosos contratos sen publicidae nen concurrencia? Por que non condenades esas praticas? E argumento dficir que os demais tamen o fan?
Para empresas amigas todas as que hai traballando para o Concello de Pontedeume. Traballan para o Concello e máis para o PP cando hai que colocar e retirar propaganda electoral, algunhas veces a altas horas e facendo extras. Todo vale!
Vaia coa trama de empresas creadas polo BNG; eu alucino, "trama de empresas". Supoño que os pepés, ante tal trama levaredes o asunto ao fiscal, polo menos.
El alcalde de Pontedeume, Gabriel Torrente, advierte y muestra su preocupación por lo que tilda de “nefasta” gestión realizada por el anterior gobierno municipal integrado por el BNG y el PSOE.
El regidor municipal lamenta que “las chapuzas urbanísticas” que realizaron durante su etapa de gobierno “y que han desembocado en numerosas denuncias, empiecen ahora a pasar factura a todos los vecinos de Pontedeume”.
Estas acusaciones responden a una resolución que en los últimos días llegó a la Alcaldía eumesa en la que se ordena al Concello a asumir el coste del derribo de una casa particular en Noguerosa, cuya licencia fue concedida en el año 2001, por estar construida dentro de la franja de dominio público marítimo terrestre. Según Torrente, este hecho “podría suponer un alto coste para las arcas municpales”. Asimismo, considera que los representantes socialistas y nacionalistas que “deberían dar una explicación pública por estos hechos”.
Tedes que poñer moderacion nos comentarios e evitar que se publiquen comentarios criticos. So filtrar algún para dar apariencia de pluralidade. pero sen abrir moito a participación. Non vedes que algúns so entran para meterse con vos. E o peor e que levan algo ou bastante de razón. O BNg é necesario ainda que o faga mal para este pais,
Enviar um comentário