24/04/07
Carme Adán visita o Concello e os terreos da Galescola en Nogueirosa
19/04/07
Para que Pontedeume siga avanzando. Aquí está o BNG !
1. Manuel Rei Romeu
2. Rocío Souto Torre
3. Emilio Manuel Salorio Fraga
4. Raúl Calvo Tenreiro
5. Marola Mosquera Castro
6. Xesús Rodríguez Diaz
7. Josefa Diaz Faraldo
8. Miguel A. Feal Varela
9. Ana García Fernández
10. Juan Esteban Infante Tenreiro
11. María Eugenia García Chao
12. Antonio Amado Brage
13. María Pilar Carrera Campos
S1. Antón Rey Sueiras
S2. Manuela Rodríguez Barros
S3. Manuel Varela Bermúdez
S4. Francisco Leira López
S5. Lucía Lodeiro Feal
13/04/07
Aclaracións do BNG sobre EINSA-Pontedeume
O día de onte (12 de abril), o portavoz municipal do BNG, Manuel Rei, e o concelleiro de Promoción Industrial, Emilio Salorio, reuníronse no local da AVV de Andrade cos veciños da parroquia, afectados polo Polígono que promove EINSA. Nunha concorrida asemblea, déronse cita, ademais doutros moitos veciños, membros do Comité de Empresa de EINSA.
O BNG aclarou varios aspectos desta modificación e respondeu ás preguntas dos veciños durante 2 horas aproximadamente. Dita reunión pode resumirse no seguinte:
1. A aprobación provisional, que foi votada favorablemente por todos os grupos municipais do Pleno, é un puro trámite que, de momento, non ten maior trascendencia. Os grupos municipais constatan que EINSA é unha realidade industrial e que, como tal, debe de estar asentada en solo industrial, non en rústico ordinario ou forestal. Lembramos que o 16 de novembro de 1990, foi a Consellería de Ordenación do Territorio a que, tendo a última palabra, deu a autorización definitiva para a súa instalación, aínda sendo terreos de natureza rústica.
2. No momento actual, en trámite de información pública (ampliado ó máximo que contempla a Lei), todos os propietarios implicados nesta recalificación, poden formalmente através de alegacións pedir a retirada da súa propiedade deste ámbito, e, pola nosa parte, e tamén pola dos técnicos municipais e redactores do Proxecto, non se ve ningún problema en atender estas demandas. Estamos, ademais, recibindo os informes sectoriais e, para empezar, o de Estradas xa non admite a rotonda na AC-151. Medio Ambiente considera que non ten implicacións nocivas e non emite informe...
3. A delimitación deste Polígono industrial, en termos exactos, xa figuraba no Avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal, exposto a comezos de 2005, e non deu pé a protestas de ningún tipo. E hai que indicar que obedece a "criterios de racionalidade urbanística". Proponse un solo industrial, non un urbanizable residencial nin nada polo estilo. Esto queremos deixalo ben claro ante as manipulacións que certos colectivos están a facer do tema.
4. Se segue adiante a tramitación, imos manter informados aos veciños de todos os pasos. Finalmente, queremos indicar tamén que, en última instancia, será a Dirección Xeral de Urbanismo a que dea a autorización definitiva.
Dito isto o BNG quere deixar ben claro que os seus posicionamentos só buscan o ben común, que atendeu, atende e atenderá calquer solicitude dos veciños, como o proba claramente esta reunión e que as manipulacións e as falsas informacións soamente buscan desprestixiar a nosa organización de cara as vindeiras eleicións municipais.
10/04/07
Candidatura do BNG ás Municipais de maio
A candidatura -aprobada pola Asemblea local- do BNG de Pontedeume ás eleccións municipais do 27 de maio é a seguinte:1. Manuel Rei Romeu
2. Rocío Souto Torre
3. Emilio Manuel Salorio Fraga
4. Raúl Calvo Tenreiro
5. Marola Mosquera Castro
6. Xesús Rodríguez Diaz
7. Josefa Diaz Faraldo
8. Miguel A. Feal Varela
9. Ana García Fernández
10. Juan Esteban Infante Tenreiro
11. María Eugenia García Chao
12. Antonio Amado Brage
13. María Pilar Carrera Campos
S1. Antón Rey Sueiras
S2. Manuela Rodríguez Barros
S3. Manuel Varela Bermúdez
S4. Francisco Leira López
S5. Lucía Lodeiro Feal
03/04/07
A construción do Club de piragüísmo e vela máis cerca
O pasado 27 de marzo, Portos de Galiza publicou no DOG a concesión do uso público da parcela onde se vai ubicar o Club de piragüísmo e vela que quere construír o Concello de Pontedeume ao remate do Peirao. A Consellería de Cultura e Deporte e a Deputación da Coruña foron sensibles ás demandas que lles transmitiu o concelleiro de Deportes Emilio Salorio, para facer xustiza a unha importante necesidade dos clubs. O orzamento deste proxecto é de 601.000 €, dos cales o Concello achega 38.000 €.O día 3 de abril, en visita ás instalacións deportivas do Pavillón, o vicepresidente da Deputación, Xaime Bello, fixo entrega ao Concello do Convenio suscrito, coa achega económica correspondente.
O BNG aspira a potenciar ao máximo os deportes náuticos na súa vertente competitiva, no seu atractivo para a mocidade e para toda a poboación, nun enclave singular como é a ría de Ares e o río Eume até a entrada ao parque das Fragas do Eume.