20/06/07

Sesión constitutiva da Corporación municipal

Tal e como estaba previsto, o pasado día 16 de xuño, na sesión de constitución da nova Corporación municipal de Pontedeume, saíu elixido alcalde o candidato do PP, grazas ao apoio prestado polo COE. En liñas xerais, o discurso pronunciado polo alcalde Gabriel Torrente, foi ecléctico, de tono menor e cheo de tópicos. Parécenos un grave retroceso -incluso con relación aos tempos de Sardiña- que estivese escrito en español, coa forma españolizada e non oficial de Puentedeume, e unha pronuncia que o delata. Pero aínda é máis grave a concepción folclórica e marxinadora para co galego, relegado ao 20 % final do discurso. Un indicio máis de retroceso evidenciouno a previsible concelleira de Cultura, Ascensión Olarte, que foi a única de toda a Coroporación que elixiu a fórmula de xuramento en español.