Agardamos a contestación no Pleno do 24 de abril das perguntas formuladas no anterior e que son as seguintes:
- Pregunta 1
Interesa saber ao BNG se houbo algún tipo de xestión ante o organismo correspondente para que se acaben de arranxar as cunetas das estradas AC-144 e AC-151, do mesmo xeito que se fixo noutras partes do trazado.
-Pregunta 2
Foi todo un espectáculo descubrir que os bancos retirados (2 deles), por certo en perfecto estado, estiveron tirados detrás dos almacéns de Raxoi e serviron de recreo e mesmo lindeiro para facer a botellada varios días. Tamén aseguraron veciños de Campolongo que un terceiro estivo aparcado ao lado de Talleres Breamo e logo desapareceu. Vaise controlar o paradeiro dos mesmos, poñelos no seu sitio de sempre ou polo menos poñelos a bon recaudo?
- Pregunta 3
Houbo desprazamentos reiterados por parte de diferentes membros do Equipo de Goberno a ADIF; polo menos á Coruña, en decembo de 2007 e a Xefatura de Mantemento en Ourense, en xaneiro de 2008. Pódese concretar o cometido de cada un deles para coñecemento xeral desta Corporación?
- Pregunta 4
No Centro Municipal de Maiores, hai pouco tempo, ten habido cambio de “conserxe” e, segundo manifestan os usuarios do mesmo, existe certo descontento por todas as partes. Dise que se percibe certo disgusto por parte desa nova persoa. Se ben é certo que estes aspectos son xestionados desde unha empresa, a que obedece tal cambio? Pénsase nalgunha outra solución ao respecto?
- Pregunta 5
Á vista das datas próximas do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, Día do Libro, das Letras Galegas, e mesmo da proposta de facer 2009 Ano da Lectura, preguntamos se traballará e se presentará algún tipo de programación que compense a perda da 3ª Semana do Libro e da Lectura?
- Pregunta 6
Aínda a costa de sermos reiterativos co asunto, cremos que vale a pena insistir en que se intente, até o último momento, chegar a un acordo para a ampliación da rúa Galera, que permita unha saída e entrada decentes ao Peirao e un bon servizo a todos os beneficiarios do Colexio Couceiro.
- Pregunta 7
Dáse conta, en escrito levado á Xunta de Goberno local, dun problema na obra de “Pavimentado do Pavillón da Casqueira”, por mor dunha “paralización” das mesmas. Pedimos unha ampliación da información relativa a este asunto coas debidas aclaracións.
- Pregunta 8
Temos noticias a través de diversas fontes e das propias actas da Xunta de Goberno de requerimentos da Consellería de Cultura para, por un lado, a afección do Proxecto de Remodelación do Peirao a bens culturais e, por outro, e máis recentemente, de Informes sobre Bens de Interese Cultural e afección ao Patrimonio do Proxecto de Mellora e Seguridade vial na CP- 4803 de Pontedeume a Miño. Pénsase resolver con dilixencia e contestar estas peticións o antes posible, dada a necesidade e importancia destas obras?
ROGOS
1) Dadas as queixas do Servizo de Recollida de Enseres domésticos, o BNG pide seguimento e melloras (1 colchón permaneceu 8 días tirado debaixo do Torreón).
2) Comprobamos que este Servizo custa 1.972 € mensuais; reiteramos que se debe sacar a concurso
3) Foi unha desfeita o último Feirón (tamén axudou a climatoloxía adversa), con furgonetas sobre as beirarrúas, coches de visitantes no lugar dos postos ambulantes… Pregamos que, en circunstancias como a de Semana Santa e similares se tomen medidas, se poñan avisos, etc.
4) Dada a existencia, moi recente, de enormes pintadas de spray negro no lateral leste do Torreón, pedimos que se vixie e limpe o antes posible, tomando as precacións necesarias.
5) Estase a facer, cada vez máis, a vista gorda na peonalización das rúas do Centro Histórico. Recentemente advertíronnos de que se produciron situacións de perigo para nenos que xogaban en espazos públicos ou saían de establecementos, debido á presenza de coches e á velocidade dos mesmos. Son espazos peonís non por capricho, senón polas súas singulares características, polas súas limitación e por seren propicios para o disfrute público. É unha deixación que pode acarrexar responsabilidades en caso de accidente. Pedimos que se vixie máis e se respete a Ordenanza.
6) A respecto das farolas tronzadas na rúa Ría de Ares e do medio de Ricardo Sánchez, pedimos que se axilice a súa reposición e que se controle o alumeado na zona dos edificios Tenreiro e remate de Ricardo Sánchez.
7) O socavón da curva da Avda. Villanueva reparouse varias veces, sen embargo parece que non acaba de repisar e de arrancarse definitivamente. Non é normal ter que volver a insistir sobre este asunto.
23/04/08
21/04/08
As rotondas á entrada da Vila
A respecto do proxecto de construción de rotondas á entrada da vila de Pontedeume, o BNG considera oportuno manifestar o seguinte:
1. O BNG recorda que esixiu coñecer o proxecto en varios Plenos de 2007 e 2008, punto de vista que tamén parecía compartir o Goberno e mais os grupos da oposición. Sen embargo, a día de hoxe, non temos noticia de que se aclarase nada ao respecto, nin se fixo ningunha reunión cos Grupos municipais para explicar a situación.
2. Entendemos que non se pode actuar así, posto que se trata dunha actuación “delicada e sensible”, que afecta a fronte da fachada marítima da vila. Aínda sendo necesaria –tal e como vimos demandando- unha actuación para darlle maior fluidez ao tráfico, hai que primar tamén a mobilidade peonil nun lugar de grande confluencia de persoas. O BNG non considera unha solución axeitada o soterramento dos pasos de peóns; preferimos que se soterren os coches e que se gane espazo público en superficie nas zonas que se poida.
3. Tampouco coñecemos a afección a espazos públicos axardinados como o Parque Sarmiento e concretamente o teixo que hai nunca esquina, que sempre nos opuxemos a que desaparecese. Tamén temos dúbidas máis que razoables de que o Proxecto conte coas autorizacións preceptivas doutros organismos, entre eles a Consellería de Cultura.
É preciso informar aos Grupos políticos, aos técnicos municipais, etc., para prever aspectos relacionados co clableado, colectores de augas residuais, canalizacións de abastecemento de auga potable, etc.
4. Non entendemos a impotencia ou falta de transparencia con que se leva este tema por parte do equipo de goberno do Concello. Tamén nos parece criticable a forma de actuar dos organismos do Estado e a súa lentitude. O BNG recorda que hais máis de doce anos que empezzou a presentar iniciativas para solucionar as retencións na zona e que foron mesmo aprobadas por unanimidade no Congreso, ao igual que outras na N-651 ao seu paso por Pontedeume.
5. Finalmente, queremos concluír indicando que as solucións previstas –ata onde chega o noso coñecemento- son moi limitadas e non van dar solución definitiva aos problemas de tráfico na zona. Insistimos en que se debe considerar debidamente a construción dun Enlace coa AP-9 en Vidreiro (Andrade) e establecer unha circunvalación libre de peaxe, xa que á autoestrada hoxe en día sóbralle capacidade e a N-651 non.

Subscrever:
Mensagens (Atom)