Pablo Villamar, vicepresidente da Deputación da Coruña, realizou a súa primeira visita a Pontedeume para establecer un contacto demorado con diversas asociacións do noso Concello, que previamente se tiñan dirixido ao BNG para solicitalo. O Consello Local do BNG de Pontedeume quere agradecer publicamente a boa acollida que se lle brindou a este cargo institucional. Por outro lado tamén facemos públicos os contidos e compromisos aos que se chegou coas directivas das entidades que a seguir se mencionan:
UNIDADE VECIÑAL OLMO
- Apoio ás actividades deportivas e culturais que, desde hai tempo, está a organizar a Unidade Veciñal.
- Presentación e estudo de iniciativas tendentes a buscar a mellor integración dos espazos públicos e a humanización destes: parques, prazas, ampliación de aparcadoiros, etc.
ASOCIACIÓN GALEGA DA FROITA DO EUME
Na presentación desta Asociación, que ten un carácter comarcal, chegouse ao compromiso de establecer unha colaboración estable e permanente, apoiando as actividades que teñan relación coa Promoción económica, publicacións etc.
ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE OMBRE
- Apoio para costear as obras recentes de reparación do local veciñal.
- Compromiso de iniciar as accións para melloras diversas na estrada provincial que cruza a parroquia, salientando a necesidade de elementos que garanticen a seguridade vial.
O BNG comprométese a realizar máis encontros deste tipo con estas e outras asociacións.
26/03/08
21/03/08
Preguntas do BNG no Pleno de febreiro
Ao presentalas oralmente, quedaron pendentes de contestar as seguintes cuestións:
PREGUNTA 1
Segundo se desprende dunha relación de facturas, entendemos que se está a excluír certa prensa estatal que antes sí había das salas de lectura do Centro Municipal de Maiores, cuestionando así o dereito á información, á pluralidade. Por que se actúa deste xeito, con medidas que lembran o Ministerio da Gobernación do franquismo? Non o consideran necio e inquisitorial?
PREGUNTA 2
Tamén podemos comprobar por medio de decretos da Alcaldía que se está abusando e incorrendo nunha práctica fraudulenta no que se refire a viaxes oficiais e a cobro de dietas polas mesmas. O visto, no pequeno espazo de dúas semanas, é suficiente para coñecer a súa tendencia a derrochar e a burlarse dos veciños: o fundamental non é a atención ao públic, como se estivo a dicir, nin o aforro.
- Entrevista co Vicepte. (16/11/07, ás 11.30 horas), cobran dieta os 4 membros do Goberno con xantar incluído; menos mal que non son sete (!)É necesario ir o goberno en pleno en comandita, desatender a atención aos veciños toda unha mañá; é inaceptable e impresentable que esa viaxe supoña case 300 €.
- Recollida en Santiago dun diploma e insignia na clausura de Concellos sostibles (30/11/07). Alcalde 142.20, Otero 102.89, R. García 53.34 (total 298.42 € entre xantares e cea, totalmente innecesaria).
Pedimos que se rectifique esta forma de actuar e que se aclare o anterior.
PREGUNTA 3
A respecto das grandes excavacións e amontoamento de terras na parcela que hai ao lado de Atocha, na avenida da Coruña, proveniente da mesma ou de colindantes, interesa ao BNG saber a que tipo de obras responden e se contan coas autorizacións debidas.
PREGUNTA 4
Segundo consta no Anexo de Investimentos dos Orzamentos aprobados para 2008, parece que ase vai facer algún tipo de actuación na rúa Constantino Horta, no lateral do cemiterio. Tratándose dunha rúa relativamente nova, non entendemos cal é o obxectivo desta obra para a que se destinan 13.000 €. Pódese aclarar algo ao respecto?
PREGUNTA 5
Desde as respectivas áreas de Servizos Sociais, Ensino ou desde Cultura non se solicitou a 3ª Semana do Libro e da Lectura, que, polo tanto, non se vai realizar. Pódense explicar as razóns desta falta de interese?
PREGUNTA 6
A respecto desa bolsa de solo a adquirir para equipamentos diversos (Centro de Día, Galescola, e outros) que se presentou días atrás a asociacións e Grupos..., e dentro das diferentes opcións que se manexan, preguntamos se se está contando coa asistencia e orientación técnica do Equipo Redactor do PXOM. Avanzouse algo nesta liña?
PREGUNTA 7
Nas últimas actas da Xunta de Goberno dáse conta de escritos de medio Ambiente e dos propios promotores sobre o Plan parcial das Anduriñas. O BNG insiste en coñecer o estado deste asunto, concretamente: cal é postura do equipo de goberno e como figura contemplado no novo Planeamento que se vai presentar?
EXTRACTO de ROGOS
1. Repoñer farolas ao remate da Urb. Villanueva.
2. Idem no calexón do almacén do Parque Sarmiento e asilo.
3. Placas inicio avdas. Villanueva e Ricardo Sánchez.
4. Pintar pasos de peóns (Correos, Saavedra Meneses,...)
5. Manter os actuais bancos do paseo da fachada marítima.
6. Reparar a beirarrúa da avda. da Coruña.
7. Actualización da ordenanza de Limpezas e plantacións .
8. Apoio, por medio de campaña, á matrícula no CEIP Couceiro.

Subscrever:
Mensagens (Atom)