
Dende o BNG facemos un chamamento a participar na concentración que se vai celebrar o venres 9 de Xaneiro ás 20:00 horas na Praza do Concello de Pontedeume. Con esta concentración preténdese mostrar o noso apoio ao pobo Palestino nestes momentos nos que está a sufrir unha brutal agresión por parte do estado israelí. A continuación reproducimos o manifesto que será leido na concentración:
Temos claro que os bombardeos e a invasión de Gaza,que por parte do Estado de Israel, se están a levar sobre do pobo palestino, non son actos de guerra, senón que son actos de terrorismo, que o sionismo comenzou nos anos corenta para conquerir instaurar o seu Estado e que dende 1948 que conseguiron ser reconocidos como tal Estado, non pararon de aterrorizar ao pobo palestino, buscando a súa liquidación por todolos medios, sexan bélicos ou mais sibilinamente como pode ser o paro ou a desnutrición.
Condenamos esta barbarie, donde o Estado xudeo coa sua poderosa maquinaria militar, masacra a unha poboación indefensa, primeiro pechándoa dentro dun gueto, arrodeandoa con un muro, e agora atacando a súa poboación indiscriminadamente.
Como galegos, sentimos que a loita que se dirime en Terras Palestinas, é producto dun diseño imperialista, onde o sionismo ten como obxetivo rematar con un pobo, e o diálogo e a diplomacia son adiados e mesmo as resolucións da ONU Israel non as cumple.
Solidarizámonos co pobo palestino, e facemos nosas, as suas arelas de conquerir a súa autodeterminación, sin a tutelaxe sionista. Pero o mesmo que condenamos o imperialismo sionista, queremos chamar a atención e condenar a postura da Unión Europea e do Estado Español, que diante da morte de centos de persoas inocentes, ou o que é o mesmo, de todo un pobo, non trata de parar esta barbarie, senón que miran para outra parte.
E por iso que os aquí presentes pedimos.
1.- que se pare a matanza do pobo palestino no territorio de Gaza,
2.- e reclamamos que o Estado Español rompa as relacións con Israel, por non respetar o primeiro direito dun pobo que é o dereito a vivir-
PAREMOS A MATANZA DO POBO PALESTINO.
VIVA O POBO PALESTINO.
NON AO IMPERIALISMO SIONISTA.
Pontedeume 9 de Xaneiro do 2009