A respecto do debate público que se está a dar sobre o traslado de Ence e as especulacións sobre unha hipotética ubicación no Concello das Pontes, O Consello local do BNG de Pontedeume manifesta que nos opoñemos e nos opoñeremos con todos os nosos medios e con todas as nosas forzas. Polo de agora, desde a Alcaldía das Pontes, desde a de Ferrol, desde a Consellería de Medio Ambiente..., déronse razóns a prol da ubicación nese Concello do complexo pasteiro. Agora imos dar nós as razóns que nos moven a rexeitar a consumación desta tentativa, que consideramos unha hipoteca medioambiental e unha "voadura controlada" para o Parque Natural das Fragas do Eume, o río Eume e a Ría de Ares-Betanzos.
Non pode ser de recibo que as nosas máximas autoridades en materia de medio ambiente estean a defender tan alegremente e a promover de xeito descarado un proxecto como este, obviando que o Parque Natural do Eume é un dos poucos restos de ecosistemas representativos da biodiversidade atlántica europea. Que debemos camiñar -e nós así o esixiremos!- cara á recuperación dun río como o Eume que era un monumento natural e que ten grandes posibilidades polos valores ecolóxicos que atesoura; por certo, do que tamén bebemos a auga día a día. Que debemos, asemade, recuperar unha ría moi degradada, entre outras cousas, precisamente polos verquidos dos restos da mina, e que pode volver a ser fonte de riqueza no futuro como xa foi no pasado.
Aínda que só fosen especulacións, o debate está aberto e as posturas están claras. Agardamos que a decisión que tome o Goberno galego e as forzas políticas que o sustentan sexa tomada con criterio e sensatez. Se así non for, nós non imos quedar parados!
26/05/08
15/05/08
Manifestación en defensa do galego o 18 de maio
O BNG de Pontedeume convida a todos os veciños e veciñas a participar na manifestación do domingo, 18 de maio, baixo o lema Polo dereito a vivirmos en galego. Haberá autobuses que fagan parada en Pontedeume (10.30h.) para trasladar a Compostela á xente que estea interesada.
Un dos obxectivos do BNG é que a lingua galega teña un uso normal na nosa sociedade, sen sufrir dificultades nin discriminacións.
Hoxe estamos moi lonxe diso. O galego segue a ter unha presenza moi pobre nos medios de comunicación, na xustiza, na educación, nas novas tecnoloxías, na vida económica e en todo aquilo que condicione fortemente as relacións sociais.
Non podemos permanecer inactivos e calados perante os ataques de sectores organizados que, baixo a cínica proclama do bilingüísmo, transmiten a idea fantástica de que o galego é un idioma imposto e que o español está en grave risco.
É un asunto crucial para o noso futuro como pobo. Pedímosche que asistas, e convides as túas amizades, á manifestación que convoca a Mesa pola Normalización Lingüística o día 18 de maio ás 12 na Alameda de Santiago.

02/05/08
Demanda de melloras na estrada CP-6902
Exposición de motivos
Despois de agardar anos dabondo, o Concello de Pontedeume conta por fin cunhas estradas autonómicas nunhas condicións moi melloradas. A execución das fases da travesía na CP-4803 (nos trámites da expropiación), esperamos que garantice axiña a mellora da seguridade vial en Boebre e Centroña.
Non é tan boa, sen embargo, a situación da estrada CP-6902 que desde a parroquia de Nogueirosa e Ombre dá o principal acceso ao Parque Natural das Fragas do Eume, non reunindo as debidas condicións para unha estrada do seu tipo. Por momentos –e é previsible un incremento constante- esta zona rexistra altos índices de afluencia de visitantes co conseguinte tráfico elevado, supoñendo, debido ao seu trazado serpenteante nalgún tramo ou demasiado estreito, riscos para os viandantes e para os propios condutores. Un lugar especialmente perigoso, debido tamén á falta de visibilidade é a curva coñecida como do Regato da Cruz.
A mesma existencia do Parque Natural é un poderoso reclamo á hora de facilitar a consecución destas xustas demandas. Curiosamente, na zona forestal, de entrada ao propio Parque, onde non existen xa núcleos, si se dotou á estrada dunhas pequenas beirarrúas.
Nunha recente visita do Vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña, Pablo Villamar, á parroquia de Ombre, foron os directivos da AVV os que lle transmitiron as inquedanzas ante esta situación e a necesidade de iniciar accións de mellora. Correspóndelle tamén ao Concello, co respaldo desta Corporación, insistir nas xestións oportunas para lograr os obxectivos propostos, tendo en conta sempre o alongados que resultan ser estes procesos no tempo.
Por estes motivos, pregamos que se tome en consideración e se debata esta moción, así como a adopción do seguinte
ACORDO
O Pleno da Corporación municipal de Pontedeume acorda dirixirse ao Presidente e Vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña para que, na maior brevidade posible, encarguen os estudos de tráfico e proxectos de mellora das condicións da estrada CP-6902, con especial atención á ampliación do paso sobre o Rego da Cruz, pola súa perigosidade, e a construción de beirarrúas entre núcleos.
Pontedeume, 21 de abril de 2008

Preguntas do Pleno de abril
PRIMEIRA.- No Pleno do mes pasado aprobouse unha moción dos Grupos da oposición sobre a Oferta de Emprego Público no noso Concello. Vanse levar a cabo os acordos adoptados na mesma? Que decisións se van tomar ao respecto e coa finalidade de reestablecer a conciliación e o diálogo?
SEGUNDA.- Dadas as noticias que chegan a nós, parece ser que existe algunha proposta de terreos para a construción do Centro de Día. O BNG está interesado en saber cales son eses terreos, as condicionantes de tipo urbanístico que pesan sobre eles, os accesos, as ofertas económicas, etc. No mesmo sentido, se existe algunha previsión para investir a anualidade de 2008.
TERCEIRA.- Houbo algunha novidade –cremos que non moi clarificadora- a respecto das instalacións para piragüísmo. O BNG pretende coñecer o alcance das xestións realizadas ultimamente ao respecto, e se se vai facer algún modificado ao Proxecto existente ou redactar un novo. Que pasos se van dar a partir de agora?
CUARTA.- Tamén a respecto do Club de Piragüísmo, interésanos coñecer o alcance da cesión de Portos para as mesmas instalacións, a duración desta e en que condicións se podería manter.
QUINTA.- Tense orixinado certa preocupación sobre a construción das rotondas á entrada da vila e, sobre todo, dos pasos de peóns soterrados. Queremos insistir, unha vez máis, en saber se existe proxecto das mesmas no Concello, porque non se presentou –de ser o caso- aos Grupos municipais, e, en definitiva, se esta actuación está a seguir os trámites preceptivos e de rigor.
SEXTA.- En relación co anterior, pensa o Goberno municipal retomar as xestións para lograr o Enlace de Vidreiro, cada día que pasa máis necesario para contarmos cunha boa saída e entrada ao Polígono de Vidreiro e, como non, para aliviar o tráfico derivado da “sobrecarga urbanística” do veciño Concello de Miño?
SÉPTIMA.- Algún día deste mes, a través da prensa, anunciouse unha actuación “por procedemento de urxencia” e por importe de 70.000 € na Praza das Angustia. Isto correspóndese coa realidade dos feitos ou trátase de pedir algunha subvención de Comercio?
OITAVA.- Que sucedeu cunha obra do Plan de Cooperación Provincial, concretamente co Camiño da Veiga, que foi adxudicado e non executado debidamente?
NOVENA.- Existe coñecemento e algún tipo de control sobre os xornais que deben chegar ao Centro de Maiores e que, segundo as queixas, desaparecen ou van parar a outras dependencias municipais?

Subscrever:
Mensagens (Atom)