O BNG de Pontedeume vén de facer público o seu malestar co concelleiro de Servizos, o independente sr. Agras, por convertir a Alameda nun aparcamento de coches, deteriorando un espazo público de lecer. O BNG reitera que esta decisión foi tomada unilateralmente, posto que a Xunta de Goberno non o decidíu así, e ademais é unha ilegalidade por non estar contemplado o aparcamento de vehículos dentro da Alameda na Ordenanza municipal de tráfico.
Esta forma de proceder, entende o BNG de Pontedeume, forma parte da desatención, falta de limpeza e deterioro que veñen sufrindo os espazos públicos da Vila (parques, rúas, paseo marítimo...), que se debería solucionar cunha mellor planificación e organización dos recursos humanos e materiais dos que dispón o Concello.
13/07/06
Subscrever:
Mensagens (Atom)