O BNG de Pontedeume non respalda as propostas do PP para o Plan E II
O Grupo municpal do BNG no Concello de Pontedeume, ante as propostas do Grupo de Goberno para a inclusión de obras no chamado Fondo Estatal para o emprego e a Sostenibilidade, popularmente coñecido como Plan E II, manifesta o seguinte:
1. E mentira que exista acordo cos demais Grupos da Corporación municipal. O que fai o Partido Popular é impoñer as suas propostas e dar unhas migallas ás demais formacións para que se contenten. Certo éque houbo unha reunión para abordar o asunto e oír as propostas de todos os Grupos; mais o PP non achegou as súas e dedicouse a “oír os demais Grupos”. O que fai a continuación é presentar unha actuación para un Centro social e cultural nas Lonxas de Raxoi, que non se puxera sobre a mesa e que absorbe o 50% da achega do Estado (uns 445.000 €), ademais doutras pequenas actuacións súas. En total, máis do 70 % das propostas son do Partido Popular.
2. E rotundamente falso e demagóxico decir que se reparte equitativamente coas parroquias, pois máis do 50 % dos investimentos son para o núcleo urbano e hai parroquias que seguen tan ausentes como no anterior Plan E: Centroña, Boebre, Olmo e Vilar. E moita desfachatez declarar que se reparte entre todas as zonas do Concello, cando o único que se fai nestas é colocar uns hidrantes contra incendios.
3. Consideramos unha decisión unilateral, precipitada e improvisada, facer un Centro Cultural nas Lonxas de Raxoi. Só vai contar con 110 butacas, aforo similar ao da Casa da Cultura e ao do Centro de Maiores, aínda que o PP queira facelo pasar por un Auditorio. Non é unha zona que conte con aparcamentos. O correcto, desde o punto de vista técnico e político, é facer un Plan Integral de Usos antes de empezar as ocupacións; débese contar con orientacións técnicas; recoller as aportacións de entidades veciñais e de partidos. Débese aprobar unha Ordenanza que regule os usos e cesións dos locais municipais.
O máis grave é que no fondo o goberno ten tomadas xa decisións de antemán que condicionan o futuro da Casa da Cultura (sala de exposicións? Museo?)… Non se teñen en conta as urgentes necesidades da Biblioteca Gurméndez, que está no 2º andar da EIM Chalé Rosa e que debe ser trasladada, pois é imcompatibel cos usos da primeira. Non se ten en conta a necesidade dunhas novas instalacións para o Departamento de Servizos Sociais ou para a Oficina de rehabilitación, etc. Con estas carambolas o goberno está a condicionar o futuro de todas as Lonxas e a ocultar información a que ten dereito o Pleno do Concello.
Non se garantiza a seguridade na zona. E en definitiva parece que gastar diñeiro alegremente, como cando se investiron 300.000 € no piso de arriba do Hospitalillo.
Pontedeume, 1 de febreiro de 2010
08/02/10
Preguntas do Pleno de xaneiro
PREGUNTAS QUE PRESENTOU O GRUPO MUNICIPAL DO BNG NO CONCELLO DE PONTEDEUME PARA A SUA CONTESTACION EN PLENO.
PRIMEIRA
Ten coñecemento o Goberno municipal da existencia de varios sacos de lixo ou entullo nun carreiro dunha das áreas de recreo da entrada do Parque das Fragas do Eume, concretamente na primeira desviación da baixada á esquerda? Pode comprobarse este feito e dar aviso a Consellaría de Medio Ambiente?
SEGUNDA
A que obedece a colocación dun pivote no centro do carril-bici do Paseo Marítimo?
TERCEIRA
Do mesmo xeito, cal é o obxecto da colocación de varandas en zonas da Praza do Conde?
CUARTA
Por que por parte do Goberno municipal se están poñendo impedimentos para a realización do Concerto Solidario da asociación xuvenil Treme a Terra? Por que non se están contestando os escritos desta asociación, que xa protestou públicamente? Por que non son recibidos polo Alcalde e se lles dá a debida aclaración?
QUINTA
Vimos que se retiraron as madeiras e maceteiros das pérgolas do Paseo Maritimo. Que se vai facer coas columnas que quedan en pé?
SEXTA
Cal é a situación actual da proposta para a rotulación da toponimia do térrmino municipal, aprobada neste Pleno no marco das actuacións do Plan de Mellora da Calidade Turística da Deputación?
OITAVA
Sumouse o Concello a algunha iniciativa solidaria co pobo de Haiti?
NOVENA
Cal é a razón de non dar desposta nin mostrar interese por unha iniciativa de membros dun Club de Montaña para a habilitación dunha ruta de sendeirismo no noso Concello? Dadas as grandes posibilidades que ofrece o territorio municipal ao respecto, estase disposto a facer algo desde o Goberno?
DÉCIMA
Que resultado deron as negociacións do Concello coa comunidade de propietarios das vivendas sociais para facerse coa propiedade do local que se arranxou con fondos do Plan E? Cales son as bases do acordo se o houber?
UNDÉCIMA
Como está a resolución dos expedientes relativos a Axudas escolares ? Cando se pensan pagar as mesmas?
DUODECIMA
No mesmo sentido –e dado que non se aportou a información a que se comprometeu o Goberno en varias ocasións- para cando se vai efectivizar o reparto do donativo de 6.000 € que recibiu o Concello hai máis dun ano?
Pontedeume, 28 de xaneiro de 2010

06/11/09
Sobre o novo Plan estatal
Coa única abstención do PSOE, o Pleno do noso Concello aprobou a seguinte moción:
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG NO CONCELLO DE PONTEDEUME RELATIVA AOS CRITERIOS A TER EN CONTA PARA A DISTRIBUCIÓN DO NOVO FONDO ESTATAL DE INVESTIMENTO LOCAL PARA O ANO 2010
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
No debate sobre o situación do Estado, o presidente do Goberno anunciou que os Orzamentos Xerais do Estado para o próximo ano 2010 contemplarán un novo Fondo de Investimento Local dotado de 5.000 millóns de euros, dedicado a investimentos en proxectos de sustentabilidade ambiental, tecnolóxicos e de investimento para centros sociais, especialmente relacionados coa dependencia. O novo decreto sobre este Fondo estaría aprobado en outubro de maneira que os concellos poderán acollerse a este fondo a partir do 1 de xaneiro de 2010.
Preocúpanlle aos concellos galegos cales van ser os criterios a seguir á hora de repartir os recursos do novo Fondo Local, dado o precedente do actual, no que se utilizou a poboación total como única variábel para estabelecer a asignación orzamentaria a cada concello. Dende o BNG consideramos que o Goberno do Estado debe ter presente outros factores que inflúen na variábel de poboación, como son a dispersión xeográfica, a implantación actual das novas tecnoloxías, ou a poboación maior de 65 anos.
A distribución da poboación no territorio galego caracterízase precisamente pola súa elevada dispersión, con poboacións concentradas en pequenos núcleos poboacionais que complican e fan máis custosos os servizos públicos a ofrecer aos seus veciños e veciñas. Circunstancia que obriga aos concellos galegos a realizar investimentos superiores aos que se realizan en territorios onde a poboación se concentra en grandes núcleos de poboación. O feito de contarmos cun gran número de núcleos de poboación obriga a un maior número de investimentos, xa que logo, os recursos que se asignen a cada concello deberán asignarse tendo en conta tamén esta realidade.
O novo Fondo Local anunciado dedicarase a investimentos en proxectos de sustentabilidade ambiental e tecnolóxicos. Polo tanto, o grao de introdución das novas tecnoloxías deberá ser unha variábel a ter en conta na distribución dos fondos.
De igual modo, o avellentamento da poboación debe ser outro dos factores a ter en conta á hora de ponderar a variábel de poboación, en especial cando unha das finalidades do Fondo Local son os investimentos en centros sociais, sobre todo os relacionados coa dependencia. Galiza posúe unha alta porcentaxe de poboación avellentada que tamén aumenta os gastos en servizos públicos de asistencia ás persoas maiores. Por iso é polo que tamén se debe ponderar o seu peso na variábel de poboación.
Por todo isto, o Grupo municipal do BNG no Concello de Pontedeume proponlle ao Pleno da Corporación municipal a adopción do seguintes
ACORDOS
1. Instar á Xunta de Galiza a demandar do Goberno do Estado que, á hora de distribuír o novo Fondo Estatal de Investimento Local para o ano 2010, se introduzan como criterios de reparto nos concellos a dispersión e o avellentamento da poboación, así como a introdución actual das novas tecnoloxías.
2. Dar traslado deste acordo ao presidente da Xunta de Galiza, así como aos grupos parlamentarios do Parlamento de Galiza.
Pontedeume, 16 de outubro de 2009

Incumprimentos nas obras da Escola de música
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
SOBRE AS OBRAS DE REMODELACIÓN DA “ESCOLA DE MÚSICA”.
Para o Grupo municipal do BNG resultou sorprendente a forma de actuar da empresa adxudicataria da remodelación dos locais da escola de música, unha das intervencións máis importantes do Plan E no noso Concello. De se confirmaren as sospeitas, o alcance dos incumprimentos resulta unha auténtica ousadía e esixe que apliquemos o máximo rigor e control sobre a corrección das irregularidades que ha de acometer a empresa.
Temos a certeza de que as denuncias presentadas no Pleno de setembro polo noso Grupo, acompañadas dos correspondentes documentos gráficos, xa están a surtir efecto. Porén, o equipo de goberno municipal está na obriga de tratar o asunto coa debida transparencia, fornecendo de xeito inmediato a información necesaria a todos os Grupos desta Corporación, ben sexa por medio dunha reunión de Portavoces ou dunha Comisión de Obras.
O noso Grupo non limitou a “investigación” a unha recompilación de fotografías sobre a cuberta, os solos ou a carpintería en xeral. Por medio da aportación de diferentes testemuñas, estamos en disposición de ofrecer unha serie de datos concretos que consideramos relevantes, mesmo de contrastalos cos demais Grupos e, por suposto, cos técnicos.
Polas razóns anteditas é polo que o Grupo municipal do BNG somete a debate a presente moción e pide a aprobación do seguinte
ACORDO
O Pleno da Corporación insta ao Equipo de Goberno municipal a convocar unha reunión da Xunta de Portavoces, co obxecto de informar e aportar as aclaracións necesarias para garantizar que as obras que se executan no local destinado a “Escola de música” se adecuen ao contemplado no Proxecto.

07/10/09
Sobre a recollida de voluminosos
Este é o texto e os acordos da moción do BNG aprobada no último Pleno da Corporación (24/9/09). Unicamente votaron en contra -como vén sendo habitual- os concelleiros do PP, fronte aos 9 da oposición.
"A Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) comunicou que a partir do 1 de setembro de 2009 procederase ao cesamento da recepción de residuos voluminosos procedentes dos concellos adheridos.
O cesamento na prestación do servizo de retirada de residuos voluminosos por parte de SOGAMA, para o seu posterior tratamento, prodúcese de xeito unilateral, sen ningún tipo de negociación previa cos concellos afectados, que a partir do 1 de setembro terán que facerse cargo, individualmente, da recollida e entrega deste tipo de residuos a un xestor autorizado.
Con este anuncio, a Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) podería estar a incumprir as condicións pactadas cos concellos no momento da súa adhesión, sen que nin a Xunta nin a propia SOGAMA ofrezan ningunha solución alternativa e viábel aos Concellos afectados, que, ademais de ter que artellar sistemas de recollida, verán como os custes do tratamento destes residuos se incrementan de xeito exponencial.
A falla dun sistema homoxéneo para a retirada destes residuos, xunto co incremento significativo dos custes, precisamente nun momento no que como consecuencia da crise económica e das deficiencias do sistema de financiamento local as facenda municipais están a pasar por situacións moi difíciles, podería derivar na proliferación de vertedoiros incontrolados ou, no mellor dos casos, cando o tratamento se faga conforme á legalidade e por un xestor autorizado, no traslado do incremento dos custes ao recibo do lixo que terán que soportar os/as veciños/as dos concellos afectados.
Por iso solicitamos do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte
ACORDO
Instar á Xunta de Galiza e á Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) ao mantemento da recepción de residuos voluminosos procedentes dos municipios adheridos, nas condicións que o viña facendo até agora, para o seu posterior tratamento por un xestor autorizado e conforme á normativa vixente.
No seu defecto, instar á Xunta de Galiza a que aporte unha solución alternativa e viábel, que non supoña un incremento do recibo do lixo dos concellos afectados."

19/06/09
Para avanzarmos na seguridade vial na CP4803
MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DO BNG
SOBRE O PROXECTO DE SEGURIDADE VIAL NA CP 4803
O proxecto de seguridade vial na CP 4803 entre Pontedeume e Miño foi no seu día considerado de crucial importancia para o noso Concello. O seu obxectivo é paliar a inseguridade e perigosidade que existe en varias zonas desta estrada provincial mediante a construción de beirarrúas, ademais doutros servizos propios dunha moderna travesía (abastecemento de auga, saneamento, pluviais, luminarias, etc.).
Como tal foi incluído no Plan de Travesías da Deputación Provincial no anterior mandato. Logo de varios trámites, incluído o relativo aos controis arqueolóxicos de patrimonio, atópase na crucial fase de solicitude de expropiación para a ocupación de terreos afectados, que corresponde á Xunta de Galiza, pero que non se ten autorizado, inexplicablemente, segundo puidemos constatar na propia Deputación.
O Goberno municipal debe compartir esta xusta demanda das parroquias de Boebre e Centroña. Malia todo, fíxose ben pouco por tratar de axilizar este asunto. Hai practicamente dous anos, o Alcalde, nun dos alardes de quen o arranxa todo, declarou rotundamente que o asunto”estaba desbloqueado”, literalmente, logo de manter unha entrevista na Deputación. O certo é que o asunto nunca estivo tan parado e estancado como neste tempo.
Por estes motivos o Grupo municipal do BNG no Concello de Pontedeume somete a debate esta moción e solicita a aprobación dos seguintes
ACORDOS
1º) O Pleno da Corporación insta ao goberno municipal a dirixirse á Deputación provincial –Presidente, Vicepresidente e Presidente da Comisión de Vías e Obras- para interesarse por este asunto e para que, á maior brevidade posibel, reiteren a solicitude á Xunta para autorizar a urxente ocupación de terreos afectados polo Proxecto de seguridade vial na CP 4803.
2º) No mesmo sentido, o Goberno local cursará unha invitación ao Presidente e/ou Vicepresidente da Deputación para unha recepción institucional no noso Concello, co obxecto de reafirmar o compromiso desta nova Corporación con esta actuación tan necesaria.
Pontedeume, 18 de xuño de 2009

10/06/09
Preguntas e rogos do Pleno de maio
PREGUNTAS QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL DO BNG NO CONCELLO DE PONTEDEUME PARA A SÚA CONTESTACIÓN EN PLENO-MAIO 2009.
PRIMEIRA
O noso Grupo presentou unha solicitude o pasado día 21 para que, por parte do Grupo de Goberno, se transmita a información necesaria sobre o donativo económico que teñen recibido as arcas municipais. Concretamente sobre a cantidade e a identidade do doante. Esta é unha información a que teñen dereito os Grupos municipais e, só se se actúa de mala fe, por ambas as partes ou por unha delas, se persistirá na ocultación. Váisenos facilitar esta información aos Grupos que forman a Corporación?
SEGUNDA
Do pouco que transcendeu aquí no momento das nosas interpelacións sobre este asunto, afirmouse que tal cantidade tiña un “destino social ou humanitario” e que se faría un Informe e unha baremación por parte da Coordinación de Servizos Sociais e se informaría aos Grupos da oposición. Distribuíronse axudas, polo que sabemos, de xeito pouco “discrecional” (mulleres, persoas necesitadas, Asilo (¡)…) e, que nós saibamos, non se fixo con ningún criterio nin baremación. Poden aclararse estes asuntos por parte da(s) persoa(s) responsable(s) e facilitarse a avaliación e os/as beneficiarios/as das axudas?
TERCEIRA
Non imos deixar de insistir na pregunta sobre o PXOM –e vai para dous anos!- , sobre a presentación e exposición do mesmo. Da última vez, o responsable político remitiunos aos técnicos municipais e pouco avanzamos. Agora pode remitirnos, se o considera oportuno, ao Equipo redactor...Vai sobrado o tempo para a corrección dos supostos erros que están a retrasar a tramitación! Que razóns existen para chegarmos a esta situación, que está acabando coa paciencia de todos?
CUARTA
Vanse facer as necesarias reparacións e o mantemento mínimo da rúa do Picho para que se poida transitar por ela? Antes de levar a cabo obras maiores,pénsase ir reparando os socavóns, as lousas rotas, a colocación de rejillas, etc., ou deixarase que siga en deterioro permanente
QUINTA
Que resultados deu a entrevista sobre temas de educación co “superdelegado” provincial e que compromisos concretos se adquiriron?
SEXTA
Estase a insistir desde o Concello no necesario desbroce da maleza das marxes que a Deputación debe levar a cabo nas estradas da súa titularidade, en especial da estrada da costa?
SÉTIMA
Teñen a Alcaldía e o responsábel da área de Servizos Sociais feito unha avaliación do traballo realizado desde o servizo de Asesoría Xurídica á Muller? Temos indicios para pensar que os resultados desmerecen o labor que se fixo na etapa anterior; chama máis a atención, se cabe, porque as condicións son máis ventaxosas para a persoa que ocupa actualmente a praza: máis salario e tempo completo, todo grazas á axuda económica da consellaría de Traballo. Os resultados, pese a todo, non locen; é máis, houbo queixas de usuarias (e non a 1ª) por ausencia/desatención do posto de traballo, sen que desde a responsabilidade política nin técnica se fixese nada por corrixir. Isto semella un trato de favor con certo persoal, trato que non se dispensa a outros traballadores/as. Insistiremos máis sobre o asunto, pero interpelamos ao goberno para corrixir este tipo de actuacións. Queremos saber se están dispostos a entregar unha memoria sobre a actividade realizada, beneficiarias atendidas e todas as incidencias dignas de mención.
OITAVA
Mostrouse interese por parte do Goberno local por coñecer se houbo algún avance no asunto da construción do Enlace da AP-9 en Vidreiro? Insistiuse neste tema e houbo algún tipo de xestión con resultados?
Pontedeume, 26 de maio de 2009
Asdo. Manuel Rei Romeu,
PORTAVOZ MUNICIPAL DO BNG
ROGOS PLENO DE MAIO 09:
PRIMEIRO
Igual que se retiraron coches abandonados que ocupaban prazas de aparcamento, grazas, entre outras cousas á nosa insistência, tamén pedimos agora que se procure xestionar a retirada dun camionete, aparentemente abandonado desde hai meses, que está enfrente mesmo ao Parque Sarmiento, ocupando um lugar moi necesario para aparcamento.
SEGUNDO
Levamos tempo sufrindo a serie de baches que se concentran un pouco antes da Casa do Mar. Queremos deixar claro que sobrou tempo para arranxalos e pedimos que non se demore mais a reparación.
TERCEIRO
Queremos facer en voz alta unha reflexión que xá fixeron algunhas persoas amantes do noso Centro histórico. Queremos, xunto a elas chamar a atención sobre a desfiguración, a falta de estética e graza do enlousado da rua dos Ferreiros. Quizais debido á eliminación das beirarrúas, que si puideron marcarse sobre o relevo, sem elevarse de nível; quizais tamén ao ton monocorde... Algo hai que non queda como é debido. As ruas deste casco teñen , de tradición, um trazado, un deseño, unhas dimensións e unha proporcionalidade... Todo isto viuse alterado irremediabelmente, perdendomos o tradicional. Pedimos que se repeten os proxectos e as características fundacionais do noso Centro H.
CUARTO
Pregamos que se faga o desbrozado de zonas moi transitadas pólos veciños como son as beirarrúas a Olmo ou as beirarrúas do Paseo Castelao.
QUINTO
No mesmo sentido pedimos que se teña especial consideración, á hora de desbrozar, cos tramos viários que son moi estreitos e que, debido á maleza deste intre, dificultan enormemente o transitar por eles. É o caso do camiño de Cermuzo, tramo do chamado Camiño Inglés, polo que xa case non dan pasado nin os peregrinos de um en un de tanta silveira que cae dos lados.
SEXTO
Se non existe inconveniente maior, pedimos que se repare e poña em funcionamento o alumeado artístico da ponte, que tanto singulariza a imaxe nocturna da nosa Vila.

01/06/09
Dimisión da concelleira de Servizos Sociais
NOTA DE PRENSA DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTEDEUME
Ante a dimisión da concelleira de Servizos Sociais e Sanidade Ruth García, o Grupo municipal do BNG fai as seguintes valoracións:
Esta dimisión é a “crónica dunha morte anunciada”, desde o momento en que dita concelleira foi destiuída/dimitíu da área de Ensino que, nas mans do sr. Crespo nada mellorou. A falta de valorar o extenso escrito presentado pola concelleira, o BNG achaca a dimisión a enfrentamentos e divisións internas, así como á falta de apoio cara a Servizos Sociais. Este Goberno sempre perseguíu o estancamento e o retroceso desta área
Unha vez máis queda de manifesto que este é un goberno en crise crónica, desde a ruptura co COE e a súa saída do goberno, o problema das dedicacións exclusivas, as colocacións a dedo, as contratacións “de palabra” a empresas amigas, etc. Curiosamente das catro persoas que forman o goberno en minoría, era a única muller a que non tiña dedicación exclusiva.
Cremos que se trata dun goberno despreocupado pola igualdade e nalgúns trazos moi machista –mesmo a lista das municipais ía encabezada por tres homes. Un ejemplo recente é o que estivo pasando co Servizo de Asesoría Xurídica á Muller, denunciado por nós no último Pleno.
Con este novo episodio vemos, de novo, a un goberno metido en trifulcas intestinas, incapaz de solucionar os problemas da xente; unicamente se fan amagos: persoal, limpeza, recollida de lixo, PXOM, etc.
Por outro lado, chama a atención que non dimita quen paractica o máis descarado trato de favor a empresas amigas ou quen se serve de empresas “proveedoras de servizos” para colocar a familiares. É o caso do concelleiro de Servizos, coa connivencia do sr. Alcalde, que colocou a unha familiar no pavillón municipal, facendo que a empresa que o xestiona, despedise a unha traballadora, tendo ademais que indemnizala, logo dunha denuncia na Maxistratura de Traballo. As primeiras dimisións tiñan que ser a do sr. Alcalde e a deste concelleiro.
O BNG denuncia enerxicamente que se use o Concello para beneficio persoal (dedicacións exclusivas, colocacións, favores a empresas). Tampouco se pode seguir arrastrando unha situación de crise permanente e apelamos polo diálogo dos Grupos da oposición (cinco) e por ofrecer unha alternativa.
Pontedeume, 30 de maio de 2009

27/05/09
Unha nova moción obrigará ao PP a entregar o Informe sobre gastos irregulares en Servizos
MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG RELATIVA AO CUMPRIMENTO DUN ACORDO PLENARIO SOBRE GASTOS NA ÁREA DE SERVIZOS.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A finais de 2008, concretamente no Pleno do mes de novembro, esta Corporación aprobou, por unanimidade, unha moción presentada polo Grupo municipal do BNG na que se instaba ao Goberno a, por un lado, corrixir o excesivo gasto na área de Servizos –que sempre beneficia á mesma empresa- e, por outro, a elaborar e entregar un Informe de Intervención sobre a facturación da mencionada empresa, con especial atención á desproporcionada relación de facturas sobre “retirada de maleza dos Xardíns de Lombardero” o verán pasado.
Pese a respaldar co seu voto estes acordos, o PP e concretamente o sr. Alcalde, negáronse a facer entrega ou a permitir a lectura de dito Informe, xa elaborado ao pouco de adoptarmos como Pleno tales acordos. O sr. Alcalde, nun alarde democrático sen precedentes negou sistematicamente o acceso do noso Grupo a esta información e burlouse dun acordo plenário adoptado por unanimidade. Chegou a aducir, en sentencias ben peregrinas, que o Informe era moi longo e non tivera tempo a lelo.
Mentras tanto, todos os veciños/as observan que pouco se corrixiu neste xeito de realizar o gasto na área de Servizos e que axiña se volveu ás andadas: beneficiar aos do partido e beneficiar ás “empresas amigas”. Obstaculizar a entrega do mencionado Informe ate as últimas consecuencias só pon de manifesto que o resultado do mesmo non é do agrado do Grupo de Goberno e que algo se quere ocultar. Non podemos chegar a outra conclusión.
Por todas estas razóns o Grupo municipal do BLOQUE NACIONALISTA GALEGO propón ao Pleno a adopción do seguinte
ACORDO
Dando cumprimento ao anterior acordo plenario e ao da presente moción, a Alcaldía fará entrega aos Grupo políticos que o desexen, nesta semana ou na seguinte ao Pleno, do Informe sobre gastos na área de Servizos do teor que se propuxo.
Pontedeume, 21 de maio de 2009

Subscrever:
Mensagens (Atom)